Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de septiembre de 2019

LONGA FIN DE SEMANA PARA O PECHE DA TEMPADA 2019 CON DEZ PODIOS









Esta fin de semana poñíamos o peche a tempada 2019 de estrada e o facíamos con catro podios en Porriño e seis en Lugo.
Todo comenzaba o venres no centro de Porriño donde a partir das 19:00 hora daba comenzo a Clásica Nocturna que se prolongou ata pasadas as 23:00.
As Promesas femininas dabannos os postos 4º para Saray Coimbra e o 10º para Lucía González mentras que en masculino Iker González era 17º, Mateo Rodríguez 20º, Diego Coimbra 23º e Marco Rodríguez 26º.
En Principiantes chegaba o primeiro dos podios con Roi Alvarez que era segundo, Aitor Rodríguez 4º e Lucas Alvarez 12º.
En Alevín por escasos centímetros Pablo Rodríguez tamén subía o podio no terceiro posto co seu compañeiro Diego Adrover no 12º posto mentras que Irene Rodríguez era 9ª en féminas.
En Infantís era Iker Rodríguez o que pelexaba ata o derradeiro metro para entrar no podio pero que a fin se tiña que contentar co 5º posto, mentras que Javi Sanz era 26º en Cadete.
Irea Villa era outra vez a chamada a estar no podio co segundo posto en Junior feminino mentras que en masculino Iago Alvarez era 25º.
Pechaba a nosa participación Zaida González que en Elite-Sub 23 feminino tamen se facía acreedora do segundo posto do podio.

Pasamos a tarde de onte a cidade de Lugo donde o G.P. San Froilán supoñía o peche dunha longa tempada que iniciaba no mes de abril en Monterroso.
E alí en Lugo, Saray Coimbra non se deixaba sorprender e se levaba unha merecida vitória en Promesa femninino mentras que en masculino Iker González despedía a tempada con un novo segundo posto mentras que Diego Coimbra era 9º, Mateo Rodríguez 10º e seu irmán Marco 12º.

Aitor Rodríguez quixo que nos quedásemos con boas sensacións de cara a vindeira tempada e facíase co 2º posto do podio mentras que Roi Alvarez na que era a súa derradeira carreira de "ximcaneiro" tamén se despedía co terceiro posto en Principiantes.

Outro que despedía categoría era Pablo Rodríguez, e o facía por todo o alto o levarse unha vitória que loitou ata o derradeiro centímetro mentras que Diego Adrover era 8º en Alevín masculino mentras que en feminino Irene Rodríguez a puntiño estaba de estar no podio o rematar cuarta.

Noveno posto dun gran Iker Rodríguez en Infantíl e 20º para Javi Sanz en Cadete que sofría unha caída cando marchaba líder en solitario.

Terceiro posto de Irea Villa en Junior feminino que poñia así fin a unha tempada marcada pola súa encomiable constancia loitando carreira a carreira.

E sin tempo para repoñerse, o vindeiro domingo en Poio comenza unha nova tempada de Ciclocrós donde contaremos coa presenza de Zaida González e Xoel Villa en Sub 23, Iago Alvarez en Junior e Javi Sanz en Cadete no que vai supoñer a súa estrea nesta espectacular especialidade do ciclismo.
FOTOS DA NOCTURNA
FOTOS DE SAN FROILÁN

domingo, 22 de septiembre de 2019

VITORIAS DE IREA VILLA E SARAY COIMBRA, SEGUNDO DE IKER GONZALEZ E TERCEIRO DE DIEGO COIMBRA EN LUGO



Moita choiva na tarde de onte no 56º G.P. Milagrosa de Lugo, o que non foi impedimento para que @s nos@as trouxeran catro podios máis que engadir os seus hitoriais.
A falta de clasificacións oficiais, imos facer un breve repaso polo acontecido neste G. P. Milagrosa donde comenzaron competindo Promesas e Principiantes con Saray e Diego Coimbra, Marco e Mateo Rodríguez, Iker González e Roi Alvarez. Sería na categoría de Promesas donde se acadaban tres podios, o primeiro deles era da man de Saray que se levaba o triunfo en féminas mentras que en masculino Iker era segundo e Diego terceiro.
A participación a completaban Irene Rodríguez e Pablo Rodríguez en Alevíns, Iker Rodríguez en Infantís e Javi Sanz en Cadetes que protagonizou dúas escapadas con caída incluída nunha delas e que a fin non daban o froito esperado.

Remataba Irea Villa en Junior feminino que nunha carreira na que loitaba baixo unha forte choiva e vento, se levaba a vitória en recompensa o seu grande esforzo e combatividade demostrada carreira tras carreira durante toda a tempada.
FOTOS

lunes, 16 de septiembre de 2019

PODIOS LUCÍA EN CORUXO E DE SARAY, ROI, PABLO E IREA EN PONTEAREAS





Cuadruple desprazamento  con dobre visita os Montes de Coruxo esta fin de semana.
Comenzamos o sabado pola tarde co Mini DH organizado polo C.C. Coruxo en Fragoselo e aquí chegaba o podio de Lucía González que se facía co terceiro posto en Benxamín feminino. En Benxamín masculino  Marco Rodríguez acadaba o 7º posto, mentras que en Promesas Mateo Rodríguez era 9º e Iker González 15º. En Principiantes o 14º posto era para Aitor Rodríguez e o 21º para Roi Alvarez, rematando Diego Adrover no 12º de Alevíns.

No domingo mesmo escenario de Fragoselo pero desta volta coa especialidade de Mini BTT con Lucía no 6º posto de Benxamín feminino, 15º de Iker e 17º de Mateo en Promesa B.

O mesmo tempo en Ponteareas era o equipo de estrada o que participaba nesta cita do Condado co podio de Saray Coimbra en Promesa o facerse co 3º posto mentras que Diego Coimbra era 6º en masculino.
En Principinates de novo Roi Alvarez acadaba podio orematar 3º mentras que Lucas Alvarez era 10º e Aitor Rodríguez  17º en Principiantes.

En Alevíns voltaba Pablo Rodríguez o segundo posto do podio e Diego Adrover estaba a piques de acadalo tamén o rematar 4º.

O Infantíl Iker Rodríguez realizaba unha moi boa carreira e remataba 7º en apretado esprint que decidía a vitória.

O cadete Javi Sanz formaba parte dun segundo grupo de carreira e remataba 20º mentras que Irea Villa era a encarregada de pechar a nosa participación e o facía no podio, concretemente no 3º posto.

Era en Madríd donde Irene Rodríguez xunto co seu pai Alberto lucían as nosas cores na derradeira etapa de La Vuelta Ciclista a España.
FOTOS DE PONTEAREAS
FOTOS DE CORUXO

domingo, 8 de septiembre de 2019

CAMPIONATOS DE GALICIA DE ESTRADA



Na tarde de onte era en Monforte de Lemos donde as tres da tarde daban comenzo os Campionatos de Galicia de Estrada donde o Club Ciclista O Rosal estaba representado por Javi Sanz, Irea Villa e Zaida González.

Nestes campionatos non fomos quien de acadar nigún podio pero voltamos de Monforte moi contentos e satisfeitos co comportamento da nosa representación, xa que en todo momento estiveron "dando a cara" en carreira.

Comenzou Javi na categoría Cadete que estivo no grupo de cabeza ata mediada a carreira  para logo na segunda metade quedarse no grupo perseguidor e que chegaría a meta na 22ª posición.

Despois dos Cadetes era a volta das Féminas na que competían tódalas categorías xuntas e tanto Irea como Zaida estiveron a gran nivel, sobre todo ésta última xa que despóis de tres anos era a súa primeira carreira en estrada.
No que respecta a Irea, circulaba no pelotón ata o kilómetro 9.0 donde mediado o primeiro porto de montaña se quedaba retrasada para logo clasificar no 5º posto Junior na liña de meta.
Zaida tamén facía algo similar a Irea e se quedaba nun segundo grupo que completaría as dúas voltas o circuito cun tempo de 01:11:06 tamén na 5ª posición de Sub 23.  

lunes, 2 de septiembre de 2019

DÍA GRANDE PARA UNAI FERNÁNDEZ EN MARÍN




A de onte voltou a ser outra mañán cargada de éxitos e desta volta foi en Seixo (Marín) donde participaron as categorías de Escolas e Cadetes.

Como non podía ser doutra maneira, as nosas féminas continúan a darnos alegrías comenzando por Saray Coimbra que outra vez se facía coa vitória en Promesas mentras que Lucía González tamén subía o podio, concretamente no terceiro caixón. En masculino Diego Coimbra non quería ser menos e acadaba o segundo posto, mentras que Mateo Rodríguez era 6º, Iker González 7º e Marco Rodríguez 15º.

En Principiantes de novo o posto mais alto era para Roi Alvarez que se facía coa vitória de maneira inapelable seguido por Aitor Rodríguez 6º e Lucas Alvarez 7º.

Xa facía uns cantos anos que na categoría Alevín masculino non colleitabamos dous podios e foi onte cando voltamos as "andadas" xa que Pablo Rodríguez era segundo e Unai Fernández terceiro no que era o seu primeiro podio dende que en abril debutara coa "biblicleta de carreiras". Despois deles situábase Diego Adrover no 7º posto e Irene Rodríguez no 5º en féminas.

Continuaba a categoría Infantíl na cual Iker Rodríguez se facía co 13º posto para rematar con Javi Sanz que era 15º en Cadete.
FOTOS