Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 25 de noviembre de 2013

RAUL DE NOVO LIDER DO RANKING NACIONAL DE CICLOCRÓSS


Coa vitória de onte en Santiago o ciclista do Ciclista Ciclista O Rosal, Raúl Fernández pasa a liderar de novo o Ranking Nacional de Ciclocróss da Federación Española de Ciclismo con 457 puntos por 450 do madrileño Diego Pablo Sevilla que ocupa o sengundo posto con 450 puntos.
Pola outra banda, Ero Sobrino ocupa o 64º posto e Xoel Villa o 72 en Cadete Masculino mentras que en Feminino, Zaida González sitúase na 15ª posición.
O vindeiro fin de semana van ter oportunidade de colleitar novos puntos xa que no sábado pola mañán competirán en Dumbría e o domingo en Navia (Asturias) sendo ésta última puntuable para o Ranking.

domingo, 24 de noviembre de 2013

NOVA VITORIA DE RAÚL, DESTA VOLTA EN SANTIAGO

Raúl Fernández voltava a vitória ,desta volta na capital de Galicia no 12º Trofeo Concello de Santiago de Ciclocróss disputado no circuito da Granxa do Sexto no Monte Pedroso.
Como xa fixera fai unha semana na Praia de Eiras, Raúl dominaba de principio ata o final a carreira da categoría Júnior e loitaba incluso cos Máster-30 polas primeiras posicións que tiñan saído un minuto antes, polo que se facía coa vitória da súa categoría de maneira incontestable.
Os Cadetes na súa liña regular voltaban a estar en boas posicións, pois Ero Sobrino remataba 9º e Xoel Villa 11º mentras que en Feminino Zaida González remataba na 4ª posición.
Fotos da carreira

sábado, 16 de noviembre de 2013

GRAN VITORIA DE RAÚL DIANTE DO SEU PÚBLICO

Nunha tarde ideal para a práctica do ciclismo e con gran afluencia de público, disputábase hoxe o XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS organizado polo Club Ciclista O Rosal no que tomaban parte máis dun cento de ciclistas.
Comenzaban os Cadetes e tanto Ero como Xoel tiñan unha gran participación despois dun gran traballo que sería recompensado co 8º posto para Ero e o 9º para Xoel mentras que a sua compañeira Zaida González remataba nun óptimo 5º posto entre as Cadetes Féminas.
Despois de todo isto chegaría a hora dos Júnior que competían conxuntamente cos Master 30, 40, 50 e 60 e aquí chegaba a exibición de Raúl Fernández que nunha gran carreira superóu a todolos seus rivais da categoría Júnior lanzándose logo a polos Master 30 que tiñan saído cun minuto de adianto os cuais foi superando mentras que nas derradeiras curvas adiantaba tamén o líder pero a 20 metros da liña da meta Raúl collia unha zona de area e perdía o liderato absoluto pero que non lle impedía de facerse con esa grande vitória  da categoría Júnior.
Fotos da carreira

domingo, 10 de noviembre de 2013

XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS DE CLCLOCRÓSS

O vindeiro sábado día 16 a partir das 15:00 horas comenza a tempada galega de ciclocróss co XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración de diversas entidades públicas i empresas privadas sin os cuales a realización deste evento ciclista sería imposible de levar a cabo.
No circuito máis vistoso e bonito do calendário galego como é a Praia de Eiras, o C.C. O Rosal deseña un percorrido moi duro para os ciclistas que van competir nas categorías de Élite, Sub-23, Junior, Cadete, Master (30, 40, 50 e 60) e Feminas (Élite, Junior e Cadete).
Nesta carreira inaugural do calendário galego imos poder disfrutar do segundo clasificado na Copa da Federación Española de Ciclismo como é o noso Raúl Fernández así Como dos nosos Cadetes que a semana pasada se estreaban na Copa de Portugal (Zaida, Ero e Xoel).

NOVO SEGUNDO POSTO DE RAUL NO LAMEIRAL DE ELORRIO

Desta volta foi por tan só seis segundos que Raúl Fernández non acadou a vitória no XXXVII Ciclocróss de Elórrio (País Vasco) nun circuito totalmente enlamado por mor da persistente choiva caída antes e durante a carreira. Desta maneira Raúl conserva a segunda praza da Clasificación Xeral da Copa Federación.

domingo, 3 de noviembre de 2013

VITORIA DE ZAIDA NA COPA DE PORTUGAL E DE NOVO SEGUNDO POSTO PARA RAUL NO PAÍS VASCO


De novo gran carreira de Raúl Fernández, desta volta no Ziklokross de Muskiz que nunha chegada o esprint, tiña que conformarse co 2º posto do "caixón" mentras que o primeiro posto era como no día de onte en Llodio para o madrileño Diego Pablo Sevilla.

Resumo da crónica da R.F.E.C.:
En junior, la carrera estuvo marcada por el duelo entre Diego Pablo Sevilla (Enbici-Stevens-Mecha) y  Raul Fernández (El Rosal), aunque al final el madrileño se hizo con el triunfo al sprint, en lo que le supone el triplete en lo que va de torneo, con el vasco Gotzon Martín (Ugao) completando el podio. Lo mismo ocurrió con la fémina gallega Desiree Duarte (Aquagest) y con el cadete Jokin Alberdi (Caravanas Erandio), que de nuevo dejó al valenciano Borja Altur (Gandía-Jorge Canet) con las ganas. Todos ellos reafirman su liderato. Por el contrario, enntre las féminas cadetes Alba Fernández (Ciclos Maestre) se tomaba la revancha ante la gallega Irene Trabazo (Ottoman), que sigue al frente de la general. Por cierto, la ganadora entró junto a Alberdi, mostrando una inesperada igualdad entre ambos sexos.
 
Por outro lado os Cadetes estreabanse na Copa de Portugal no circuito que a Asociaçao de Ciclismo do Minho deseñou no Centro Ecuestre Loureiro Velho de Fermentoes (Guimaraes) no que Zaida González se facía coa vitória demostrando que vai con ideas de conquistar a Copa como xa fixera no ano pasado. Mentras Zaida colleitaba a vitória, os seus compañeiros Xoel Villa i Ero Sobrino traían para O Rosal o 6º e o 7º posto respectivamente.
Fotos de Muskiz
Fotos de Guimaraes

sábado, 2 de noviembre de 2013

RAÚL FERNÁNDEZ NON BAIXA DO PÓDIO

Nuotra fin de semana polo País Vasco, Raúl acada outro Pódio, desta volta foi un segundo posto que por tan só 8 segundos non foi un primeiro xa que a carreira foi gañada polo vixente Subcampión de España, o madrileño Diego Pablo Sevilla.
Mañán domingo Raúl vai continuar por aquelas terras, concretamente na carreira que se vai celebrar na localidade de Muskiz mentras os Cadetes van debutar na Copa de Portugal en Guimaraes.
Fotos de Raúl en Llodio

domingo, 27 de octubre de 2013

GRAN VITÓRIA DE RAÚL NO PAÍS VASCO


Primeira vitória da tempada de Ciclocrós para Raúl Fernández e nada máis nin nada menos que no feudo do ciclocróss nacional como é o País Vasco e desta volta era no XXI Ciclocróss de Karrantza e polo que a falta da confirmación da RFEC, Raúl vaise posicionar como líder do ranking nacional.

Resumo da crónica da Federación Española de Ciclismo:
Aitor Hernández (Specialized-Garmar), con 265 puntos, sigue al frente del ranking de ciclocross de la RFEC de la temporada 2013-14, que se ha hecho público hoy tras contabilizarse las dos pruebas del fin de semana, en Xeraco (33.3) y Karrantza (C2).

Tras el actual campeón de España sigue figurando Aketza Peña (KV Sport), con 170, mientras que Javier Ruiz de Larrinaga (MMR-Spiuk) es ahora tercero, con 160, desplazando a Kevin Suárez (BioRacer), con 153, a la cuarta plaza, aunque el cántabro continúa como mejor sub23.

Por su parte, la asturiana Aida Nuño (MMR Bikes), con los mismos 162 puntos que la semana anterior, lidera la categoría femenina élite, en la que Olatz Odriozola (Conor-Saltoki), con 112, ha rebasado a Lucía González (Lointek), con 109.

En juniors, el gallego Raúl Fernández (El Rosal) ha desplazado a Diego Pablo Sevilla (Enbici-Stevens-Mecha) mientras que en la versión femenina su paisana Desirée Duarte (Aquagest) sigue al frente, sin que haya cambios en cadetes, con Jokin Alberdi (Andoiango), e Irene Trabazo (Marin-Otomán).

Finalmente entre los veteranos dominan Sergio Sordo (master 30), Marco Antonio Prieto (40), Angel Emilio Arias (50) y Juan Mariano Bárcena (60).

El próximo fin de semana, tres pruebas puntuables, destacando las dos puntuables de la Copa Federación en Laudio y Muskiz.

Por outo lado os Cadetes Ero Sobrino, Xoel Villa e a Fémina Zaida González debutan o vindeiro domingo en Fermentoes (Guimaraes, Portugal) na primeira proba da Taça de Portugal (Copa de Portugal).

domingo, 20 de octubre de 2013

TERCEIRO POSTO DE RAUL NO CIRCUITO DIPUTACIÓN DE BURGOS

Despios do 4º posto colleitado na manán de hoxe en Villarcayo, Raúl Fernández consegue traer para terras rosaleiras o Trofeo que o acredita como terceiro no Circuito Diputación de Burgos de Ciclocróss.

RAUL ACADA O TERCEIRO POSTO EN MEDINA DE POMAR

Gran actuación de novo para Raúl Fernandez na tarde de onte sábado que no X CICLOCRÓSS CIUDAD MEDINA DE POMAR (BURGOS) colleitaba un gran terceiro posto no Pódio dunha carreira que foi gañada polo gran favorito como era o madrileño Diego Pablo Sevilla, seguido polo vasco Xuban Errazkin no segundo posto.
Na mañán de hoxe domingo tomará a saída da carreira na tamén burgalesa localidade de Villarcayo.

domingo, 6 de octubre de 2013

RAUL FAI TERCEIRO NA COPA FEDERACIÓN DE CICLOCROSS EN OVIEDO


Gran resultado o acadado por Raúl Fernández no día de hoxe en Oviedo donde daba comenzo a tempada de Ciclocróss coa MMR CXperience puntuable para a Copa Federación (antiga Copa de España). Cunha participación o máis alto nivel de España, Raúl colleitaba un fantástico 3º posto, que lle dá moitas posibilidades de cara o futuro na clasificación da Copa.
Fotos

sábado, 5 de octubre de 2013

ZAIDA REMATOU ONTE A TEMPADA DE ESTRADA EN PORRIÑO

A Clásica Nocturna 36º Criterium Festas do Cristo de Porriño poñía definitivamente punto final a tempada de ciclismo en estrada coa participación de Zaida González na categoría de Féminas, acadando a 8ª posición na Xeral e 4ª en Cadetes.

domingo, 29 de septiembre de 2013

VITORIAS DE ANTONIO PORTELA EN OROSO E DE YASIR MARTINEZ EN LUGO



Na tarde de onte disputábase o I TROFEO CONCELLO DE OROSO de categoría Júnior e Toñi Portela facíase cunha merecida vitória o cruzar a liña de meta en solitario mentras que Raúl Fernández era 9º.
Xa na mañán de hoxe no G.P. SAN FROILÁN DE LUGO o propio Portela encamiñabase de novo a pola vitória cando por mor do asfalto mollado e nunha das curvas do circuito, íase o chan vendose obrigado o abandono polos problemas mecánicos sofridos na súa "máquina".
En Cadetes Ero Sobrino acadaba o 25º posto e Xoel Villa o 26º mentras que en Féminas Zaida González era 5ª.
O Infantil Fran Mendez facíase co 26º posto e a súa compañeira de equipo María Correa era 2ª en Féminas.
En Alevíns Irea Villa era a nosa única representante e colleitaba o 2º posto en Féminas.
Remataban os Principiantes e os dous representantes rosaleiros subían o "caixón" con Yasir Martínez no 1º posto e Luís Mendez no 2º.
Coa disputa desta carreira de Lugo poñíase fin a tempada 2013 para as categorías de Escolas e Cadetes mentras que os Júnior rematarán si a climatoloxía o permete o vindeiro sábado en Porriño e en breve dará comenzo a tempada 2013-2014 de Ciclocróss para os Cadetes Ero, Xoel e Zaida e para o Júnior Raúl.
Fotos de Oroso
Fotos de San Froilán

domingo, 22 de septiembre de 2013

PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA PARA DAVID RODRIGUEZ

Na tarde de onte sábado en Ponteareas co gallo do Trofeo Festas de Setembro, David Rodríguez acadaba a súa primeira vitória da presente tempada acompañado do seu compañeiro de equipo Luís Mendez na categoría de Benxamíns. Así é como quedaban o resto dos rosaleiros: Adrián Alonso 9º, Sara Alvarez 10ª,
Sergio Vicente 16º, Iker Rodríguez 18º, Yasir Martínez 32º despois de sofrir unha caída e pechaba David Vicente no 42º posto.
En Alevíns o millor clasificado era David Fletcher no 7º posto seguido de Iago Alvarez 8º, Mario Fernández 15º e Irea Villa 35ª.
Os Infantís Manuel Dorna e Fran Mendez remataban 21º e 34º respectivamente mentras que en Cadetes Ero Sobrino remataba 19º e Xoel Villa 22º.
Suliñamos que a Infantíl María Correa e a Cadete Zaida González decidiron non tomar a saída en sinal de protesta por non haber clasificación para as Féminas.
Fotos da carreira

domingo, 15 de septiembre de 2013

VITORIA DE MARÍA E PRIMEIRO PÓDIO DE IKER ACOMPAÑADO DE DAVID CARNERO


Na tarde de onte sábado no 36º Trofeo Festas do Cristo de Porriño, Iker Rodríguez recibía o seu millor regalo de cumpreanos pois con sete anos e unha semana acadaba o seu primeiro Pódio o rematar 2º na categoría de Benxamíns acompañado doutro sorprendente compañeiro como é David Carnero que se facía co 3º posto seguido dun pletórico Adrian Alonso 5º, Yasir Martínez 6º, David Rodríguez 8º, Luis Mendez 9º, Rubén Carnero 11º, Sara Alvarez18ª e segunda Fémina, David Vicente 29º e o seu irmán Sergio 30º.
Na categoría de Alevíns, Mario Fernández por un chisquiño non subía o Pódio e tiña que conformarse co 4º posto, o mesmo que David Fletcher que remataba 6º e Iago alvarez que facía 12º. En Féminas Irea Villa de novo remataba no 2º posto por detrás de Carla Fernández (C.C. Vigués).
Remataban os Infantís e de novo María Correa acadaba a praza máis alta do caixón o rematar primeira nas Féminas mentras que en Masculino Manuel Dorna se facía co 9º posto e Fran Mendez co 28º.
Mentras tanto en Ribadeo o Júnior Antonio Portela remataba no 6º posto do  XXXI Circuito Ribadense.
Fotos de Porriño.

domingo, 8 de septiembre de 2013

YASIR E MARÍA ACADAN OS PRIMEIROS POSTOS EN LUGO


Tres novos Pódios foi o "botín" acadado polos nosos ciclistas no 50º GRAN PREMIO MILAGROSA que se disputou na tarde de onte na cidade de Lugo.
Os Principiantes voltaban a estar a altura do esperado e Yasir Martínes facíase coa vitória mentras que Luis Mendez colleitaba o 3º posto e Adrian Alonso o 10º.
Os Alevíns Mario Fernández e David Fletcher voltaban a estar moi perto do Pódio o rematar 6º e 7º respectivamente mentras que en Féminas Irea Villa remataba 4ª.
En Infantís Manuel Dorna acadaba o 16º posto e Fran Mendez o 26º mentras que en Féminas a vitória voltaba para O Rosal da man de María Correa.
Remataban os Cadetes e despois de ir toda a carreira no grupo de cabeza, Ero Sobrino acadaba o 16º posto no esprint final mentras que Xoel Villa moito mais retrasado remataba 38º. Zaida González en Féminas acadaba o 4º posto.
Por outro lado Antonio Portela que se atopa disputando a Vuelta Ciclista a La Rioja Júnior, no día do venres remataba 42º e onte sabado milloraba e remataba 22º o que lle permia escalar ata o 16º posto da Clasificación Xeral desta carreira que remataba hoxe domingo cunha etapa de 98,8 Kms con saida e meta na localidade de Arrubal na que finalizaba 18º e 21º na Xeral.
Fotos da carreira

domingo, 1 de septiembre de 2013

Hoxe pola mañán disputábase a cronoescalada do XL Trofeo Cidade de Vigo para a categoría de Cadetes con saída na Porta do Sol e chegada no Monte Castro sobre unha distancia de 3,5 Kms. e seguida por unha carreira a un circuito arredor do Monte Castro.
Despois de completar o percorrido polas fortes pendentes cara o Monte Castro, Ero Sobrino clasificabase no posto 27º a 1:30 do gañador e Xoel Villa 30º a 2:04.
Pola sua banda Zaida González a piques estaba de subir o Pódio na categoría Faminina e remataba 4ª.
Fotos da carreira

sábado, 31 de agosto de 2013

ÉPICA VITÓRIA DE MARÍA CORREA NO TROFEO VIRXE DO PORTO DE MARÍN


Na tarde-noite de onte disputóuse o Trofeo Virxe do Porte do Marín donde hay que salientar a proeza de María Correa na categoría Infantíl Feminino que despois de deixar atrás as suas rivais e marchar en cabeza, un dos participantes masculinos realizaba unha manobra moi arriscada e levaba o chan a María e outros tres corredores polo que María era ultrapasada polas suas rivais, pois tiña problemas físicos e mecánicos na súa bicicleta. Con toda a coraxe que a caracteriza levantábase e votando todo o que lle quedaba dentro, voltaba a pasar as rivais e situabase de novo en cabeza para facerse con ésta merecida e sofrida vitória. Os seus compañeiros de categoría Masculina, Manuel Dorna e Fran Mendez remataban nos postos 15º e 21º respectivamente.
En Alevíns salientar tamén o traballo de todo o equipo, pois en Masculino Mario Fernández remataba 6º, David Fletcher 7º e Iago Alvarez 12º mentras que a Fémina Irea Villa acadaba o 4º posto.
En Cadetes, Xoel Villa remataba 25º seguido do seu compañeiro Ero Sobrino 26º e con Zaida González como 4ª en Féminas
Remataban os Principiantes coa súa habitual Ximcana e Sara Alvarez era a millor clasificada o rematar 9ª absoluta, o que lle valía para facerse co 2º posto de Féminas. Despois de Sara, sería Adrian Alonso que nunha moi boa actuación remataba 12º seguido dos compañeiros Luís Mendez e Yasir Martínez que cometían sendos erros que lles custaba finalizar nos posto 19º e 20º respectivamente.
Debido a que a meirande parte da carreira transcurriu en horario nocturno e con pouca visibilidade, pedimos disculpas pola escasa reportaxe fotográfica da carreira.

lunes, 26 de agosto de 2013

ANTONIO PORTELA 11º NO CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR


Ëste domingo Antonio Portela repetía o 11º posto do pasado venres na crono, ainda que desta volta era na proba en liña.
Aquí vos deixamos co relato da RFEC traducido o galego.


A proba masculina, disputada sobre sete voltas, foi unha carreira por eliminación ata que se formou o grupo de dez unidades que se xogaría a carreira nos últimos quilómetros: Iván García (Asturias), Abel Gonzalo (Castela e León), Alex Aramburu (Euskadi), Antonio Pérez (Madrid), Cristian Rodríguez (Andalucía), Cristian Torres (Comunidade Valenciana), Enric Mas (Baleares), Gerard Armillas e David Calmaestra (Cataluña) e Odei Juango (Navarra), con Antonio Portela (Galicia) pugnando, sen éxito, por entrar neste grupo no chairo, tras descolgarse no ascenso.

Quen máis, quen menos pensaba que o valenciano Torres era o favorito, pero a falta dun quilómetro atacaba o catalán Armillas e aínda que estivo a punto de ser neutralizado, aguantou ben ao grupo, aínda que non a habilidade do vasco Aramburu que lle superaba na parte final e se levaba o título, demostrándose a picardía deste corredor de Ezkio-Isaso que está a cumprir unha gran campaña, aínda que non competise moito fóra de Euskadi. Armillas conseguía a prata e Juango completaba o podio.

sábado, 24 de agosto de 2013

PLENO DOS BENXAMÍNS EN COTOGRANDE

Na tarde de hoxe co gallo do XVII TROFEO FESTAS DE VIGO,  os nosos Benxamíns facíanse ver e copaban os tres postos do Pódio pois Yarir Martínez era o vencedor  seguido no 2º posto por Luís Mendez e no 3º por David Rodríguez. Serían secundados por David Carnero 6º, Sergio Vicente 8º, Rubén Carnero 14º, Iker Rodríguez 16º, Adrián Alonso 17º, David Vicente 26º e Sara Alvarez 27ª e 3ª Fémina.
En Alevíns, Mario Fernández remataba a sua carreira no 7º posto e o Infantil Manuel Dorna 20º con María Correa como primeira Fémina.
Por outra banda temos que salientar a gran actuación de Antonio Portela que no día de onte en Murcia quedaba clasificado no 11º posto no Campionato de España de Contrareloxo Júnior. Mañán domingo vai disputar o Campionato de Estrada e que lle desexamos o millor dos resultados.