Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 5 de junio de 2016

CATRO PÓDIOS NA TARDE DE ONTE NA PRAZA DO CALVARIO




Na tarde de onte o Club Ciclista O Rosal organizaba o XI Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal donde os mais de 200 participantes se xogaban os 36 trofeos das distintas categorías que se poñían en disputa.

Comenzaban as categorías de Ximcana cos Promesas donde tanto Lucas alvarez como Roi Alvarez estaban a piques de subir o Pódio xa que remataban 4º e 5º respectivamente.
Seguirían os Principiantes donde chegaba o primeiro "caixón" da man dun estratosférico Pablo Rodríguez que non daba opción os seus rivais o marcar o millor tempo e non cometer ningún erro. O segundo millor tempo era para o seu compañeiro Iker Rodríguez pero un erro no derradeiro obstáculo impedíalle acadar o segundo posto e baixaba ata o 5º. Remataba David Vicente co 9º posto. En Féminas debút de Irene Rodríguez e primeiro Pódio, pois acadaba o terceiro posto que parece que nin ela mesma daba crédito.

En Alevíns a Sergio Vicente escapabaselle un posto de Pódio por uns metros e remataba  4º seguido dun gran David Rodríguez no 5º, Rubén Carnero no 14º, Yasir Martínez no 17º  e David Carnero no 20º.

En Infantís era Diego Santomé o que voltaba a loitar polos postos de pódio que parece que non acaba de acreditar nas  súas posibilidades e remataba 5º seguido de Iago Alvarez 20º, Luís Mendez 23º e Adrián Alonso 25º. En Féminas Irea Villa remataba 9ª e Laura Teniente vítima dunha avaría mecánica remataba 10ª.

En Cadetes Mário Fernández acadaba o 10º posto para pasar de seguido as Féminas con dous Pódios da nosa plantilla pois Carmen Bello que viña de proclamarse Campiona de España de Triatlón por Relevos formando equipo con Isabel Rodríguez e a guardesa Elsa Pena, disputaba a súa primeira carreira do ano e facíao da millor das maneiras o vencer por diante da súa compañeira de equipo María Correa que se facía co 2º posto.

Remataría esta tarde de ciclismo no Rosal coa categoría Júnior donde o millor rosaleiro era Adrián Santomé no 18º posto seguido de Javi Santos 24º, César Cividanes 25º, Xoel Villa 26º i Ero Sobrino 29º.
Fotos da carreira
Fotos de AARÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario