Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de abril de 2022

XA TEMOS O PRIMEIRO TÍTULO AUTONÓMICO DA TEMPADA CON ARANTXA GÓMEZ COMO CAMPIONA DE GALICIA

 





No día de oxe voltabamos a ter dobre cita e a primeira delas era o Campionato de Galicia de Enduro na Serra do Galiñeiro, donde a nosa cadete Arantxa Gómez traía para O Rosal o primeiro título da tempada o facerse coa vitória con dominio absoluto. Parabéns Arantxa.

En masculino os seus compañeiros Diego Adrover e Manuel Domínguez tamén acadaban unas meritorias 20ª e 21ª posición.

A outra cita era en Marín no Seixo Bicicleta 22 coa primeira cita da tempada de estrada na que se acadaban outros dous podios.

En Promesa faminino chegaba o primeiro dos podios con Lucía González na segunda posición mentras que en masculino o primeiro rosaleiro era Iván Lázaro no 10º posto, seguido por Simón Amaro 15º, Roi Fernández no 16º Hugo González no 19º e Aitor Castro no 23º.

En Principiantes Mateo Rodríguez facía 7º, Lucas Amaro 9º, Iker González 13º e Tiago Cedeira 21º. No lado feminino a debutante Antía Fernández quedaba a un peldaño do podio o rematar na 4ª posición.

O 11º posto en Alevín feminino era para Saray Coimbra que se estreaba coa “bicicleta de carreiras”, mentras que en masculino Aitor Rodríguez era 15º.

Primeiro podio da categoría Infantíl para Unai Fernández o rematar no 3º posto, con Roi Alvarez no 8º.

E rematamos esta crónica coa categoría Cadete na que a nosa fémina Irene Rodríguez acadaba a 7ª praza mentras que en masculino a Iker Rodríguez se lle escapaba o podio por tan só seis segundos e remataba no 5º posto xunto con Miguel Teniente no 24º.

FOTOS DE ENDURO

FOTOS DE MARÍN

No hay comentarios:

Publicar un comentario