Tarde un tanto amarga onte en Boiro para despedir a tempada
de ciclismo en estrada polo problema de saúde sofrido polo noso directivo e
director deportivo Alberto Rodríguez o cual lle esperamos con todas as nosas
forzas unha moi pronta recuperación . Dende aquí agradecemos @s nos@s
compañeir@s do Club Ciclista Barbanza e o equipo médico que dispoñian na
carreira o gran apoio e atención sanitaria prestados. Moita gracias.
No estrictamente deportivo, o camiño de volta facíase mais levadeiro
pensando nos seis podios acadados pola nosa representación, sen menospreciar
tódolos demáis resultados.
En Promesa feminino, pleno das nosas rapazas, pois Lucía
González se facía coa vitoria e Alba Rodríguez co segundo posto. En masculino
Marco Rodríguez tamén tiña premio o rematar no terceiro posto. Lucas Amaro era
4º, Iván Lázaro 10º, Simón Amaro 18º e Lucas González 23º.
En Principiante feminino desta volta a gran favorita non
podía despedir a categoría como ela quixera, pois Saray Coimbra cometía un erro
na súa participación e a facía rematar no 5º posto. Millor sorte corría o seu
irmán Diego que subía o podio co segundo posto. Mateo Rodríguez sería 6º, Iker
González 7º e Tiago Cedeira 13º.
Roi Alvarez é outro que neste remate de tempada non baixa do
podio da categoría Alevín e na tarde de onte colleitaba o terceiro posto
mentras que Aitor Rodríguez facía 21º
En Infantil feminino novo podio de Irene Rodríguez que se
levaba o trofeo do terceiro posto mentras que en masculino Diego Adrover estaba
a piques de subir o “caixón” o rematar 4º seguido de Unai Fernández que era 8º
e Manuel Domínguez 21º.
Iker Rodríguez e Miguel Teniente voltaban para casa sen
competir pola causa de que os servizos médicos tiñan que ausentarse co noso compañeiro
Alberto.
Suliñamos que Iker
remataba a tempada co segundo posto na clasificación xeral da Copa Galicia de
estrada.
Sen tempo de descanso na mañá de hoxe partíamos cara a Poio
donde Irene Rodríguez e Arantxa Gómez se estreaban na especialidade de
Ciclocross na categoría Cadete con moi bos sensación, pois Irene remataba 8ª e
Arantxa 10ª. Polo súa banda o Máster 40 Oscar Trigo acadaba o 76º posto da súa categoría.
BOIRO
POIO