Abriu a competición a categoría Principiantes na que nos representaban Alberto García e David Rodríguez que estreaban sendas "monturas" novas acadando os postos 11º e 13º respectivamente.
De seguido foi a volta dos Prebenxamíns donde Iago Alvarez foi 5º e Irea Villa 2ª a pesares dun toque con outra participante na segunda manga que a levou o chan para de seguido recompoñerse e sacar todo o seu valor para acadar ese segundo posto final feminino.
En Alevíns moi boa actuación de Xoel Villa que a piques estivo de subir o "caixón" e tamén Manuel Dorna. Na clasificación Final 4º posto para Xoel e 6º para Manuel. E para finalizar outra fantástica actuación co pódio de Claudia Portela nun merecido terceiro posto e cuarto para a sua irmán Elsa en Alevín feminino.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario