Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 7 de mayo de 2011

XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO




Disputouse na mañán de hoxe o XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO nos arredores do Estadio de San Lázaro nunha mañán infernal de vento e choiva o cal non foi impedimento para que os ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores triunfasen en terras compostelás.
Comenzaba a competición como e costume coa categoría Benxamín na que Mario se a semana pasada se lle escapaba a vitória nun disputadísimo desempate, no día de hoxe tomaba a revancha e vencía con claridade. Irea terminaba 7ª na xeral e 1ª de Féminas, destacados tamén os resultados de David 11º e Alberto 21º.
En Infantís o millor clasificado era Xoel no posto 15º seguido de Claudia 16ª. Ero i Elsa non foron quen de clasificarse.
Na categoría Cadete Toni Portela estreábase cunha apretadísima vitória sobre o ciclista do Spol-Novacaixagalicia Angel Diz.Pola sua banda Raúl acadaba un meritório 6º posto. Cristóbal, Andrés, Adrián Dorna, Adrián Vicente e Pablo o final non se clasificaban.
Fotos.

domingo, 1 de mayo de 2011

33º Trofeo Vila do Louro (Porriño)




Deu comenzo no día de hoxe a tempada para as categorías de escolas no 33º Trofeo Vila do Louro e comenzamos con dous pódios dos irmáns Mario e Raúl Fernández.

Comenzaba a competición coa ximcana dos Benxamíns e non poido ser mais emocionante na loita polo primeiro posto xa que a pelexa foi épica entre Diego Villafines ( C.C. Marín) e o noso Mario
que concluiron as suas probas empatados a cero erros e co mesmo tempo, tendo que competir de novo eles dous para dilucidar o título de campión que se decantou do lado de Diego Villafines por mor dun erro de Mario que tivo que conformarse co 2º posto. En canto o resto de participantes Irea Villa acadaba o 12º posto, David Rodríguez 13º e Alberto García 33º.

En Alevíns Manuel Dorna como único representante terminaba 11º.

Os Infantís un chisco mais discretos eran Xoel Villa 24º, Ero Sobrino 25º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 31ª i Elsa Portela 32ª.

En Cadetes como xa comentábamos o inicio desta crónica Raúl Fernández Facíase co 3º posto, Andrés Fernández 17º, Adrián Vicente 23º, Pablo Cividanes 25º, Cristóbal Coimbra 29º e Adrián Dorna 34º.



sábado, 16 de abril de 2011

I Trofeo Costa Vella

Os Cadetes e Juniores do C.C. O Rosal tamén soben o podio na modalidade de BTT e isto acontecía no día de hoxe no Open de Galicia-Novacaixagalica de XC, I Trofeo Costa Vella.
Despois de duas carreira disputadas en Monteferro e Poio que lles serviron para a toma de contacto coa especialidade, no día de hoxe xa o colleron mais en serio i esa seriedade transformouse en dous podios da mán dos Cadetes Toni Portela que foi segundo e Raúl Fernández que foi terceiro tan só superados polo ciclista do C.C. Teis Javier González (compañeiro na Selección Galega de Ciclocross) que foi primeiro.
En Junior boa tamén a clasificación de Alex Lomba que acabou no sexto posto.

lunes, 11 de abril de 2011

9º Premio ACR Roriz

Pistoletazo de saída a temporada de ciclismo en estrada co 9º Premio ACR Roriz en Barcelos (Portugal) e os nosos comenzan con bo pé xa que na categoría Cadete a vitória veo para O Rosal da mán dun fantástico Toni Portela que nun apretado final de carreira se impoñía a Diogo Oliveira do ASC/ Vila do Conde / Cycles Oliveira que foi segundo e de David Ribeiro do C.C. Avidos / Metalização A. Lemos, Lda. que foi terceiro. Boa a actuación do resto do plantel do C.C. O Rosal xa que Raúl Fernández finalizaba 24º, Cristóbal Piñeiro 38º, Adrián Dorna 43º e Andrés da Silva 48º.
En Junior o millor clasificado era Iván Morais no posto 23º, Alex Lomba 37º e Kevin Rodriguez 45º.
A vindeira cita será no 32 T. PRESIDENTE-33º T. VILA DO LOURO en Porriño o día 1 de maio para as categorías de Escolas, Cadetes e Féminas.
Clasificacións.
Fotos.
Galería de Cristóbal Coimbra.

miércoles, 2 de marzo de 2011

CEA BAILE 2011

Como ven sendo habitual todolos anos, o Club Ciclista O Rosal vai celebrar a Cea-Baile como agasallo os ciclistas do Clube.
E tamén como é norma neste Clube, dende aqui facemos un chamamento a tódolos Socios, afeccionados, simpatizantes e todo aquel que queira asistir a esta Festa, para non deixar de apoiar os nosos Ciclistas neste Día Grande.

Día: 12 de marzo
Hora: 10 da noite
Lugar: Restaurante Juan (O Rosal)
Prezo: 30 euros por persoa

Prégase que confirmen a súa asistencia antes do día 8 de marzo no telefono 680 993 050 (Gerardo)

domingo, 9 de enero de 2011

Campionato de España de Ciclocross (Zamora)

O macedense Pablo Rodríguez como Campión de España Júnior
Hoxe poñíase punto final a tempada de Ciclocross e a proba para finalizar era o Campionato de España que se celebrou no Parque do Bosque de Valorio na cidade de Zamora.
Comenzaba a xornada coa categoría Cadete e a Selección Galega estaba formada polos "rosaleiros" Cristóbal Coimbra, Raúl Fernández e Antonio Portela e Angel Diz ( C. C.Spol), Marcos Villar (C. C. Maceda) e Javier González (C. C. Teis). A carreira para os nosos comenzaba condicionada xa que tanto Toni como Raúl e Cristóbal eran colocados de forma pouco comprensible nas derradeiras posicions da saída o que os obrigou a remontar durante toda a carreira non podendo pasar do 14º posto para Toni, 17º para Raúl e 34º para Cristóbal.
A parte positiva para a Selección Galega foi o subcampionato de
Marcos Villar (C. C. Maceda) e o 4º posto de Angel Diz ( C. C.Spol), pola sua banda Javier González (C. C. Teis) finalizaba 20º.
En Júnior brillante vitória do galego Pablo Rodríguez (C. C. Maceda) que dominou a carreira de principio a fin e que chegou a meta cunha vantaxe de 1 minuto e 14 segundos sobre o segundo clasificado. O "noso" Manuel González sofría un inoportuno pinchazo na roda traseira que lle facía percorrer mais de medio circuito coa bicicleta pola man que o final se traducía na 42ª posición da clasificación.
Destacar que a Selección Galega sumando tódalas categorías foi capaz de acadar seis medallas ( unha de ouro, tres de prata e duas de bronce).
Fotos da carreira.

domingo, 2 de enero de 2011

III TROFEO CASTELO DE MACEDA

Foto de Luz Iglésias (Cambre)
Hoxe celebrouse en Maceda (Ourense) a derradeira proba do Calendario Galego de Ciclocross nos arredores do Castelo desta Vila e os nosos desta volta mermados fisicamente por mor das gripes só poideron acadar un pódio con Toni Portela como o millor clasificado na categoría Cadete acadando o 3º posto, un chisco mais atrás clasificabanse Raúl 6º, Andrés 7º, Cristóbal 9º e Pablo 10º.
En Júnior o noso representante era Alex Lomba que acadaba o 12º posto.
Para pechar definitivamente a tempada de Ciclocross temos que agardar até o vindeiro domingo 9 de xaneiro en Villaralbo (Zamora) donde se van disputar os Campionatos de España da especialidade. Destacamos que a Selección Galega Cadete está composta por seis integrantes e destes o 50% serán corredores do Clube Ciclista O Rosal e non son outros que Toni (Campión Galego), Raúl (3º no mesmo campionato) e Cristóbal que se clasificara 6º.
En Júnior o seleccionado é Manuel González.
Desexámoslles moita sorte xa que parten como favoritos e teñen boas posibilidades de acadar o éxito.
Galería de Luz Iglésias.

domingo, 26 de diciembre de 2010

Antonio Portela Campión de Galicia e Raúl 3º ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Toni e Raúl no pódio como 1º e 3º con Angel Diz 2º.
Nunha mañán terrorífica para os corredores cun circuito totalmente xeado e cuatro grados baixo cero como se pode apreciar nas fotos, os ciclistas do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores voltaban a escribir outra páxina para a história do deporte rosaleiro o proclamarse Toni Portela Campión de Galicia e Raúl Fernández terceiro.
Era no coruñés concello de Negreira donde o Clube Ciclista da localidade en colaboración coa Federación Galega organizaban este Campionato de Galicia nun circuito que como xa comentamos se atopaba totalmente xeado o que non era obstáculo para que os nosos ciclistas poideran triunfar. Comenzaba a carreira co dominio de Raúl durante as primeiras voltas perseguido por Angel Diz do C.C.Spol quedando Toni, Cristóbal e Andrés en postos mais atrasados cando co pasar das voltas era Angel Diz o que adiantaba a Raúl e foi entón cando Toni reaccionaba lanzando un ataque no que superaba a Raúl (un pouco desfalecido por mor do esforzo inicial) e daba alcance a Angel Diz co que comenzou unha bonita loita turnándose na primeira posición e non sería ata os derradeiros cincocentos metros cando Toni impuña o seu poderío e cruzaba a liña de meta na 1ª posición que o acreditaba como o novo Campión de Galicia de Ciclocross da categoría Cadete; Angel Diz entraba uns metros descolgado no 2º posto. Pola súa banda Raúl sin ninguén que lle ameazase o seu posto no pódio chegaba un pouco mais retrasado nun fantástico 3º posto que reflexa a súa progresión nesta categoría Cadete nova para él. Outro que realizaba unha carreira moi boa era Cristóbal Coimbra que entraba nun destacado 6º posto. A parte negativa da xornada recaia en Andrés Fernández o cal sofría unha caida nunha placa de xeo lesionándose nunha man o que o obrigaba o abandono.
Na categoría Júnior destacada actuación de Manuel González que en moitos momentos da carreira chegou a marchar na terceira posición terminándo finalmente 7º. Alex lomba un chisco mais discreto terminaba nunha meritória 11ª posición.
Felicidades a todos polos éxitos acadados.
Fotos da carreira.





domingo, 19 de diciembre de 2010

XXXIV Trofeo Vila de Porriño


Nesta fría mañán con 2 grados de temperatura ambiente disputábase no Velódromo de Porriño o XXXIV Trofeo Vila de Porriño con outros dous novos Pódios para os corredores do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores repetíndose o mesmo de onte en Rois pero desta volta invertido xa que Antonio Portela era o 2º clasificado a Raúl Fernández era o 3º. Outra boa actuación de Andrés Fernández que finalizaba 5º e Pablo Cividanes 8º. Por motivos de "axenda" Cristóbal Coimbra non pudo paticipar nesta proba.
En Junior cando xa todos nos frotábamos as mans vendo que Manuel González marchaba na primeira posición e se perfilaba como o gañador da proba, sofría un inoportuno pinchazo na roda dianteira que o facía percorrer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" e baixar até as últimas posicións ainda que logo de cambiar de roda voltaba a subir posicións pero xa solo era capaz de quedar no 12º posto. Os seus compañeiros Alex Lomba e Iván Morais terminaban 16º e 18º respectivamente.
A vindeira fin de semana na coruñesa localidade de Negreira terá lugar a disputa dos Campionatos Galegos donde os nosos ciclistas teñen postas moitas esperanzas de acadar algún dos títulos en xogo.
Fotos da carreira.

sábado, 18 de diciembre de 2010

III Trofeo Concello de Rois




No III Trofeo Concello de Rois de Ciclocross, moi boa xornada para os integrantes do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores. Nunha carreira moi disputada desde o principio até o fin, os nosos foron quien de acadar outros tres pódios.
Na categoría Cadete desta volta magnífica actuación de Raúl Fernández que ven demostrando unha progresión moi boa carreira trás carreira e que se fixo co 2º posto do "caixón"; pola súa banda Toni Portela non quería afastarse do Pódio e para acompañar a Raúl facíase co 3º posto. Moi boa actuación a dos outros compañeiros con Cristóbal 7º, Andrés 9º e Pablo 10º.
En Junior Manuel González ultimamente está a coller unha habitude (moi boa por certo) que non é outra que estar no Pódio para non ser menos que os seus compañeiros Cadetes e desta vez a piques estivo de facerse coa vitória e por só cinco segundos tivo que "conformarse" co 2º posto sendo o primeiro para Jacobo Ucha (C.C.Spol- Novacaixagalicia). Alex Lomba entraba un pouco mais retrasado, concretamente no 17º posto.
Mañán a partir das 10:00 horas estaremos de novo en competición co XXXIV Trofeo Vila de Porriño.
Fotos de José Carlos Fernández
Galería de Cristóbal Coimbra
Galería de Luz Iglésias

domingo, 12 de diciembre de 2010

Toni Portela finaliza 2º na Copa de España

Non pudo ser e Antonio Portela tivo que conformarse co 2º posto na Clasificación Xeral Final da Copa de España de Ciclocross categoría Cadete que se disputaba en Alcobendas (Madrid).
A misión presentábase difícil pero non imposible xa que a Toni bastáballe con quedar por diante dos seus rivais pero unha mala saída que o relegou a postos moi retrasados, facíalle moi difícil o chegar até a cabeza da carreira que o final se traducía nun 3º posto final, insuficiente para acadar o título xa que un dos seus rivais Marcos Villar (C.C.Maceda) era quien se levaba a vitória e desta maneira tamén a Copa para as terras de Ourense. Pola sua banda Raúl Fernández tamén tiña unha moi boa actuación o facerse cun valioso 10º posto.
Na categoría Junior vitória e Copa para o tamén ciclista do C.C. Maceda Pablo Rodríguez, donde o corredor do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores, Manuel González acadaba un destacado 13º posto.
Dende aquí felicitamos os nosos ciclistas polo empeño realizado e polos éxitos acadados e felicitamos tamén o Club Ciclista Maceda que trouxo para Galicia a copa de Epaña das Categorías Cadete e Júnior.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

XXXIV Trofeo Horacio Barros (Porriño)


Tres novos Pódios para os ciclistas do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores, desta vez no XXXIV Trofeo Horacio Barros (Porriño) nun circuito mítico do calendario galego como é éste de Mosende donde mistura o asfalto cunha pronunciada subida que fai estragos nos corredores e zonas moi reviradas e outra con moito barro que esixía o máximo os ciclistas.
Comenzaba a categoría Cadete na que o local AngelDiz (Spol-NovaCaixaGalicia) partía moi forte xa dende a saída e non daba opción os seus rivais, logo por detrás os nosos Toni Portela e Raúl Fernández formaban un dúo que tamén collía unha boa marxe de segundos os seus mais inmediatos perseguidores que o final da carreira se traducía no 2º posto de Toni e no 3º de Raúl; por detrás entraban Andrés 5º, Cristóbal 7º e Pablo 10º.
E hoxe de novo pódio para Manuel González na categoría Junior que despois dunha dura disputa durante toda a carreira polo segundo posto cos locais Jacobo Ucha e Iván Losada (Spol-NovaCaixaGalicia), unha caída impedíalle ir mais aló do 3º posto quedando por detrás de Jacobo Ucha 2º e Saúl López (Aquagest) que era primeiro cunha boa vantaxe. Pola sua parte Alex Lomba finalizaba no posto 17º.
A vindeira fin de semana unha representación do C.C. O Rosal vaise desprazar eté Alcobendas (Madrid) donde Toni Portela vai defender o liderato da Copa de España máxime cando ésta e a derradeira proba da Copa.
Dende aquí desexamoslles moita sorte e que o Título veña para as terras de O Rosal.
Fotos da carreira.
Galería de Luz Iglésias.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Nova vitória de Toni no XXIII Trofeo Concello de Boiro


Despois do sobresainte 4º posto acadado en Igorre (Pais Vasco) coa Selección Galega, Toni voltou para vencer de novo, desta vez no XXIII Trofeo Concello de Boiro donde nun circuito deseñado pola xente do Clube Ciclista Barbanza no que se debía superar un paso pola area e o barro e auga debido as fortes choivas caídas no día de onte que supuñan para os ciclistas serias dificultades. Pois alen deste 1º posto de Toni Portela, grande actuación dos seus compañeiros donde Raúl quedaba a beira do pódio co 4º posto; Cristóbal 5º Andrés 7º e Pablo retirado por avaría mecánica completaban ésta boa actuación dos nosos Cadetes.
Os Junior tamén tiñan unha boa actuación e Manuel despois da vitória de onte, hoxe non ía mais aló do 5º posto mentras que Alex se facía co 12º.
Agora un breve descanso para a recuperación xa que despois de mañán volta de novo a competición co XXXIV Trofeo Horacio Barros en Mosende (Porriño).
Fotos cortesía de Raúl.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Xornada fantástica no TROFEO CONCELLO DE AMES


Fotos de Manuel Coimbra
Nunha mañán de "cans" pola choiva que caía e que facía da pista un autentico barrizal, os ciclistas do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores deixaban a súa pegada en terras coruñesas.
Comenzaba o recital cos cadetes, categoría na que o C.C. O Rosal colocaba os seus catro representantes entre os seis primeiros con Raúl Fernández no 2º posto, Cristóbal Coimbra 3º, Andrés Fernández 4º e Pablo Cividanes 6º. Suliñar que tanto para Raúl como para Cristóbal este era o seu estreo no pódio da especialidade de Ciclocross nesta sua primeira tempada. Nesta categoría temos que mencionar a ausencia do líder da Copa de España, Toni Portela que se atopa competindo coa coa Selección Galega na localidade vasca de Igorre.
Xa logo nos Júnior que esta tempada se estreaban na categoría e estaban tendo unhas actuacións un chisquiño discretas, hoxe dabannos unha alegría en forma de "vitória" da man de Manuel González nunha carreira moi dura que Manuel soubo leer moi ben dende o comenzo e que o fin lle otorgou a sua primeira e merecida vitória na categoría. O seu compañeiro Alex Lomba tamén tiña unha boa actuación e facíase co 7º posto.
Sen tempo para repoñerse, no día de mañan toca de novo desprazamento a terras coruñesas donde se vai disputar o XXIII Trofeo Concello de Boiro.
Fotos cortesía de Luz Iglésias.
Fotos cortesía de Manuel Coimbra.

domingo, 28 de noviembre de 2010

VIII TROFEO CICLOCROSS MUEBLES COMPOSTELA

Foto de Luz Iglesias

No Parque Granxa do Sexto (Santiago), dábase cita a "familia" do Ciclocross Galego para a disputa do IX TROFEO DE CICLOCROSS MUEBLES COMPOSTELA donde os nosos voltaron a brillar con luz propìa, especialmente na categoría Cadete.Nesta mencionada categoría o millor "rosaleiro" non era outro que o Líder da Copa de España da especialidade Toni Portela que despois dunha dura carreira, escalaba até o segundo posto do Pódio seguido moi de perto polos sorprendentes (debutan este ano) Raúl 4º e Andrés 5º e un chisco mais atrás Pablo 8º.
Os Junior tamén tiveron unha aceptable actuación con Manuel González 9º, Iván 17º e Alex 19º.
A vindeira carreira será o TROFEO CONCELLO DE AMES a disputarse no concello do mesmo nome o vindeiro 5 de decembro.
Fotos de luz Iglesias

domingo, 21 de noviembre de 2010

Vitória e liderato de Toni na Copa de España en Asturias

Toni Portela segue facendo historia para o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores o vencer na mañán de hoxe na terceira proba da Copa de España de Cadetes disputada en Navia (Asturias) por diante dos millores do Ciclocross español.
Comenzando polo principio, o pasado día 14 disputábase a primeira proba da Copa de España en Villaralbo (Zamora), donde Toni xa acadaba un destacado 5º posto, o mesmo que Raúl que finalizaba 11º e Cristobal 21º en categoría Cadete. En Junior Manuel finalizaba 17º, Alex 24º e Iván 30º.
Fotos de Villaralbo cortesía de Luz Iglesias.
Fotos de Villaralbo cortesía de Cristóbal Coimbra.
No día de onte (20 de novenbro) disputábase a segunda proba da Copa de España en Padrón (A Coruña) e en Cadetes Toni xa daba un aviso os seus rivais o finalizar no 3º posto o cual lle concedía un posto no Pódio; Raúl era 13º, Andrés 23º, Cristóbal 30 (despois dun pinchazo) e Pablo 35º. Os Júnior finalizaban nas seguintes posicións; Manuel 24º, Iván 35 e Alex 44º.
Fotos de Padrón cortesía de Luz Iglesias.
Xa no día de hoxe, producíase un inevitable acontecimento como era a vitória de Toni en Navia (Asturias) e de paso enfundarse o "maillot" de líder da Copa de España. Non podemos deixar de felicitar tamen a outros dos rapaces que no seu primeiro ano na modalidade de Ciclocross, estan a acadar uns resultados sorprendentes e non son outros que Raúl Fernández que acabou 8º e Cristóbal Coimbra 19º.
Os Junior estiveron un chisquiño mais discretos con Manuel no posto 17º, Iván 31º e Alex 39.
Fotos de cortesía Luz Iglesias.

lunes, 8 de noviembre de 2010

XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclocross

Na mañán de onte domingo co XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores, deu comenzo a tempada de Ciclocross en Galicia nun circuito incomparable pola sua beleza a beira do río Miño e sua cualidade de dispor de tramos rápidos e outros con moita dificultade donde era preciso votar a bicicleta o "lombo" para poder superar a dificultades.
Comenzou a mañán coa carreira de Féminas e Cadetes. En Féminas impoñíase a raíña da especialidade como é Isabel Castro (Aquagest) que ésta tempada leva oito triunfos noutras tantas carreiras. En Cadetes despois dunha bonita pugna durante toda a carreira Angel Diz (Spol-Caixanova) vencía o local Toni Portela que se facía co 2º posto e terceiro sería Marcos Villar (C.C. Maceda). O debutante local Raúl Fernández sobresalía cun magnífico 4º posto; Cristóbal Coimbra e Andrés Fernández ambolosdous tamén debutantes na especialidade serían 6º e 7º respectivamente.
Na categoría Junior vencía Pablo Rodríguez ( C.C. Maceda) e os nosos terminaban con Manuel González 8º, Alex Lomba 12º, Iván Morais 14º e Kevin Rodríguez 21º.
Nas restantes categorías os vencedores eran os seguintes: Master 30 Guillermo Alvarez (Aquagest), Master 40 Javier Lago (Spol-Caixanova), Master 50 Manuel González (Aquagest), Senior Luciano Carretero (Cambre-Caeiro) e finalmente en Elite-Sub23 o vencedor sería Oscar Vázquez (Aquagest). Clasificación
Fotos da carreira
Fotos de Luz (C.C. Cambre)
Fotos de Cristóbal Coimbra

sábado, 30 de octubre de 2010

XIII TROFEO CICLOCROSS NA PRAIA DE EIRAS


O vindeiro domingo 7 de novembro e fiel coa tradición o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras no coñecido circuito da Praia de Eiras.
A carreira dará comenzo as 10:30 da mañán coas categorías de Cadetes e Féminas a que seguirá a proba de Junior, Master e Veteranos para finalizar coas categorías de Elite, Sub-21 e Senior.

Si queres ver unha espectacular modalidade de competición en bicicleta, non te podes perder este evento. Esperamoste na Praia de Eiras.

domingo, 3 de octubre de 2010

XXIII PROMOCIÓN DO CICLISMO (BOIRO)

Tres novos Pódios para despedir a tempada 2010 de carretera baixo o "diluvio" de Boiro (A Coruña).
Comenzaba a despedida da tempada o venres as nove da noite en Porriño donde os Junior competían no XXXIII Trofeo do Santísimo Cristo en horario nocturno polo centro da vila do Louro e Brais González terminaba a carreira no 20º posto mentres que Miguel Rodríguez finalizaba 33º.
Na tarde do sábado en Boiro e baixo o temporal os nosos representantes plantaronlle cara o mal tempo para acadar novos éxitos con Mario Fernández 2º e Iago Alvarez 9º na categoría Benxamín.
A carreira de Alevíns coincidía cun fortísimo vendaval de vento e choiva o que facía que o manter o eqilibrio na bicicleta fose unha tarefa de "malabaristas" e Xoel Villa tiña que conformarse co 14º posto seguido do seu compañeiro Manuel Dorna 15º.
En Infantís nova vitória de Raúl Fernández que despois de controlar os seus rivais durante toda a carreira, lanzaba un ataque nos derradeiros metros que lle daba ese 1º posto por diante dos seu inmediatos perseguidores. Cristóbal e Andrés non participaban xa que tiñan o cupo de 20 carreiras completo.
Toni Portela voltaba a dar outra mostra de poder o vencer na categoría Cadete despois de saltar do pelotón a falta de oito voltas para o final e chegando a meta cunha vantaxe de 12 segundos sobre Daniel Lopez (C.C. Cambre). Alex Lomba era 7º, Manuel González 10º, Ivan Morais 17º, Pablo Cividanes 19º e Adrian Dorna 22º. Kevin Rodríguez sofría unha caída que o obrigaba o abandono da carreira.
Unha vez finalizada a tempada de carretera e sin tempo para descansar, os Cadetes e Juniores comezan os adestramentos para a tempada de Ciclo-Cross 2010-2011 que vai dar o pistoletazo de saída o vindeiro 10 de outubro en Valladolid.
Fotos cortesía de Cristóbal Coimbra