Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 26 de agosto de 2018
FIN DE SEMANA POR PARTIDA DOBRE EN VIGO E MINI BTT EN O CARBALLIÑO
Visitamos Vigo onte sabado e hoxe domingo pola mañán, e tamén hoxe o ourensán concello de O Carballiño con tres podios traídos da cidade olívica.
En Vigo comenzabamos onte pola tarde cos Ximcaneiros donde acadabamos podio por partida dobre na categoría Promesas con Aitor Rodríguez que subía ata o 2º posto e Diego Coimbra no 3º mentras que os seus compañeiros eran Lucas Alvarez 5º, Iker 8º, Edgar Alonso 10º e Alan Alonso 14º. En féminas Saray Coimbra acadaba a 5ª praza e Lucía González a 6ª.
En Principiantes Unai Fernández era o autor do millor tempo que o colocaba na primeira posición pero unha reclamación atribuíndolle un erro o baixaba a 7ª praza mentras que Roi Alvarez era 8º.
En Alevíns de novo Iker Rodríguez estaba no "caixón" o rematar no 3º posto logo dun apretado esprint. Pablo Rodríguez acadaría o posto 15º, Diego Adrover o 20º, David Vicente o 28º e Alvaro González o 31º mentras que Irene Rodríguez era 7ª en féminas.
En Infantís o noso Javi Sanz demostrou que a vitória acadada a semana pasada nas Faias lle vai dando a confianza para loitar polos primeiros postos e onte atacou varias veces liderando a carreira por momentos e que o final acadaría a 7ª posición.
Remataban os Cadetes e Iago Alvarez vítima dunha avaría remataría 28º mentras que a fémina Irea Villa sería 6ª.
Na mañán de hoxe disputabase un primeiro sector cunha cronoescalada dende a Porta do Sol ata o alto do Monte Castro e un segundo sector cunha carreira o redor do citado Monte Castro.
Iago Alvarez acadaba o 19º posto no primeiro sector e o 23º no segundo o que lle vaía para rematar 21º mentras que Irea Villa despois dunha magnífica prestación nas dúas mangas donde acadaba o 4º posto e polo tanto o mesmo posto final.
Os mais peques desprazaronse ata O Carballiño para a disputa do II Mini Btt Concello do Carballiño, donde en Benxamín a fémina Lucía Gonzalez acadaba a 10º posición mentras que en masculino o seu irmán Iker cada vez vai estando mais preto do podio e hoxe remataba 5ºobtendo desta maneiro o seu primeiro trofeo mentras que Alan Alonso era 27º.
En Promesas era Edgar Alonso o noso representante e remataba no 31º posto.
Bon resultado tamén para Unai Fernández que acadaba o 14º posto en Principiantes mentras que Roi Alvarez era 35º.
Remataba o Alevín Alvaro González na 50ª praza.
FOTOS
lunes, 20 de agosto de 2018
LUCÍA, IKER E UNAI NO II MINI BTT SONENSE
Por si algén lle quedaban dúbidas de que o ciclismo se leva na sangue, "para mostra un botón" como se acustuma a decir. Pois esa mostra foron Lucía e Iker González e Unai Fernández que si o sabado non lles chegou co XXVII Trofeo Pista de As Faias, na mañán de onte voltaban a madrugar para desprazarse até Porto do Son para disputar o II Mini Btt organizado polo C.C. Sonense.
En Benxamín era Lucía a que se facía co 6º posto de féminas mentras que seu irmán Iker acadaba o mesmo resultado en masculino, ou sexa tamén 6º.
Remataba o Principiante Unai que se levaba o 17º posto.
domingo, 19 de agosto de 2018
¡¡¡¡¡JAVI SANZ SOBE POR PRIMEIRA VEZ O PODIO E FAINO NA CARREIRA DA CASA CON VITORIA!!!!!
Xa o advertíamos fai unha semana de que mais cedo que tarde Javi Sanz subiría o podio e gracias a preparación metódica desta carreira na que Javi foi "aleccionado" por Eva Lomba e Alberto Rodríguez, a súa primeira subida o podio non poido ser millor, xa que alén de facelo na carreira que o seu clube (Club Ciclista O Rosal) organizaba na Pista de Ciclismo de As Faias, ainda por enriba o facía cunha vitória de dominio que se fraguou nas primeiras curvas da derradeira volta, donde demarrou para coller unha vintena de metros de vantaxe que serían irrecuperables para os seus rivais da categoría Infantíl.
E hoxe voltamos a advertir que onte foi a primeira pero de seguro que no futuro Javi nos voltará a dar grandes alegrías.
En Alevíns tamén esperabamos grandes cousas por parte dos nosos e non defraudaron. Pola súa parte Iker Rodríguez tomaba a saída coa mente posta na vitória pero que a fin se tiña que conformar cun gran segundo posto. Moi boa carreira tamén dos seus compañeiros xa que Pablo Rodríguez remataba 9º, Diego Adrover 11º, David Vicente 17º e Alvaro González 19º mentras que unha gran Irene Rodríguez acadaba a 4ª posición na liña de meta.
Tamén agardabamos bos resultados dos "ximcaneiros" e como de costume non nos defraudaron pois en Principiantes os dou representantes estaban no podio xa que Unai Fernández nunha proba perfecta se facía coa vitória mentras que Roi Alvarez que cometía un erro aínda era quién de facerse co 3º posto.
Nos Promesas igual que en Principiantes tamén tiñamos postos de podio con Saray Coimbra se facía co terceiro e Lucía González co 4º en féminas mentras que en masculino desta volta era Lucas Alvarez o que se facía coa vitória mentras que Diego Coimbra era 5º, Iker González 7º, Aitor Rodríguez 8º e Alan Alonso 11º.
Non poido participar nesta categoría Edgar Alonso que se atopaba no hospital por problemas de saúde e o que lle desexamos unha pronta recuperación.
FOTOS
jueves, 16 de agosto de 2018
AITOR E UNAI VENCEN EN BETANZOS
Onte pola mañán tocou madrugón, pois cando saíamos de O Rosal ainda era noite pero pagou a pena xa que aparte de que Unai e Aitor trouxeron cada un seu triunfo para O Rosal xunto co 5º posto de Irea, o mais importante foi o ben que o pasaron os nosos peques no espectacular Parque do Pasatempo de Betanzos.
No que respecta a competición en sí, Aitor Rodriguez de novo no mais alto o facerse coa vitória en Promesas secundado polos irmans Alonso Juan co 7º posto para Edgar e o 17º para Alan mentras que os outros irmáns Iker e Lucía González eran 11º e 12º en féminaspara ésta última.
En Principiantes nova vitória para un dos nosos, desta volta era Unai Fernández o que subía o mais alto mentras que Roi Alvarez era 7º.
En Alevíns non lle saíron ben as cousas a Iker Rodríguez que desta volta tiña que conformarse co 6º posto mentras que o 19º era para Diego Adrover. Pola súa banda Irene Rodríguez era 11ª en féminas.
Unha mala saída penalizou a Javi Sanz que tivo que ir toda a carreira en solitario remontando posicións para na derradeira volta alcanzar os de cabeza e rematar 7º totalmente fundido.
Remataba a Cadete Irea Villa que se achegaba o podio o rematar na 5ª posición .
E para o sabado vos esperamos en Tabagón dode imos organizar o XXVII Trofeo Pista de As Faias para Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís.
domingo, 12 de agosto de 2018
EN CAMBADOS VITÓRIAS DE LUCAS E ROI CON SEGUNDO POSTO DE DIEGO E IKER E TERCEIRO DE SARAY
Por coincidencia coas Festas do Monte, só se desprazaron dez corredores o 50º G.P. do Albariño organizado polo C.C. Cambados comandado polo incombustible Ernesto Falcón. A colleita nesta carreira foi fantastica xa que a metade deles subiron o podio con mención para os ximcaneiros que dos catro participantes, os catro subiron o "caixón".
O primeiro era Lucas Alvarez que se facía coa vitória en Promesas secundado polo entusiasmado Diego Coimbra que era segundo mentras que a súa irmá Saray tamén se levaba outro trofeo o rematar terceira en féminas.
En Principiantes, terceira vitória consecutiva de Roi Alvarez que se levaba o primeiro posto de maneira incontestable.
Gran carreira de Iker Rodríguez na categoría Alevín donde se disputaba a vitória nun apuradísimo esprint final con Gael García (C.C. Compostelano) que caería do lado deste último sendo Iker o segundo clasificado mentras que Pablo Rodríguez era 15º.
Boa carreira tamén para Javi Sanz que ainda non foi capaz de chegar o podio pero que podemos asegurar que mais cedo que tarde acadará ese obxetivo. Onte en Cambados chegaba no grupo do vencedor facendose coa 7ª posición en Infantís. Pola súa banda Irea Villa remataba 6ª en Cadetes féminas mentras que en masculino Iago Alvarez era 36º.
Hoxe pola mañán no Mini BTT de Maceda Unai Fernández remataba nunha óptima 18ª posición en Principiantes
FOTOS
sábado, 4 de agosto de 2018
NOVA VITÓRIA DE ROI ALVAREZ E TERCEIROS POSTOS DE IKER E LUCAS
XXVIII Trofeo Concello de Cambre disputado no polígono industrial do Espíritu Santo donde os nosos acadaron tres podios.
O primeiro deles chegaba da man de Lucas Alvarez que era 3º seguido de Diego Coimbra 4 e Saray Coimbra tamén 4ª, todos eles en categoría Promesa.
Roi Alvarez era o que se facía coa vitória de Principiantes con Unai Fernández 8º.
En Alevín de novo Iker Rodríguez subía o "caixón" o rematar no 3º lugar mentras que Pablo Rodríguez era 11º.
O 7º posto na categoría Infantíl era para Javi Sanz mentras que Iago Alvarez era 38º en Cadete.
FOTOS
domingo, 29 de julio de 2018
III MINI BTT MONTES DE SALCEDO
A falta de competición de estrada, unha parte dos nosos ciclistas desprazaronse ata Pontevedra para participar no III Trofeo Comunidade de Montes de Salcedo cos seguintes resultados:
Benxamín: Iker González 9º e Alan Alonso 35º
Promesa: Aitor Rodríguez 29º e Edgar Alonso 39º
Principiante: Unai Fernández 22º e Roi Alvarez 40º
Alevín: Iker Rodríguez 36º, Diego Adrover 56º e Alvaro González 62º
Infantíl: David Rodríguez 26º
FOTOS
domingo, 22 de julio de 2018
DOUS PRIMEIROS E UN TERCEIRO QUE VEÑEN DE LUOU (TEO)
Dous frentes abertos na loita d@s nos@s ciclistas na mañán de hoxe domingo, no XIX Trofeo Vila de Luou e o II MiniBTT Concello de Ferrol.
En Luou o primeiro en "bicar o santo" foi Aitor Rodríguez que se facía coa vitória na categoria Promesas mentras que Diego Coimbra era 6º, Edgar Alonso 11º, Lucas Alvarez 12º e Alan Alonso 16º mentras que a fémina Saray Coimbra acadaba o 4º posto.
En Principiantes chegarían os outros dous podios de mans dos nosos dous representantes co 1º para Roi Alvarez e o 3º para Unai Fernández.
En Alevíns o millor "rosaleiro" era Pablo Rodríguez no 9º posto seguido de Diego Adrover no 11º, Alvaro González no 29º e David Vicente no 30º.
En Infantís de novo Javi Sanz andaba preto do podio e remataba na 5ª posición mentras que en Cadetes Iago Alvarez era 33º e Irea Villa 4ª en féminas.
Mentras tanto Lucía e Iker González Baz participaban no Mini Btt de Ferrol donde acadaban os postos 9º e 8º respectivamente.
FOTOS
lunes, 16 de julio de 2018
MINI BTT DE PONTEAREAS
Na mañán de onte o noso clube desplazou a varios dos seus integrantes a Ponteareas para participar no Mini BTT organizado polo clube desta vila do Condado.
Os resultados acadados foron os seguintes:
Benxamín: Alan Alonso 24º
Promesa: Aitor Rodríguez 31º, Edgar Alonso 52º
Principiante: Unai Fernández 23º, Roi Alvarez 36º
Alevín: Iker Rodríguez 34º, Diego Adrover 56º, Alvaro González 67º
Infantíl: David Rodríguez 24º
FOTOS
domingo, 15 de julio de 2018
GRAN CARREIRA DE IREA VILLA NO CAMPIONATO DE GALICIA DE FONDO EN ESTRADA
O Club Ciclista Marín organizou na tarde de onte sabado os Campionatos de Galicia de Fondo en Estrada que coincidian coas celebración das Festas da Virxe do Carme.
As 14:30 comenzaron os rapaces da categoría Júnior donde o noso cluble non tiña participacíón, para as 16:45 dar paso os Cadetes masculinos donde o noso representante Iago Alvarez que nos primeiros kilómetros de carreira marchaba no grupo de cabeza e que logo segun iba transcurrindo a carreira ir perdendo tempo e a falta de escasos kilómetros para a meta, era baixado da carreira quedanado no posto 50º.
Despois chegaría o turno de féminas Máster, Elite, Sub 23, Júnior e Cadete con Irea Villa como representante rosaleira na categoría de Cadete. Comenzaron as categorías "maiores" e o primeiro paso por meta as Cadetes incorporabanse a carreira donde Irea se acoplaba o pelotón circulando compacto durante 14 kms. e xusto neste punto Irea xunto con duas compañeiras se quedaba un chisco descolgada tendo por diante o primeiro alto con rampas moi duras para logo encarar o descenso ata Marín e de novo afrontar o derradeiro ascenso, éste con rampas casi "imposibles" para logo afrontar outro descenso pero éste cara a meta , meta que Irea cruzaba na sétima posición pero que sen lugar a dúbidas podemos calificar como a súa millor carreira en estrada.
lunes, 9 de julio de 2018
MEDALLA DE BRONCE DE MARIO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE ENDURO
SuperMario Fernández voltou a darnos outra inmensa alegría, pois pasouse a fin de semana nas Illas Canarias para defender as cores da Selección Galega de BTT Enduro nos Campionatos de España na localidade de Teror.
Despois de pasar por fases de estar loitando polo primeiro posto, o "gran" Mario remataba na terceira posición para traerse para O Rosal a Medalla de Bronce da categoría Júnior.
Como podedes ver os irmáns Fernández Lorenzo "vaille a marcha" dos Campionatos de España, pois non esquecemos que en xaneiro de 2014, Raúl xa se proclamara Campión de España de Ciclocróss Júnior.
Encantados con esta grande "fazaña" de Mario, non nos esquecemos dos seus compañeiros de equipo que están traballando para nun futuro non moi lonxano, acadar éxitos como éstes e que onte en Cangas tamén se facían con dous primeiros postos e un terceiro entre outros.
En Promesas chegaba o primeiro deles co primeiro posto de Aitor Rodríguez, o que seguían Diego Coimbra 9º i Edgar e Alan Alonso 13º e 14º respectivamente. Nesta mesma categoría pero en féminas, de novo Saray Coimbra voltaba o mais alto o acadar a vitória.
Os Principiantes tamen quedaban moi preto do podio con Roi Alvarez 4º e Unai Fernández 5º.
Podio de novo para Iker Rodríguez na categoría Alevín o rematar no 3º posto. Pablo Rodríguez sería 10º, Diego Adrover 24º, David Vicente 28º e Alvaro González 30º mentras que a fémina Irene Rodríguez remataba no 8º posto.
Gran carreira de Javi Sanz o que a falta de experiencia lle impedía subir o podio o ser adiantado na mesma liña de meta e rematar no 4º posto de Infantís.
FOTOS
lunes, 2 de julio de 2018
A NOSA XENTE TRAE PARA O ROSAL SEIS NOVOS PODIOS
O "botín" de onte foi de seis podios traídos de Teis despois da paliza do sabado en Redondela e sin descanso, mentras outros tres "rosaleiros" participaban no Mini BTT de Betanzos.
Como de costume, os ximcaneiros eran os que acadaban o maior número de trofeos comenzando polos Promesas con Lucas Alvarez 3º clasificado, Aitor Rodríguez 5º, Diego Coimbra 6º, Edgar alonso 13º e Alan Alonso 17º mentras que a fémina Saray Coimbra se facía con outro podio o rematar 3ª.
En Principiantes un único participante que non era outro que Roi Alvarez e que remataba 4º.
Despois da ximcana, o Club Ciclista Teis organizou unha pequena carreira de velocidade donde chegaban outros tres podios con estes resultados: Roi Alvarez 1º, Aitor Rodríguez 1º e Saray Coimbra 2ª.
Chegaba a volta dos Alevíns e despois dun longo ataque, era o pletórico Iker Rodríguez o que se levaba unha merecidísima vitória. Boa carreira tamén a de Pablo Rodríguez que melloraba con repecto a carreiras anteriores e remataba 7º seguido de Diego Adrover que era 17º.
O Infantil Javi Sanz facía a sua millor carreira da tempada e a piques estaba de subir o podio o rematar no 4º posto.
En Cadetes Iago Alvarez acadaba o 26º posto mentras que na mesma categoría Irea Villa se facía co 5º posto de féminas.
FOTOS TEIS
Xa no Mini BTT de Betanzos participaban na categoría Benxamín @s irmans González Baz co debut na especialidade de Lucía que se facía co 16º posto mentras que Iker era 13º en masculino.
En Principiantes o 16º posto era o que acadaba Unai Fernández.
FOTOS BETANZOS
sábado, 30 de junio de 2018
EN REDONDELA ACADARONSE CATRO NOVOS PODIOS
III Trofeo Concello de Redondela e de novo voltamos para O Rosal con outros catro podios.
Era na categoría Promesa donde os nosos estaban a piques de facer "pleno" e copar os tres postos do caixón, pois o primeiro era para Lucas Alvarez e o segundo para Diego Coimbra que se estreaba no podio e xa no cuarto posto remataba Aitor Rodríguez seguido por Iker González 14º, Edgar Alonso 15º e Alan Alonso 20º.
En féminas Saray Coimbra que desta volta non estaba moi acertada tiña que conformarse coa 6ª posición e Lucía González coa 7ª.
En Principiantes temos dous representantes e os dous subiron o podio, pois Unai Fernández voltaba o mais alto o rematar primeiro e Roi Alvarez quedábase co 3º.
En Alevíns outra gran carreira de Iker Rodríguez pero que non era dabondo para alcanzar posto de podio e remataba 4º mentras tanto Pablo Rodríguez era 18º e Diego Adrover 19º.
En Infantís contamos de novo con Javi Sanz que acadou o 11º posto e na categoría Cadete 23º posto para Iago Alvarez e o 7º para Irea Villa en féminas.
FOTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















