Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de enero de 2023

MEDALLA DE PRATA DE BEA VICENTE NOS CAMPIONATOS DE GALICIA DE CICLOCROSS

 


Coa disputa no día de hoxe dos Campionatos de Galicia en Poio, o Club Ciclista O Rosal poñia o punto e final a tempada 2022-2023 de Ciclocross cunha Medalla de Prata na estrea de Bea Vicente en categoría Master 30 feminino.

Antes de nada imos relatar o acontecido nas tres últimas carreiras da Copa Galicia que nos quedaron atrás.

No día 10 de decembro disputabase o II CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRÁN  no Polígono Industrial de Porto do Molle.

No día seguinte, o domingo 11 era a volta do desplazamento a Ponteareas e no sábado 31 en Culleredo, con estes resultados:

 

CADETE

SUB23

ELITE

MASTER 40

Manuel Domíngez

Irene Rodríguez

Javi Sanz

Xoel Villa

Ana Amaro

Oscar Trigo

Borja Rodríguez

NIGRÁN

26º

10ª

12º

21º

28º

36º

PONTEAREAS

-

-

18º

-

38º

46º

CULLEREDO

-

11ª

-

-

-

-

38º

 

Pasamos xa a comentar os Campionatos de hoxe no Complexo deportivo de A Seca (Poio), donde tivemos varias novidades. Unha delas era a volta de Zaida González a competición despóis dun ano afastada dos circuitos, outra era o debut de Leo Sanz en Master 50 e a outra era a xa comentada estrea de Bea Vicente .

Comenzamos pola categoría Cadete feminina na que Irene Rodríguez remataba na 9ª posición.

Seguimos coa categoría de Master 30 feminina na que destaca a Medalla de Prata de Bea Vicente, Master 40 feminina con Ana Amaro na 5ª praza e Oscar Trigo 40º e Borja Rodríguez 48º en Master 40 masculino. Sería o tamén debutante Leo Sanz na categoría de Master 50  co 27º posto o que deixaría paso as categorías Elite coa sinalada volta de Zaida que acadaba o 4º posto en feminino e Xoel Villa co 18º en masculino.

A mayoría das fotos aquí expostas debense a xentileza de Luz Iglésias

NIGRÁN

PONTEAREAS

CULLEREDO

POIO