Na mañán de oxe na localidade de Rarís disputábase o VI Circuito Teense - Trofeo Concello de Teo que daba o sinal de saída cara a tempada 2015 para a categoría Júnior en estrada na que despois da marcha do Campión Raúl Fernández, debutaban na mesma Zaida González, Ero Sobrino, Xoel Villa e a nova incorporación Adrián Santomé.
Comenzou a carreira na que en diversos tramos da mesma o vento de cara sopraba de forma intensa o que facía que os primeiros rosaleiros en quedarse atrasados fosen Xoel e Zaida para que varios kilómetros mais adiante Ero e Adrián fixesen e mesmo e tamén quedasen descolgados do pelotón.
Co paso dos kilómetros Xoel e Zaida recuperabanse un chisco e daban alcance os seus compañeiros que se xuntaban os catro para tentar de contactar co pelotón, cousa que lles foi imposible e víanse obrigados a retirarse dado que neses intres os equipos dianteiros xa estaban "pelexando" para situar os seus para loitar de cara a vitória final.
Fotos da carreira