Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 28 de octubre de 2019

TERCEIRO POSTO DE ZAIDA GONZALEZ NA TAÇA DE PORTUGAL DE CICLOCROSS EN MELGAÇO

Onte na localidade lusa de Melgaço daba comenzo a Taça de Portugal de Ciclocross que consta de cinco carreiras e que nesta primeira foi Zaida González a que defendía as cores do Club Ciclista O Rosal e o facía de maneira brillante o rematar terceira da categoría Sub23 feminina.
Lembramos que a Zaida se lle dá ben a Copa de Portugal, pois foi campiona nas tempadas 2012-13 e 2013-14 en categoría Cadete, campiona na tempada 2014-15 e terceira na 2015-16 en categoría Junior.

lunes, 14 de octubre de 2019

ZAIDA SEGUNDA NO CICLOCROSS DE MARÍN



Na  mañá de onte en Marín disputabase o Ciclocross de Xaxán con catro "rosaleir@s na liña de saída.
Na primeira das carreiras era a volta de Lucas Alvarez, Irene Rodríguez e Roi Alvarez na proba de promoción non competitiva.

Por distintos motivos Javi, Iago e Xoel non podían desprazarse a Marín e entón era Zaida González a que nos representaba na categoría Sub23 de féminas donde realizaba unha gran demostración e acadaba o seu primeiro podio da tempada o rematar segunda.


domingo, 6 de octubre de 2019

INICIO DA TEMPADA DE CICLOCROSS EN POIO






Hoxe pola mañán en Poio deu comenzo a tempada de Ciclocross en Galicia donde o Club Ciclista O Rosal estaba representado por tres ciclistas mais outros tres en Promoción.

En Promoción participaban Irene Rodríguez, Lucas Alvarez e Roi Alvarez e na que como o propio nome indica é unha categoría de promoción e non existen clasificacións.

Xa logo no meramente competitivo o primeiro en saltar o circuito era Javi Sanz que debutaba nesta bonita especialidade e que pagaba a súa inexperiencia con un 21º posto na categoría Cadete, pero que sen dúbida non vai ser impedimento para que no futuro máis inmediato acade millores posicións.

Na derredeira carreira da mañán competían o Junior Iago Alvarez e a Sub23 Zaida González co 23º posto para Iago e o 4º para Zaida.
 FOTOS