Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 27 de marzo de 2023

COPA DE ESPAÑA FÉMINAS CON IRENE RODRÍGUEZ

 Onte  domingo foi o comenzo da tempada 2023 para Irene Rodríguez na carreira da Copa de España disputada en Pontevedra.

A nosa Cadete saía a esta proba moi motivada e con moitas ganas de comenzar xá a competición, donde tomaban a saída as millores ciclistas españolas, así como a Seleçao Portuguesa.

Irene foi quién de aguantar coas mellores dentro do pelotón e o final clasificaba na 62ª posición cun tempo de 1h20'14 a seis minutos da vencedora, sobre un percorrido de 44,2 km no que tiñan que enfrontarse a máxima dificultade do Alto da Porteliña

lunes, 20 de marzo de 2023

XOEL GONZÁLEZ NO ENCONTRO DE ESCOLAS DE BTT DE MATOSINHOS (PORTUGAL)





Imos achegándonos o início dunha nova tempada de ciclismo, tempada que o noso equipo xa leva preparando dende fai un par de meses cos seus correspondentes adestramentos na Pista das Faias e na Praia de Eiras, así como distintas saídas a estrada.

Para comprobar o seu estado, Xoel González Vicente tomaba a saída no día de onte domingo no Encontro de Escolas de BTT en Matosinhos (Portugal) e nos levabamos unha grata sorpresa coa súa prestación xa que remataba no 11º posto co mesmo tempo que o terceiro clasificado dun total de 65 inscritos na categoría Alevín.