Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de octubre de 2018

ZAIDA FAISE COA CAMISOLA DE LIDER DA COPA GALICIA DE CICLOCROSS



II Trofeo Avanza en Porriño disputado na tarde de onte no velódromo desta localidade coa participación de cinco "rosaleiros".

Comenzou a categoría de Promoción que que non hay clasificacións e na cual tomaban parte Irene Rodríguez e Roi Alvarez.

Logo xa tivemos que agardar ata as cinco da tarde coa disputa da derradeira carreira na que competían o Júnior Iago Alvarez e os Sub 23 Zaida González e Xoel Villa.
Iago no día de onte milloraba e remataba na 11º posición mentras que Xoel tiña un toque cun rival, a causa do cual se lle producía unha avaría mecánica na súa bicicleta e tiña que percorrer mais de medio circuito con ela o lombo, para o final rematar na 6ª posición cunha volta perdida.
Millor lle iba a Zaida que remataba a súa carreira na segunda posición o que lle vale para facerse co maillot de líder da categoría Sub 23 feminino da Copa Galicia e que lle tocará defender nas tres carreiras que se aveciñan para a vindeira finde semana.
FOTOS

domingo, 14 de octubre de 2018

COCLOCRÓSS INTERNACIONAL XAXÁN




Na Chan de Xaxán de Marín disputouse na mañán de hoxe o Ciclocróss Internacional que contou coa presenza dos e das millores ciclocrosistas nacionais ademais dos nosos tres habituais.

Iago Alvarez partía na categoría Júnior facendo unha carreira constante que lle valía para acadar o 16º posto.

En Sub-23 era Xoel Villa o que na carreira de hoxe subía un posto con respecto a de Santiago e remataba no 4º posto en masculino mentras que en feminino Zaida González hoxe baixaba un chisco as suas prestacións e remataba 11ª.
FOTOS

sábado, 13 de octubre de 2018

OUTRO NOVO PODIO PARA ZAIDA





Segunda proba da Copa Galicia de Ciclocróss celebrada onte nos arredores do Estadio de San Lázaro en Santiago e primeira pasada por auga debido a choiva que caiu durante toda a mañán.

Comenzou a categoría Promoción donde non hay clasificación xa que se trata de promoción e quí nos representaba Roi Alvarez na súa primeira toma de contacto coa bici de ciclocróss.

Na derradeira carreira da mañán entraban en liza os outros tres "rosaleiros".
En Júnior era Iago Alvarez o noso representante que acadaba o 15º posto, mentras que en Sub-23 masculino Xoel Villa acadaba un gran 5º posto. Na mesma categoría preo en féminas chegaba o podio de Zaida González o facerse co 2º posto.
FOTOS

jueves, 11 de octubre de 2018

PODIO DE ZAIDA EN POIO MENTRAS OS SEUS COMPAÑEIROS DISFRUTAN DO G.P. ALBERTO CONTADOR


Con un pouco de retraso, pero aquí estamos fieis a nosa cita de cada fin de semana de competición na que destaca o comenzo da tempada de Ciclocross donde de novo voltaba Zaida González que toma parte na categoría Sub23 e na cual acadaba o 2º posto nesta carreira inaugural de Poio. Debut na categoría Júnior para Iago Alvarez que por problemas físicos se vía obrigado o abandono.

Por outro lado os Principiantes, Alevíns e Infantís desprazabanse a localidade madrileña de Pinto para participar no G.P. ALBERTO CONTADOR e vos deixamos as aventuras relatadas polo noso directivo e monitor Alberto Rodríguez Sobrino:

O pasado fin de semana oito ciclistas do Club Ciclista O Rosal vivían una nova experiencia ó desprazarse a Madrid para tomar parte na “II Carrera Popular y Escuelas Fundación Alberto Contador”.

Tomaban a saída o sábado ás 10:30 no furgón do club nun viaxe sen presa alguna, chegando ó hotel ás 18:00. O primeiro foi subir ás habitacións para mudarse e sair a rodar un pouco para estirar as pernas.
Ó chegar ó hotel de volta do paseo recibiunos Félix Gómez, o artífice de que o club fora a participar nesta proba en particular, amante do mundo da bicicleta, ligado á Fundación Alberto Contador e actual director deportivo da U.C. Costamasnaga de Italia. Íamos a ducharnos e quedamos con él no hall do hotel ás 20:45. No momento de baixar das habitacións sorprendeunos coa visita de Alberto Contador, que se desprazou ó hotel para estar co equipo italiano e con nos.  A experiencia para @s nos@s ciclistas queda reflexada nas fotos que acompañan a este artículo, inolvidable: a cercanía que amosou Alberto, as anécdotas que compartiu con eles, os consellos,..
O domingo chegou o día da proba, aínda que estábamos perto había que madrugar xa que quedáramos en ir en bici co equipo italiano U.C. Costamasnaga ata o circuito. A conformación da parrilla de saída na Comunidade de Madrid é distinta a habitual en Galicia: en primeiro lugar chámanse á escola organizadora, que empeza a ocupar os caixóns de saída da primeira fila, segunda, ata formar tódolos seus corredores, a continuación as distintas escolas da Comunidade de Madrid ordeadas por sorteo previo, despois as escolas de fora da comunidades de Madrid  e para rematar os ciclistas non asignados a escolas o sen director deportivo. Deste xeito os nosos ciclistas, por sorteo, entraban na parrilla como club número 13 o que nos situaba case na parte final da parrilla, o que lastrou en inicio @s nos@s ciclistas.

Iniciaba a participación Javier Sanz que participaba na primeira manga de Infantís na que se desputaban 4 voltas ó circuito de 1,7 kms e clasificaban os 12 primeiros para a final. A proba foi moi distinta ás celebradas en Galicia: as dúas primeiras voltas foron “lentas” co pelotón agrupado e con charlas entre os corredores, acelerándose a proba na volta 3 para rematar a volta 4 nun sprint no que Javi, que sempre había rodado no grupo, rematara na posición 15, a piques de clasificarse para a final.
A seguinte proba foi a de alevín onde tomaban a saída Iker, Irene, Pablo y Diego dun total de 59 participantes.  Iniciando a proba nas posicións traseiras, tiveron que ir remontando posición conseguindo Iker rodar co pelotón dianteiro a partir da volta 3 das 5 que tiñan que dar. Todos eles foron remontando, rematando Iker 9º na desputa do sprint final, Pablo, que foi de menos a mais toda a proba, rematou na posición 27º e Diego, sempre pelexando e conseguindo adiantar a varios grupos, na posición 31º. A nosa fémina, Irene, rematou 9ª.
A última proba na que participaron os nosos ciclistas foi a de principiantes onde Roi e Unai debutaban nunha proba en circuito. Acostumados as xincanas das probas en Galicia tiveron que desputar una proba a dúas voltas no circuito de 1,7 kms, completando 3,4 kms. Case setenta ciclistas tomaban a saída nesta categoría e non quedou outra que remontar dende o final da parrilla. Roi era quen de finalizar na posición 50º mentres que Unai exhibía o seu potencial conseguindo, nunha proba tan corta, enlazar coa cabeza do pelotón e finalizar nunha máis que meritoria 16º praza.

O viaxe de volta foi una mezcla de tristura por que se acabara o seu primeiro desprazamento e de ledicia pola gran experiencia ciclista vivida.

Graciñas a Félix Gómez por facer posible este sono para @s nos@s nen@s!
FOTOS DE POIO
FOTOS DE PINTO