Pero vamos polo orden de categorías donde comenzaba o Festival coa vitória de Mario Fernández en Benxamíns, con Alberto García 48º e David Rodríguez 50º.
Na categoría Alevín frouxa actuación dos nosos con Manuel Dorna 17º, Xoel Villa 22º, Zaida González 29ª, Claudia Portela 38ª e a súa irmán Elsa 41ª.
En Infantís o éxito foi total xa que venceu Andrés Fernández que disputou unha carreira moi intelixente atacando a falta de dúas voltas para o final acadando unha vantaxe considerable e desta forma a súa primeira vitória da tempada; acompañarono no podio os seus compañeiros Raúl Fernández 2º e Cristóbal Coimbra 3º.
En Cadetes disputóuse a carreira polas estradas de Rianxo con 56 km. de percorrido donde Manuel González foi terceiro na clasificación da Montaña e António Portela 3º na Xeral Final.
Fotos da carreira.
En cuanto os dous representantes da categoría Junior, desprazaronse até a localidade portuguesa de Vila Nova de Famalicao para disputar alí o III Trofeo desta cidade donde realizaron un bo papel xa que Brais González acabou no posto 27º e Miguel Rodríguez no 32º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario