Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 12 de diciembre de 2021

I CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRAN ZFV-PORTO DO MOLLE


Hoxe pola mañá o Club Ciclista Coruxo organizaba o I CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRÁN no Porto do Molle nun circuito cun deseño moi vistoso e duro polas choivas caídas nos días pasados, e ata alí partíamos coa nosa cadete Irene Rodríguez que mediada a mañá tomaba a saída da súa categoría na que partía coma "un foguete" para situarse na cuarta posición, un posto que defendería ata mediada a carreira pero que despois o esforzo realizado lle pasaba factura e ía baixando posicións ata rematar 8ª. "Grande Irene".

FOTOS
 

martes, 7 de diciembre de 2021

XXXIV CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

 


Na mañá de onte día 6 estabamos por terras do Barbanza coa nosa cadete Irene Rodríguez que tomaba parte no XXXIV CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO no que baixo unha intensa choiva tomaba a saída na que baixaba ata posicións traseiras da carreira, para logo según ía avanzando a mesma, ir subindo postos para rematar no 10º.

Por outro lado o seu pai e noso directivo e director deportivo Alberto Rodríguez recibiu unha das camisetas con a que aló polo pasado mes de outubro lle mostrabamos o noso apoio para que se recuperase dos seus problemas de saúde. Esta camiseta foi asinada por parte do C.C. O ROSAL e por moita da xente que formamos a "familia do ciclismo galego". Os nosos compañeiros do Club Ciclista Barbanza tamén se unían a homenaxe e agasallaban a Alberto cun fermoso ramo de flores alén de todas as mostras de cariño ofrecidas. Grazas a tod@s.

martes, 30 de noviembre de 2021

FIN DE SEMANA DE CICLOCROSS CON IRENE EN A CAÑIZA E RIBADUMIA

 

Dobre cita de ciclocross para Irene Rodríguez en A Cañiza no sábado e en Ribadumia no domingo, donde non estivo acompañada como de costume por Arantxa convacelente dun proceso gripal e de Trigo que se atopaba inmerso nun curso de Mecánico en Carreira.

Na Cañiza Irene saía a carreira con moitas gañas e ata mediada a mesma, pelexaba pola quinta posición, pero según foi achegandose o final, Irene acusaba o esforzo realizado e baixaba ata o oitavo posto final.

No domingo en Ribadumia, Irene voltaba a competir con moitas gañas pero tiña que contentarse coa 10ª posición final.

A CAÑIZA

RIBADUMIA

domingo, 21 de noviembre de 2021

II CICLOCROSS CON da ROMAIÑA (SANXENXO)

 


Moi boa xornada a de onte das nosas cadetes Irene Rodríguez e Arantxa Gómez acompañadas do Máster-40 Oscar Trigo no II CICLOCROSS CON da ROMAÍÑA en SANXENXO.

Comenzaron as cadetes e xá de saída as nosas rapazas deixaban moi claras a súas intencións, que non eran outras que as de loitar polos postos de podio.

Nos primeiros metros Irene facíase dona da terceira posición que mantería ata mediada a segunda volta na que comenzaba a atoparse mal e a obrigaba a seu pesar a abandonar a carreira. Pola súa parte Arantxa que se situaba na sexta posición, co decorrer da carreira remontaba posicións ata a cuarta pero un percance donde a piques estaba de perder a bota do seu pé dereito, a facía baixar ata a quinta posición e aínda que loitou pola cuarta o final clasificaba quinta.

Pola súa banda o "incombustible" Oscar clasificaba no posto 62º de Máster-40.

FOTOS

domingo, 14 de noviembre de 2021

XXIII CICLOCROSS DE EIRAS E 1º TROFEO CONCELLO DE A GUARDA

 





Comenzamos pola xonada de onte sábado donde o Club Ciclista O Rosal organizaba o XXIII Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross cunha tarde esupenda no que respecta a climatoloxía e coa asistencia de 254 participantes.

En canto a nosa representación, abrían a participación as cadetes Arantxa Gómez e Irene Rodríguez con "carreirón" das dúas. Tomaban a saída sin consecuencias pero Irene cando levaba 300 metros de carreira sofría unha avaría mecánica que facía que baixase a derradeira posición. Con Arantxa por diante superando riváis e con Irene que sacaba a relucir a súa "casta" para ir recuperando posicións para o final acadar uns fantásticos 7º e 8º postos para Arantxa e Irene respectivamente.

En Elite feminino Zaida González animabase a disputar a carreira "da casa" e facía o seu debut nesta tempada. Con falta de adestramento por motivos laboráis, Zaida aínda era quién de acadar o 5º posto da clasificación.

Remataba o Máster-40 Oscar Trigo coa 57ª posición da categoría.

Dende aquí o Club Ciclista O Rosal agradece a colaboración da Comunidade de Montes de Eiras que despóis de varias xornadas de desbroce de tractor, poñia a nosa disposición o terreo donde o noso clube deseñaba un duro pero moi atractivo circuito de ciclocross. Non podemos esquecer tamén a Protección Civil de O Rosal, Concello de O Rosal e Xunta de Galicia así como a todo o equipo de voluntari@s que fixeron posible a realización deste evento.

Xa na xornada de hoxe os nosos exciclistas do C.C. InSitu organizaban o I Trofeo de A Guarda donde nesta xornada tamén se animaba a debutar nesta tempada o cadete Iker Rodríguez. Tomábase a saída e con apenas 20 metros disputados, Iker sofría un contacto con outro compañeiro que levaba os dou o chán, facendo que se tivesen que retirar. En féminas de novo Irene e Arantxa voltaban a loita e acadaban os postos 10º para Arantxa e 11º para Irene.

En Máster-40 Oscar Trigo repetía a posición de onte en Eiras e facíase co 57º posto.

Remataba Zaida González que na súa categoría de Elite feminina tamén repetía a 5º posición de onte.

Retrocedemos no tempo para lembrar que no 31 de outubro Irene tomaba a saída no XII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE donde acadaba a 12ª posición.

FOTOS DE EIRAS

FOTOS DE A GUARDA

domingo, 24 de octubre de 2021

IRENE, ARANTXA E OSCAR NO XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO

 



Mañá chuviosa nos arredores do Estadio de San Lázaro-Vero Boquete de Santiago a donde nos desprazamos hoxe coas cadetes Arantxa Gómez e Irene Rodríguez xunto co Máster-40 Oscar Trigo.

As rapazas saían nas derradeiras posicións, motivo que lles supuxo o ter que esforzarse para escalar posicións pero varias caídas sin consecuencias polo resbaladizo do cicuito, facía que tan só poideran recuperar dúas posicións, o cual nos dá por tremendamente satisfeitos visto a entrega con que se empregaron, acadando finalmente as posicións 11ª e 12ª para Irene e Arantxa respectivamente.

En canto a Oscar Trigo, tamén loitaba contra os elementos para facerse coa 63ª posición entre os Máster-40.

FOTOS

martes, 12 de octubre de 2021

CICLOCROSS DE PONTEVEDRA E MARÍN

 



Continuamos co inicio da tempada de Ciclocross e no sábado as nosas rapazas participaban no GRAN PREMIO CICIDADE DE PONTEVEDRA e no domingo no CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXÁN DE MARÍN, ambolosdous de categoría internacional.

En Pontevedra as nosas cadetes realizaban unha gran carreira, rematando Irene Rodríguez na 17ª posición e Arantxa Gómez na 19ª.

No domingo en Marín de novo as dúas pelexaban por rematar o máis arriba posible e desta volta era Arantxa a que acadaba o 15º posto e Irene o 16º. Nesta carreira tamén participaba o Máster-40 Oscar Trigo que acadaba o 66º posto.

PONTEVEDRA

MARÍN

domingo, 3 de octubre de 2021

PECHE DE TEMPADA EN BOIRO E INICIO DE CICLOCROSS EN POIO

 





Tarde un tanto amarga onte en Boiro para despedir a tempada de ciclismo en estrada polo problema de saúde sofrido polo noso directivo e director deportivo Alberto Rodríguez o cual lle esperamos con todas as nosas forzas unha moi pronta recuperación . Dende aquí agradecemos @s nos@s compañeir@s do Club Ciclista Barbanza e o equipo médico que dispoñian na carreira o gran apoio e atención sanitaria prestados. Moita gracias.

No estrictamente deportivo, o camiño de volta facíase mais levadeiro pensando nos seis podios acadados pola nosa representación, sen menospreciar tódolos demáis resultados.

En Promesa feminino, pleno das nosas rapazas, pois Lucía González se facía coa vitoria e Alba Rodríguez co segundo posto. En masculino Marco Rodríguez tamén tiña premio o rematar no terceiro posto. Lucas Amaro era 4º, Iván Lázaro 10º, Simón Amaro 18º e Lucas González 23º.

En Principiante feminino desta volta a gran favorita non podía despedir a categoría como ela quixera, pois Saray Coimbra cometía un erro na súa participación e a facía rematar no 5º posto. Millor sorte corría o seu irmán Diego que subía o podio co segundo posto. Mateo Rodríguez sería 6º, Iker González 7º e Tiago Cedeira 13º.

Roi Alvarez é outro que neste remate de tempada non baixa do podio da categoría Alevín e na tarde de onte colleitaba o terceiro posto mentras que Aitor Rodríguez facía 21º

En Infantil feminino novo podio de Irene Rodríguez que se levaba o trofeo do terceiro posto mentras que en masculino Diego Adrover estaba a piques de subir o “caixón” o rematar 4º seguido de Unai Fernández que era 8º e Manuel Domínguez 21º.

Iker Rodríguez e Miguel Teniente voltaban para casa sen competir pola causa de que os servizos médicos tiñan que ausentarse co noso compañeiro Alberto.

 Suliñamos que Iker remataba a tempada co segundo posto na clasificación xeral da Copa Galicia de estrada.

Sen tempo de descanso na mañá de hoxe partíamos cara a Poio donde Irene Rodríguez e Arantxa Gómez se estreaban na especialidade de Ciclocross na categoría Cadete con moi bos sensación, pois Irene remataba 8ª e Arantxa 10ª. Polo súa banda o Máster 40 Oscar Trigo acadaba o 76º posto da súa categoría.

BOIRO

POIO

lunes, 27 de septiembre de 2021

SAN FROILÁN (LUGO) e CAMPIONATOS DE GALICIA CRI (BAÑOS DE MOLGAS)

 




Con outros tres podios despediamonos na tarde de antesdonte sábado da provincia de Lugo ata a vindeira tempada, que se pechará na vindeira fin de semana en Boiro.

Pola categoría Promesa participaban Iván Lázaro e Marco Rodríguez que eran 9º e 17º respectivamente.

En Principiante feminino Saray Coimbra voltaba a senda da vitória, o mesmo que Mateo Rodríguez en masculino que tamén se facía coa vitória, mentras que o seu compañeiro Tiago Cadeira remataba 9º.

En Alevín de novo segundo posto de Roi Alvarez mentras que Aitor Rodríguez desta volta baixaba ata a 20ª posición.

Unai Fernández voltaba a estar entre os primeiros da categoría Infantil o rematar no 8º lugar, mentras que Manuel Domínguez era 28º. En féminas a mala sorte apoderouse das dúas rosaleiras o sofrer sendas caídas sin grandes consecuencias pero que as obrigaban a retirarse da carreira.

Poñia o peche a nosa participación Iker Rodríguez que na categoría Cadete colleitaba o 7º posto.

Sen apenas descanso Iker madrugaba xunto con Miguel Teniente para partir cara a Baños de Molgas donde onte pola mañá se disputaban os Campionatos de Galicia de Contra Reloxo Individual.

Iker remataría nun estupendo 6º posto e Miguel no 44º.

SAN FROILÁN