Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 25 de septiembre de 2022

PECHE DE TEMPADA DE MINI BTT E ESTRADA

 

O día de onte sábado e hoxe domingo supoñían o peche de tempada para as modalidades de Mini BTT e Estrada en Zamáns e Lugo respectivamente.

No I Mini BTT Montes de Zamáns Rosalía González facíase coa 5ª posición da táboa clasificatoria da categoría Benxamín feminino mentras que seu irmán Lucas era 14º en masculino seguido de Aitor Castro no 20º.

En Promesa, 7º para Iván Lázaro, 22º para Simón Amaro e 24º para Hugo Torres, mentras que Lucía González era 5ª en féminas.

En Principiante 15º posto de Lucas Amaro e 16º de Mateo Rodríguez. Remataban Xoel González e Aitor Gil como 7º e 12º clasificados en Alevín.

Pasamos a Betanzos donde se disputaban os Campionatos de Galicia en Estrada para a categoría de Cadetes donde a nosa representación que estaba composta por catro integrantes quedaba con Iker Rodríguez na 7ª posición, Manuel Dominguez 35º e Miguel Teniente 36º mentras que a fémina Irene Rodríguez era 5ª.

Rematabamos a tempada 2022 coa disputa do XXI G.P. CICLISTA SAN FROILÁN (LUGO) con Iker González 4º en Principiantes; Unai Fernández e Roi alvarez 7º e 11º en Infantil; Iker Rodríguez 5º e Miguel Teniente 16º en Cadete e Irene Rodríguez 7º en Cadete féminas.

Con tan só dúas semanas de descanso comenzamos de novo a competir, desta volta na tempada de Ciclocross 2022-2023.

FOTOS DE ZAMÁNS

 

domingo, 18 de septiembre de 2022

MINI BTT EN SANTIAGO E DESCENSO EN VILABOA

 


Dous desprazamentos na mañá de hoxe, o Mini Btt Cidade de Santiago e o Descenso de Vilaboa.

En Santiago Aitor Castro facía 21º e Aarón del Río 22º en Benxamín, mentras que en Promesa o 18º posto era para Roi Fernández e o 23º para Simón Amaro. En feminino Lucía González era 4ª e Itzel del Rio 5ª.

En Pricipiante A, Mateo Rodríguez acadaba o 20º posto mentras que en B Lucas Amaro tamén facía 20º. Pola súa parte a fémina Antía Fernández era 14ª.

En Alevín, 8º posto de Xoel González e 16º e 28º para Unai Fernández e Roi Alvarez na categoría Infantil.

No Descenso de Vilaboa a Cadete Arantxa Gómez subía de novo o podio co 2º lugar do mesmo, o que lle valía para proclamarse Subcampiona da Copa Galicia mentras que Diego Adrover era 11 en masculino.

FOTOS DE SANTIAGO

FOTOS DE VILABOA


lunes, 12 de septiembre de 2022

FIN DE SEMANA CON PODIOS EN PORRIÑO, PONTEAREAS E MURAS

 











Outra longa fin de semana e outra longa lista de podios que se acadaron o venres na Nocturna de Porriño e no domingo en Ponteareas e Muras.

En Porriño as 17:00 daba comenzo a tradicional Nocturna que se prolongaba ta pasadas as 23:00 horas comenzando coas categorías máis cativas, donde Lucía González voltaba o mais alto do podio o acadar o primeiro posto en Promesa feminino, seguida por Luna Martín 4º e Rosalía González 5ª. En masculino o millor clasificado era Roi Fernández co 10º posto, acompañado de Simón Amaro 14º, Hugo Torres 15º e Lucas González 17º.

En Principiantes nova vitória de Iker González, 14º para Lucas Amaro e 15º para Tiago Cedeira, mentras que en feminino Antía Fernández tiña que conformarse coa 5ª posición.

En Alevín o noso representante Aitor Rodríguez acadaba o 6º posto mentras que Saray Coimbra era 7ª en feminino.

Outro dos podios da xornada era para Unai Fernández que en Infantil acadaba o 3º posto mentras que Roi Alvarez era 7º.

O derradeiro dos podios chegaba de parte de Irene Rodríguez que se facía co 3º posto de Cadete féminas seguida por Arantxa Gómez no 6º. En masculino Iker Rodríguez era o acreedor do 4º posto, Miguel Teniente do 27º e Manuel Domínguez do 28º.

Pechaba a nosa participación o debutante Oscar Trigo que na categoría Master 40 colleitaba o 11º posto.

Na xornada do domingo en Ponteareas, estes eran os resultados:

PROMESA MASCULINO: Iván Lázaro 10º, Roi Alvarez 14º e Simón Amaro 19º.

PROMESA FEMININO: Lucía González 2ª e Luna Martín 5ª.

PRINCIPIANTE MASCULINO: Iker González 1º, Tiago Cedeira 14º, Lucas Anaro 16º e Marco Rodríguez 18º.

PRINCIPIANTE MASCULINO: Antía Fernández 2ª.

ALEVÍN MASCULINO: 11º.

ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 6ª

INFANTIL: Unai Fernández 3º e Roi Alvarez 6º.

CADETE MASCULINO: Iker Rodríguez 7º e Manuel Domínguez 21º.

CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 3ª.

Pechamos esta crónica co Mini BTT de Muras cos seguintes resultados:

BENXAMÍN FEMININO: Zoe del Río 2ª.

BENXAMÍN MASCULINO: Aarón del Río 11º.

PROMESA FEMININO: Itzel del Río 3ª.

ALEVÍN MASCULINO: Xoel gonzález 5º.

FOTOS DE PORRIÑO

FOTOS DE PONTEAREAS

FOTOS DE MURAS

lunes, 5 de septiembre de 2022

XXI MINI BTT CONCELLO DE CAMBRE


 

Como sempre hay "fame de ciclismo", cinco"rosaleir@s" viaxaron ata Cambre para tomar a saída no Mini Btt desta localidade coruñesa.

En categoría Promesa, Simón Amaro acadaba o 14º posto e Roi Fernández o 15º. 

En Principiante a nosa fémina Antía Fernández facíase co 12 lugar da clasificación mentras que o 11º era para Lucas Amaro en masculino.

Pechaba Xoel González na categoría Alevín co noveno posto.

FOTOS