Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 1 de agosto de 2016

IMPRESIONANTE BOTIN EN PONTEAREAS CON SETE PÓDIOS






Unha fin de semana moi intensa que comenzaba co BTT de Arteixo na tarde do sábado cos Juniors Adrián Santomé e Xoel Villa que remataban 5º e 6º respectivamente.

Na mañán do domingo en Ponteareas chegaba o gran éxito da nosa plantilla con dous primeiros postos, dous segundos e tres terceiros.

Comenzaban os Promesas con Roi Alvarez 9º e Lucas Alvarez 13º.
 En Principiantes vitória de Pablo Rodríguez e segundo posto de Iker Rorodríguez, David Vicente 12º i Emilio González 15º.
En Féminas gran terceiro posto de Irene Rodríguez.

En Alevíns gran carreira do noso equipo pois Yasir Martínez lideraba a carreira no principio e remataba no 13º posto mentras que Sergio Vicente que se está habituando o "caixón", facíase co terceiro posto por dinte dun combativo David Rodríguez 5º, David Carnero 16º e Rubén Carnero con problemas estomacais 22º.

En Infantíl Feminino, era Laura Teniente quien se facía con outro Pódio o acadar o terceiro posto seguida de Irea Villa no sexto mentras que en Masculino Diego Santomé voltaba a estar sempre cos primeiros pero o final acadaba o 9º posto. Gran carreira tamén a de Luís Mendez, Iago Alvarez e Adrián Alonso que remataban 18º, 21º e 23º respectivamente.

En Cadetes Féminas grande exibición das nosas dúas representantes, pois María Correa facíase coa vitória xusto por diante da súa compañeira de equipo Carmen Bello que era segunda mentras que en Masculino Mario Fernández acadaba o 24º posto.
Fotos do BTT de Arteixo
Fotos de Ponteareas

No hay comentarios:

Publicar un comentario