Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 16 de noviembre de 2014

MARÍA E ZAIDA DE NOVO NO PÓDIO, DESTA VOLTA EN SANTIAGO


Despois da tarde de onte na Praia de Eiras, oxe sin apenas descanso as 7:30 da mañán collíamos ruta cara a capital de Galicia para no Monte Pedroso competir no Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocróss donde se colleitaron outros dous Pódios para as nosas ciclistas.

O primeiro “caixón” viña de María Correa que a pesar de numerosos problemas mecánicos, era quien de recompoñerse e acadar o terceiro posto en Cadete Feminino.

A compañeira de María, Zaida González non quería ser menos e en Júnior Feminino facíase cun gran segundo posto mentras que en Masculino, Ero Sobrino tamén facía un gran esforzo para levarse o 10º posto mentras que Xoel Villa vítima dun par de caídas era 12º.

En Elite-Sub 23 Raúl Fernández voltaba a competición cunha gran carreira na que remataba 4º absoluto e 2º Sub 23.


PODIOS DE MARIO, MARÍA E ZAIDA NO TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCRÓSS



Onte na Praia de Eiras o Club Ciclista O Rosal organizaba o XVII TROFEO MONTES DE EIRAS cunha gran asistencia de público e douscentos corredores que se xuntaron uns para deleitarse co espectaculo e os outros para ofrecerllelo.

Como novidade o C.C. O Rosal programou unha categoría de Promoción na que o vencedor foi o portugués Daniel Dias (CCE Arca de Noé) seguido do “rosaleiro” Mario Fernández e de Jorge Fernández (Monteferro) mentras que en Féminas a vencedora era Ana Belen Domínguez (C.C. Marín).

En Cadetes vencía Iván Feijoo (C.C. Maceda) seguido de Guillermo García (C.C. Marín) i Eloy Mota (E.C. Redondela) mentras que en Feminino era Sara Trigo (C.C.Salvaterra) a primeira clasificada, Marta Villa (Monteferro) era segunda e a nosa María Correa facíase co terceiro posto.

En Júnior Xoel Villa clasificabase nun gran 10º posto i Ero Sobrino no 13º mentras que a carreira era gañada por Samuel González (C.C. Salvaterra) mentras que en Féminas a primeira era Desiré Duarte (Candybike) seguida de Irene Trabazo (C.C. Marín) e a outra representante do C.C. O Rosal, Zaida González que acadaba o terceiro posto.

Os vencedores das outras categorías eran en Máster 30 Alejandro Magallanes (Vigo Máster), en Máster 40 Antonio Sousa (Quinta das Arcas), en Master 50 Antonio González (C.C. Salvaterra), en Sub 23 Adrián Valverde (C.C. Rias Baixas) en Elite Oscar Vazquez (OVCBIKES), i en Féminas Elite Marisa Morgado (Arca de Noé).

Suliñar que en Sub 23 o rosaleiro Raúl Fernández con problemas de axenda, non chegaba a tempo para tomar a saída e o público non podía disfrutar da sua contrastada categoría.

martes, 11 de noviembre de 2014

XVII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS

O vindeiro sabado día 15 o Club ciclista O Rosal organiza o XVII TROFEO COMUNIDADE de MONTES de EIRAS de CICLOCRÓSS.

A competición dará comenzo as 14:45 cunha carreira de Promoción para a categoría de Infantís para as 15:00 horas dar paso as categorías habituais como son as Feminas (Cadete, Júnior i Elite), e os masculinos das categorías de Cadete, Júnior, Sub 23, Elite e Máster 30, 40, 50 e 60.

Ésta tarde de Ciclocróss o mais alto nivel que vai dar o pistoletazo de saída o Calendario Galego de Ciclocróss tamén vai servir a afición do C.C. O Rosal para ver en competición os "rosaleiros"  María Correa, Xoel Villa, Ero Sobrino, a gañadora da Copa de Portugal Cadete Feminino 2013-2014 e actual líder da mesma en Juventude como é Zaida González e tamén a Raúl Fernández, vixente Campión de España Júnior e actual líder da Copa de Portugal Elite-Sub 23  2014-2015.

Acudide to@s a apoialos que é de balde!!!!!!!

domingo, 9 de noviembre de 2014

ZAIDA E RAUL COMENZAN CON VITORIAS NA COPA DE PORTUGAL





Comenzou a Copa de Portugal de Ciclocróss coa primeira proba disputada na localidade de Paredes e os cinco integrantes do Club Ciclista O Rosal comenzaron como remataron a tempada pasada, ou sexa con vitórias de Zaida e de Raúl.

Comenzaban as Féminas e María magoábase nos quecimentos previos a carreira polo que saía con mermas físicas e remataba nun esperanzador 5º posto en Cadetes.
Pola súa parte Zaida competía nunha nova categoría denominada Junventude Feminina que engloba a  Júnior e Sub 23 e na primeira volta zaida xa pasaba na segunda posición para de seguido atacar e segundo ian pasando as voltas, deixar as suas rivais a gran distancia e así facerse cunha merecida vitória.

En Júnior Masculino Ero sofría un pinchazo que lle facía perder algunhas posicións para logo recuperarse e rematar no 8º posto mentras que o seu compañeiro Xoel tamén realizaba unha boa carreira e remataba 7º.

Remataba Raúl que competía na categoría Sub 23 xunto coa categoría Elite e nesta estrea  demostrou diante do público portugues todo o seu potencial o realizar unha carreira maxistral.
Na liña de saída era colocado na derradeira fila pero despois de darse a mesma, nos primeiros tramos xa era quien de situarse no cuarto posto para de seguido pasar a dominar a carreira incluídos os Elite e ir collendo unha gran vantaxe sobre o seus mais inmediatos perseguidores que eran o portugués Mario Costa (ASC / Focus Team) e José Rodríguez "Tami" (C.C.DE LA FUENTE ) pero mediada a carreira Raúl sofría unha caída na que rompía o cambio da bicicleta, tendo que percorrer un tramo a pé para poder cambiar de “máquina” e desta maneira perder a vantaxe e pasar o segundo lugar por detrás de Mario Costa co que loitaría nas seguintes voltas para no derradeiro paso por meta soltar o seu ataque que era demoledor para o seu rival que non era quien de seguirlle a roda e desta maneira facerse cunha gran vitória vencendo os seus rivais das categorías de Sub 23 e de Elite.

domingo, 2 de noviembre de 2014

HOXE EN MUSKIZ DE NOVO CUARTO POSTO DE RAUL

Na mañan de hoxe en Muskiz, Raúl quedabase de novo as portas do Pódio o voltar a rematar cuarto da categoría Sub 23.
Raúl empregabase a fondo para loitar incluso coa categoría Elite como podemos apreciar no video da carreira de Senderos rojos.

O vindeiro domingo a Cadete María Correa e os Júnior Zaida González, Ero Sobrino e Xoel Villa van comenzar a tempada coa disputa da primeira proba da Copa de Portugal en Paredes.

sábado, 1 de noviembre de 2014

RAUL A PIQUES DE SUBIR DE NOVO O PODIO

Na mañan de hoxe en Llodio (Alava) Raúl Fernández a piques estivo de subir de novo o pódio no  VI ZIKLO KROSS LAUDIO o rematar no 4º posto na sua segunda carreira da categoría Sub 23.

Raúl segue mañán na competición por terras vascas no GRAN PREMIO AYUNTAMIENTO DE MUSKIZ. 



CARTEL DO XVII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS DE CICLOCRÓSS

Dentro de duas semanas (15 de novembro) o Club Ciclista O Rosal organiza o XVII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclocróss na Praia de Eiras (Coordenadas GPS: 41º 55' 28''N    8º 46' 52''W) donde conta coa inestimable colaboración das distintas firmas comerciales anuciantes que conforman o Cartel.

Este XVII Trofeo comenzará as 14:45 cunha carreira de promoción para as 15:00 horas comenzar a competición en sí coas categorías de Féminas (Elite, Júnior e Cadete) e as masculinas de Cadete, Junior, Sub23, Elite e Máster (30,40,50 e 60).

domingo, 26 de octubre de 2014

RAUL COMENZA A TEMPADA DE CICLOCRÓSS CUN PODIO

Raul Fernández estréase na categoría Sub23 do Ciclocróss Nacional cun grandísimo terceiro posto no 22º CX Internacional de Karrantza.
Lembrar os nosos seguidores que Raúl e o actual Campión de España Júnior, título que conquistóu o pasado xaneiro en Segorbe (Castellón).

Outros Pódios Galegos foron os de:
Iván Feijoo (C.C. Maceda) 1º en Cadetes
Irene Trabazo (C.C. Marín) 1ª en Féminas Júnior
Desi Duarte 2ª en Féminas Júnior

sábado, 18 de octubre de 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL ABRIRÁ O CALENDARIO GALEGO DE CICLOCRÓSS


O vindeiro 15 de novembro (sabado) a partir das 15:00 horas o Club Ciclista O Rosal organiza a tradicional proba de Comunidade de Montes de Eiras de Ciclocróss que xa vai pola sua 17ª edición.
Este evento vai ser o que inaugure a tempada do Calendario Galego da especialidade.

sábado, 4 de octubre de 2014

PECHE DA TEMPADA 2014 CON TRES NOVAS VITÓRIAS



Gran peche de tempada 2014 con tres novas vitorias en Porriño co gallo das Festas do Cristo.

Comenzou a Fémina Cadete Zaida González o venres que en horario nocturno e polas ruas da Vila do Louro se facía con outra vitória para despedir a tempada e tamén a categoría xa que dentro dun mes comenzará a tempada de Ciclocróss competindo na categoría Júnior.

Xa no día de hoxe eran as categorías de escolas os que tamén votaban o peche a tempada comenzando polos Principiantes donde Yasir Martínez se despedía tamén da categoría da mesma maneira que comenzou a tempada no 1º de maio nesta mesma pista e que foi en forma de vitória facendose no dominador indiscutible con quince triunfos. Os seus compañeiros de equipo tamén acadaban moi bos resultados, pois Iker Rodríguez remataba 4º, Pablo Rodríguez 6º, David Rodríguez 11º, Rubén Carnero 12º e David Carnero 13º dun total de 39 participantes.

En Alevíns Iago Alvarez a piques estivo de subir o caixón o rematar no 4º posto mentras que Adrian Alonso era 23º. En Féminas Irea Villa era a primeira rosaleira no 4º posto seguida de Sara Alvarez 5ª e Laura Teniente que con problemas físicos remataba 6ª.

Rematarían os Infantís con Mario Fernández no 15º posto mentras que a Fémina María Correa nos brindaba a outra vitória da xornada por diante de Paula Faraldo (C.C. Rias Baixas) e Alba Blanco (C.C. Barbanza).
Fotos de Zaida o venres pola noite.
Fotos do sabado.

domingo, 28 de septiembre de 2014

CINCO PODIOS EN CATRO CARREIRAS EN LUGO





Os oito integrantes do Club Ciclista O Rosal que se desplazaron para a disputa do G.P. CICLISTA CIDADE DE LUGO na tarde de onte sábado, foron quien de colleitar cinco novos pódios para seus palmarés.

O Principiante Yasir Martínez continúa a agrandar o seu historial cunha nova e incontestable vitória non dando opción os seus rivais.

O Alevín Iago Alvarez nunha gran carreira na que foi de menos a mais, voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que o sorprendente Adrian Alonso que lideraba a carreira nos seus inícios, remataba 12º.
En Féminas era desta volta Irea Villa a que tamén destacaba co terceiro posto acadado o final da carreira.

En Infantís era María Correa a encarregada de defender as nosas cores e facíao da millor das maneiras cunha merecida vitória que lle vai dar mais forza para a derradeira carreira da tempada do vindeiro sábado en Porriño.

Con esta carreira de Lugo os cadetes masculinos Ero Sobrino e Xoel Villa despedían a tempada e o mesmo tempo tamén a categoría xa que dentro de poucas semanas comenzan a tempada de Ciclocróss pero xá na categoría Júnior. A carreira comenzaba cunha caída de Xoel nos inícios e que poucas voltas mais tarde o obrigaba o abandono mentras que Ero loitaba cos millores para acadar un dos seus millores resultados da tempada co 11º posto final.
A Fémina Zaida González era a encarregada de conquistar o quinto e derradeiro Pódio da xornada co 2º posto que lle sabía a pouco, pois o seu obxetivo era o máis alto do "caixón".
Fotos da carreira

domingo, 21 de septiembre de 2014

TERCEIRO POSTO DE DAVID CARNERO EN PONTEAREAS

A parte dos pódios das féminas que nesta ocasión tampouco tiñan premio, o máis destacado na tarde de onte sabado en Ponteareas, foi o Principiante David Carnero que voltaba o "caixón" co terceiro posto acadado mentras que os seus compañeiros cometían algún erro e quedaban como segue:
Yasir Martínez 8º, David Rodríguez 9º, Pablo Rodríguez 10º, Iker Rodríguez 13º, Rubén Carnero 22º, Sergio Vicente 30º e David Vicente 34º.

En Alevíns o millor era Iago Alvarez 10º seguido de Adrián Alonso que facía as duas primeiras voltas moi prometedoras pero que o final lle fallaban as forzas e remataba 29º. En Féminas Irea Villa era 3ª e Laura Teniente 4ª.

En Infantís Mario Fernández que lle acontecía como Adrián, remataba 23º mentras que María Correa era 2ª pero tampouco tiña premio.

Os Cadetes tiñan unha saída de 43 km. polas estradas da comarca do Condado e mediada a carreira a Fémina Zaida González con problemas físicos optaba por retirarse mentras que os seus compañeiros Ero Sobrino e Xoel Villa realizaban unha gran carreira loitando todo o tempo no pelotón. Nos derradeiros kilómetros coa ascensión o porto de montaña de Vilasobroso quedabanse un chisco descolgados para entrar na meta nos postos 25º e 27º para Ero e Xoel respectivamente.

Por mor de estar no coche de asistencia dos cadetes, non temos fotos dos Principiantes.
Fotos dos Alevíns e Infantís

domingo, 14 de septiembre de 2014

DUAS NOVAS VITORIAS E UN TERCEIRO EN DUMBRIA

Na mañán de onte sabado catro dos nosos ciclistas competían no 2º Trofeo Concello de Dumbría
 donde colleitaban tres novos pódios mentras que outros estábamos polos Ancares animando La Vuelta.

O Principiante Yasir Martínez segue sumando vitórias demostrando que si non comete ningún erro, é moi difícil o poder gañarlle.

En Alevíns Iago Alvarez remataba no 7º posto mentras que a Infantíl María Correa retornaba o "caixón" co 2º posto e para rematar era Zaida González a que se facía coa vitória en Cadetes.
Fotos de Ludi Martínez.

domingo, 7 de septiembre de 2014

YASIR SUMA E SEGUE CON ZAIDA QUE O IMITA


Carreira nocturna onte en Marín co gallo do XXII Trofeo Virxe do Porto cunha nova vitória de Yasir Martínez que vai agrandando o seu palmarés contando as suas participacions por vitórias salvo en Teis que fora o seu compañeiro David Rodríguez o vencedor.
Nesta mesma categoría Iker Rodríguez cometía un erro e remataba no 18º posto.

En Alevíns a Fémina Irea Villa remataba 5ª mentras que en Masculino Iago Alvarez acadaba o 6º posto. Mención especial tamén merece Adrian Alonso que nuhna gran carreira remontaba dende as derradeiras posicións ata a 20ª o cruzar a liña de meta.

En Infantís era a Fémina María Correa quien nos representaba acadando o 4º posto final.

Remataban os cadetes cunha gran vitória de Zaida González en Feminino mentras que os masculinos tamén mostraban unnha óptima prestación e Manuel Dorna remataba 12º, Ero Sobrino 18º e Xoel Villa 21º.
Fotos da carreira de Marín. 


Pola súa parte un gran Raúl Fernández que hoxe pola mañán participaba no Campionato de España, acadaba un gran 21º posto e tamén como primeiro galego da carreira.
Fotos de Mazarrón

viernes, 5 de septiembre de 2014

RAUL COMPITE MAÑAN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Mañan Raul Fernández vai competir no Campionato de España de Fondo en Estrada en Mazarrón (Murcia) na categoría Júnior representando a Galicia e como non tamén O Rosal.
Sorte Campeón

domingo, 31 de agosto de 2014

ZAIDA SOBE O PODIO EN VIGO

Sin apenas tempo para recuperarse da carreira de onte en Lugo, hoxe as 8:30 horas da mañan os nosos Cadetes xa se atopaban na Praza da Porta do Sol en Vigo para competir no XLI GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO que constaba dunha Crono escalada dende a Porta do Sol até o Alto do Castro de 3,5 km. E doutra proba en liña nun circuito nas contornas do Castro.

En Cadete Femenino, Zaida González hoxe sí que recibía a sua recompensa o facerse co segundo posto do “caixón” o rematar segunda nas duas especialidades.
En canto os seus compañeiros masculinos e a falta da clasificación da proba en liña, na Crono Ero Sobrino remataba 26º, Manuel Dorna 28º e Xoel Villa 35º.

YASIR VOLTA A DEMOSTRAR A SUA SUPREMACIA


51º Gran Premio da Milagrosa (Lugo) disputado na tarde de onte sabado donde Yasir Martínez voltou a vencer na categoría de Principiantes de maneira moi clara e continúa a contar as suas carreiras por vitórias.

En Alevíns, gran carreira de Iago Alvarez que cando dominaba a carreira, na derradeira curva íase o chan rematando na 8ª posición mentras que Luis Mendez era 19º, Adrian Alonso 29º e a Fémina Irea Villa era 5ª.

En Infantís era Mario Fernández o representante masculino co 31º posto mentras que a Fémina María Correa remataba terceira da categoría.

Os Cadetes voltaban a estar a gran altura dominando a carreira por momentos para o final rematar Ero Sobrino no 15º posto, Xoel Villa no 20º e Manuel Dorna no 24º mentras que a Fémina Zaida González se facía coa vitória pero que o igual que María non tiña o seu recoñecemento o non haber Pódio para as féminas.

Remataba o Júnior Raúl Fernández que liderou a carreira en varias fases da mesma para rematar o esprint no 6º posto.

sábado, 23 de agosto de 2014

OUTRA GRAN XORNADA DOS PRINCIPIANTES


Chegaron, observaron, competiron e arrasaron.
Iso foi o que fixeron os Principiantes do Club Ciclista O Rosal xa que os cinco participantes entraron nos sete primeiros postos no XIX TROFEO CICLISTA FESTAS DE VIGO disputado nos arredores do IFEVI.

A vitória era de novo para Yasir Martínez seguido no segundo posto por David Rodríguez. Aquí colabansenos dous integrantes do C.C. Barbanza e de novo os rosaleiros cos irmans Carnero Taveira nos postos 5º e 6º para Rubén e David respectivamente o 7º posto para Iker Rodríguez.

En Alevíns chegaba outro Pódio para Iago Alvarez no 3º posto, Luis Mendez remataba 13º e Adrian Alonso que sofría unha caída remataba 32º.
A Fémina Laura Teniente tamén conquistaba o 3º posto que lle daría dereito o Pódio.

En Infantís Mario Fernández facíase co 22º posto e Fran Mendez co 34º.
Fotos da carreira

jueves, 21 de agosto de 2014

BTT I TROFEO E.M. BEMBRIVE (VIGO)


Os nosos deportistas non descansaron e durante a semana oubo duas competicións nas que competiron.

En primeiro lugar foi a Cadete Zaida González que no martes 19 competía coa Selección Galega na Copa de España en Xátiva (Valencia) e donde acadaba un grandísimo sexto posto.

No día de onte varios dos nosos ciclistas asistían o I Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) de BTT (bicicleta de montaña) e pese a ser unha especialidade descoñecida para a meirande parte deles, os resultado foron moi positivos cun Pódio incluído.

Comenzou Iker Rodríguez na categoría de Promesas que remataba nun inesperado 11º posto
En Principiantes; Yasir Martínez tamén remataba nun óptimo 23º posto.

Pasamos os Alevíns donde Adrian Alonso remataba 33º e Irea Villa 10ª Fémina.
En Infantís Mario Ferández faríase co 17º posto mentras que María Correa era 7ª Fémina

Remataban os Cadetes cunha boa prestación xa que Xoel Villa remataba 9º i Ero Sobrino 10º mentras que Zaida se facía co terceiro posto do Pódio en Féminas.
Fotos de Bembrive.

domingo, 17 de agosto de 2014

XV TROFEO VILA DE LUOU



Con tan só oito representantes asistimos na mañán de hoxe o XV Trofeo Vila de Luou (Teo) o que non foi impedimento para traer para O Rosal outro posto de honra co terceiro posto da Alevín Laura Teniente seguida da sua compañeira Irea Villa no 4º posto. En Masculino Luís Mendez remataba no 14º posto.

En Infantís Fran Mendez remataba 29º e a fémina Maria Correa con problemas fisicos retirabase da carreira

En Cadetes Ero Sobrino era o millor clasificado rematando no 22º posto mentras que Xoel Villa e Zaida González eran baixados da carreira o quedar descolgados.
Suliñar que Zaida mañán luns vai partir coa selección Galega cara a Xátiva (Valencia) para participar na Copa de España.

No Día de onte o Júnior Raúl Fernández que se atopaba por terras palentinas para competir no XXXV GRAN PREMIO VILLA DE CERVERA sofría unha inoportuna avería mecánica lle impedía rematar mais alá do 51º posto.