Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 21 de diciembre de 2020

REMATE DA COPA GALICIA DE COCLOCRÓS

 


Esta fin de semana supoñía o peche da Copa Galicia de Ciclocrós coas derradeiras probas disputadas en Porriño e Maceda.

O sábado era a carreira de Porriño, disputada no Velódromo Municipal, donde tomaban a saída Zaida González e Iker Rodríguez. Este último facíase co 12º posto da categoría Cadete mentras que Zaida era vítima dunha avaría mecánica que lle facía rematar a proba coa bicicleta o "lombo" na sexta posición.

Na mañá de onte domingo era a volta da última proba do ano donde nos arredores do Castelo de Maceda estaba montado o circuito, obra do clube da vila. Nesta derradeira proba era Iker o noso representante e que acadaría o 16º posto da clasificación.

Desta maneira tamén quedaban pechadas as clasificacións do Ranking da Copa Galicia cun fantastico oitavo posto de Iker en Cadete no ano do seu estreo na modadidade  de ciclocrós e tamén o non menos importante sexto posto de Zaida en Elite féminas.

Agora toca un pequeno descanso para en breve comenzar cos adestramentos de estrada coa esperanza de que todo millore e se poida disputar a tempada con normalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario