Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de mayo de 2023

PODIOS DE XOEL EN CUNTIS E DE ANTÍA E ROI EN CARBALLO

 

Como comentamos no encabezado, no día de onte sábado acadaronse tres novos podios e os tres supoñían a estrea para Antía Xoel e Roi.
 
Comenzamos polo II Mini BTT Vila de Cuntis donde os nosos disfrutaban dunha mañá de ciclismo para os máis cativos.
En Benxamín o millor clasificado era Aitor Castro no 10º posto e seguido moi de preto por Lucas González no 14º. En féminas a irmá deste último, Rosalía clasificaba no 9º lugar. En Promesa o 8º posto era para Iván Lázaro.
En Alevín chegaba o podio de Xoel González o rematar no 3º posto. Nesta mesma categoría Aitor Gil era 25º, Mateo Rodríguez 34º e Tiago Cedeira 61º.
 
Atravesamos Galicia adende o sur o extremo norte, a Terras de Bergantiños donde se disputaba o Trofeo Concello de Carballo cos outros dous podios de Antía Alvarez Fernández e seu irmán Roi.
 
Era precisamente éste último o que acadaba o segundo posto na categoría Promesa , que lle permitía colleitar o seu primeiro trofeo da tempada. En féminas Alba González facía 5ª mentras que súa irmá Lucía tamén era 5ª pero da categoría Principiante.
En Alevín feminino como comentabamos máis arriba, Antía se fecía co 3º posto e Saray Coimbra co 9º, mentras que en masculino Iker González era 14º e Diego Coimbra 17º.
 O que tamén facía 14º era Aitor Rodríguez na categoría Infantil mentras que en Cadete o 10º era para Unai Fernández.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario