
Novas vitórias dos nosos ciclistas no XXV Trofeo Festas do Monte celebrado na tarde de onte no circuito urbán da Sangriña (A Guarda).
Mario Fernández voltaba a darnos outra alegría co 1º posto acadado na categoría Benxamín. Nesta mesma categoría Irea era 6ª, Iago 7º, Yasir 8º, David 19º e Alberto 27º.
Nos Alevíns o noso representante Manuel Dorna despois de marchar durante toda a carreira nos postos de cabeza, o final tería que conformarse co 7º posto.
En Infantís Xoel chegaba a meta no posto 22º, Ero no 26º, Zaida 27ª, Claudia 29ª i Elsa 30ª.
En Cadetes existía unha grande expectación por ver o recentemente proclamado Campión de España Antonio Portela e non defraudou os seus seguidores xa que vencía o trofeo de Esprints Especiais e como non, tamén se facía coa vitória na xeral final o quedar por diante de Angel Diz ( C.C. Spol) nuha apretada chegada que se decantou do lado de Toni no esprint final. Os demais compañeiros de equipo clasificabanse así: Raúl 9º, Adrián Vicente 15º, Cristóbal 31º, Andrés 32º e Pablo 34º.
En Júnior o trofeo marchaba para terras porriñesas da man de Jacobo Ucha co millor rosaleiro no 11º posto de Iván Morais. Alex Lomba era 19º e Kevin Rodríguez 33º.
Mención aparte son as inoportunas avarías mecánicas que sofreron o Cadete Adrián Dorna que xa non poido tomar a saída e o Júnior Manuel González o que unha rotura de cadea lle facía apearse dunha carreia a cal acudía coa idea de loitar pola vitória.
O final das carreiras e como ven sendo habitual os ciclistas, nais, pais e directivos do C.C. O Rosal, reuníamonos na casa do Presidente do club Gerardo Alvarez para dar boa conta duns pinchos e uns refrixérios aportados por tódolos asistentes.
Fotos da carreira.
Galería de Brais Martínez.