Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de septiembre de 2018

VISITA A COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL




E para rematar esta fin de semana tan intensa, na mañán de hoxe aprobeitando que a Xunta Rectora da Comunidade de Montes do Rosal facía a súa reunión mensual, pois lles facíamos unha visita para agradecerlle o seu apoio o deporte en xeral e o noso clube en particular e facíamos unhas fotos coa debandita Xunta Rectora. Esta visita tamén servía para mostrarlles @s nos@s ciclistas  a Casa da Comunidade e as ferramentas coas que os dezasete traballadores da Comunidade realizan a súas tarefas de limpeza,  desbroce e tódalas demais labores relacionadas co monte, donde destacaba a sorpresa que lles causou o novo e enorme tractor Valtra no cual puderon subir o posto de "piloto".

Tamén se lles incidíu no repeto e coidado que temos que ter co noso monte para poder soster os postos de traballo e coidar da natureza.
FOTOS

PECHAMOS O CALENDARIO GALEGO CON NOVOS PODIOS NO G.P. SANFROILÁN DE LUGO




O G.P. San Froilán e a carreira que pecha o calendario galego de estrada e dende alí a pequena representación rosaleira non quería vir coas mans baleiras e sumaban catro novos podios.

En Promesas de novo Saray Coimbra subía ata o terceiro posto do "caixón" en féminas mentras que en masculino Aitor Rodríguez tamén despedía a tempada con podio o rematar no 2º posto seguido moi de perto por Diego Coimbra que era 4º.

En Principiantes despedíase da categoría Unai Fernández co 3º posto do podio seguido de Roi Alvarez que era 4º.

Outro que despedía a categoría en Galicia era Iker Rodríguez que en Alevíns se lle escapaba a vitória por tan só trinta centímetros e remataba no 2º posto mentras que en féminas Irene Rodríguez facía 12ª.

En Infantís a 8ª praza era para Javi Sanz que para o ano que ven xa será Cadete, categoría que abandona a fémina Irea Villa que pasará a competir en Júnior e que no día de onte acadaba a 6ª posición.
FOTOS

NA NOITE DE PORRIÑO TAMÉN ACADAMOS PODIOS




Antesdonte venres en Porriño celebrouse a Clásica Nocturna donde se participou dende as 20:00 horas ata a media noite e a nosa xente tamén se facía ver na oscuridade.

Como de costume @s nos@s ximcaneir@s non defraudaban e en Promesas a primeira en acadar trofeo era Saray Coimbra que se facía co terceiro posto mentras que Lucía González era 5ª. En masculino dous novos podios con Lucas Alvarez que era o vencedor e Diego Coimbra que remataba no 3º seguidos por Iker González 8º, Aitor Rodríguez 9º, Edgar Alonso 12º e o seu irmán Alan 29º.

En Principiantes desta volta non tiñamos postos de podio pero quedabamos moi perto, pois Roi Alvarez era 4º e Unai Fernández 5º.

En Alevíns, de novo o incombustible Iker Rodríguez cruzaba a liña de meta na 3ª posición mentras que Pablo Rodríguez era 12º, Diego Adrover 15º e David Vicente 26º mentras que en féminas Irene Rodríguez se facía co 8º posto.

En Infantís Javi Sanz non tiña as millores sensacións e remataba no 10º posto mentras que en Cadete a fémina Irea Villa remataba as portas do podio, concretamente no 4º posto.

Unha das bos novas chegaba da man de Zaida González que voltaba a competir en estrada e o facía co derradeiro podio da noite o rematar no 3º posto na categoría Sub-23 de féminas.
FOTOS

domingo, 23 de septiembre de 2018

TRAEMOS TRES VITÓRIAS DO 55º G.P. MILAGROSA DE LUGO


Tardes de éxitos e de fiascos onte no 55º G.P, Milagrosa de Lugo de donde voltabamos con tres novas vitórias e outros tres podios mais que se escapaban por desgraza dos nosos ciclistas.

Os primeiros triunfos chegaban de parte da categoría Promesa donde a fémina Saray Coimbra cun dominio absoluto da súa bici, se facía coa vitória mentras que en masculino era Aitor Rodríguez o que voltaba a dominar e se facía coa vitória en masculino con Diego Coimbra moi perto o rematar 5º.

O terceiro triunfo chagaba na categoría Principiante cun Roi Alvarez que mostrou unha destreza e velocidade apabullante. Logo era a quenda de Unai Fernández e cando todo apuntaba a outro doblete dos nosos, unha inoportuna avaría mecánica nos derradeiros metros facía que tivese que votar o pé a terra e empurrar a súa bici ata a meta acadando o 13º posto final.

En Alevíns tamén estabamos gafados e cando Iker Rodríguez pelexaba pola vitória unha inoportuna caída na anteúltima cuva, facíalle perder toda a pisibilidade e remataba no 11º posto mentras que Diego Adrover que non tiña a súa millor tarde acadaba o 32º posto. Irene Rodríguez pola súa banda realizaba unha gran carreira e remataba na 9º posición.

En Infantís era Javi Sanz o que padecía a mala sorte imitando a perfeccíon o seu compañeiro Iker, pois cando tamén loitaba pola vitória outra caída na mesma anteúltima curva lle  facía que se reincorporase na 19ª posición o cruzar a meta.

Remataba a nosa participación neste G.P. Milagrosa a "coraxosa" Irea Villa que na categoría Cadete acadaba a 5ª posición.   
FOTOS

domingo, 16 de septiembre de 2018

DE PONTEAREAS TRAEMOS OUTROS CINCO PODIOS




No Trofeo Festas de Setembro de Ponteareas e no cal o clube ponteareán celebraba o seu 40º aniversario, @s nos@s ciclistas voltaban carregados con cinco trofeos dos cuales dous eran primeiros e os outros tres eran segundos postos.

Primeiro posto para a fémina Saray Coimbra que na categoría Promesas se facía coa vitória mentras que Lucía González era 8ª. En masculino o segundo posto era para Aitor Rodríguez, quien por motivos persoais tiña que irse antes da entrega de trofeos e que era recollido polo seu compañeiro Iker González que sería 8º, con Diego Coimbra 6º e Lucas Alvarez 15º.

En Principiantes pleno dos nosos pois a vitória era para Roi Alvarez e o segundo posto era para Unai Fernández.

De novo Iker Rodríguez estaba no podio o acadar o 2º posto nunha carreira que se decidíu o esprint mentras que Pablo Rodríguez era 15º, Diego Adrover 20º e David Vicente 30º. Unha batalladora Irene Rodríguez acadaría a 13ª posición en féminas.

Vítima dunha pésima saída, Javi Sanz ía toda a carreira a caza dos escapados pero o non acadar ese obxetivo, tiña que conformarse coa 8ª praza.

Batalladora tamén a fémina da categoría Cadete que non é outra que Irea Villa e que remataba na 7ª praza mentras que en masculino a 36ª posición era a que acadaba Iago Alvarez.
FOTOS

lunes, 10 de septiembre de 2018

LUCAS E UNAI TRAEN CADA UN SÚA VITÓRIA DE MARÍN


XXIV Trofeo Virxe do Porto en Marín onte pola mañán, de donde os nosos traen dúas vitórias.

A primeira delas viña da man de Lucas Alvarez na categoría Promesas mentras que Aitor Rodríguez autor dun dos millores tempos cometía un erro que lle facía baixar a 5ª posición seguido por Diego Coimbra no 10º posto, Iker González no 12º, Edgar Alonso no 13º e Alan Alonso no 21º. Pola súa banda a féminas Saray Coimbra e Lucía González eran 5ª e 10ª respectivamente.

En Principiantes chegaba a outra vitória por parte de Unai Fernández mentras que o seu compañeiro Roi Alvarez tamén facía moi bo tempo pero o que un erro na súa ximcana o facía baixar ata a 6ª praza.

En Alevíns Irene Rodríguez acadaba o 16º posto en féminas mentras que en masculino Iker Rodríguez quedaba as portas do podio o rematar 4º mentras que Diego Adrover era 22º.

Javi Sanz era outro que se quedaba as portas dos postos de podio o rematar tamén no 4º posto en Infantís, o mesmo que a fémina Irea Villa que nunha gran carreira tamén acadaba o 4º posto en Cadetes mentras que Iago Alvarez era 24º en masculino.
FOTOS