Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA GRANDE NA PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2022

 


Na tarde de onte celebrouse no Centro Polivalente do Concello de O Rosal a Asamblea Xeral Ordinaria do C.C. O Rosal e a seguir a mesma foi a presentación do CLUB CICLISTA O ROSAL 2022, nunha grande festa na tivemos o pracer de contar con Ánxela Fernández (alcaldesa do Rosal) e Óscar Sánchez representando a Federación Galega de Ciclismo, na que o rematar o acto se degustaron uns saborosos pinchos acompañados de viños de Adegas Xesteiro e Adegas Terras Gauda matriz do noso patrocinador Conservas Vaxetáis a Rosaleira, rematando con deliciosos postres caseiros elaborados polas familias do C.C. O Rosal.

Este acto tamén sirvíu para facerlle unha homenaxe a Mario Fernández, Iago Alvarez e Irea Villa, quen dende cativos estiveron sempre ligados o noso clube

Neste ano 2022 contamos de início con 11 licenzas da categoría Promesa, 6 de Principiante, 5 de Alevín, 2 de Infantil, 6 de Cadete, 2 de Elite e 5 de categoría Master 40.

O mesmo tempo a Xunta Directiva tamén anunciou as carreiras que vai organizar neste 2022 que son:

1.- XVI Trofeo Montes  d’O Rosal de estrada o dia 4 de xuño.

2.- XXV Trofeo Pista As Faias de estrada o día 27 de agosto.

3.- XXIV Trofeo Montes de Eiras de Ciclocrós 12 de novembro.

 

FOTOS DA PRESENTACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario