Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 16 de agosto de 2014

TRES VITÓRIAS EN REDONDELA





No I TROFEO CONCELLO DE REDONDELA @s integrantes do Club Ciclista O Rosal colleitaron cinco novos pódios dos cales tres foron primeiros, un segundo e un terceiro.

Comenzaban como e habitual os principiantes e de novo o gran favorito Yasir Martínez non defraudaba e alzábase cunha nova vitória seguido do seu compañeiro Rubén Carnero que regresaba o Pódio co 2º posto e de David Rodríguez que co terceiro millor tempo cometía un erro que lle custaba rematar no 4º posto. David Carnero remataba nun gran 6º posto, o mesmo que Iker Rodríguez que remataba 15º.

En Alevín a protagonista da xornada era Laura Teniente que en Femenino despois de marchar toda a carreira en terceira posición, nos derradeiros trescentos metros lanzaba un demoledor ataque que lle servía para facerse coa vitória e o mesmo tempo estrearse no mais alto do “caixón” nesta categoría. Irea Villa remataba 4ª e Sara Alvarez 5ª mentras que en Masculino, Iago Alvarez sofría unha caída na primeira volta e remataba a carreira na 8ª posición. Luís Mendez era 11º e Adrian Alonso 27º.

En Infantil Mario Fernández remataba 19º e Fran Mendez 30º mentras que a Fémina María Correa ofrecíanos outro Pódio o rematar 3ª.

En Cadetes gran vitória da Fémina Zaida González que dominou toda a carreira  quitandolle unha volta as acompañantes de Pódio. En Masculino Manuel Dorna que nos deleitaba con outra gran carreira, remataba 9º mentras Ero Sobrino sería 16º e Xoel Villa 18º.

Pola súa banda o Júnior Raúl Fernández remataba 8º pensando un chisquiño na carreira que disputa no día de hoxe en Palencia.

jueves, 14 de agosto de 2014

LA VUELTA 2014 PODEMOS VELA POR O ROSAL




O venres 12 de setembro a 19ª etapa da Vuelta Ciclista a España de 180,5 km. (Salvaterra de Miño- Cangas do Morrazo) pasa por O Rosal.

Entrará no noso concello por Tabagón pasando por Pías cara A Guarda. Na saida da A Guarda xiro a dereita a Sete Camiños e xiro a esquerda  cara O Castro entrando de novo en O Rosal por Pancenteo seguindo por Marzán e en Novás, xiro a dereita no cruce da Barrosa cara a Capela de Santa Ana (Sandián). No cruce de Villa xiro a esquerda pola rúa Ramón Franco pasando polo Calvario, Fornelos e abandonando de novo O Rosal cara Torroña.

Sen dúbida que é outra grande oportunidade de poder gozar do ciclismo de nivel mundial.

domingo, 10 de agosto de 2014

NOVOS PODIOS NO G.P. DO ALBARIÑO EN CAMBADOS


Rubén Carnero, Iago Alvarez, Laura Teniente, María Correa e Zaida González de novo voltaron a postos de Pódio, ainda que no caso das Feminas foi sin recompensa, xa que tan só había premio para a primeira de cada categoría.

Comenzaron os Principiantes e aquí chegaba o primeiro "caixón" co segundo posto de Rubén Carnero, mentras que os seus compañeiros quedaban como segue: Sergio Vicente 6º, David Carnero 7º, David Rodríguez 15º, Iker Rodríguez 17º e David Vicente 36º.

En Alevíns outro segundo posto que chegaba das mans de Iago Alvarez. Adrian Alonso remataba no 42º posto. En Féminas acadábase outro segundo posto con Laura Teniente, mentras que Irea Villa era 5ª e Sara Alvarez 6º.

O Infantíl Mario Fernández Remataba 21º mentras que a Fémina María Correa acadaba o terceiro posto.

Gran carreira dos Cadetes que loitaron como poucas veces e en especial Manuel Dorna que na meirande parte da mesma foi sempre encabezando o Pelotón
O millor clasificado sería Xoel Villa 19º, Manuel 20º i Ero Sobrino que sofría unha caída remataba 26º.
A Fémina Zaida González acadaba outro posto de Pódio o rematar 2ª.

O Júnior Raúl Fernández despois da sua gran Volta a Pamplona, presentábase en Cambados como un dos favorítos a vitória e a piques estaba de conseguilo o entrar na liña de meta no 4º posto nun apretadísimo esprint final.
Fotos da carreira

jueves, 7 de agosto de 2014

OUTRA GRAN VOLTA POR ETAPAS DE RAUL FERNANDEZ

Sen dúbida que a Raúl lle van as Voltas por etapas como demostrou a semana pasada na Volta a Portugal e antesdonte, onte e hoxe na XXVIII Vuelta a Pamplona Júnior.

Na primeira etapa entraba no Gran Pelotón a 1:06 do gañador para xa no día de onte ir escalando posicións o rematar a etapa no 10º posto e ascender ata a 18ª na Clasificación Xeral.

O día de hoxe rematabao ao grande o cruzar a liña de meta no 4º posto a 56 segundos do gañador e co mesmo tempo que o 2º e 3º clasificados o que lle valía para de novo escalar posicións na Xeral e rematar nun grandísimo 5º posto a 56 segundos do Líder e a tan só cuatro segundos do Pódio.

A Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal séntese orgullosa de Raúl  que vai espallando o nome de O Rosal  pola xeografía Ibérica. Os nosos parabens a éste Grande do Ciclismo Rosaleiro.

domingo, 3 de agosto de 2014

GRANDÍSIMA VOLTA A PORTUGAL JÚNIOR DE RAÚL FERNÁNDEZ

De impresionante podemos calificar a demostración de Raúl na Volta Ciclista a Portugal Júnior disputada estes derradeiros tres días defendendo as cores da Selección Galega.

Comenzou a primeira etapa entre Penafiel e Maia cun percorrido de 92,9 Km.e Raúl remataba nun grande sprint final no 35º posto co mesmo tempo que o gañador.

A segunda etapa xa nos collía un chisco mais preto o disputarse entre Esposende e Braga cun percorrido de 104,6 Km.con varios portos de montaña entre os que podíamos contar dúas subidas o Bom Jesús e demostrando que a Raúl se lle daba ben a montaña, remataba nun fermoso 14º posto a 55 segundos do vencedor.

Onte domingo era a derradeira etapa na que se iban dilucidar os postos altos da clasificación e de certo que Raúl non defraudaba os seus seguidores e voltaba a demostrar o ben que se desenrolaba como "escalador" nesta Volta xa que nunha etapa de 95,7 Km. entre Vieira do Minho e a Serra do Larouco (Montalegre) coa meta situada a 1.500 metros de altitude e baixo a "segunda versión do Dilúvio Universal" (ver fotos), remataba no 9º posto a 40 segundos o que lle valía para finalizar ésta Volta a Portugal na mesma 9ª posición da Clasificación Xeral a 1:27 de André Crispim (Clube de Ciclismo José María Nicolau) que foi o gañadpr da Volta cun tempo de 8:05:39.
Fotos da Volta

DOUS SEGUNDOS POSTOS E UN TERCEIRO EN CAMBRE

Tres novos Pódios foi o botín colleitado pol@s integrantes do club Ciclista O Rosal na tarde de onte no   XV G.P.Concello de Cambre.
Comenzou a Alevín Irea Villa que quedaba baistane descolgada con respecto a cabeza de carreira, pero que era suficiente para conseguir o segundo posto en Féminas.
En Infantíl Feminino chegaría outro posto de honor, da man de María Correa que se facía co terceiro posto mentras que o seu compañeiro Mario Fernández remataba 15º.
Pechábase a competición coa categoría Cadete donde a Fémina Zaida González tamén traía para O Rosal outro posto de Pódio no segundo peldaño do "caixón". En Masculino Ero Sobrino remataba a carreira no 21º posto, Xoel Villa no 29º e Manuel Dorna no 30º.
Fotos da carreira  

martes, 29 de julio de 2014

RAUL FERNANDEZ CONVOCADO COA SELECCION GALEGA

O rosaleiro Raúl Fernández ven de ser convocado polo seleccionador galego para disputar coa Selección Galega a Volta Ciclista a Portugal Júnior a celebrar os vindeiros 31 de xullo e 1 e 2 de agosto.
Esta volta consta de tres etapas e imos ter a sorte de poder contemplalas en directo xa que se van disputar no norte de Portugal.
A primeira etapa consta de 92,2 Kms. entre Penafiel e Maia.
A segunda vai ser a que imos ter mais perto xa que parte de Esposende para rematar en Braga con 104,6 Kms.
A terceira e última etapa discurirá entre Vieira do Minho e a Serra do Larouco (Montalegre) con 95,7 Kms.

ZAIDA GAÑA O CIRCUITO FESTAS DE AMARANTE (PORTUGAL)

A Cadete Zaida González voltou o mais alto do Pódio e desta vez foi en terras portuguesas co gallo do Circuito Festas de Lousada que se disputou na tarde de onte luns baixo un sol abrasador.
Zaida dominou toda a carreira chegando incluso a dobrar as suas rivais para cruzar a liña de meta como clara vencedora da categoría Cadete Feminina.
Os seus compañeiros masculinos comenzaban con mal pé pois a 50 metros da saída, un obstaculo na estrada orixinou unha caída entre os que se viu coinvolto Manuel Dorna que ainda que se levantou, víase obrigado o abandono polas fortes dores que sofría. Pola súa parte Ero Sobrino remataba 19º e Xoel Villa 29º.
En Júnior, Raúl Fernández saía con gañas de facerse ver por terras lusas e formou parte dunha escapada, liderando a carreira por momentos. O final remataría na 8ª posición.
Fotos da carreira


domingo, 27 de julio de 2014

ZAIDA PROCLAMASE SUBCAMPIONA DE GALICIA DE FONDO EN ESTRADA

Zaida comenzaba a súa carreira as 9:30 hora da mañán de hoxe domingo por terras do Barbanza e despois dunha gran carreira e de 1 hora, 11 minutos e 5 segundos na bicicleta, facía a súa entrada na Praza de Galicia de Boiro na segunda posición que lle valía para conquistar o Subcampionato de Galicia de Fondo en Estrada da categoría Cadete Feminino.
Os seus compañeiros masculinos remataban con Xoel Villa no 19º posto, Manuel Dorna no 21º i Ero Sobrino no25º.
Polo que respeita a categoría Júnior, Raúl Fernández, tamén realizaba unha grande carreira e remataba 6º a 22 segundos do gañador Xoel Dias (C.C. Compostelano).
Fotos do Campionato de Galicia.

domingo, 20 de julio de 2014

XXXII TROFEO VIRXE DO CARME (MARIN)

Na mañan de hoxe domingo os Cadetes do C.C. O Rosal desprazabanse até Marín para a disputa do XXXII Trofeo Virxe do Carme.
Despois dun percorrido por terras da comarca, o millor clasificado sería Ero Sobrino no 16º posto e Manuel Dorna no 19º mentras que Xoel Villa era baixado da carreira o perder contacto cos primeiros.
En Feminino Zaida González incomprensiblemente tamén era baixada da carreira cando marchaba na primeira posición.

PLENO DOS PRINCIPIANTES DO CLUB CICLISTA O ROSAL EN CANGAS

Cinco rosaleiros nos primeiros seis postos do Gran Premio Ciclista de Cangas da categoría de Principiantes que se disputou na tarde de onte sabado.
O primeiro clasificado era o gran favorito Yasir Martínez seguido de David Rodríguez no segundo e de Rubén Carnero que completaba o Pódio "rosaleiro" co terceiro posto. E se isto non era suficiente, David Carnero remataba 4º, Iker Rodríguez 6º, os irmans Vicente Fernández nos postos 9º e 14º para Sergio e David respectivamente e Pablo Rodríguez no 20º.
En Alevíns, traballado terceiro posto de Iago Alvarez que faltando duas voltas para o remate demarraba do pelotón para coller unha vantaxe de 50 metros pero que na derradeira volta xa exausto era alcanzado pero ainda era capaz de conservar o Pódio con ese 3º posto. Tamén moi boa a carreira dos seus compañeiros xa que Luís Mendez remataba 11º e Adrian Alonso 21º. En Féminas 2º posto de Irea Villa que non viu recompensado o seu esforzo xa que non había prémio para as Féminas.
A mesma sorte que Irea era a que lle acontecía a Infantíl  María Correa que a pesares de quedar segunda, non recibía o merecido Prémio. Os seus compañeiros masculinos remataban con Mario Fernández no 16º posto e Fran Mendez no 31º.
Fotos da carreira



domingo, 13 de julio de 2014

AGRADECEMENTO POLA COLABORACION PRESTADA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA




O Rosal, 13 de xullo de 2.014

                   Como por todos é sabido, na tarde de onte celebrouse en O Rosal o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración co Concello de O Rosal e a Federación Galega de Ciclismo.

Nun grandísimo esforzo organizativo o C.C. O Rosal foi capaz de sensibilizar e movilizar o pobo rosaleiro que demostrou a súa voluntariedade e vontade de apoio a un evento destas características.

Por médio desta carta aberta o C.C. O Rosal quere agradecer ao Concello de O Rosal co seu Alcalde Jesús Mº Fernández a cabeza, e a Federación Galega de Ciclismo o apoio prestado xa que sin a sua axuda a celebración deste evento íase voltar moito mais  difícil de organizar e de levar a bon término.

Agradecer tamén a incuestionable axuda que desinteresadamente prestou o Colectivo Moteiro que foron capaces de reunir na Praza do Calvario a mais de cuarenta “Moteiros” ofrecendo unha estampa espectacular e que contribuiron de forma decisiva a seguridade dos ciclistas en competición e tamén o Clube de Futbol U.D. Ribera o seu apoio prestado en forma de persoal voluntario.

Agradecer tamén os 15 voluntarios anónimos que por unha tarde se converteron en autoridades do tráfico cortando estradas e desviando os vehículos por vías alternativas. Tamén os mais de 20 voluntarios que por uhna tarde se converteron en comisarios deportivos contribuindo a que desta maneira se respetase o “xogo limpo”.

Agradecer o apoio prestado por Comunidade de Montes de Santa Mariña, Fundación O Rosal, Carpal S.L., Supermercados Froiz, A Rosaleira, Bicimarquet, Logopèdia Senti2, Ferretería Loymar,  La Caixa, ABANCA, Concello de Tomiño, Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Policía Local de O Rosal e todas aquelas persoas, empresas i entidades que directa ou indirectamente colaboraron para que todo isto saíse adiante.

Por último pedir disculpas os veciños de O Rosal polas molestias que lles causamos e agradecerlles a sua comprensión por ter pechadas as estradas durante toda a tarde.

De novo gracias a todos pola vosa desinteresada colaboración.  


            Asdo.: Xoan Ramón Villa Castro            


Secretario do Club Ciclista O Rosal



 

RAUL FERNANDEZ PROCLAMASE SUBCAMPION DE GALICI BTT-XC



Despóis da festiva tarde de onte en O Rosal, hoxe de novo voltamos a festexar xa que nos Campionatos de Galicia de BTT-XC celebrados na Pobra do Brollón (Lugo), Raúl Fernández voltaba a colleitar outra Medalla e desta vez era de Prata o que lle valia para adxudicarse o título de Subcampión de Galicia de BTT-XC da categoría Júnior.
En Cadetes grandes resultados tamén os acadados polos nosos ciclistas con Xoel Villa no 10º posto i Ero Sobrino no12º mentras que a Fémina Zaida González era vítima dunha avaría mecánica que lle impedía loitar polas primeiras posicións tendo que conformarse coa 6ª praza.

MEDALLA DE BRONCE DE ZAIDA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA CRI 2014 ORGANIZADOS POLO C.C. O ROSAL



Inesquecible tarde de ciclismo a de onte sabado en O Rosal donde o clube representante da Vila como é o Club Ciclista O Rosal facía un grandísimo esforzo organizativo coa colaboración do Concello de O Rosal e a Federación Galega de Ciclismo para que os Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual fosen todo un éxito coa participación de 222 ciclistas chegados de toda Galicia e donde a nosa Zaida González acadaba a Medalla de Bronce na categoría de Féminas Cadete.

A competición discurría dende a Praza do Calvario enlazando co novo Vial por donde se efectuaba a meirande parte do percorrido. Temos que sinalar que éste novo Vial denominado CG 4.2 que comunica Goián con A Guarda permaneceu pechado o trafico dende a súa inauguración do venres para poder acoller éstes Campionatos e quedando aberto o tráfico inmediatamente despois de rematada a competición e que representa un fito histórico no ciclismo galego.

No apartado deportivo comenzaban os Máster 50-60 nun circuito de 12, 500 Kms. con vitória de Manuel Prieto (C.C. Riazor) continuando coas Fémias con vitória de Irene Trabazo (C.C. Marín) en Cadetes, categoría na que a “rosaleira” Zaida González acadaba unha fantástica Medalla de Bronce. En Júnior vencía Paula Sanmartín (C.C. Vigues) i en Elite a vitória era para a porriñesa Mª Jesús Barros (C.C. Spol). . En Cadete Masculino vitória para Guillermo García (C.C. Corbelo) donde o “rosaleiro” millor clasificado era Manuel Dorna no 20º posto seguido de Ero Sobrino 29º e Xoel Villa no 32º.
A continuación o circuito ampliabase ata os 18,000 Kms. Donde na categoría de Máster 40 vencía Miguel Varela (C.C. de la Fuente). En Máster 30 vitória para Oscar Díaz (C.C. Ría de Vigo) co rosaleiro Xavier Martínez Durán (C.C. de la Fuente) no 13º posto. Jon Ander Tomé (C.C. Cambre) era o vencedor da categoría Júnior donde o noso Raul Fernández acadaba o 11º posto.
De novo ampliación do circuito ata os 25,300 Kms. Para pechar a tarde de competición con vitória de Oscar González (G.D. Froiz) en Sub-23 seguido do seu compañeiro de equipo como e o inesquecible Antonio Portela coa Medalla de Prata e que ata o ano pasado militaba no C.C. O Rosal. Outro ex do C.C. O Rosal era Alex Lomba que nunha gran demostración acadaba o 11º posto.
Remataban os Elite e vitória con sabor rosaleiro doutro ex do C.C. O Rosal como é Aser Estevez  (G.D. Froiz) co tamén ex do C.C. O Rosal Jonathan Sousa (C.C. de la Fuente) no 8º posto.

Todo un éxito para o Club Ciclista O Rosal, para o Concello de O Rosal e para o ciclismo en xeral éstes Campionatos que repetimos pasaran a historia do ciclismo rosaleiro e galego.

domingo, 6 de julio de 2014

VITORIA DE DAVID RODRIGUEZ E TERCEIRO POSTO DE RUBEN CARNERO EN TEIS


Intensísima fin de semana do Club Ciclista O Rosal con catro frentes abertos en distintos puntos como eran o venres na Casa do Concello, sabado en Viveiro e Jaén e o domingo en Teis e Jaén.

Comenzabamos o venres coa presentación dos Campionatos de Galicia de Contrareloxo que imos organizar na nova Vía de Alta Capacidade.
Nesta presentación  asitía o Presidente do C.C. O Rosal Gerardo Alvarez, o alcalde de O Rosal, presidente da Comunidade de Monte de Santa Mariña, Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, alcalde de A Guarda, Xefe Territorial de Deportes da Deputación de Pontevedra, Xerente da Federación Galega de Ciclismo e outras personalidades.

Xa no sabado día 5 en Viveiro disputabase a Cronoescalada o Mirador de San Roque no que os Cadetes Ero Sobrino, Manuel Dorna e Xoel Villa acadaban os 14º,17º e 18º postos respectivamente mentras que o Júnior Raúl Fernández remataba no 6º posto. A vitória en Elite era para o exC.C. O Rosal Aser Estevez.

Hoxe domingo en Teis en Principiantes gran vitória de David Rodríguez acompañado no Pódio polo seu compañeiro Rubén Carnero no 3º posto, Iker Rodríguez 12º, David Carnero 13º e Yasir Martínez que inesperadamente cometía dous erros, remataba 23º pero que logo mais tarde se recompoñia para acadar o 3º posto nuha proba en liña.
En Alevíns Iago Alvarez voltaba a quedar 6º, Luis Mendez 16º, Adrian Alonso que vai demostrando a súa progresión era 26º e en Féminas ainda que non habia premios, Laura Teniente era 4ª, Sara Alvarez 5ª e Irea Villa 6ª.
En Infantís  Mario Fernández remataba 20º, Fran Mendez 25º e David Fletcher 33º.
En Cadetes un gran Manuel Dorna que loitou ata o derradeiro momento polas primeiras posición rematou 10º e Xoel Villa 17º. Ero Sobrino que marchaba na cabeza da carreira sofría unha caida que o obrigaba o abandono.

En canto as nosas dúas representantes no Campionato de España en Idade Escolar que se disputaron en Jaén e defendendo as cores da Selección Galega, no sabado a Infantil María Correa nuha Ximcana que realizaban, remataba 49º e a Cadete Zaida González en Contrareloxo por Equipos finalizaba nun gran 6º posto.
Hoxe domingo nas probas en Liña María remataba 36ª en Infantís e Zaida 34ª en Cadetes.

O vindeiro sabado a partir das 15:00 horas, gran cita cos Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual organizados polo C.C. O Rosal con saída e chegada na Praza do Calvario.
Fotos de Viveiro
Fotos de Teis
Presentación Campionatos de Galicia Infomiño
Presentación Campionatos de Galicia Juan Ramón O Rosal

martes, 1 de julio de 2014

PRESENTACION DOS CAMPIONATOS DE GALICIA DE CONTRARELOXO INDIVIDUAL




O vindeiro venres 4 de xullo as 12:30 na Casa Consistorial de O Rosal, vai ter lugar o acto de presentación dos Campeonatos de Galicia de Contrareloxo Individual de Ciclismo organizados polo Club Ciclista O Rosal e que se van disputar o vindeiro sabado 12 de xullo a partir das tres da tarde con saída e chegada na Praza do Calvario (O Rosal).

lunes, 30 de junio de 2014

ZAIDA FAI TERCEIRA EN NEGREIRA

O pasado sabado día 28 pola tarde tiña lugar o II TROFEO CONCELLO DE NEGREIRA (A CORUÑA) e ata alí desprazámonos cunha parte do plantel do C.C.O Rosal.
En Alevíns era Iago Alvarez o que estaba mais perto do Pódio o rematar no 6º posto mentras que Luís Mendez era 11º, e Adrian Alonso 26º mentras que en Féminas Laura Teniente era 4ª e Irea Villa 5ª.
En Infantís Mario Fernández remataba no 20º posto mentras que Fran Mendez era 29º e David Fletcher remataba 40º.
 Continuaban os Cadetes con Ero Sobrino no16º posto e Xoel Villa no 28º. Era a súa compañeira Zaida Martínez a que acadaba un posto de honra o rematar 3ª en Féminas.
Pola súa parte o Júnior Raúl Fernández que puña todo da sú parte, remataba 7º a oito segundos do vencedor.
Fotos da carreira.

martes, 24 de junio de 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL VAI ORGANIZAR OS CAMPIONATOS DE GALICIA CRI

O vindeiro 12 de xullo o Club Ciclista O Rosal vai asumir un grande reto como vai ser a organización do Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual (CRI) para todas as categorías.
As categorías de Master 50 e 60, Cadetes e Féminas (Cadete, Júnior i Elite) farán un circuito de 12,5 Kms. con saída e chegada na Praza do Calvario (O Rosal)
Júnior, Master 30 e Master 40 farán o mesmo percorrido dos anteriores pero ampliado a 18, 1 Kms.
Sub 23, Elite e Sénior circuito ampliado a 25,3Kms.
O percorrido destas categorías tamén vai discurrir polos veciños concellos de Tomiño e A Guarda
Para a organización deste evento tan importante para a comarca, o C.C. O Rosal vai contar coa inestimable axuda dos concellos de O Rosal, A Guarda e Tomiño así como da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, Conservas Vexetais A Rosaleira, Fundación O Rosal e outras institucións públicas e privadas.

domingo, 22 de junio de 2014

RAÚL 8º NO TRIPTICO 2014-III RUTA DO ALBARIÑO

                                                 FOTO: ESPE SIMÓN
 
No día de onte sábado o rosaleiro Raúl Fernández tomaba a saída na primeira etapa do III Triptico Ruta do Albariño 2014 donde no primeiro sector nunha crono-escalada de 3 Kms. (Meaño-Alto do Busto) remataba 9º para logo no segundo sector en liña de 54 Kms. (Meaño-Meaño), facía 14º a 11 segundos do vencedor.
Xa hoxe pola mañán notra etapa en liña de 69 Kms. (Cambados.Cambados) remataba 12º co mesmo tempo que o gañador.
Con éstes resultados, Raúl quedaba no 8º posto Júnior e 14º absoluto.

viernes, 20 de junio de 2014

MARÍA E ZAIDA VAN COMPETIR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A Infantíl María Correa e a Cadete Zaida González veñen de ser seleccionadas para representar a Galicia nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputarse en Jaén entre os días 4 e 6 de xullo.
Dende o Club Ciclista O Rosal desexamoslles moita sorte.
Nesta categoría lembramos que no ano 2.011 Antonio Portela xa foi Campión de España. Por certo lembrar que Portela que agora milita no Super Froiz, tamén ven de ser selecionado para os Campionatos de España Sub-23 de Fondo e de Contrarreloxo Individual.
Moita sorte tamén para él