En Júnior Miguel Rodríguez continúa coa súa recuperación física e acadou un merecidísimo 9º lugar e pola súa banda Brais González con dúas caídas e dous trocos de bicicleta incluídos fíxose co posto11º.
En Sub-23 xornada aciaga para Fernándo González que cando marchaba entre os primeiros da categoría, sufría unha avaría que lle fixo percorrer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" como se pode ver nuha das fotos da galería de Mos. Logo de repoñerse deste contratempo e por si fose pouco, o agravamento dunha vella ferida nun dedo que lle facía imposible o manexo das manetas dos frenos e dos cambios, obrigouno o abandono.
O proximo fin de semana toca desprazarse no sabado até Padron e no domingo até Porriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario