Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 24 de enero de 2016
domingo, 17 de enero de 2016
REMATAMOS A TEMPADA DE CICLOCRÓSS CON TRES NOVOS PÓDIOS
Na mañán de hoxe domingo en Sobrado (Valongo) e polo medio
dos viñedos da Quinta das Arcas disputabase a derradeira proba da Taça de
Portugal de Ciclocróss o que o mesmo tempo supoñia o peche oficial da
especialidade para os nosos ciclistas e a despedida foi en forma de duas novas
vitórias e un segundo posto.
Os mais madrugadores eran os Infantís con Iago Alvarez e Diego Santomé.
Iago nunha boa carreira remataba na sétima posición mentras
que Diego a pesar de sair na derradeira posición, foi remontando postos para
rematar as duas voltas o circuito o “campeón” e despedindo a competición cunha
incontestable vitória con 40 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado.
Quien tamén vencia de forma abrumadora era Zaida González
que na categoría de Sub-23 Feminino, superaba a segunda clasificada en 2
minutos e 44 segundos, quedando o final 3ª clasificada na Copa cunha carreira
menos que as suas rivais. Zaida tamén subía o pódio para recoller o trofeo da Cadete
María Correa que ainda que hoxe non se desprazou a terras portuguesas por estar
mancada, no acumulado de puntos tiña dereito a terceira praza.
En Cadete masculino Mario Fernández noutra gran
carreira loitou contra as encerronas dos
rivais e ainda así era quien de subir o Pódio o acadar o 2º posto e 4º na xeral
da Copa tamén cunha carreira menos.
Remataban os Júnior que tamén facían un grande esforzo para
que Adrián Santomé acadase o 11º posto, Xoel Villa o 13º i Ero Sobrino o 14º.
lunes, 11 de enero de 2016
TERCEIRO POSTO DE DIEGO SANTOMÉ NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS
Este venres, sabado e domingo celebraronse en Torrelavega (Cantabria) os Campionatos de España de Ciclocróss e ata alí nos desplazamos co equipo rosaleiro que participa nesta especialidade agás María Correa que se atopa convalecente dun accidente.
As probas comenzaban o venres coas especialidade de Relevos donde o C.C. O Rosal non tiña ningún participante e donde a Selección Galega se lle escapaba a Medalla de Bronce o estilo "Carlos Sainz", pois o derradeiro relevista galego (Mauro González) sofría unha avaría a escasos metros da liña de meta que lle facía perder o Pódio e rematar na 4ª posición.
Xa no sabado as 12 da mañán era a nosa Zaida González a que entraba en competición defendendo as cores da Selección Galega realizando unha gran carreira o entrar na liña de meta no noveno posto o que dice moito da súa valía.
Xa logo as 5 da tarde chegaba a hora da categoría de Promoción (Infantís) e aquí saltaban a pista Iago Alvarez e Diego Santomé. Comenzaba a carreira cos "nosos" saindo dende as derradeiras posicións na liña de saída polo que Diego no primeiro tramo do circuito pasa décimoprimeiro para logo nunha memorable remontada ir ascendendo posicións para mediado o circuito pasar sexto, pero Diego ainda non tiraba a toalla e o final remataba nese impresionante terceiro posto que ainda que oficialmente non conta para os Campionatos de España, ahí queda ese Trofeo que o acredita como o Campión que é. Pola sú banda Iago tamén loitaba o indecible para rematar nun honroso 7º posto.
No domingo pola mañán disputabanse as derradeiras probas e o primeiro en saltar o "ruedo" era Mario Fernández que como Zaida tamén defendía o "maillot" da Selección Galega e nun circuito totalmente enlameado por mor da choiva caída durante a noite anterior e que non parou ata disputada xa a primeira volta, Mario fiel o seu pundonor loitaba contra os elementos e remataba nunha estupenda 16ª posición
A volta da media mañán eran os Júnior os que que se enfrontaban o duro circuito e aquí os nosos representantes voltaban a poñer todo da súa parte para que Adrián Santomé rematase como millor "rosaleiro" no 54º posto na súa primeira experiencia nun Campionato de España. Xoel Villa era o seguinte na clasificación o rematar 57º i Ero Sobrino 61º.
Fotos dos Campionatos

lunes, 4 de enero de 2016
PECHAMOS A TEMPADA GALEGA DE CICLOCROSS CON TRES NOVOS PÓDIOS
Onte ploa mañan en Maceda (Ourense), dábase por rematado o Calendario Galego de Ciclocróss e o mesmo tempo a Copa Galicia da especialidade nos arredores do bonito Castelo desta localidade ourensá e os nosos ciclista nos viñeron coas mans valeiras xa que trouxeron tres Pódios que o mesmo tempo valían para acadar dous Subcampionatos da Copa Galicia.
Comenzaban como de costume os Infantís da categoría de Promoción e Diego Santomé de novo subía o "caixón", desta volta na 3ª praza mentras que Iago Alvarez remataba 5º.
En Cadete era Mario Fernández quien acadaba outro Podio, tamén na 3ª posición que lle valía para rematar no segundo posto da Copa Galicia. A Fémina María Correa non asistía a ésta carreira por estar mancada.o mesmo que o Júnior Adrián Santomé.
Na categoría Júnior tanto Xoel Villa como Ero Sobrino acadaban os seus millores resultados da tempada o rematar 7º e 9º respectivamente.
Pola súa banda Zaida González era a encarregada de subir o terceiro Pódio da xornada o rematar 2ª, o que lle valía para rematar tamén segunda da Copa Galicia.
Unha vez rematada a tempada galega de Ciclocróss xa tan só queda a derradeira proba da Taça de Portugal e os Campionatos de España que se disputan a vindeira fin de semana, campionatos os que tanto Mario como Zaida van acudir selecionados coa Selección Galega.
Fotos da carreira
domingo, 27 de diciembre de 2015
DIEGO ENTRA SEGUNDO E ZAIDA E SUBCAMPIONA DE GALICIA DE CICLOCRÓSS
Hoxe pola mañán no Club de Campo de Ferrol disputouse o Campionato de Galicia de Ciclocróss con dous novos Pódios, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González.
Comenzaba a categoría de Promoción e como xa ven sendo habitual o Infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como o nome o dí, ésta e unha categoría de promoción polo que non lle foi adxudicado o Subcampionato de Galicia. O seu compañeiro Iago alvarez chegaba un chisco mais retrasado e entraba no 7º posto.
Continuaba a categoría Cadete e María Correa loitaba o indecíble pero tiña que contentarse co 6º posto da clasificación, o mesmo que Mario Fernández quien tamén noutra grande loita, acadaba o 5º posto.
En Júnior os nosos representantes estaban o nivel habitual e Xoel Villa entraba na 15ª posición, Adrián Santomé na 16ª i Ero Sobrino vítima de dous pinchazos na 17ª.
En Féminas era Zaida a que nos voltaba a dar outra alegría o conquistar ese Subcampionato que tanto loitou durante toda a carreira e que sen dúbida merecía. Parabéns Zaida.
Para rematar non podemos deixar de comentar o "gran" Raúl Fernández agora enrolado no SuperFroiz que tamén se levaba a Medalla de Bronce en Sub23.
Felicitar a todos que ainda que non acadaran postos altos na clasificación, daban todo o que podían para chegar o máis alto posible.
Fotos do Campionato
sábado, 19 de diciembre de 2015
domingo, 13 de diciembre de 2015
ZAIDA LIDER DA COPA GALICIA DE CICLOCRÓSS O VENCER EN VIVEIRO
Foto Maite Pérez
Foto de Luz Iglesias
Hoxe tocaba desprazamento o norte da comunidade co gallo do I TROFEO CONCELLO DE VIVEIRO que ademáis era a quinta proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocróss.
O Infantíl Diego Santomé repetía o segundo posto do Pódio como nas derradeiras carreiras polo que pensamos que debe de ser a súa estratexia para enganar os seus riváis de cara a vindeira carreira que vai ser o Campionato de Galicia en Ferrol.
En Cadetes, Mario Fernández voltaba o Pódio que abandonara en Boiro e Dumbría e nunha gran carreira remataba no 3º posto mentras que en Féminas, María Correa de novo quedaba un chisco retrasada respecto o que nos tiña acustumados e remataba na 5ª posición.
En Júnior a Fémina Zaida González disputaba a carreira que dominaba de principio a fin con grande autoridade. Éste dominio traducíase nuha merecida vitória que o mesmo tempo tamén lle valía para facerse coa camisola de "LÍDER" da Copa, mentras que en Masculino o seu compañeiro Adrián Santomé realizaba a súa millor carreira da tempada e remataba nun merecidísimo 8º posto.
Galería de Luz Iglesias
Fotos de Ludi Martínez

lunes, 7 de diciembre de 2015
DIEGO E ZAIDA LEVANSE O SEGUNDO POSTO DO PODIO EN BOIRO
Onte domingo pola mañán o borde da Ría de Arousa,
concretamente en Boiro (A Coruña) disputabase o XXVIII Trofeo de Ciclocróss
desta vila do Barbanza con dous novos Pódios, e donde tanto Mario como María
non foron quen de defender o Maillot de líderes das suas categorías.
En Promoción Diego
Santomé voltaba a subir o “caixón” e de novo no 2º posto, ainda que agardamos
con moita ansia o día en que chegue a vitória. Pola súa banda Iago Alvarez
remataba 5º.
En Cadete defendíamos os dous Maillots de líderes e en
femenino María Correa remataba na 6ª posición que non era suficiente para
conservar o Maillot, o mesmo que Mario que tamén o perdía o rematar 4º.
Remataban as categorías de Júnior e aquí a incombustible
Zaida ofrecíamos o outro Pódio o rematar na 2ª posición mentras que en
Masculino o millor clasificado era Xoel Villa no 13º posto mentras que Adrián
Santomé era 14º i Ero Sobrino 17º vitima dun inoportuno pinchazo.
domingo, 29 de noviembre de 2015
COMENZA A COPA DE PORTUGAL CON TRES PODIOS ROSALEIROS
Arrancaba hoxe pola mañán a primeira proba da Taça de
Portugal na localidade de Vouzela, distrito de Viseu donde @s nos@as ciclistas
voltaban a dar a cara e traían para terras rosaleiras tres novos Pódios.
Comenzaba logo de mañán cedo e aínda coa xiada debido o frío
que facía o noso Infantil Diego Santomé que nunha grandísima carreira na que
partía nos derradeiros postos, ía remontando posicións para rematar no 2º posto
separado por tan só dez metros do primeiro clasificado.
Continuaban os cadetes e alí Mario Fernández que nos
primeiros compases da carreira marchaba en cabeza, foi baixando posicións ata
rematar nun estupendo 4º posto. A que sí acadaba Pódio era María Correa que na
mesma categoría se facía cunha traballada terceira posición.
O mesmo tempo que María tamén corría Zaida González na
categoría Sub-23 de Féminas, repetindo tamén o terceiro posto.
Remataba o Júnior Adrián Santomé que loitou contra os rivais
para facerse cunha meritoria 12ª praza na clasificación.
A vindeira carreira voltará a ser puntuable para a Copa
Galicia, disputandose na localidade de Boiro en terras do Barbanza o vindeiro
domingo pola mañán.
sábado, 28 de noviembre de 2015
MARÍA CORREA E MARIO FERNÁNDEZ LÍDERES DA COPA GALICIA DE CICLOCRÓSS
Hoxe pola tarde en Dumbría disputábase a terceira proba da
Copa Galicia de Ciclocróss e ainda que non se acadou ningunha vitória, si que
valeu para traer para O Rosal duas camisolas de Líderes da Copa.
Comenzaban os Infantís e de novo Diego Santomé e Iago
Alvarez estaban na loita pola vitória con Diego no segundo posto e Iago no
terceiro o que se convertía nos dous primeiros Pódios da xornada.
En Cadete Masculino era Mario Fernández o que defendía o “maillot”
de líder da Copa e a pesares de non ter o seu millor día o rematar na 5ª posición,
éste era un posto que lle valía para conservar a “camisola” de líder.
Nesta mesma categoría pero en Femenino, era María Correa a
que nos daba outra alegría o rematar na 4ª posición e desta maneira colleitar
os puntos suficientes para facerse co “maillot” de lideresa da categoría, o que
fala moito da súa regularidade.
En Júnior chegaba o terceiro Pódio, das mans da habitual
Zaida González que nunha disputada carreira acadaba o 3º posto mentras que en
Masculino, Adrián Santomé e Xoel Villa facían un enorme esforzo para rematar 13º
e 14º respectivamente.
Mañán as 7:00 da mañán collemos ruta a Vouzela no distrito
de Viseu don vai dar comenzo a primeira prova da Taça (Copa) de Portugal de
Ciclocróss.
lunes, 23 de noviembre de 2015
domingo, 15 de noviembre de 2015
MARIO FERNÁNDEZ LÍDER DA COPA DE GALICIA DE CICLOCRÓSS
Despois da tarde de onte na Praia de Eiras, hoxe pola mañán tocaba desprazamento os arredores do Estádio de San Lázaro en Santiago de Compostela para continuar coa disputa da segunda proba da Copa de Galicia de Ciclocróss.
Comenzabase coa categoría de Promoción e de novo noutra gran carreira Diego Santomé repetía o posto de onte e acadaba a segunda praza mentras que Iago Alvarez era 6º.
En Cadete María Correa subía un posto con respecto a onte e facíase coa 2ª posición en Feminino mentras que en Masculino Mario Fernández hoxe tamén remataba segundo e ésta posición valíalle para situarse como Líder da Copa de Galicia da categoría Cadete.
Remataban os Júnior e de novo Zaida González acadaba posto de Pódio o rematar a carreira na 2ª posición mentras que en Masculino Adrián Santomé remataba no 11º posto, Xoel Villa no 12º i ero Sobrino no 14º.
Fotos da carreira
GRANDISIMA TARDE DE CICLOCRÓSS ONTE NA PRAIA DE EIRAS
Onte pola tarde co XVII Trofeo Montes de Eiras dabase inicio a Copa de Galicia de Ciclocróss cunha climatoloxía fantástica e cunha organización por parte do Club Ciclista O Rosal que raiaba a perfección e para non ser menos, os/as seus ciclistas non se quedaban atrás e acadaban cuatro Pódios entre preto de 200 participantes nas distintas categorías chegados de toda Galicia e varios puntos de España e Portugal.
Comenzaba a categoría de Promoción (Infantís de segundo ano) e aquí chegaba o primeiro Pódio do sorprendente Diego Santomé que se facía co 2º posto mentras que Iago Alvarez un chisco mais retrasado remataba nun gran 5º posto. En Féminas Irea Villa tamén acadaba un óptimo posto o rematar 6ª na sua categoría.
Sería logo o turno de Cadetes e Mario Fernández que liderou case toda a carreira, cedía na derradeira volta para acadar o 2º posto mentras que en Feminino María Correa tamén por méritos propios loitando con coraxe, colleitaba a 3ª posición.
En Júnior Feminino Zaida González xa dende a saída facíase coa 2ª plaza e administraba a vantaxe con autoridade para conservar ese mesmo posto ata o final mentras que en Masculino o mais emocionante estaba nos derradeiros metros donde Adrián Santomé e o seu compañeiro Xoel Villa nos ofrecían unha apasionante loita entre compañeiros de equipo polo 6º posto que se decidía o esprint a favor de Adrián mentras que Xoel era sexto i Ero Sobrino 13º.
O dito, unha grande tarde de Ciclocróss que o numeroso público asistente disfrutou con grande "paixón".

lunes, 9 de noviembre de 2015
ONTE TRAÍAMOS TRES NOVOS PÓDIOS DE PENAFIEL (PORTUGAL)
Onte voltabamos a Penafiel (Portugal), concretamente a
Freguesía de Santiago donde se disputaba a segunda proba do Open Sentir Peñafiel
de Ciclocróss donde coas ausencias de Ero Sobrino e Xoel Villa por causas de
estudos, os seus compañeiros eran quien de repetir os éxitos da semana pasada.
En Cadete Mario Fernández milloraba o terceiro posto de fai
sete días e escalaba ata o 2º posto do Pódio mentras que en Cadete Femenino María
Correa repetía o terceiro de fai unha semana.
En Júnior Femenino quien tamén repetía posto era Zaida González
que voltaba a vencer con rotundidade o que a confirma como Líder do Open tal
como o acredita o “maillot” amarelo que se enfundaba.
Pola súa banda Adrián Santomé era o único Júnior Masculino
pola baixa xa comentada dos seus compañeiros, e a pesar de padecer múltiples
problemas mecánicos que lle obrigaban a cambiar de “máquina” por dúas veces, era
quien de facerse co 6º posto.
Como xa lembramos na entrada anterior, recordarvos que o
vindeiro sábado imos inaugurar o Calendario Galego de Ciclocróss coa organización
do XVIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras na praia que leva o mesmo nome
(Eiras) e tamén aconsellarvos a tódolos afeccionados o ciclismo que ésta e unha
das probas que non vos podedes perder xa que é unha das máis vistosas de
Galicia devido o fermoso paraxe que a alberga.
“Contamos coa vosa presenza”.
miércoles, 4 de noviembre de 2015
XVIII TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCRÓSS
O vindeiro sabado14 de novo o Club Ciclista O Rosal inaugura o Calendario Galego de Ciclosróss co engadido de que este ano e puntuable para a nova Copa de Galicia e ainda por enriba esta carreira está inscrita como Categoría Nacional.
As 14:45 haberá unha carreira de Promoción para os infantís federados que queiran probar a experiencia do Ciclocróss para logo as 15:00 dar paso a compètición en sí coas categorías de Master 30, 40, 50 e 60, Cadete, Junior, Sub-23, Elite i Féminas (Cadete Júnior i Elite) donde o noso Clube estará representado por Iago Alvarez e Diego Santomé (Promoción), Mario Fernández (Cadete), María Correa (Cadete Feminino), Adrián Santomé, Ero Sobrino e Xoel Villa (Júnior) e Zaida González (Júnior Feminino).
Outra das novidades deste ano e a gravación por parte dunha produtora para a súa posterior emisión na Televisión de Galicia.

domingo, 1 de noviembre de 2015
INICIO DA TEMPADA DE CICLOCRÓSS CON TRES PÓDIOS
Onte sabado pola tarde celebrabase a primeira de tres probas
do Open Sentir Penafiel de Ciclocróss (Portugal) e ata alí se desprazaba o noso
equipo de Ciclocross para iniciar a tempada desta especialidade, equipo que
está composto por Mario Fernández (Cadete), María Correa (Cadete Feminina),
Adrian Santomé, Ero Sobrino e Xoel Villa (Júnior) e Zaida González (Júnior
Femenino).
Comenzaban a competir as categorías de Cadete e as de
Féminas e na primeira delas Mario comenzaba moi forte dominando mais da metade
da carreira pero logo o final fallabanlle un chisco as forzas e tiña que ceder
ante o empuxe dos seus riváis para rematar no terceiro posto do pódio.
Mentras isto acontecía, outro frente estaba aberto, pois
María loitaba sin desfalecer nin un instante para poder levarse outro posto de
honra, neste caso a segunda praza do “caixón”.
O terceiro Pódio viña da nosa gran campiona Zaida que nunca
carreira que dominou de principio a fin con grande autoridade, facíase cun
triunfo espectacular.
Remataban os Júnior que poñían todo da súa parte para quedar
o máis arriba posible, o que se traducía no 7º posto para Xoel, 8º para Adrian
e o 9º para Ero.
O vindeiro domingo tocará madrugar para voltar a Penafiel co
gallo da segunda Proba do Open.
viernes, 30 de octubre de 2015
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO
CLUB CICLISTA O ROSAL
Sres.Sras. Socios/as
Pola presente quedan Vdes.
convocados/as á reunión da Asemblea
Xeral Extraordinaria que se celebrará o sabado 7 de novembro de 2015 ás 17:30 horas
en primeira convocatoria, e ás 18:00 en segunda, no local social do
CLUB situado nos baixos da Gardería Municipal de Pías, cun único punto a
tratar.
ORDE DO DÍA:
1. Renovación da Xunta
Directiva.
O Rosal, a 23 de outubro de 2015
O Presidente
Asdo:.
Gerardo Álvarez Martínez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)