Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de septiembre de 2023

O PECHE DE TEMPADA TRAE CINCO PODIOS CON VITORIAS DE ANTÍA E ROI

A tarde de onte en Burgueira (Oia), supoñía o peche a tempada 2023 de carretera con outros cinco podios.

Na categoría Promesa Roi Fernández facía 4º e Hugo Torres 5º, mentras que en feminino dende a cuarta ata a iotava posición eran das nosas rapazas con Aylen Sueiro, Luna Villanueva, Elisa Vázquez, Aysel Sueiro e Alba González.

Segundo posto de Lucía González e terceiro de Alba Rascado en Principiante feminino acompañadas do 3º de Marco Rodríguez e o 11º de Lucas Amaro.

En Alevín 16º para Diego Coimbra e 18º para Tiago Cedeira. En féminas Antía Fernández confirmaba a súa gran tempada con outra vitoria mentras que Saray Coimbra era novena.

Fantástica despedida da categoría  Infantil para Roi Alvarez, consagrandose como o gran dominador da mesma, xa que dende mediados da tempada non baixou do podio e desta vez o facía con outra vitoria. Pola súa parte Aitor Rodríguez sofría problemas mecánicos que non lle deixaban ir máis alá do 11º posto.

En Cadete quien tamén tiña problemas o romper o cable do cambio e non poder facer uso do mesmo era Unai Fernández que a pesares de todo remataba na sexta posición mentras que a súa compañeira de categoría Irene Rodríguez colleitaba o cuarto posto.

Por outra banda na mañá de hoxe tamén se competía en Santiago no Mini Btt da capital de Galicia con Rosalía González 14ª en Benxamín e Aitor Castro 23º e Lucas González 24º en masculino.

En Promesa o 4º posto era para Iván Lázaro, o 24º de Roi Fernández e o 30º de Simón Amaro.

En Principiante 17º lugar para Lucas Amaro.

Remataba a categoría Alevín con Xoel González no 19º posto, Aitor Gil no 28º e Mateo Rodríguez no 32º.

OIA

SANTIAGO


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario