Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 19 de abril de 2015
VITÓRIA DE ZAIDA E TERCEIRO POSTO DE MARÍA EN PORTUGAL
Mentras que os seus compañeiros máis cativos competían no Rosal, os cadetes e júniores desplazabanse a Barcelos (Portugal) para disputar o 13º Prémio ACR de Roriz.
Comenzóu a Cadete Feminina María Correa e acadaba un grande posto o rematar co 3º posto que a levaría a ese mesmo lugar do Pódio.
En Júnior a nosa Zaida González voltaba o máis ato do "caixón" demostrando que se lle dan ben as terras portuguegas o facerse cunha grande vitória mentras que os seus compañeiros masculinos remataban 48º e 49º para Adrián Santomé i Ero Sobrino respectivamente.
Fotos de Ludi Martínez
OS IRMANS CARNERO TAVEIRA COMENZAN A TEMPADA MANDANDO
Na tarde de onte sabado o Club Ciclista O Rosal era o encarregado de inaugurar o calendario galego de estrada para as categorías de escolas coa osganización do XXIV Trofeo Pista de As Faias e alí os irmáns Carnero Taveira madabanlle unha mensaxe os seus riváis advertindolles que eles serán uns dos rivais a batir ésta tempada. Irea Villa tamén acadaba pódio en Infantíl Feminino.
Era a categoría de Principiantes a encarregada de inaugurar a competición e Rubén Carnero era o que se levaba a vitória por diante do seu irmán David que facía segundo. Outros dous que tamén serán candidatos o pódio son Iker Rodríguez e Pablo Rodríguez xa que Iker facía o mesmo tempo que Rubén e Pablo o mesmo que David pero quedabanse fora do caixón o cometer un erro cada un rematando sexto Iker e sétimo Pablo. Un que tamén saíu a probar fortuna era o debutante Nicolás Portela e non defraudou os seus suguidores o realizar unha gran proba e finalizar no 18º posto.
En Alevíns grande loita polos primeiros postos e o "rosaleiro" que mais se achegaba era Luís Mendez que remataba no 13º posto seguido de Adrian Alonso 17º, David Rodríguez 20º e Yasir Martínez 22º.
Remataban os infantís cun pletórico Mario Fernández que das 15 voltas das que constaba a carreira en trece estivo sempre nos postos de cabeza pero nas duas últimas víñase un chisco abaixo e remataba nun prometedor 5º posto seguido de David Fletcher 15º.
En Infantíl Féminas Irea Villa estreaba a categoría cun Pódio o rematar nun moi traballado 3º posto.
Fotos da carreira
domingo, 12 de abril de 2015
ZAIDA E MARIA NA COPA DE ESPAÑA FEMININA
Oxe pola mañán a Júnior Zaida González e a Cadete María Correa participaban no 2º TROFEO DE CICLISMO FEMENINO puntuable para a Copa de España e que se diputou na cidade de Zamora.
María era a primeira en competir e completaba os 37,7 Kms. cun tempo de 1:18:14 a 05:50 da gañadora, quedando clasificada na 34ª posición.
Logo sería a volta de Zaida sobre unha distancia de 63,2 Kms. pero que pasado o ecuador da carreira quedaba descolgada da cabeza, o que a obrigaba a retirarse da mesma.
Unha vez rematada a carreira partían de novo para Galicia xa que as 20:00 horas Zaida era recoñecida como Millor Promesa Feminina na 1ª Gala do Deporte de Tomiño que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Goián.
María era a primeira en competir e completaba os 37,7 Kms. cun tempo de 1:18:14 a 05:50 da gañadora, quedando clasificada na 34ª posición.
Logo sería a volta de Zaida sobre unha distancia de 63,2 Kms. pero que pasado o ecuador da carreira quedaba descolgada da cabeza, o que a obrigaba a retirarse da mesma.
Unha vez rematada a carreira partían de novo para Galicia xa que as 20:00 horas Zaida era recoñecida como Millor Promesa Feminina na 1ª Gala do Deporte de Tomiño que se celebrou no Pavillón dos Deportes de Goián.
XXIV TROFEO PISTA DAS FAIAS O VINDEIRO SABADO 18
Competirán as categorías de Principiantes cos "rosaleiros" David Carnero, David Vicente, Iker Rodríguez, Pablo Rodríguez e Rubén Carnero.
En Alevins estrean categoría David Rodríguez, Sergio Vicente e Yasir Martínez que forman equipo cos "veteranos" Adrián Alonso, Laura Teniente e Luís Mendez.
Rematarán os Infantís con Iago Alvarez e Irea Villa que veñen da categoría Alevín para xuntarse a David Fletcher e Mario Fernández.
Agardamos a vosa presenza neste início de tempàda para os nosos ciclistas que seguramente nos van dar máis dunha alegría.
sábado, 4 de abril de 2015
PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2015
Oxe pola tarde no Auditorio Municipal tiña lugar a
presentación do Club Ciclista O Rosal que vai encarar a presente tempada de
estrada e ciclocróss.
O acto que foi presentado polo xornalista rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa, asistiron representantes do
Concello, da Federación Galega de Ciclismo, da Comunidade de Montes do Rosal así
como afeccionados, simpatizantes e familiares dos ciclistas.
Despois do acto de presentación, tivo lugar unha merenda de
confraternidade na que se aproveitou para degustar os exquisitos postres
confeccionados pola “familia ciclista”.
Esta acto tamén sirvíu para darlle un ata logo a Raúl Fernández
e tamén para compartir de novo con outro grande como Antonio Portela. Éles dous
xunto con Alex Lomba forman agora mesmo parte do G.D.Froiz.
Fotos da presentación xentileza de Roi González Villa.
Fotos da presentación xentileza de Roi González Villa.
PLANTILLA 2015
- Dirixentes
Gerardo
|
Álvarez Martínez
|
Presidente
|
Dir. Regional I
|
Juan Ramón
|
Villa Castro
|
Secretario
|
Monitor
|
José Carlos
|
Fernández Martínez
|
Tesoureiro
|
Monitor
|
Ángel
|
González González
|
Vocal
|
|
Jenaro
|
González Estevez
|
Vocal
|
Monitor
|
Juan Carlos
|
Rodríguez Vidal
|
Vocal
|
Monitor
|
Eduardo
|
Sobrino Lomba
|
Vocal
|
|
José Luís
|
Martínez Dominguez
|
Vocal
|
- Directores Deportivos
José María
|
Álvarez Fajar
|
Dir. Nacional
|
Paula
|
Lomba Rodríguez
|
Dir. Regional II
|
JUNIOR
|
|
Adrian
|
Santomé Perez
|
Ero
|
Sobrino Dorado
|
Xoel
|
Villa Rodríguez
|
Zaida
|
González Martínez
|
CADETE
|
|
Francisco
|
Méndez Dias
|
Manuel
|
Dorna Rodríguez
|
María
|
Correa Rubio
|
INFANTIL
|
|
David
|
Fletcher
|
Iago
|
Álvarez Lomba
|
Irea
|
Villa Rodríguez
|
Mario
|
Fernández Lorenzo
|
ALEVIN
|
|
Adrian
|
Alonso Domínguez
|
David
|
Rodríguez Alvarez
|
Luís
|
Mendez Días
|
Laura
|
Teniente Pena
|
Sergio
|
Vicente Fernández
|
Yasir
|
Martínez Silva
|
PRINCIPIANTE
|
|
David
|
Carnero Taveira
|
David
|
Vicente Fernández
|
Iker
|
Rodríguez Lomba
|
Pablo
|
Rodríguez Otero
|
Rubén
|
Carnero Taveira
|
martes, 31 de marzo de 2015
PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2015

O vindeiro sabado as 19:00 horas no Auditorio Municipal vai ter lugar a presentación do Club Ciclista O Rosal que vai competir na tempada 2015 nas categorías de Principiantes, Alevins, Infantís, Catetes e Júnior.
Por este motivo o C.C. O Rosal quere convidar a éste evento a tódol@s afeccionad@s e simpatizantes deste clube rosaleiro no que se fará un resumen dos resultados acadados na tempada pasada entre os que destacan Medallas a nivel internacional, nacional e autonomico.
domingo, 22 de marzo de 2015
VI Circuito Teense - Trofeo Concello de Teo
Na mañán de oxe na localidade de Rarís disputábase o VI Circuito Teense - Trofeo Concello de Teo que daba o sinal de saída cara a tempada 2015 para a categoría Júnior en estrada na que despois da marcha do Campión Raúl Fernández, debutaban na mesma Zaida González, Ero Sobrino, Xoel Villa e a nova incorporación Adrián Santomé.
Comenzou a carreira na que en diversos tramos da mesma o vento de cara sopraba de forma intensa o que facía que os primeiros rosaleiros en quedarse atrasados fosen Xoel e Zaida para que varios kilómetros mais adiante Ero e Adrián fixesen e mesmo e tamén quedasen descolgados do pelotón.
Co paso dos kilómetros Xoel e Zaida recuperabanse un chisco e daban alcance os seus compañeiros que se xuntaban os catro para tentar de contactar co pelotón, cousa que lles foi imposible e víanse obrigados a retirarse dado que neses intres os equipos dianteiros xa estaban "pelexando" para situar os seus para loitar de cara a vitória final.
Fotos da carreira
sábado, 28 de febrero de 2015
COVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DO CLUB CICLISTA O ROSAL
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO
CLUB CICLISTA O ROSAL
Sres.Sras. Socios/as
Pola presente quedan Vdes.
convocados/as á reunión da Asemblea
Xeral Ordinaria que se celebrará o sabado 14 de marzo de 2015 ás
19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 en segunda, no local
social do CLUB situado nos baixos da Gardería Municipal de Pías, co seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se
procede, da acta da sesión anterior.
2. Estado de contas. Balance-liquidación
da tempada 2014.
3. Proxectos e presupostos para
o ano 2015.
4. Informe do Presidente:
Memoria de actividades da tempada 2014.
5. Rogos e preguntas.
O Rosal, a 28 de febreiro de 2015
O Presidente
Asdo:.
Gerardo Álvarez Martínez
lunes, 19 de enero de 2015
ZAIDA GAÑA A COPA DE PORTUGAL E RAÚL SEGUNDO NA SUA DESPEDIDA
Coa proba de oxe en Sobrado, concello de Valongo e polo
medio dos viñedos de Quinta das Arcas, dabase por rematada a Copa de Portugal
na que se ian decidir os gañadores e gañadoras. Zaida tan só precisaba dun
punto e Raúl a vitória para traer para O Rosal a Copa das suas respectivas categorías.
Comenzaba a Fémina Cadete, María Correa que de novo tiña que
ceder ante a presión das suas rivais portuguesas e remataba 4ª, mesma posición
na clasificación final.
O mesmo tempo que María participaba Zaida González na
categoría Juventude (Sub23 e Júnior) e de novo voltaba a vencer facendo desta
maneira pleno total o vencer nas catro carreiras e desta maneira gañar por
terceiro ano consecutivo a Copa de Portugal xa que tanto o ano pasado como fai
dos anos xa tiña vencido en Cadete.
En canto os Júnior, Xoel Villa remataba 7º i Ero Sobrino 8º quedando Xoel no 9º posto i Ero no 11º na
clasificación final, abolosdous cunha carreira menos.
A carreira que máis se esperaba era a de Elite pois o título
estaba por decidir entre o portugués Vitor Santos e Raúl Fernández pois o que
gañase a carreira gañaría a Copa e dende logo que o espectaculo pagou a pena pois
a carreira foi un man a man entre os dous decantadose do lado do portugués o
engancharse Raúl nos últimos metros cun corredor dobrado, rematando segundo a
tres segundos de Vitor Santos que se levaría a Copa e o segundo posto da mesma
era para Raúl.
Con esta carreira dase por finalizada a tempada de Ciclocróss
e o mesmo tempo tamén supoñía a despedida de Raúl do Club Ciclista O Rosal,
pois o pasar a categoría de Sub 23 vai defender as cores do Grupo Deportivo
Froiz donde se atopará cos seus excompañeiros no C.C. O Rosal como son os inesquecibles
Alex Lomba e Toñi Portela.
Desexamoslle a millor das sortes para eles tres.
lunes, 12 de enero de 2015
RAÚL DOBRE MEDALLA DE BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS
Tal e como reza no encabezado, de novo Raúl Fernández nos daba duas grandes alegrías o traer para O Rosal duas novas Medallas de Bronce nos Campionatos de España de Ciclocróss en Gijón defendendo as cores da Selección Galega.
Todo comenzaba o venres día 9 coa categoría de Relevos (Team Relay) na que en cada selección compite un Cadete, un Júnior, un Sub 23 (Raúl), un Elite un Máster e unha Fémina e aquí Raúl voltaba a realizar outra grande prestación o acadar o millor tempo dos Sub 23 e desta maneira cotribuir co resto de compañeiros de selección a traerse esa traballada Medalla de Bronce.
No sabado 10 era a Fémina Júnior, Zaida González quien entraba en competición defendendo tamén as cores da Selección realizando unha gran actuación o rematar no 15º posto.
Pola tarde era a volta da Promoción na que tomaban parte os Infantís Iago Alvarez e Mario Fernández na que Mario entraba na 9ª posición mentras que Iago era 14ª.
Remataban estes campionatos na xornada do domingo nun circuito que non tiña nada que ver co dos días anteriores pois a choiva caída durante a noite e boa parte da mañán, deixou un trazado para eróes como Xoel Villa i Ero Sobrino que eran os que defendían as cores do Club Ciclista O Rosal e que loitando contra as avarías mecánicas e non cambiar de bicicleta en toda a carreira, remataban nos postos 48º para Xoel e 49º para Ero. Merecen a Medalla a Conbatividade.
Coa categoría de Sub 23 remataba a representacíon rosaleira e alí estaba de novo Raúl e de novo defendendo a Selección Galega e disposto a dar batalla os grandes favoritos a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría.
Partíu Raúl un chisco retrasado nos primeiros metros para logo ir subindo posicións e alcanzar por momentos o segundo posto para logo segundo foi avanzando a carreira, un dos grandes favoritos como era Felipe Orts facerse con esa segunda posición aproveitando os problemas de equilibrio de Raúl por mor do terreo. Con todo isto Raúl baixaba ata a cuarta posición para na derradeira volta e a escasos metros da liña de meta adiantar o cántabro Adrián García que sofría problemas mecánicos e desta maneira voltar a facer história para O Rosal, o seu Club e a Selección Galega acadando a segunda Medalla de Bronce destes Campionatos.
Grandes Raúl, Ero, Xoel, Zaida, Mario e Iago
Fotos dos Campionatos
Todo comenzaba o venres día 9 coa categoría de Relevos (Team Relay) na que en cada selección compite un Cadete, un Júnior, un Sub 23 (Raúl), un Elite un Máster e unha Fémina e aquí Raúl voltaba a realizar outra grande prestación o acadar o millor tempo dos Sub 23 e desta maneira cotribuir co resto de compañeiros de selección a traerse esa traballada Medalla de Bronce.
No sabado 10 era a Fémina Júnior, Zaida González quien entraba en competición defendendo tamén as cores da Selección realizando unha gran actuación o rematar no 15º posto.
Pola tarde era a volta da Promoción na que tomaban parte os Infantís Iago Alvarez e Mario Fernández na que Mario entraba na 9ª posición mentras que Iago era 14ª.
Remataban estes campionatos na xornada do domingo nun circuito que non tiña nada que ver co dos días anteriores pois a choiva caída durante a noite e boa parte da mañán, deixou un trazado para eróes como Xoel Villa i Ero Sobrino que eran os que defendían as cores do Club Ciclista O Rosal e que loitando contra as avarías mecánicas e non cambiar de bicicleta en toda a carreira, remataban nos postos 48º para Xoel e 49º para Ero. Merecen a Medalla a Conbatividade.
Coa categoría de Sub 23 remataba a representacíon rosaleira e alí estaba de novo Raúl e de novo defendendo a Selección Galega e disposto a dar batalla os grandes favoritos a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría.
Partíu Raúl un chisco retrasado nos primeiros metros para logo ir subindo posicións e alcanzar por momentos o segundo posto para logo segundo foi avanzando a carreira, un dos grandes favoritos como era Felipe Orts facerse con esa segunda posición aproveitando os problemas de equilibrio de Raúl por mor do terreo. Con todo isto Raúl baixaba ata a cuarta posición para na derradeira volta e a escasos metros da liña de meta adiantar o cántabro Adrián García que sofría problemas mecánicos e desta maneira voltar a facer história para O Rosal, o seu Club e a Selección Galega acadando a segunda Medalla de Bronce destes Campionatos.
Grandes Raúl, Ero, Xoel, Zaida, Mario e Iago
Fotos dos Campionatos
domingo, 4 de enero de 2015
RAÚL QUEDA SEGUNDO NO PREVIO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
Na mañán de oxe no Parque de Los Pericones en Gijón (Asturias) disputabase unha proba do calendario asturiano de ciclocróss no mesmo circuito que a vindeira fin de semana vai albergar os Campionatos de España de Ciclocróss e por tal motivo Zaida González e Raúl Fernández desprazaronse ate alí para unha toma de contacto xa que ademais tanto Zaida como Raúl veñen de ser convocados pola Selección Galega para participar nos mesmos.
Zaida tomaba a saída na categoría de Júnior Feminino e acadaba a 9ª praza da clasificación mentras que Raúl en Sub 23 tiña unha prestación mais destacada e facíase co segundo posto que esperamos sexa un bo sinal para o Campionato de España, ainda que non o vai ter fácil xa que éste é o seu primeiro ano na categoría e alí van estar os máis fortes do panorama nacional.
Lembramos que Raúl é o vixente Campión de España Júnior polo que tanto a él como a Zaida, María, Ero, Xoel, Mario e Iago lles desexamos moita sorte.
Fotos da carreira
domingo, 28 de diciembre de 2014
OS IRMANS FERNÁNDEZ LORENZO CONQUISTAN DUAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE GALICIA
Non foi todo o redondo que agardábamos pero damonos por moi
satisfeitos cos resultados acadados nestes Campionatos de Galicia de Ciclocróss
disputados na mañan de oxe domingo na localidade ourensá de Maceda .
Comenzaba a Fémina Cadete María Correa e ainda que nunca
tivo opción de loitar polo Pódio, sí foi quien de acadar a cuarta plaza destes Campionatos o
mesmo que a Júnior Zaida González que tamén un chisco afastada do terceiro
posto traia para O Rosal outro cuarto.
Era logo a volta dos Infantís e Mario Fernández a piques
estaba de facerse co primeiro posto pois comandaba a carreira con escasos
metros de vantaxe e no esprint final sería o seu rival o que que levaba a
vitoria quedandose Mario co segundo posto.
Rematarían os Junior, Sub 23 i Elites. Xoel Villa entraba na
meta no 13º posto i Ero Sobrino no 14º da categoría Júnior.
Nesa mesma carreira o espectaculo nolo brindaba de novo Raúl
Fernández que a pesar de ser debutante na categoría de Sub 23, pelexou toda a carreira
polos primeiros posto para o final acadar unha Medalla de Bronce que lle fai
honra o seu pundonor.
Estes Campionatos de Galicia poñían o peche a tempada do
Calendario Galego de Ciclocróss e agora so nos queda disputar os Campionatos de
España en Gijón dentro de duas semanas e tamén rematar a Copa de Portugal.
domingo, 21 de diciembre de 2014
EXIBICIÓN DOS IRMANS FERNÁNDEZ LORENZO EN PORRÑO
Nunha mañán agradable, oxe no Velódromo de Porriño voltábamos
a cita co Ciclocróss e dende alí os nosos integrantes traían pasra O Rosal
outros tres Pódios.
Comenzábase coa categoría de Promoción con Iago Alvarez que
remataba no 11º posto mentras que o seu compañeiro Mario Fernández se facía
cunha traballadísima vitória a base de loitar dende o terceiro posto e non
desfalecer ata acadar o primeiro posto que o acreditaba como vencedor.
Logo era o turno das Féminas e en Cadetes, María Correa no día
de oxe atopábase coa resistencia das corredoras chegadas do veciño Portugal e
tería que contentarse co 5º posto. En Júnior Zaida González nunha carreira moi
constante foi quien de acadar o segundo posto do Pódio.
Xornada mediocre para os Júnior masculinos donde se nota a
falta de adestramentos por mor dos compromisos de estudos, pois Xoel Villa
acadaba o 14º posto i Ero Sobrino o 15º.
Remataba o debutante en Sub 23 Raúl Fernández que loitaba
cos seus compañeiro de categoría e cos Elite formando parte dun cuarteto
composto por Adrian Valverde (C.C. Rias Baixas), Saúl Lopez (C.C. Maceda) e
Mauro González (C.C. Salvaterra) que serían os que irían a loitar polo Pódio.
Xa a falta de catro volta para o final, Mauro e Raúl comenzaban a marcar
diferenzas cos seus rivais quedando a loita pola vitória nas mans deles dous. A
falta de volta e media, Raúl sacaba a relucir todo o seu pundonor para coller
unha trintena de metros sobre Mauro e que demostrando unha grande estratexia,
administraba ata o final para adxudicarse outra grande vitória.
lunes, 15 de diciembre de 2014
SEIS PODIOS NA FIN DE SEMANA
Oxe luns cun chisquiño mais de tempo parámonos un pouco para redactar a intensa fin de semana de Ciclocróss.
Comenzábamos o sábado co Ciclocróss Ría de Marín e na categoría de Promoción a Mario Fernández escapabaselle a vitoria por on suspiro e colleitaba un merecidísimo 2º posto.
Logo na categoría de féminas era María Correa quien nunha das suas millores carreiras da tempada, firmaba un gran 2º posto no "caixón"con mais dun minuto de vantaxe sobre a terceira clasificada. E para non ser menos, a Júnior Zaida González tamén acadaba outro grande 2º posto.
En Júnior Masculino era Xoel Villa o que remataba no 10º posto mentras que Ero Sobrino acadaría o 11º posto.
Remataba Raúl Fernández que saíu a controlar a carreira para como na pasada semana tentar levarse a vitória e quedarse solo con Adrian Valverde (C.C. Rías Baixas) e cos irmáns Paulo e Mauro González (C.C. Salvaterra), pero desta volta Raúl era o mais forte e a falta de duas voltas íase dos seus rivais para rematar a carreira o "campión" con 50 segundos de vantaxe e así vencer en Sub 23 e Máster..
Fotos da carreira
Xa na mañán de onte partíamos as 6:30 para achegarnos a Torre de Dona Chama no concello de Mirandela, Distrito de Bragança (Portugal) para a terceira proba da Copa de Portugal con María, Zaida e Raúl mentras que Ero e Xoel quedabanse na casa por causas de estudios.
A Cadete María Correa topaba en terras lusas a duras rivais e tiña que conformarse coa 4ª praza.
Quien non se conformaba era Zaida González que na categoría Juventude vencía con autoridade e practicamente ten a Copa de Portugal sentenciada a seu favor a falta de colleitar un terceiro posto na derradeira carreira a disputarse no mes de xaneiro en Agueda..
Pola sua banda Raúl pagaba o esforzo da tarde anterior en Marín e a pesares de facer unha grandísima carreira e marchar líder nalgunhas das suas fases, a fin tiña que conformarse co terceiro posto por detrás do campión portugués Vitor Santos (Quinta das Arcas) e de Mauro González (C.C. Salvaterra). Con éste resultado Raúl sitúase segundo no Ranking da Copa a tan só seis punto do Líder.
Fotos da carreira
domingo, 7 de diciembre de 2014
PODIOS DE MARÍA, ZAIDA E RAÚL EN BOIRO
Onte, nunha mañá soleada pero con frío, na Praia de Bioro
celebrouse o Trofeo Concello de Boiro na que era a primeira carreira da tempada
sin barro xa que se disputou totalmente en seco.
Comenzóu Iago Alvarez na categoría de Promoción na que unha caída nuha das rampas lle facía
perder varios postos para o final rematar 10º.
En Cadete Feminino, gran carreira de María Correa que loitou
sin desfalecemento para colleitar un fantástico 3º posto e desta maneira subir
o Pódio o mesmo que a sua compañeira Zaida González que en Júnior Feminino subía
un posto máis e remataba segunda no “caixón”.
En Júnior Masculino, Xoel Villa clasificabase no 9º posto a pesar dunha
espectacular caída co voo incluido na derradeira volta mentras que Ero Sobrino
acadaba o 12º posto.
Na derradeira carreira do día chegaría o espectáculo de mán
como non de Raúl Fernández.
Comenzaba a carreira con cinco corredores que se alternaban
no liderato e entre éles estaba Raúl, para conforme ia avanzando a mesma irse
descolgando algúns deles para que a duas voltas do final demarrara con forza e
así coller unha lixeira vantaxe sobre o seu único rival que era Mauro González
(C.C. Salvaterra).
Na derradeira volta Mauro daba alcance a Raúl e os últimos
compases da carreira convertíanse nun “man a man” e que o final se decidiu nun
emocionantísimo esprint final que se decantóu do lado de Mauro por uns increíbles
cinco centímetros tendo desta maneira que conformarse Raúl co 2º posto.
Felicidades os dous polo espéctaculo brindado.
lunes, 1 de diciembre de 2014
ZAIDA LIDERA A COPA DE PORTUGAL DE CICLOCRÓSS
Onte pola mañan disputouse en Jovim (Gondomar-Portugal) a
segunda proba da Copa de Portugal de Ciclocróss donde a Fémina Cadete, María
Correa a piques estaba de subir o Pódio o rematar no 4º posto dunha durísima
carreira con grandes costas pa rriba e pa baixo e con zonas de moito barro. Con
este posto, María queda clasificada na 4ª posición da Xeral da Copa
En Sub21-Júnior Feminino (Juventude), Zaida González vencía
de novo e de maneira incontestable sacando unha grande vantaxe a segunda
clasificada o que fai que coa vitória da primeira proba en Paredes, se afiance
como líder da Copa.
Pola sua banda os Júnior tamén realizaban unha óptima
prestación e Xoel Villa remataba no 7º
posto mentras que Ero Sobrino se facía co 8º lugar na clasificación
quedando nestes mesmos postos na Xeral da Copa.
Raúl Fernández si onte en umbría tiña mala sorte cunha
avaría, na mañan de oxe era peor pois cando marchaba nos postos de cabeza,
rompíaselle a cadea e tiña que correr gran parte do circuito a pé para coller a
bici de recambio pero voltaba a ter problemas, desta volta co cambio e de novo
a pé para logo coller a bicicleta da sua compañeira Zaida e desta maneira poder
rematar a carreira co terceiro posto en Sub 23 o que lle vale para situarse na
segunda posición da Copa.
sábado, 29 de noviembre de 2014
CARREIRÓN DE RAÚL EN DUMBRÍA
Oxe imos comenzar polo final xa que Raúl Fernández fixo unha carreira memorable na categoría Elite-Sub 23 no Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocróss.
Comenzóu a carreira e cando apenas levaba oitenta metros percorridos, sofría unha avaría mecanica que o obrigaba a votar a sua "maquina" o lombo e percorrer medio circuito a pé para poder coller a outra Bici de recambio. A partir de ahí, Raúl non se viña abaixo sinón todo o contrario para sair endiablado a caza dos seus rivais os que foi superando un a un ou a pares para o final acadar a vitória de Sub 23 e o segundo posto absoluto.
Pola súa parte Iago Alvarez participaba na categoría de Promoción para levarse o 4º.
En Féminas tanto María Correa en Cadete como Zaida González en Júnior facíanse cun 4º posto cada unha mentras que en Júnior Masculino, Xoel Villa acadaba o 10º posto i Ero Sobrino tamén vítima dunha avaría remataba 13º.
Fotos da carreira
O CLUB CICLISTA O ROSAL CON VICENTE ALLO
Comenzóu a carreira e cando apenas levaba oitenta metros percorridos, sofría unha avaría mecanica que o obrigaba a votar a sua "maquina" o lombo e percorrer medio circuito a pé para poder coller a outra Bici de recambio. A partir de ahí, Raúl non se viña abaixo sinón todo o contrario para sair endiablado a caza dos seus rivais os que foi superando un a un ou a pares para o final acadar a vitória de Sub 23 e o segundo posto absoluto.
Pola súa parte Iago Alvarez participaba na categoría de Promoción para levarse o 4º.
En Féminas tanto María Correa en Cadete como Zaida González en Júnior facíanse cun 4º posto cada unha mentras que en Júnior Masculino, Xoel Villa acadaba o 10º posto i Ero Sobrino tamén vítima dunha avaría remataba 13º.
Fotos da carreira
O CLUB CICLISTA O ROSAL CON VICENTE ALLO
Dende esta Páxina o Club Ciclista O Rosal quere mostrar o
seu apoio o Sub-Inspector da Policía Nacional, Vicente Allo gravemente ferido
no atraco de onte en Vigo e que nesta foto o podemos ver no segundo posto de
Master 40 no recente Trofeo Montes de Eiras.
lunes, 24 de noviembre de 2014
CICLOCRÓSS VILLA DE NAVIA (ASTURIAS)
Onte domingo pola mañán na Vila de Navia e baixo un gran temporal de chuvia e vento, acudían @s nos@s "ciclocrosistas" para loitar contra o lama o vento e a auga que non deu tregua en toda a mañán.
Comenzóu a nosa Fémina Cadete, María Correa que despois da intensa "loita", remataba no 10º posto mentras que en Júnior era Zaida González a que remataba no 6º posto.Os seus compañeiros masculinos remataban nos postos 14º e 16º para Ero Sobrino e Xoel Villa respectivamente.
Remataba o Sub 23, Raúl Fernández que pelexaba contra dos millores do Ciclocróss nacional para acadar o 4º posto da sua categoría e o 10º absoluto.
Fotos da carreira
Comenzóu a nosa Fémina Cadete, María Correa que despois da intensa "loita", remataba no 10º posto mentras que en Júnior era Zaida González a que remataba no 6º posto.Os seus compañeiros masculinos remataban nos postos 14º e 16º para Ero Sobrino e Xoel Villa respectivamente.
Remataba o Sub 23, Raúl Fernández que pelexaba contra dos millores do Ciclocróss nacional para acadar o 4º posto da sua categoría e o 10º absoluto.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)


