Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 5 de mayo de 2013

CUATRO NOVOS PODIOS NA XORNADA DE ONTE NA PROVINCIA DA CORUÑA






Grande xornada de ciclismo a de onte sábado con catro novos Pódios d@s ciclistas do C.C. O Rosal.
Comenzaban a xornada os Júnior que pola mañán disputaban o VI TROFEO SAN ISIDRO en Rois e alí os dous representantes do C.C. O Rosal comportabanse como se esperaba deles e Antonio Portela nunha gran carreira na que estivo escapado con David Perez (C.C. Ponteareas), o final nun apretado esprint a carreira decidíase da parte do ponteareán e Toñi acadaba ese gran 2º posto. Pola súa banda Raúl Fernández tamén acadaba un bo posto o rematar 12º.
Xá pola tarde en Boiro comenzaban de novo os Principiantes donde a sorprendente Sara Alvarez voltaba de novo o máis alto do Pódio o vencer en Féminas. En Masculino algún que outro erro relegaban os nosos a posto máis baixos e o millor clasificado era David Carnero que remataba nun gran 5º posto. Adrián Alonso acadaba o seu millor resultado da tempada o rematar 8º que sería seguido por Yasir Martínez 13º, David Rodríguez 14º, Luís Mendez 15º, Rubén Carnero 17º, Sergio Vicente 18º, Iker Rodríguez 22º, Alberto García 25º e David Vicente 36º.
En Alevíns gran carreira de Iago Alvarez que acadaría o 5º posto e Mario Fernández 16º. Pola súa Parte Irea Villa colleitaba o seu primeiro Pódio da categoría o rematar 3ª en Féminas.
En Infantís unha caída privóu a Manuel Dorna de loitar polos posto altos da clasificación e remataba 19º mentras que o seu compañeiro Fran Mendez remataba 26º. En Féminas novo Pódio de María Correa que remataba 2ª.
En canto os Cadetes, realizaban unha saída polas estradas da comarca do Barbanza para un percorrido de 51 Kms. no que Ero Sobrino remataba 17º. Zida González, Elsa e Claudia Portela e Xoel Villa eran baixados da carreira o perder contacto co grupo de cabeza.
Fotos da carreira

miércoles, 1 de mayo de 2013

A PRINCIPIANTE SARA ALVAREZ VOLTA A VENCER



Con cinco novos Pódios pecharon @s ciclistas do C.C. O Rosal a súa participación no 35º Trofeo Vila do Louro (Porriño) disputado esta mañán na pista de Torneiros.
En Principiantes Feminino Sara Alvarez voltou a vencer pero desta vez acompañada da súa compañeira Laura Teniente que rematou segunda. En Masculino foi de novo Yasir Martínez o noso corredor mais rápido e remataba no 2º posto seguido do seu compañeiro Luís Mendez que foi terceiro. O resto da nosa plantilla tamén fixo moi bos resultado con Alberto García 8º, David Carnero 9º, Rubén Carnero 17º, Iker Rodríguez 18º, Adrián Alonso 23º, Sergio Vicente 30º e o seu irmán David Vicente 45º.
En Alevín o máis rápido era Iago Alvarez que nos sorprendía cun gran 7º posto seguido de Mario Fernández 8º. Pola súa banda David Fletcher na derradeira volta e cando loitaba polas primeiras posicións, sofría unha caída véndose obrigado a retirarse. En Feminino gran carreira tamén a disputada por Irea Villa que botaba todo da súa parte para rematar 9ª.
Rematarían os Infantís con Manuel Dorna no 16º posto e o debutante Fran Mendez 45º. En Feminino de novo gran carreira de María Correa que durante toda a carreira competíu en posicións de cabeza para acabar nun apretado esprint no segundo posto.
Fotos da carreira.



domingo, 28 de abril de 2013

SARA ALVAREZ DEBUTA CON VITORIA NO VIII TROFEO MONTES DE SANTA MARIÑA



Na tarde de onte sábado o Club Ciclista O Rosal abría o calendario galego coa disputa do VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA con gran asistencia de público a pesar do intenso frio.
Comenzaba a competición da millor das maneiras coa categoría de Principiantes, pois Yasir Martínez nunha gran proba de destreza, alzábase coa vitória comenzando a tempada avisandolles os seus rivais que lles vai por as cousas moi difíciles.O resto dos seus compañeiros tamén fixeron unha gran actuación pois Alberto García a piques estaba de subir o "caixón" o rematar no 4º posto, o mesmo que o debutante Luís Mendez 6º, Rubén Carnero 7º, a gran sorpresa da tamén debutante Sara Alvarez 8ª absoluta e 1ª Fémina, David Rodríguez 9º, Sergio Vicente 10º, David Carnero 11º e os tamén debutantes Iker Rodríguez 16º, David Rocha 27, Adrián Alonso 30º e David Vicente 36º.
En Alevíns gran carreira de Mário Fernández que se facía co 2º posto da categoría. Esplendido posto o acadado polo tamén debutante David Fletcher co 7º posto.Tamén debutaban na categoría Iago Alvarez que acadaba o 18º posto e Irea Villa co 31º e 4º de féminas que a piques estaba de subir o Pódio.
En Infantís Manuel Dorna acadaba o 30º posto e María Correa brillaba no seu debut na categoría o acadar o 3º posto en Feminas.
Os Cadetes eran todos novos na categoría e iso notábase pois o millor clasificado sería Ero Sobrino no 24º posto e Xoel Villa no 31º. En Féminas Zaida González era 4ª, Claudia Portela 5ª i Elsa Portela 6ª.
En Júnior o noso único representante era Raúl Fernández que nunha loita constante co resto do pelotón remataba no 7º posto.
Pola súa banda o tamén Júnior Antonio Portela atopábase no País Vasco integrado na Selección Galega  que disputaba a Guipuzcoa Klásika e colleitaba un gran 22º posto.
Fotos da carreira.

martes, 23 de abril de 2013

VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES STª MARIÑA

Este vindeiro sábado día 27 a partir das 16:30 da tarde o Club Ciclista O Rosal organiza o VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES STª MARIÑA para as categorías de Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.
A categoría Principiantes realizarán unha Ximcana na Praza do Calvario mentras que o resto de categorías completarán un circuito con saída na Praza do Calvario continuando pola rúa Simón del Mazo, Furnos, Gandarela, estrada de Sandián, rúa Jesús Noia e de novo Praza do Calvario.

lunes, 22 de abril de 2013

ZAIDA DEBUTA CON VITÓRIA EN RORIZ-BARCELOS (PORTUGAL)

Na tarde de onte domingo tocou sair o "estranxeiro", concretamente a localidade de Roriz en Barcelos (Portugal) donde se disputaba o 11º PREMIO ACR RORIZ con moi bós resultados, especialmente das féminas.
A participación do C.C. O Rosal comenzaba coa categoría Alevín con Mario Fernández e Irea Villa que defendían o noso "maillot" e Mario acadaba un interesante 16º posto e Irea que debutaba na categoría que remataba 32ª absoluta e 2ª Fémina.
En Cadetes Ero Sobrino era o millor clasificado e remataba 33º seguido de Xoel Villa 38º, Zaida González 39ª e primeira Fémina que lle valía para subir o máis alto do pódio ; Elsa Portela era 40ª e segunda Fémina e Claudia Portela 43ª e 4ª Fémina.
En Júnior eran Antonio Portela e Raúl Fernández os que nos representaban facendose Toñi co 10º posto e Raúl co 17º.
Fotos da carreira.
Galería de Rui Jorge (ACM).  

domingo, 14 de abril de 2013

COMENZOU A TEMPADA DE ESTRADA NA CATEGORIA JUNIOR

O pasado fin de semana os días 6 e 7 Antonio Portela daba comenzo a tempada de estrada para a categoría Júnior en terras asturianas acadando uns resultados moi positivos xa que no sábado fíxose co 14º posto e no domingo co 8º.
No día de onte sábado 13, xa foi acompañado do seu compañeiro Raúl Fernández que éste ano debuta na categoría Júnior e o desprazamento foi a terras leonesas concretamente a Bembibre donde se disputaba o MEMORIAL CHELI ALVAREZ polas estradas da comarca e dónde Raúl acadaba o 22º posto e Toñi o 18º.
A vindeira carreira vaise disputar vindeiro domingo en Barcelos (Portugal) co equipo Júnior e coa posta de largo do equipo Cadete do C.C. O Rosal no 11º Prémio ACR Roriz.

domingo, 7 de abril de 2013

PRESENTOUSE O CLUB CICLISTA O ROSAL 2013


Na tarde de onte sábado no Auditório Municipal de O Rosal, o Club Ciclista O Rosal facía a súa presentación cara a tempada 2.013 ante os afeccionados que acudiron a presenciar o acto no que se fixo un breve resumo dos resultados acadados na tempada 2.012.
Para a tempada 2.013 o C.C. O Rosal vai organizar as seguintes carreiras:

  • 27 de abril:      VIII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA
  • 08 de xuño:      XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS
  • 08 de agosto:   XXVII TROFEO FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
  • mes de novenmbro: TROFEO DE CICLOCROSS MONTES DE EIRAS



Club Ciclista O Rosal 2.013

          Dirixentes
Gerardo
Alvarez Martínez
Juan Ramón
Villa Castro
José Carlos
Fernández Martínez
Perfecto
Sousa Álvarez
Ángel
González González
Jenaro
González Estevez
Juan Carlos
Rodríguez Vidal
Eduardo
Sobrino Lomba
José Luís
Martínez Dominguez

  Directores Deportivos
José María
Álvarez Fajar
Paula
Lomba Rodríguez

            
             JUNIOR
Adrián
Dorna Rodríguez
Adrián
Vicente Martínez
Antonio
Portela Rodríguez
Cristóbal
Coimbra Piñeiro
Raúl
Fernández Lorenzo

            CADETE
Claudia
Portela Rodríguez
Elsa
Portela Rodríguez
Ero
Sobrino Dorado
Xoel
Villa Rodríguez
Zaida
González Martínez

           INFANTIL
Francisco
Méndez Dias
Manuel
Dorna Rodríguez
María
Correa Rubio

             ALEVIN
David
Fletcher
Iago
Álvarez Lomba
Irea
Villa Rodríguez
Marcos
Fernándes Perez
Mario
Fernández Lorenzo

       PRINCIPIANTE
Adrian
Alonso Domínguez
Alberto
García García
David
Carnero Taveira
David
Rocha Troncoso
David
Rodríguez Alvarez
David
Vicente Fernández
Iker
Rodríguez Lomba
Luís
Mendez Días
Laura
Teniente Pena
Rubén
Carnero Taveira
Sara
Alvarez González
Sergio
Vicente Fernández
Yasir
Martínez Silva

viernes, 29 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2013

Este vindeiro sábado día 6 de abril as 18:15 horas vaise celebrar a ceremónia de presentación do CLUB CICLISTA O ROSAL 2013.
Por este motivo a Directiva do Clube quere convidar a tódolos socios, simpatizantes e publico en xeral a que acudan a este acto no Auditório Municipal de O Rosal.
Contamos coa vosa presenza.

domingo, 24 de marzo de 2013

II Liga Escolar de Duatlon Do Val Miñor 2013


Na mañán de onte sábado disputábase en Baiona a primeira xornada da II Liga Escolar de Duatlon Do Val Miñor 2013 e os nosos cuatro representantes contaron as suas participacións cun Pódio para cada un deles.
Na categoría Alevín, Iago Alvarez colleitaba un traballadísimo 2º posto seguido do seu compañeiro Mario Fernández cun non menos merecido 3º posto.
En Cadete Masculino gran vitória de Ero Sobrino que se impoñia con todo merecimento.
Xa na categoría de Cadete Feminino a vencedora era a flamante Campiona da Copa de Portugal de Ciclocróss que non é outra que a nosa Zaida González.
Pola tarde era o Júnior, Raúl Fernández o que se desprazaba até os Montes de Fragoselo en Coruxo donde se disputaba o Vigo BikeContest Cross Country e alí demostraba que a parte de estar en fase de preparación para a vindeira tempada de Estrada, pois non lle é impedimento para subir o Pódio o facerse co 3º posto.
Fotos de Baiona

domingo, 17 de marzo de 2013

VITORIA DE ELSA, SEGUNDO DE CLAUDIA E SEGUNDO DE RAUL EN SANXENXO

Comenza a competición na tempada 2013 co BTT Inter Rías disputado na tarde de onte sábado en Sanxenxo e o Club Ciclista O Rosal estivo representado por tres integrantes da súa plantilla que comenzan como remataron o 2012, de novo no Pódio.
En Cadete Feminino representaronnos Elsa e Claudia Portela e non podían facelo de mellor maneira xa que Elsa facíase coa súa primeira vitória e a súa irmán Claudia facíalle compañía no "caixón" co segundo posto.
En Júnior Masculino era Raúl Fernández o que defendía as nosas cores quedando clasificado nun estupendo segundo lugar que lle valía tamén para clasificarse como Júnior de primeiro ano.
Sen dúbida un bó arranque de tempada que nos fai esperar grandes éxitos o longo do ano. 

jueves, 14 de febrero de 2013

RESUMO UNHA VEZ REMATADA A TEMPADA

Despois duns días sin publicar nada por falta de competición, hoxe queremos facer un breve resumo desta tempada que rematou con moi bos resultados para os nosos ciclistas.
En total éstes rapaces e rapazas que forman a plantilla do Club Ciclista O Rosal subiron o máis alto do Pódio en 33 ocasións, o segundo peldaño subiron un total de 30 veces e o terceiro posto subiron un total de 38 veces.
Como podedes ver foron un total de 101 veces que subiron o "caixón" polo que a Xunta Directiva do C.C. O Rosal sintese moi orgullosa deles e tamén quere agradecer o apoio das institucións, empresas e comercios e os afeccionados en xeral que cos seus donativos faen que se poidan acadar éstes éxitos.



                                            DESTACADOS
Manuel González      Campión de Galicia BTT Júnior
Manuel González      Medalla de Bronce no Campionato de España de BTT Relevos
Manuel González      Subcampión de Galicia de Ciclocróss Sub-23
Antonio Portela         Campión de Galicia Ciclocróss Júnior
Antonio Portela         Subcampión  da Taça de Portugal de Ciclocróss Júnior
Antonio Portela         Medalla de Bronce no Campionato de Galicia de BTT Júnior
Antonio Portela         20º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior
Raúl Fernández         Medalla de Bronce no Campionato de Galicia Ciclocróss Júnior
Raúl Fernández         10º no Campionato de España de Ciclocróss Júnior
Raúl Fernández         Medalla de Bronce no Campionato de Galicia de BTT Cadete
Raúl Fernández         4º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete
Zaida González          Campiona de Taça (Copa) de Portugal de Ciclocróss Cadete Feminino
Zaida González          17ª no Campionato de España de Ciclocróss Cadete Feminino
Zaida González          2ª en Cadete Feminina e 6ª absoluta no Ranking Galego de Ciclocróss
Alejandro Lomba       2º no Ranking Galego de BTT Júnior
Xoel Villa                   5º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete
Ero Sobrino                8º na Taça de Portugal de Ciclocróss Cadete

lunes, 21 de enero de 2013

VITORIA DE PORTELA E TAÇA DE PORTUGAL PARA ZAIDA





Nunha mañán infernal pola choiva e vento, os “heroes” do C.C. O Rosal non se encolleron e sairon a loitar polos primeiros postos da derradeira proba de Taça de Portugal de Ciclocróss disputada  no dia de onte (domingo) nos arredores do Forte de Sao Joao en Vila do Conde e que tamén sevía para decidir os gañadores da Taça nas distintas categorías.
En Cadetes Femininas, Zaida González realizaba unha gran carreira, sempre nas primeiras posicións para rematar segunda e facerse coa Medalla de Bronce e tamén para levantar a copa que a acredita como a nova Campiona da Taça (Copa) de Portugal.
Os seus compañeiros de categoría pero en Masculino, Ero Sobrino e Xoel Villa tamén facían un grande esforzo que se vería recompensado co 7º posto para Xoel e o 8º para Ero .
En Junior tanto Raul Gonzalez como Antonio Portela saltaban o circuito coa única idea da vitória pois éste último ainda tiña remotas posibilidades de facerse coa Taça xa que tiña perdido moitas opcións o faltar as probas de Mirandela e Famalicao para poder preparar o Campionato de España. O decorrer da carreira foi sempre coa mesma tónica xa que Portela comandaba a carreira con comodidade dende o início seguido por Angel Diz (C.C. Spol) e Raul na terceira praza cunha ampla vantaxe sobre o cuarto.
Con éstas posicións chegarían a meta con Toñi 1º, Diz 2º e Raul 3º. Ésta primeira praza de Toñi non sería suficiente para levarse a Taça pero sí para facerse coa segunda praza pese a que como comentábamos antes, ter faltado a duas carreiras.
Con esta carreira péchase a tempada, na que se acadaron importantes éxitos e agora continuarase cos adestramentos de cara a tempada de estrada que comenzará alá polo mes de maio.

lunes, 14 de enero de 2013

INCREIBLE CARREIRÓN DE RAUL FERNANDEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Comenzaron éstes Campionatos de España de Ciclocróss o venres 11 en Navia (Asturias) coa categoría de relevos e alí representábanos a Selección Galega na que estaba integrado o noso Antonio Portela (Junior) xunto con Desiré Duarte (Cadete Fémina), Daniel Piñeiro (Cadete), Isabel Castro (Feminas), Jaime Juncal (Master 30), e os irmáns Paulo González (Sub-23) e Mauro González (Elite). Pois éste equipo a piques estivo de repetir a Medalla de Bronce do ano pasado en Gandía, pero por tan só un segundo, houbo que conformarse co 4º posto.
Xá no sabado Zaida González competía coas cores do C.C. O Rosal en Cadetes Féminas e despóis dunha gran batalla, remataba nunha meritória 17ª posición. Destacar nesta categoría a Medalla de Bronce de Desiré Duarte que representaba a Selección Galega.
En Sub-23 o salvaterrán Paulo González a piques estaba de subir o Pódio o rematar 4º. Os ex do C.C. O Rosal Jonathan Sousa e Manuel González tamén participaban nesta categoría e Jonathan remataba 22º mentras que Manuel sofría unha avaría e veríase obrigado o abandono.
No domingo en Cadetes o galego millor clasificado era Daniel Piñeiro no posto, categoría na que non competía nigun rosaleiro.
As nosas esperanzas estaban na categoría Junior, concretamente en Raul Fernádez e Antonio Portela. Éste último realizaba unha boa saída e rodaba nos primeiros postos pero según iba avanzando a carreira, unhas grandes dores lumbares que lle impedían pedalear, facían que rematase na 20ª posición. Mención aparte merece a carreira de Raul que na saída enganchábase co seu compañeiro se selección Angel Diz e partía no posto 49, ou o que é o mesmo, último. Pois dende esa derradeira posición, Raul foi remontando posicións volta a volta para ascender 39 postos e realizar así unha das carreiras da súa vida e rematar nun fantástico 10º posto final. Estamos seguros que si tanto Toñi como Raul non houbesen tido eses problemas, "outro galo cantaría".
Finalmente en Elite Mauro González remataba 9º.
Fotos do Campionato

domingo, 6 de enero de 2013

ZAIDA GONZALEZ VENCE NA TAÇA DE PORTUGAL

A falta da derradeira proba a disputarse dentro de duas semanas en Vila do Conde, Zaida González venceu na mañán de hoxe a cuarta proba da Taça de Portugal en Agueda e proclámase vencedora da mesma. Zaida realizóu unha carreira moi intelixente flanqueada sempre polos seus compañeiros masculinos Ero e Xoel para asegurarse ésta vitória na categoría Cadete Feminina.
En Cadete Masculino, Ero era o protagonista dunha gran saída e na primeira volta chegaría a marchar na terceira posición para logo baixar un chisco o ritmo e finalizar 6º. en canto a Xoel fixo unha carreira de menos a máis xa que partía nos derradeiros postos para durante a carreira remontar e rematar nunha boa 5ª posición.
Por outra banda os Junior Raul Fernández e Antonio Portela, viaxaban ata terras asturianas para disputar o IX Memorial Andrés Méndez de Ciclocróss en Navia e deste xeito preparar o Campionato de España que se vai disputar neste mesmo cicuito na vindeira fin de semana. as clasificacións finais rematarían con Portela na 4ª posición e Raul na 5ª.
Fotos da Taça de Portugal

domingo, 30 de diciembre de 2012

¡¡¡¡ OURO PARA ANTONIO PORTELA, PRATA PARA MANUEL GONZALEZ E BRONCE PARA RAUL FERNANDEZ NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS!!!!

Broche de Ouro no peche do Calendario Galego para os ciclistas do C.C. O Rosal con tres novas medallas no Campionato de Galicia de Ciclocróss celebrado en Domaio (Moaña).
Nun circuito moi duro polo barrizal que se formou por mor das chuvias caídas os ciclistas enfrotabanse a un esforzo físico extraordinario e as suas "maquinas" tamen tiñan que poñer a proba mecánica en forma de test de barro, pero ésta "fornada" de rapaces do C.C. O Rosal están afeitos a sofrer e a dalo todo ainda que as condicións sexan extremas como testifican as fotos da carreira.
Partían éstes Campionatos coa categoría Cadete con Ero Sobrino e Xoel Villa como representantes rosaleiros e xá dende os primeiros metros quedaban un pouco retrasados, pero co decorrer da carreira ian remontando postos para que Ero rematase 12º e Xoel 14º.
En Cadetes Féminas Zaida González partía moi ben e realizaba unha carreira en liota cotínua por un posto no Pódio pero na segunda volta as condicións do circuito dictaban a súa lei, e o barro encarregábase de propiciar unha avaría no cambio o que a obrigaba a botar a bicicleta o lombo durante medio cicuito e desta maneira perder toda opción de Pódio e rematar 4ª.
Chegaría logo a vez dos Junior que partían con grandes opcións de triunfo e xá dende os primeiros metros Raul comandaba a carreira para máis tarde ser superado por Angel Diz (C.C. Spol) e o seu compañeiro Portela ata que éste último comenzaba a coller metros de vantaxe e mentras tanto Raul pelexaba con Diz polo segundo posto con Cristobal nos posto médios.
Pero as condicións do circuito voltaban a facer acto de presencia e o barro metido no cambio facía que Raul tamén sofrese unha avaría que o facía baixar ata o quinto lugar, e véndose xá derrotado, nunha mostra  de coraxe, Raul comenzaba unha gran remontada para voltar a loitar por un posto no "caixón". Mentras tanto Toñi que co seu contínuo pedalear ia collendo máis vantaxe, atravesaba a Liña de Meta en primeira posición que lle valía para proclamarse Campión de Galicia Junior 2012. A segunda Medalla chegaba por parte de Raul que nun final de carreira fantástico e nun apretado esprint final acadaba ese merecidísomo Bronce. Pola sua banda Cristobal remataba 18º.
Na categoría Sub23 Manuel González tamén realizaba unha carreira extraordinaria e remataba por detrás do gran dominador da tempada Paulo González (C.C. Salvaterra) nunha segunda posición que o faría acreedor da Medalla de Prata. Esta carreira supoñia a despedida de Manuel do Club Ciclista O Rosal despois de tantos anos no que comenzou na categoría de Benxamíns para a partir do vindeiro 1 de xaneiro pasar a formar parte do Grupo Deportivo SuperFroiz. Dende aquí queremos desexarte toda a millor sorte na tua nova andadura. Forza Manuel e forza tamén para Toñi, Raul, Cristobal, Zaida, Ero e Xoel.
Fotos do Campionato

domingo, 23 de diciembre de 2012

BON NADAL E FELIZ ANO 2013

A Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal quere felicitar éstas festas a tódolos seus ciclistas, socios, simpatizantes e tódolos clubes galegos e do norte de Portugal e como non tamen a eses centos de seguidores que nos visitan na nosa páxina de Internet de países tan diferentes como poden ser Suiza, Alemaña, Francia, Estados Unidos, Portugal, Rusia, Finlandia, Indonésia, México e outros moitos. A éstes seguidores da rede pedímoslles que nos envíen un correo a ccorosal@gmail.com e nos digan si son xentes rosaleiras que se atopan neses países ou simplemente porque son amigos do ciclismo e do Club Ciclista O Rosal.
A todos eles un Feliz Nadal e Bon Ano 2013 no que agardamos continuar a ofrecerlles os éxitos acadados polos nosos ciclistas