Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 27 de septiembre de 2021

SAN FROILÁN (LUGO) e CAMPIONATOS DE GALICIA CRI (BAÑOS DE MOLGAS)

 




Con outros tres podios despediamonos na tarde de antesdonte sábado da provincia de Lugo ata a vindeira tempada, que se pechará na vindeira fin de semana en Boiro.

Pola categoría Promesa participaban Iván Lázaro e Marco Rodríguez que eran 9º e 17º respectivamente.

En Principiante feminino Saray Coimbra voltaba a senda da vitória, o mesmo que Mateo Rodríguez en masculino que tamén se facía coa vitória, mentras que o seu compañeiro Tiago Cadeira remataba 9º.

En Alevín de novo segundo posto de Roi Alvarez mentras que Aitor Rodríguez desta volta baixaba ata a 20ª posición.

Unai Fernández voltaba a estar entre os primeiros da categoría Infantil o rematar no 8º lugar, mentras que Manuel Domínguez era 28º. En féminas a mala sorte apoderouse das dúas rosaleiras o sofrer sendas caídas sin grandes consecuencias pero que as obrigaban a retirarse da carreira.

Poñia o peche a nosa participación Iker Rodríguez que na categoría Cadete colleitaba o 7º posto.

Sen apenas descanso Iker madrugaba xunto con Miguel Teniente para partir cara a Baños de Molgas donde onte pola mañá se disputaban os Campionatos de Galicia de Contra Reloxo Individual.

Iker remataría nun estupendo 6º posto e Miguel no 44º.

SAN FROILÁN

domingo, 19 de septiembre de 2021

MINI BTT CONCELLO DE PORRIÑO E G.P. MILAGROSA (LUGO)

 







Outro sábado con dobre desprazamento. Pola mañá o Mini BTT Concello de Porriño e pola tarde outro "equipo" participaba no G.P. Milagrosa (Lugo).

En Porriño as 10:00 horas tomaba a saída a infantil Arantxa Gómez que acadaba o 10º posto. As 13:00 eran os principiantes Mateo Rodríguez que facía 20º, Iker González 30º e Tiago Cedeira 31º

Chegados as 14:30 era a volta da categoría Promesa donde Lucía González era 8ª en feminino, mentras que en masculino Lucas Amaro era 17º. Remataba a categoría Benxamín con Simón Amaro 16º, Iván Lázaro 19º e Lucas González 23º.

Pola tarde en Lugo a nosa "expedición" acadaba varios podios nunha tarde que se presentaba chuviosa pero que logo millorou, o que facilitou que as distintas carreiras decorresen sen incidentes de importancia. 

En Promesa, Marco Rodríguez quedaba a un "tris" de acadar podio o rematar no 4º posto, cousa que sí colleitaría a súa compañeira Alba Rodríguez co segundo lugar en feminino.

En Principiante feminino outra vez Saray Coimbra subía o podio, aínda que desta vez no 3º posto, o mesmo que acadaba o seu irmán Diego en masculino que tamén facía terceiro.

En Alevín novo podio de Roi Alvarez co 2º posto. Mención especial merece Aitor Rodríguez que acadaba un fantástico 10º posto.

Outra que tamén chamaba a nosa atención era a infantil Irene Rodríguez que se facía co terceiro lugar dun podio polo que levaba loitando toda a tempada. En masculino Unai Fernández era 6º, Diego Adrover 9º e Manuel Domínguez 15º.

Remataba o cadete Iker Rodríguez co 6º posto.

FOTOS DE PORRIÑO

FOTOS DE LUGO

domingo, 12 de septiembre de 2021

TROFEO FESTAS DE SETEMBRO EN PONTEAREAS

 








Outra mañá de ciclismo a vivida hoxe no Trofeo Festas de Setembro de Ponteareas, donde a “estructura presidida por Gerardo Alvarez” voltaba a brillar por méritos propios con outros cinco podios.

Comenzaba ben cedo a competición coa categoría Junior as 9:00 horas, para acto seguido dar paso o resto das categorías coa nosa representación loitando sempre por estar entre os primeiros.

En Promesa feminino desta volta era Lucía González a que subía o mais alto o facerse coa primeira posición sendo secundada pola súa compañeira Alba Rodríguez que facía segunda. En masculino o millor clasificado era Marco Rodríguez no 7º posto, con Simón Amaro 15º.

E como xa fixera no venres en Porriño, no día de hoxe Saray Coimbra era de novo a millor da categoría Principiante feminina e se lavaba a vitória. En masculino tamén repetía resultado Mateo Rodríguez que tamén se facía coa vitória, sendo o 5º posto para Iker González, o 9º para Tiago Cedeira e o 14º para Diego Coimbra.

En Alevín loita pola vitória ata o derradeiro metro de Roi Alvarez que o final traía para a súa vitrina o trofeo como segundo clasificado, mentras que Aitor Rodríguez remataba 24º.

Irene Rodríguez e Arantxa Gómez voltaban a ofrecernos unha gran carreira de Infantil feminino cos 7º e 8º postos respectivamente, mentras que en masculino os nosos tres representantes de novo pelexaban polos primeiros postos con Diego Adrover 5º, Unai Fernández 6º e Manuel Domínguez 17º.

Remataban os nosos cadetes con Miguel Teniente que mediada a carreira se descolgaba do pelotón e remataba 30º, quedando Iker Rodríguez para pelexar por unha vitória que se lle escapaba no esprint final e remataba co cuarto posto.

FOTOS  

sábado, 11 de septiembre de 2021

VOLTAMOS DA NOCTURNA DE PORRIÑO CON SETE NOVOS PODIOS

 






Outra gran xornada na tarde-noite de onte venres na clásica NOCTURNA de Porriño do noso equipo, donde voltou a sair a relucir o bó traballo que está a realizar o noso equipo técnico.

En categoría Promesa feminina novo podio para Lucía González co 2º posto seguida moi de preto por Alba Rodríguez no 4º. En masculino acadaronse outros dous podios, desta volta co 2º posto de Marco Rodríguez e o 3º de Lucas Amaro, seguidos polo 14º de Lucas González e o 17º de Simón Amaro.

Nova vitoria de Saray Coimbra no seu derradeiro ano na categoría Principiante feminina mentras que en masculino Mateo Rodríguez emulaba a súa compañeira Saray e tamén se facía coa 1ª posición, con Iker González 8º, Diego Coimbra 9º e Tiago Cedeira 12º.

Roi Alvarez é outro que xa está a ser habitual a súa presenza no podio e na noite de onte en Porriño facía segundo mentras que Aitor Rodríguez voltaba a estar a gran altura o rematar 15º, ambolos dous na categoría Alevín.

Na de Infantil desta volta era Unai Fernández o que lle faltaba un chisquiño para subir o "caixón" o rematar 5º, mentras que Diego Adrover era 9º e Manuel Domínguez 20º. En féminas Irene Rodríguez mantíña unha dura loita coas súas rivais para acadabar o 7º posto.

Remataba xa ben entrada a noite o cadete Iker Rodríguez, quién non quería despedir a participación "rosaleira" sen outro podio, e éste chegaba en forma de 3º posto. Miguel Teniente sería 32º e Alex Alvarez 37º.

Mentras tanto xa na mañá de hoxe a nosa infantil Arantxa Gómez pegábase o "madrugón" para competir no Mini BTT Penas de Rodas en Outeiro de Rei (Lugo), donde se quedaba as portas do podio o rematar na 4ª posición.

FOTOS:

Porriño

Penas de Rodas







sábado, 4 de septiembre de 2021

IKER RODRÍGUEZ 10º CADETE DE 1º ANO NA VUELTA AL BESAYA E ARANTXA 10ª EN CAMBRE

 

Na pasada fin de semana o seleccionador galego José Manuel Abalo fixo a súa selección de seis corredores para participar na Vuelta al Besaya Cadetee entre eles atopabase o noso Iker Rodríguez que realizou unha gran prestación durante os tres días que durou a mesma o rematar como 10º clasificado como cadete de primeiro ano. Deixamosvos coa crónica da Federación Galega de Ciclismo:

Cunha rolda de tres etapas en Cantabria a Selección de Galicia cadete puxo o broche ao seu calendario da temporada 2021. O combinado dirixido por Jose Manuel Abalo participou ata este luns na Vuelta al Besaya, unha competición na que a formación autonómica foi de menos a máis. No último día, Tomás Pombo meteuse no Top-10 da xornada entre os ciclistas de primeiro ano e Iker Rodríguez selou a súa presenza entre os dez mellores na clasificación xeral dos máis novos. 

A challenger cántabra non arrancou como lle gustaría á Selección. Na contra o reloxo por equipos inicial cedeu 30 segundos respecto ao Valverde Team-Terras Fecundis, conxunto vencedor no circuíto de Torrelavega, e ao día seguinte, en Reinosa, tres ciclistas do combinado galego deron cos seus ósos no chan e un deles tivo que ser trasladado ao hospital.

Despois de dúas xornadas amargas, a escuadra autonómica recuperouse para despedir a experiencia no Besaya cun bo sabor de boca. O luns, en Los Corrales de Buelna, Tomás Pombo logrou a oitava posición entre os corredores de primeiro ano, e a 28ª absoluta, nun percorrido de 57 quilómetros no que a Selección deixouse ver á fronte da carreira participando en fugas. 

Nas clasificacións finais, Iker Rodríguez rematou como o décimo mellor 'novato', correspondéndolle a 56ª praza nunha táboa absoluta na que Tomás Pombo ocupou a 69ª posición, Ricardo Liste a 76ª e Mauro Amor a 125ª. 

Por outro lado no día de hoxe a nosa infantil Arantxa Gómez desprazouse   ata terras coruñesas para competir no XX MINI BTT CONCELLO DE CAMBRE no que acadaba a 10º posición da súa categoría.

FOTOS DA SELECCIÓN GALEGA

 

domingo, 29 de agosto de 2021

NOVE PODIOS NO XXIX TROFEO PISTA DE AS FAIAS

 










Onte sábado o Club Ciclista O Rosal tocaballe a organización do seu tradicional Trofeo Pista de As Faias, que fiel a súa cita no calendario galego de ciclismo no dende inauguración da pista no ano 1992, tan só faltou a cita no 2020 por mor da Covid-19.

Comenzamos pola categoría Promesa feminino donde as rapazas do noso clube copaban as cinco primeiras posicións co primeiro posto de Itzel del Río, segundo de Lucía González, terceiro de Alba Rodríguez, cuarto de Aitana Suárez e o quinto de Zoe del Río. En masculino tamén había podio en forma de primeiro posto de Lucas Amaro, continuando co 4º de Iván Lázaro, 6º de Marco Rodríguez, 9º de Simón Amaro, 11º de aarón del Río, 16º de Lucas González e 17º de Aitor Castro.

En Principiante feminino de novo vitória para Saray Coimbra mentras que en masculino a vitória tamén era para outro "rosaleiro", neste caso para Mateo Rodríguez acompañado por Diego Coimbra no terceiro e Tiago Cedeira no 10º.

En Alevín terceiro posto para Roi Alvarez que se reencontraba co podio e gran 11º posto de Aitor Rodríguez.

En Infantil feminino contamos o último podio da tarde coa nosa "inconformista" Irene Rodríguez que se facía co 3º posto, mentras que a súa compañeira Arantcha Gómez nunha carreira loitada ata o derradeiro metro colleitaba o 7º posto. En masculino realizabase a carreira en modo eliminación e un sorprendente Manuel Domíngez saía "disparado" dende o pitido inicial acadando unha vantaxe duns 50 metros que lle durou catro voltas ata que o pelotón lle deu caza. O esforzo pasaríalle factura e Manuel sería o segundo rosaleiro eliminado no 13º posto, xa que antes o debutante Lucas Martínez fora baixado da carreira no 21º posto. O seguinte en caer da carreira era Unai Fernández no 7º e finalmente sería Diego Adrover o millor clasificado cun gran 5º posto.

Remataba a categoría Cadete donde se realizarían dúas tandas donde clasificaban para a final os doce primeiros. Na primeira tanda Miguel Teniente clasificaba na 15º posición polo que quedaba eliminado e na segunda tanda a gran sorpresa era Alex Rodríguez que estaba realizando unha gran carreira e que cando marchaba no grupo dos primeiros doce clasificados sofría unha caída que lle facía perder varias posicións para o final rematar 14º. Pola súa parte o noso terceiro cadete Iker Rodríguez non participaba na "carreira da casa" o atoparse coa Selección Galega na V VUELTA AL BESAYA CADETE en terras cántabras dende onte sábado ata mañá luns.

Para rematar só nos queda agradecer a colaboración de todos e todas os voluntarios que nos axudaron a que esta nova tarde de ciclismo fose mais facil de organizar así como a presenza dos concelleiros Roxelio Fernández (Urbanismo e persoal) e César Paredes (Turismo), da alcaldesa Änxela Fernández así como Arximiro Martínez (Presidente da Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón)

Tamén agradecer a colaboración dos clubes participantes para facer mais sinxelo o cumprimento do protocolo Covid salvo un reducido grupo que en vez de facilitar os traballos, o único que mostraron foi unha falta total de civismo e de colaboración coa organización.

Dende aquí tamén facemos público o noso malestar polo desperfectos intencionados feitos nas instalacións de Futgolf e que agora o Club Ciclista O Rosal lle vai supor uns custos o ter que correr cos gastos da súa reparación.

FOTOS   

martes, 24 de agosto de 2021

GRAN FIN DE SEMANA CON CINCO PODIOS EN VIGO E CARBALLIÑO

 




Comenzamos co XLVII GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO  que se disputa en xornadas do sábado e domingo.

No sábado en Promesa chegaba o primeiro podio da man de Marco Rodríguez co segundo posto, seguido por Lucas Amaro no 4º que a piques estaba de pisar podio. Iván Lázaro debutaba cun gran 16º posto, secundado por Simón Amaro no 17º, Aitor Castro 22º e Lucas González no 25º. En feminino outro podio máis, este asinado por Lucía González na 2ª posición e logo pecharía Tamara Rodríguez no 5º. 

Vitória da nosa representante en Principiante feminino  Saray Coimbra que non daba opción as súas rivais mentras que en masculino Mateo Rodríguez tamén subía no segundo posto do caixón con Diego Coimbra que se quedaba coa "mel nos beizos" o rematar 4º. Completaba Tiago Cedeira nun moi bó 7º posto.

En Alevín, de novo "tiro o pau" de Roi Alvarez que se quedaba as portas dos postos de podio o rematar no 4º posto, mentras que o gran Aitor Rodríguez remataba 16º.

En Infantíl o millor clasificado era Diego Adrover no 10º posto, con Manuel Domínguez 17º e Unai Fernández 24º despóis de sofrer unha caída. Irene Rodríguez tamén loitaba polos primeiros postos en feminino e remataba 6ª.

Rematamos coa categoría Cadete con Iker Rodríguez que facía 7º e Miguel Teniente 35º.

Con ésta categoría Cadete na mañá do domingo de novo nos desprazamos ata a cidade olívica para a disputa de dos dous típicos segmentos con cronoescalada e carreira en ruta. Na primeira delas, é dicir , a Escalada o Monte Castro, Iker acadaba o 4º posto mentras que Miguel era 28º. Na proba en ruta o redor do Monte Castro, Iker facíase co terceiro posto mentras que Miguel era 29º.  

Tamén na mañá do domingo outra "expedición" comandada polo director deportivo Alberto Rodríguez, asistían o VI MINI BTT CONCELLO DE CARBALLIÑO cos seguintes resultados:

BENXAMIN: Simón Amaro 15º, Iván Lázaro 19º e Aarón del Río 21º.

BENXAMIN FEMININO: Zoe del Río 5ª

PROMESA A: Lucas Amaro 24º e Marco Rodríguez 28º.

PROMESA FEMININO: Lucía González 4ª e Itzel del Río 10ª.

PRINCIPIANTE B: Mateo Rodríguez 28º e Tiago Cedeira 31º.

INFANTIL FEMININO: Arantxa Gómez 8ª.

FOTOS DE VIGO

FOTOS DE CARBALLIÑO



martes, 17 de agosto de 2021

TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE (BETANZOS) e XVI MINI BTT DE MACEDA

 

Anteonte domingo tocou "pelexar" a dúas bandas. Mentras unha parte do equipo se desprazaba a Betanzos, a outra metade partía cara a Maceda.

En Betanzos Marco Rodríguez en Promesa acadaba un grande 6º posto mentras que en Alevín o 5º posto era para Roi Alvarez que pelexou polo podio ata o derradeiro metro.

En Infantil feminino a Irene Rodríguez se lle escapaba o podio por un "suspiro" e acadaba o 4º lugar mentras que en masculino Unai Fernández   era 6º e Manuel Domíngez 16º. 

Ramataba Iker Rodríguez que entraba na meta nun axustado esprint para facerse co 6º posto.

No Mini BTT de Maceda quedaban da seguinte maneira:

Benxamín: Simón Amaro 11º.

 Promesa: Lucas Amaro 15º.

Principiante: Mateo Rodríguez 16º e Tiago Cedeira 18º.

Infantil feminino: Arantxa Gómez 11ª.

MACEDA


 


viernes, 13 de agosto de 2021

PRIMEIRO PODIO EN FORMA DE VITORIA DE ROI ALVAREZ EN CATEGORÍA ALEVÍN


 A derradeira fin de semana deparounos dous desprazamentos que foron o XX Gran Premio Concello de Cambre de estrada no sábado día 7 e o II Mini BTT Estaciones Vivas en Baños de Molgas no domingo día 8.

Comenzamos por Cambre, donde a nosa expedición comenzaba coa categoría Promesa con Marco Rodríguez que acadaba o 4º posto, mentras que seu irmán Mateo acadaba o 7º en Principiante.

Pasamos a categoría Alevín e aquí chegaba o tan ansiado primeiro podio de Roi Alvarez que xa viña avisando durante as derradeiras probas de que era un firme candidato o podio e éste confirmouse cunha grande vitória. Pola súa banda o seu compañeiro Aitor Rodríguez facíase cun gran 14º posto.

En categoría Infantil feminino, Irene Rodríguez tamén está as portas do podio e en Cambre acadaba o 5º posto, mentras que en masculino Unai Fernández era 8º, Diego Adrover 10º e Manuel Domínguez que continúa progresando era 22º.

Remataba Iker Rodríguez na categoría Cadete que se lle escapaba o podio por catro segundos e remataba no 6º lugar da clasificación.

Comentamos de seguido as clasificacións do Mini BTT de Baños de Molgas con estes resultados:

Benxamín: Simón Amaro 12º.

Promesa: Lucas Amaro 12º e Marco Rodríguez 20º.

Promesa feminino: Itzel del Río 6ª. 

Principiante: Mateo Rodríguez 19º e Tiago Cedeira 21º.

Infantil feminino: Arantxa Gómez 13ª.

FOTOS DE CAMBRE

FOTOS DE BAÑOS DE MOLGAS