Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 13 de junio de 2022

ARANTXA GÓMEZ SUBCAMPIONA DA COPA DE ESPAÑA DE DESCENSO CADETE

 






Comenzamos este relato da xornada dominical coa gratificante noticia que nos chegaba a máis de 1.000 kms. de terras rosaleiras, concretamente dende Castejón de Sos (Huesca) donde a nosa Arantxa Gómez Martínez e defendendo as cores da Federación Galega de Ciclismo, se proclamaba como Subcampiona da Copa de España de BTT Descenso na categoría Cadete féminas. Moitos parabéns campiona!!!!

Máis pretiño, no outro lado da ría de Pontevedra, sete dos nosos participaban no VII MINI BTT de POIO.

En Benxamín, 20º posto para Aarón del Río mentras que en feminino a súa irmá Zoe se facía co segundo posto do podio.

6ª praza para a outra del Río, pois Itzel era a que se levaba ese posto en Promesa féminas mentras que en masculino Iván Lázaro facía 9º.

Mateo Rodríguez acadaba o 11º posto en principiante, mentras que en Alevín o 13º era para Xoel González e o 17º para Aitor Gil.

Pola tarde en Vigo participamos no VI TROFEO ENTIDAD LOCAL MENOR DE BEMBRIVE DE CICLISMO INFANTIL cos seguintes resultados:

PROMESA: Simón Amaro 5º e Lucas González 12º.

PROMESA FEMININO: Lucía González 1ª e Alba Rodríguez 2ª.

PRINCIPIANTE: Iker González 1º, Tiago Cedeira 4º, Lucas Amaro 5º e Marco Rodríguez 8º.

ALEVÍN: Aitor Rodríguez 6º.

INFANTIL: Unai Fernández 5º e Roi Alvarez 11º.CADETE: Iker Rodríguez 3º, Diego Adrover 21º, Miguel Teniente 25º e Manuel Domínguez 29º.

CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 4ª.

FOTOS DE HUESCA

FOTOS DE POIO

FOTOS DE BEMBRIVE

No hay comentarios:

Publicar un comentario