Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de mayo de 2012

Pódios para Irea, Iago e Manuel en Carballo

No Trofeo de San Xoan en Carballo (A Coruña) que se disputóu no día de onte voltaron os Pódios e desta volta foi con Iago Alvarez, Irea Villa e Manuel González.
En Benxamíns os participantes tiveron que empregarse a fondo e poñer toda a sua perícia na competición polo escorregadiza que estaba a pista por mor da choiva caída e foi ahí donde os nosos dous representantes saían moi ben parados xa que Iago facíase co 3º posto e Irea co 6º o cual tamén lle valía para subir o "caixón" como primeira Fémina.
En Alevíns era Mário Fernández o que nos representaba e nunha carreira moi disputada acadaba o 12º posto o final da mesma.
En Infantís eran Xoel Villa e Manuel Dorna os "rosaleiros" participantes e a pesares de poñer todo da sua parte a duas voltas do final eran baixados da carreira por mor da diferenza coa cabeza do pelotón.
En Cadetes a nosa representación recaía sobre Cristóbal Coimbra e Raúl Fernández nunha proba que constaba de duas voltas a un circuito de 18  kilómetros para un total de 36, e un Km. despóis do primeiro paso por meta Cristóbal quedaba descolgado do Pelotón i era baixado da carreira mentres que Raúl loitaba ata o final para acadar o 13º posto.
Para finalizar ésta xornada por terras coruñesas os Junior tiñan que dar duas voltas por carreteras da comarca para completar un percorrido de 76 Km. A mala sorte cebábase en Adrián Dorna que cando marchaba en postos de cabeza sofría un pinchazo e quedaba descolgado da cabeza o que o obrigaba a retirarse. Outro que tamén se retiraba era Adrián Vicente por problemas físicos o mesmo que Pablo Cividanes. Cando finalizaba a carreira Manuel González cruzaba a liña de meta na 7ª posición, Alex Lomba na 17ª mentres que Toñi Portela remataba 20º.
Nesta proba de Júnior Manu González facíase co Prémio da Montaña, trofoeo que recollia Alex, xa que Manuel non podía esperar a entrega de prémios.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario