Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 11 de agosto de 2019

VITORIAS DE SARAY, ROI E PABLO E TERCEIROS DE LUCAS E IREA EN CAMBADOS





Prolífica a xornada de onte no 51º G.P. do Albariño de Cambados, grazas a que Ernesto Falcón foi fiel a cita para organizar esta tradicional cita do mes de agosto.

O 50% destes podios viñan d@s ximcaneir@s xa que Saray Coimbra acadaba a vitória en Promesa feminino mentras que seu irmán Diego era 6º en masculino.
Roi Alvarez emulaba a Saray e tamén se levaba a vitória en Principiantes mentras que Lucas Alvarez se facía co terceiro posto do podio.

En alevín repetía de novo no mais alto Pablo Rodríguez que nun apretadísimo esprint con Diego López ( C.C. Compostelano ), era o que cruzaba a liña de meta en primeiro lugar. Unai Fernández tamén acariñaba o podio o rematar no 4º posto mentras que en feminino Irene Rodríguez remataba 8ª.

En Infantíl o grande esforzo de Iker Rodríguez tiña como prémio o 13º posto, o mesmo que Javi Sanz que en Cadetes tamén era 13º.

En Junior voltaba de novo Iago Alvarez para rematar no 27º posto mentras que en feminino de novo grazas a súa constancia, Irea Villa traía para O Rosal un sofrído pero merecido 3º posto.
FOTOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario