Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 3 de marzo de 2019

MARIO SOBE O PODIO NO OPEN DE ESPAÑA DE ENDURO

Fai unha semana Mario e Zaida recollían os premios da Federación Galega de Ciclismo en recoñecemento os seus logros acadados na pasada tempada e xa no día de hoxe Mario inauguraba a tempada 2019 co terceiro posto Junior no ENDUBITEM, primeira proba do Open de España de Enduro celebrada en Bítem (Tarragona), donde xa tiña a experiencia do ano pasado donde neste mesmo trazado acadaba o segundo posto.
Sen dúbida un bon comenzo que agardamos que o fin da tempada teña a súa recompensa.
Tamén recoñecemento a seu irmán (ex do C.C. O Rosal) Raúl do C.C. In Situ que na categoría Elite acadaba o 28º posto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario