Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de abril de 2018

PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2018 E VITORIA DE MARIO NA COPA DE GALICIA DE ENDURO


Onte sabado facíamos a presentación  do Club Ciclista O Rosal 2018 no Auditorio Municipal coa asistencia de numerosos afeccionados, parte da Corporación Municipal, así como da Xunta Rectora da Comunidade de Montes do Rosal encabezada polo seu presidente Isaac González, Carlos Alonso (presidente de Ciclismo Oiense) e Juan Carlos Muñiz como presidente da Federación Galega de Ciclismo.
E despois da presentación pasamos o piso superior do Auditorio para degustar a saborosa "merendola" para festexar o acontecimento.

E sen tempo de recuperación da festa de onte na mañán de hoxe daba comenzo a Copa Galicia de BTT Enduro en Moaña coa disputa da ENDURRAZO 2.018 donde o noso Mario Fernández se facía coa vitoria na categoría Júnior e o mesmo tempo marcaba o 5º millor tempo absoluto, polo que pasa a lucir o "maillot" de líder da Copa de Enduro Júnior. 

 CLUB CICLISTA O ROSAL 2.018

CICLOTURISTA
Luís
Alvarez Martínez
MASTER-40
Eloy
Otero Alfonso
SUB-23
Xoel
Villa Rodríguez
JUNIOR
Mario
Fernández Lorenzo

CADETE
Iago
Álvarez Lomba
Luís
Mendez Días
Irea
Villa Rodríguez
INFANTIL
Sergio
Vicente Fernández
David
Rodríguez Alvarez
Javier
Sanz Berridy
ALEVIN
Diego
Alvarez Adrover
Alvaro
González Míguez
Irene
Rodríguez Alvarez
Iker
Rodríguez Lomba
Pablo
Rodríguez Otero
David
Vicente Fernández
PRINCIPIANTE
Roi
Alvarez Rodríguez
Unai
Fernández Rivero
PROMESA
Edgar
Alonso Juan
Diego
Alvarez Coimbra
Saray
Alvarez Coimbra
Lucas
Alvarez Lomba
Iker
González Baz
Lucía
González Baz
Aitor
Rodríguez González
 


domingo, 8 de abril de 2018

MARIO FERNÁNDEZ LIDER DO OPEN DE ESPAÑA DE ENDURO




En Avila disputouse na mañán de hoxe La Adrada Enduro Xtrem, segunda proba do Open de España de Enduro e de novo Mario voltaba a quedar segundo despois do pódio de Bitem (Tarragona) no mes de marzo.
Desta maneira o máis novo dos Fernández Lorenzo sitúase como líder do Open de España da espacialidade de Enduro.

viernes, 9 de marzo de 2018

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2018




 

 

 

 

 

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO

CLUB CICLISTA O ROSAL


Sres.Sras. Socios/as




Pola presente quedan Vdes. convocados/as  á reunión da Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o sabado 24 de marzo de 2018 ás 17:30 horas en primeira convocatoria, e ás 18:00 en segunda, no local social do CLUB situado nos baixos da Gardería Municipal de Pías, co seguinte

ORDE DO DÍA:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.     Estado de contas. Balance-liquidación da tempada 2017.
3.     Informe do Presidente: Memoria de actividades da tempada 2017.
4.     Proxectos e presupostos para o ano 2018.
5.     Rogos e preguntas.


O Rosal, a 8 de marzo de 2018



O Presidente



                                                              Asdo:. Gerardo  Álvarez Martínez

domingo, 4 de marzo de 2018

MARIO COMENZA A TEMPADA DE ENDURO NO PODIO EN TARRAGONA


Mario Fernández comenza o ano o grande, pois hoxe pola mañán competía no ENDUBÍTEM en Tarragona, proba puntuable para a Open de España de Enduro donde acadaba o 2º posto na categoría Júnior.
Pois como suliñabamos no encabezado, Mario volta o pódio despois do descanso da tempada de Ciclocróss e por terras catalanas tamén lucen os nosos patrocinadores.

lunes, 29 de enero de 2018

LUIS TERCEIRO E IAGO CUARTO NO CICLOCRÓSS DE PENAFIEL (PORTUGAL)

Onte poñìase punto e final a tempada 2017-2018 de Ciclocróss coa derradeira proba do Open Sentir Penafiel (Portugal).
Participaban os nosos cadetes Luís Mendez e Iago Alvarez. Luís remataba no terceiro posto e Iago no cuarto. Este Open constaba de tres carreiras das cuales duas xa se tiñan disputado no mes de novembro e na clasificación xeral final Luís tamen acadaba a terceira posición mentras que Iago cunha carreira menos acadaba a sexta.

miércoles, 24 de enero de 2018

DERRADEIRA PROBA DA TAÇA DE PORTUGAL CON IAGO E LUIS


O pasado domingo despedíase a Taça de Portugal de Ciclocróss coa celebración do Ciclocrosse Internacional de Valongo (Gondomar) Portugal e alí competían os nosos cadetes Iago Alvarez e Luís Mendez que o final da carreira acadarían os postos 9º e 10º respectivamente.

miércoles, 17 de enero de 2018

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS (LEGAZPI)


Dende o venres ata o domingo desta pasada fin de semana celebraronse os Campionatos de España de Ciclocróss en Legazpi , donde o Club Ciclista O Rosal estaba representado polos cadetes Luís Mendez e Iago Alvarez que competían no sabado pola mañán nun autentico barrizal que se pegaba as rodas e facía imposible facer rodar a bicicleta, pola que a meirande parte do circuito tocaba botar a bicicleta o lombo co peso extra do barro que iso supoñía. Por si iso fose pouco, Luís rompía o cambio da súa "máquina"cando ainda só tiña percorridos uns 500 metros o que lle custaba que o final acadase a 73ª posición metras que Iago se facía coa 52ª.
FOTOS

domingo, 31 de diciembre de 2017

CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCRÓSS

 

Nos arredores do Estadio de San Lázaro de Santiago disputouse na mañán de hoxe o Campionato de Galicia de Ciclocróss.

Pola nosa parte comenzaban os cadetes que baixo a tormenta de auga  que caía neses intres e en alerta amarela, xa baistante facían con tomar a saída, pero a xente do Ciclocróss non se arremeda con nada e Luís Mendez era quien de acadar o 12º posto e Iago Alvarez o 16º.

En Júnior era Mario Fernández o noso "delfín" e tamén despois de moito loitar coa auga e o barro acadaba o sexto posto .

Outro tanto para o Sub-23 Xoel Villa que ramataba no 7º posto.

Con estes campionatos, ponse punto e final a tempada de ciclocróss en Galicia , quedando para dentro de duas semanas os Campionatos de España.
FOTOS

domingo, 24 de diciembre de 2017

X CICLOCRÓSS CASTELO DE MACEDA



X Ciclocróss Castelo de Maceda no que tomaron a saída tres dos nosos "rosaleiros" na tarde de onte sábado nos arredores do castelo desta vila ourensá.

Comenzaron os cadetes, donde Iago Alvarez acadaba o 12º posto mentras que Luís Mendez sofría unha rotura do cambio da súa biclicleta e optaba por retirarse.

Remataría a nosa participación o Sub-23 Xoel Villa que acadaría a 6º praza da clasificación, nunha carreira que poñía o peche a Copa de Galicia de Ciclocróss.
Agora xa tan só queda o Campionato de Galicia para a vindeira fin de semana, os Campionatos de España para xaneiro e remataremos co Open de Penafiel en Portugal.
FOTOS DA CARREIRA


lunes, 18 de diciembre de 2017

I CICLOCRÓSS CAIMANES DE BETANZOS



Onte domingo en Betanzos, tres dos nosos ciclistas participaban no ciclocróss que se disputou no entorno do Parque do Pensamento desta vila coruñesa.

En Cadetes boa carreira de Luís Mendez que se facía co 9º posto mentras que un chisco mais retrasado entraba Iago Alvarez, concretamente no 14º posto.

Remataba Xoel Villa que na categoría Sub-23 se facía co 4º posto.
FOTOS DA CARREIRA