Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 17 de abril de 2022

MINI BTT e BTT XCO DE PORRIÑO

 

Gran despliegue na mañá de hoxe do Club Ciclista O Rosal que desprazou os arredores do Centro Cultural A Forna de Budiño un total de 21 ciclistas para participar no V MINI BTT TROFEO CONCELLO DO PORRIÑO, donde Itzel del Río acadaba posto de podio, concretamente o 3º posto da categoría Promesa feminino. Pola tarde era a volta da nosa Elite Zaida González a que debutaba esta tempada en BTT XCO.

Estes foron os resultados acadados pola nosa “expedición”:

BENXANÍN: Aarón del Río 22º, Lucas González 23º e Aitor Castro 24º.

PROMESA: Hugo González 15º, Iván Lázaro 20º, Roi Alvarez Fernández 23º e Simón Amaro 25º.

PROMESA FEMININO: Itzel del Río 3ª, Lucía González 7ª e Alba Rodríguez 15ª.

PRINCIPIANTE: Mateo Rodríguez 15º, Lucas Amaro 25º, Marco Rodríguez 33º,Tiago Cedeira 42º e Iker González 46º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Alvarez 18ª.

ALEVÍN: Aitor Gil: 18º e Xoel González 19º.

INFANTÍL: Unai Fernández 18º e Roi Alvarez 50º.

ELITE FEMININO: Zaida González 4ª.

 

FOTOS

miércoles, 13 de abril de 2022

NOVA VITÓRIA DE ARANTXA GÓMEZ EN PORRIÑO

 

Cunhas datas de retraso redatamos a crónica dos nosos desprazados o III ENDURO BTT FARO DE BUDIÑO e o IX MINIBTT CONCELLO DE SANXENXO, ambalas dúas probas disputadas na mañá do domingo.

En Porriño, Arantxa Gómez continuou demostrando que comenzou a tempada de enduro de forma imparable o facerse de novo coa vitória en Cadete feminino, mentras que en masculino o seu compañeiro Manuel Domínguez acadaba o 20º posto.

Mentras tanto en Sanxenxo a nosa participación acadou os seguintes resultados:

Benxamín: Aarón del Río 22º, Lucas González 23º e Zoe del Río 4ª en féminas.

Promesa: Iván Lázaro 21º e Simón Amaro 28º, con Itzel del Río 4ª en féminas

Principiante: Mateo Rodríguez 18º, Lucas Amaro 22º, Marco Rodríguez 29º e Tiago Cedeira 48º.

Alevín: Xoel González 19º e Aitor Gil 29º.

Infantíl: Unai Fernández 20º e Roi Alvarez 51º.

Fotos

domingo, 3 de abril de 2022

SEGUNDA CARREIRA E SEGUNDO PODIO PARA LUCÍA GONZÁLEZ

 


Segunda proba de MiniDH, desta volta organizada polo Club Ciclista Coruxo onte nos montes desta localidade viguesa donde se contou coa participación de cinco "rosaleir@s" con Lucía González que se facía co 2º posto da categoría Promesa feminino. 

En Principiante o millor clasificado era Iker González no posto 12º, seguido inmediatamente polo seu compañeiro Lucas Amaro no 13º

Remataba a nosa participación coa categoría Alevín con Xoel González e Aitor Rodríguez que clasificaban nos postos 19º e 24º respectivamente.

FOTOS

lunes, 28 de marzo de 2022

ARANTXA ANÓTASE OUTRA VITORIA NO ENDURO DAS ROSQUILLAS

 

Antesdonte en Ponteareas o Enduro tivo a súa segunda cita da tempada coa disputa do III ENDURO DAS ROSQUILLAS ADC PICARAÑA - BIZIEBIKE e ata alí se desprazaron Arantxa Gómez, Diego Adrover e Manuel Domínguez.

Arantxa voltaba a apuntarse outro novo triunfo o quedar primeira na categoría Cadete feminina, mentras que Diego se anotaba o 14º posto e Manuel o 16º Cadete masculino.

Mentras tanto a outra Cadete do noso equipo Irene Rodríguez estreaba categoría e o millor bautizo era a proba do GRAN PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA da Copa de España Féminas. Irene poñía todo da súa parte pero mediada a carreira descolgabase do pelotón e remataría no 59º posto.

FOTOS DE ENDURO