Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de octubre de 2021

IRENE, ARANTXA E OSCAR NO XX CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO

 



Mañá chuviosa nos arredores do Estadio de San Lázaro-Vero Boquete de Santiago a donde nos desprazamos hoxe coas cadetes Arantxa Gómez e Irene Rodríguez xunto co Máster-40 Oscar Trigo.

As rapazas saían nas derradeiras posicións, motivo que lles supuxo o ter que esforzarse para escalar posicións pero varias caídas sin consecuencias polo resbaladizo do cicuito, facía que tan só poideran recuperar dúas posicións, o cual nos dá por tremendamente satisfeitos visto a entrega con que se empregaron, acadando finalmente as posicións 11ª e 12ª para Irene e Arantxa respectivamente.

En canto a Oscar Trigo, tamén loitaba contra os elementos para facerse coa 63ª posición entre os Máster-40.

FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario