Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 18 de julio de 2011

Recibimento a Toni no IFEVI de Vigo


Familiares, amigos, compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal acudíamos nesta madrugada do domingo po luns o IFEVI de Vigo donde agardábamos con impaciencia a chegada do CAMPIÓN DE ESPAÑA que viaxaba no autobús da Federación Galega de Ciclismo. Presentabamonos alí en Cotogrande a unha e media da madrugada tendo que agardar até as 4:30 horas na que o autobús facía a súa entrada no aparcadoiro do IFEVI e de él baixaba un Toni sorprendido polo recibimento que non se agardaba das máis de 30 persoas desprazádas até o lugar.
Despois de que o Presidente Gerardo lle agradecese o éxito acadado, Toni comentábanos como fora o desenrolo da carreira e as experiencias vividas en Zaragoza, para o final poñer rumbo O Rosal na compaña de todos.
FELICIDADES CAMPIÓN.
Fotos

domingo, 17 de julio de 2011

TOÑI CAMPION DE ESPAÑA

Foto Pariver.com Na mañan de hoxe Antonio Portela proclamouse ¡¡¡¡¡CAMPIÓN DE ESPAÑA CADETE!!!!!.

Este ano Toñi non deixa de agasallarnos con triunfos. Comenzaba a tempada co título de Campión de Galicia 2011 de Ciclocross donde o seu compañeiro de equipo Raúl era terceiro, continuaba co 14º posto da mesma especialidade no Campionato de España en Zamora para logo acadar o 3º posto no Campionato de Galicia de BTT con Raúl 4º. Continuaban os éxitos na pasada fin de semana en Marín coa madalla de Bronce no Campionato de Galicia de Fondo para desprazarse o pasado xoves a Caspe (Zaragoza) e no día de onte quedar cuarto no Campionato de España de Contrareloxo para no día de hoxe poñer o broche de Ouro con ésta medalla que o acredita como o CAMPIÓN DE ESPAÑA CADETE 2011. Sen dúbida o Club Ciclista O Rosal séntese orgulloso de ter na súa plantilla un ciclista das cualidades de Toñi que fai que leve o nome do noso Clube e o do Concello de O Rosal xa non só por Galicia adiante, sinón que tamén o resto de España saiba dos seus éxitos. Moitas felicidades.

sábado, 16 de julio de 2011

Toni Portela 4º no Campionato de España

Toni non deixa de sorprendernos con boas noticias e desta volta foi nos Campionatos de España que se están a celebrar en Caspe (Zaragoza) e non foi doutra maneira que co 4º posto acadado na modalidade de Contra o Reloxo da categoría Cadete a tan só 9 segundos do vencedor da proba que foi Sergio Dominguez da Comunidade Valenciana. O outro representante galego era o rival e compañeiro de Toni, Angel Diz do Spol Novacaixagalicia de Porriño que finalizou no posto 13º.
É sen dúbida un grande resultado para o noso ciclista que mañán domingo disputará a proba de estrada.
Por outro lado as representantes da Selección Galega acadaron o 3º posto e medalla de bronce na categoría Infantíl Feminina por equipos.
Moitas felicidades a tod@s el@s.

domingo, 10 de julio de 2011

Medalla de Bronce no Campionato de Galicia

Celebráronse hoxe os Campionatos de Galicia de Fondo en Carretera en Marín donde Toni Portela se facía coa medalla de Bronce o acabar no 3º posto da categoría Cadete.
Comenzaba a competición coa categoría Cadete na que Cristóbal, Pablo, Adrián Dorna e Adrián Vicente non acababan a carreira o quedar descolgados e ser eliminados polos xuices árbitros. Raúl pola súa parte despois dunha caída acontecida na primeira volta, chegaba nun meritório 11º posto. A vitória era para Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) que chegaba destacado a meta e logo na loita polo segundo posto había un espectacular esprint entre Toni Portela e Angel Diz (C.C. Spol) que o final se decantaba do lado do porriñés que era segundo e Toni terceiro.
En Júnior comenzaba a carreira cun ataque nos primeiros kilómetros por parte de Kevin e Iván na compaña doutros dous ciclistas chegando a obter unha vantaxe de 40 segundos pero cando chegaron as primeiras rampas Kevin era engulido polo pelotón quedando descolgado uns kilómetros máis adiante. O segundo en quedarse atrás era Alex e o terceiro en descolgarse era Iván. Pola súa parte Manuel González a pesar da súa falta de adestramento iba aguantando o tirón do grupo para quedarse atrás a 500 metros do porto de montaña e ainda que na baixada recuperaba algo de tempo, non era quien de contactar co pelotón. O que sí sacaba forzas de donde non as tiña era Alex que conseguía conectar con Manuel e outros dous corredores da Fundación Oscar Pereiro que xuntos fixeron varios kilómetros pero que o final eran baixados da carreira o ser a súa desvantaxe superior os tres minutos coa cabeza da carreira que foi gañada por Jacobo Ucha (C.C. Spol).
Fotos

Por outro lado Claudia i Elsa Portela desprazabanse até Ponteareas donde se disputaba o I Trofeo de Guláns de MinBTT. Claudia remataba 4ª i Elsa 5ª.

sábado, 9 de julio de 2011

XVIII TROFEO FESTAS DE SAN BENITO


XVIII TROFEO FESTAS DE SAN BENITO en Porriño que para as categorías de escolas se disputaba na pista de ciclismo desta localidade con un novo podio para o C.C. O Rosal.
Comenzaban os Benxamins donde Irea era a millor clasificada no posto 8º seguida de Mario 11º,Yashir 13º e Iago 16º.
Era na categoría Alevín donde o noso único representante Manuel Dorna se facía cun desexadísimo podio o acadar o 2º posto.
En Infantís Ero terminaba 18º, Xoel 24º e Zaida 25ª.
Fotos

domingo, 3 de julio de 2011

XX G.P. Ciclista Teis

Duas novas vitórias dos ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores, desta vez no XX G.P. Ciclista Teis.
Comenzaban os Alevíns e Mario voltaba de novo o mais alto do Pódio o vencer con claridade a proba de Ximcana. Gran resultado tamén para David que nunha moi boa proba sen cometer erros, acadaba o 6º posto e outro tanto podemos decir de Yashir que se facía co 12º.
En Infantís Zaida era a única clasificada e facíao no posto 25º.
E xá para rematar a mañán era Toni o que tamén voltaba o mais alto do "caixón" o levarse a vitória da categoría Cadete por diante de Angel Diz (Spol) e Diego Somoza (Compostelano). Grandes resultados tamén para Adrián Vicente que fixo 6º, Raúl 10º, Pablo 25º e Cristóbal 28º.
Por outro lado Elsa e Claudia Portela desprazabanse até Porriño donde disputaban o II Trofeo Horacio Barros de MiniBTT na categoría Infantíl e Claudia de novo voltaba o pódio co 3º posto acadado mentres que Elsa era 4ª.

lunes, 27 de junio de 2011

Carreiras de MiniBTT e de Estrada

Este sabado disputabase o Trofeo San Xoan de Carballo donde os nosos ciclistas acadaron diferentes resultados.
En Alevins Manuel Dorna acadaba o 6° posto mentres que en Cadetes Antonio Portela era 4°, Raul Fernandez 5°, Adrian Vicente 11° e Adrian Dorna 26°.
No domingo as xemelgas Portela Rodriguez disputaban o I Trofeo Chan da Arquiña de MiniBTT que na categoria Infantil Feminina Claudia subia o podio no 3° posto i Elsa era 4°.

lunes, 20 de junio de 2011

XXVIII G.P. SAN ROQUE (VIVEIRO)

Este pasado sábado celebróuse o XXVIII G.P. SAN ROQUE (VIVEIRO) donde o noso Clube desprazou a catro ciclistas.
O Alevín Manuel Dorna acadaba un meritorio 6º posto mentres que os Cadetes con Adrián Vicente a cabeza facíase co 8º posto, Raúl Fernández 10º, Pablo Cividanes 17º e Adrián Dorna non remataba a proba.
Fotos xentileza de Manuel e Adrián Dorna

domingo, 5 de junio de 2011

XIV TROFEO ESPONSOR MUEBLES COMPOSTELA

Na mañán de hoxe os Junior do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores desprazáronse até Santiago para a disputa do XIV TROFEO ESPONSOR MUEBLES COMPOSTELA donde Alex Lomba acadaba o 22º posto e Iván Morais o 27º. Kevin Rodríguez no conseguía acabar a carreira.
Remontámonos agora a fin de semana pasada para redactar a crónica da 3ª Prova da TaÇa de Portugal disputada en Penafiel que non tiñamos publicado antes xa que non dispoñíamos das clasificacións que foron as seguintes:
En Cadetes Toni Portela facíase co 20º posto, Raúl era 64º e Andrés 93º mentras que Pablo, Cristóbal e Adrián Dorna non finalizaban a carreira.
En Junior Iván Morais finalizaba 62º e Alex Lomba era eliminado da carreira.
Aquí lles deixamos o enlace as fotos de Manolo Coimbra a quien lle agradecemos ésta cortesía.

sábado, 4 de junio de 2011

XX Trofeo Pista de As Faias (O Rosal)


Pódios para Manuel (3º) e Toni (1º) no XX Trofeo Pista de As Faias organizado polo Club Ciclista O Rosal - Hermanos Ozores.
Como é habitual comenzóu a competición coa categoría Benxamín na que Iago era o millor clasificado cun entupendo 5º posto seguido por Yashir 10º, Irea 11ª, David 12º, Mario 16º e Alberto 43º.
Continuaba a tarde de carreiras cos Alevíns e o noso único representante Manuel Dorna facíase co 3º posto acadando desta maneira o seu primeiro pódio nesta categoría.
En Infantís o millor clasificado era Xoel no posto 16º e logo os seguintes eran Ero Sobrino no 25º, Zaida 26ª Claudia 30ª i Elsa 31ª.
O éxito mais grande chegaba das mans do Cadete Toni Portela que nun apretado esprint final con Angel Diz (C.C. Spol) e Xoel Dias (C.C. Vigués) conseguía facerse cunha merecida vitória para dedicarlla os "público da casa". Raúl entraba no posto 9º e Adrián Vicente 10º. Pablo, Adrián Dorna, Andrés e Cristóbal eran baixados da carreira o ser doblados pola cabeza da carreira.
Fotos

domingo, 29 de mayo de 2011

XX Trrofeo Pista das Faias ( O Rosal)

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o vindeiro sábado a partir das 17:00 horas o XX Trrofeo Pista das Faias.
Comenzará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín a que seguirán os Alevíns , Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trrofeo Pista das Faias.
Tamén queremos divulgar a Promoción do Ciclismo que vai efectuar o C.C. O Rosal para a captación de novos corredores . Ésta promoción vaise celebrar na Pista de Ciclismo das Faias en Tabagón tódolos venres de xuño e o primeiro venres de xullo (dias 3, 10, 17, 24 de xuño e 1 xullo) as 17:00 horas. Só e preciso que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, acudan coa súa bicicleta e o seu correspondente casco.

sábado, 21 de mayo de 2011

III TROFEO DE MINI BTT MONTES DE EIRAS


Grande éxito de participación no III TROFEO DE MINI BTT MONTES DE EIRAS cun total de 167 nenos e nenas que tomaron a saída neste estupendo circuito deseñado polos responsables do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores que recibiu os elóxios dos asistentes.
Comenzaba a competición as 17:00 horas coa categoría Prebenxamín na que o C.C. O Rosal non contaba con participantes.
En Promesas os nosos representantes clasificabanse con Yasir Martínez no18º posto, David Rodríguez 21º e Alberto García 38º despois dunha caída na segunda manga.
En Principiantes Mario Fernández era 9º e Iago Alvarez 14º. Na mesma categoría Féminas, Irea Villa era 8ª.
Pasando a categoría Alevín era Manuel Dorna quien nos representaba acadando o 13º posto.
E para finalizar e poñer fin a ésta tarde de ciclismo eran os Infantís os derradeiros en sair para completar seis voltas o circuito sendo Xoel Villa o millor clasificado acadando o posto12º seguido por Ero sobrino no 14º. En Féminas Cludia Portela era 4ª, Zaida González 5ª i Elsa Portela 6ª.
Fotos.

jueves, 19 de mayo de 2011

III TROFEO DE MINI BTT NA PRAIA DE EIRAS


Este sábado día 21 a partir das 17:00 horas, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o III TROFEO DE MINI BTT NA PRAIA DE EIRAS para as categorías PREBENXAMIN, PROMESAS, PRINCIPIANTE, ALEVÍN e INFANTIL.
Tamén poderán participar nenos non federados prvio pago dunha cuota de 12 euros para un seguro de un día.
Contamos coa vosa presenza!!!!!

martes, 17 de mayo de 2011

19 º G.P. DAS LETRAS GALEGAS




Hoxe celebrouse na Pobra do Caramiñal o 19 º G.P. DAS LETRAS GALEGAS , proba a que o Club Ciclista O Rosal acudiu con escasos efectivos.
En benxamíns Mario era o millor clasificado no posto 9º, Iago no 13º e Alberto no 24º completaban a clasificación dos "nosos".
En Infantís eran Zaida i Ero os que nos representaban pero non conseguían acabar a carreira.
En Cadetes novo pódio para Toni que desta volta se facía co 2º posto e logo Raúl era 6º e Andrés 16º.

domingo, 15 de mayo de 2011

II MiniBTT Montes de Coruxo

Na mañán de hoxe comenzaba a tempada de MiniBTT e o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL acudía con catro representantes.
En categoría Infantil-Féminas as irmáns Portela Rodríguez acadaban os postos 4ª e 5ª para Claudia i Elsa respectivamente.
Por outro lado tanto Irea Villa en Principiantes como David Rodríguez en Promesas descoñecese a sua clasificación por mor dun erro arbitral polo que éste Club está a espera dunha contestación da Federación Galega de Ciclismo.

16/05/2011. Despois da reclamación deste Club ante a Federación, David quedou clsificado no posto 32º na categoría Promesas e Irea foi 6ª en Principiantes-Féminas
Fotos da carreira.

VI Gran Premio Deputación de Pontevedra

Con un gran despliegue de medios, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou na mañán de hoxe o VI Gran Premio Deputación de Pontevedra categoría Junior cunha climatoloxía estupenda para a práctica do ciclismo coa única inconvenencia do vento cando sopraba de cara que facía que o esforzo a realizar polos ciclistas fose maior.
No que respecta estrictamente a competición sinalar que a carreira comenzaba con algunha tentativa de fuga no alto de Tabagón e non sería ata o paso por Tomiño que se formaba un grupo de seis ciclistas que protagonizaban a fuga da xornada.
En canto os nosos representantes no primeiro paso polo Alto da Portela puntuable para o Premio da Montaña, Kevin Rodríguez coroaba o Alto con dous minutos e vinte segundos de desventaxa con respecto a cabeza e no Km. 45 o paso por Portecelo era apartado da carreira polos árbitros. O mesmo acontecía con Alex Lomba e Manuel González que na segunda subida o Alto da Portela no Km. 69,5 tamén eran baixados da carreira.
Pola sua banda Iván Morais completaba os 86 kilómetros finalizando nun meritório 20º posto.
O gran triunfador da xornada era Angel Sánchez (C.C. Spol-Novacaixagalicia) que se facía co 1º posto ademais de levarse tamén o Premio da Montaña e o Premio das Metas Volantes. Segundo clasificado sería Iván Roade (C.C.Vigúes) e terceiro Anxo Lorenzo (C.C.Padronés).
Fotos cedidas por Rosa Líria Lorenzo.
Clasificación.

sábado, 14 de mayo de 2011

23 PROMOCION DE CICLISMO BOIRO



Hoxe acudia o C.C. O Rosal a Boiro (A Coruña) para participar no 23 PROMOCION DE CICLISMO cunha escasa representación.
En Benxamíns o noso único representante era Mario e como non quería vir coas mans valeiras, pois non fixo outra cousa que facerse coa vitória da que por certo xa nos ten baistante acostumados.
En Alevíns participaba Manuel Dorna que acadaba unha moi boa 8ª posición.
En Infantís Xoel Villa tamén era o único representante e a pesar do seu esforzo, na derradeira volta era dobrado polo grupo de cabeza quedando descalificado.
Xa logo na carreira de Cadetes sobre un percorrido de 51 Km. en estrada Toni Portela subía de novo o pódio co 3º posto e Raúl era 14º. Adrián Dorna por mor dunha avería e Andrés e Pablo que foron baixados da carreira, non se clasificaron.
Fotos.

lunes, 9 de mayo de 2011

VI Gran Premio Deputación de Pontevedra

O vindeiro domingo 15 a partires das 10:30 horas, disputase o VI G. P. Deputación categoría Junior organizado polo Club Ciclista O Rosal.
O percorrido podese ver no cartel da parte superior e a saída terá lugar na Praza do Calvario as 10:30 continuando pola Gándara, Goián (10:45), Tomiño (11:00), Alto do Morán(11:19), O Calvario(11:21), Fornelos, Novás, Alto da Portela (11:33), Portecelo, A Guarda (11:45), Camposancos, A Guarda, Praza do Calvario(12:01), Fornelos, Novás, Alto da Portela (12:11), Portecelo, A Guarda (12:24), A Gándara e final na Praza do Calvario (12:35) donde se fará a entrega dos premios.
As Metas Voantes estarán situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario (duas veces) e O Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo duas veces). Indicamos que os horarios de paso polos puntos indicados son orientativos.
CONTAMOS COA TUA ASISTENCIA. É DE BALDE!!!!!!!!!!!!

sábado, 7 de mayo de 2011

XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO




Disputouse na mañán de hoxe o XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO nos arredores do Estadio de San Lázaro nunha mañán infernal de vento e choiva o cal non foi impedimento para que os ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores triunfasen en terras compostelás.
Comenzaba a competición como e costume coa categoría Benxamín na que Mario se a semana pasada se lle escapaba a vitória nun disputadísimo desempate, no día de hoxe tomaba a revancha e vencía con claridade. Irea terminaba 7ª na xeral e 1ª de Féminas, destacados tamén os resultados de David 11º e Alberto 21º.
En Infantís o millor clasificado era Xoel no posto 15º seguido de Claudia 16ª. Ero i Elsa non foron quen de clasificarse.
Na categoría Cadete Toni Portela estreábase cunha apretadísima vitória sobre o ciclista do Spol-Novacaixagalicia Angel Diz.Pola sua banda Raúl acadaba un meritório 6º posto. Cristóbal, Andrés, Adrián Dorna, Adrián Vicente e Pablo o final non se clasificaban.
Fotos.

domingo, 1 de mayo de 2011

33º Trofeo Vila do Louro (Porriño)




Deu comenzo no día de hoxe a tempada para as categorías de escolas no 33º Trofeo Vila do Louro e comenzamos con dous pódios dos irmáns Mario e Raúl Fernández.

Comenzaba a competición coa ximcana dos Benxamíns e non poido ser mais emocionante na loita polo primeiro posto xa que a pelexa foi épica entre Diego Villafines ( C.C. Marín) e o noso Mario
que concluiron as suas probas empatados a cero erros e co mesmo tempo, tendo que competir de novo eles dous para dilucidar o título de campión que se decantou do lado de Diego Villafines por mor dun erro de Mario que tivo que conformarse co 2º posto. En canto o resto de participantes Irea Villa acadaba o 12º posto, David Rodríguez 13º e Alberto García 33º.

En Alevíns Manuel Dorna como único representante terminaba 11º.

Os Infantís un chisco mais discretos eran Xoel Villa 24º, Ero Sobrino 25º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 31ª i Elsa Portela 32ª.

En Cadetes como xa comentábamos o inicio desta crónica Raúl Fernández Facíase co 3º posto, Andrés Fernández 17º, Adrián Vicente 23º, Pablo Cividanes 25º, Cristóbal Coimbra 29º e Adrián Dorna 34º.