Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 18 de mayo de 2019
CAMPIONATO DE GALICIA CRI
Onte tocou de novo madrugar para percorrer os 250 kms. que nos separaban de As Pontes donde se disputaban os Campionatos de Galicia Contrareloxo Individual para acompañar a Javi, Iago e Irea.
O primeiro an tomar a saída era Javi Sanz as 10:27 realizando unha boa crono pero que nos derradeiros kilómetros era sorprendido por unha grande tromba de auga que facía que rematase na 27ª posición.
As 12:45 era Irea Villa a que comenzaba a súa loita contra o reloxo e cando levaba 9 kilómetros dos 23 totais, tamén era apañada por outra chaparrada con granizo incluído, o que lle facía pasar por momentos moi duros e que a pesar de todo remataba na 5ª praza.
Iago Alvarez era o derradeiro en tomar a saída, concretamente as 13:31 e que para non ser menos, Iago sofría unha caída nunha das rotondas húmidas pola choiva caída e que non era quien de ir mais aló da 35ª posición.
FOTOS
domingo, 12 de mayo de 2019
SARAY VENCE, LUCAS TERCEIRO E IRENE QUINTA EN PADRÓN, IREA TERCEIRA EN ROIS E LUCÍA QUINTA EN RIBADUMIA
Ahí están as nosas féminas que todas elas quedaron entre as cinco primeiras nas súas distintas competicións resaltando a vitóRia de Saray Coimbra e o terceiro posto de Irea Villa.
Onte tocou madrugar para estar as 9:00 en Rois, donde unha hora máis tarde comenzaba a carreira de Cadetes e alí estaba Javi Sanz que vai collendo experiencia na categoría e remataba 34º.
As 11:00 era o turno para a categoría Junior con Iago Alvarez acadaba o 23º posto en masculino mentras que en feminino chegaba un moi sufrido podio de Irea Villa que se facía co terceiro posto.
Pola tarde as Escolas participaban no veciño Concello de Padrón e Saray Coimbra levábase unha merecida vitória o facerse co 1º posto en Promesa feminino mentras que en masculino o seu irmán Diego era 5º.
En Principiantes desta volta había un podio, pois Lucas Alvarez era terceiro mentras que Aitor Rodríguez era 4º e Roi Alvarez 10º.
En Alevín outra vez o noso equipo voltaba a clasificar a todos os compoñentes entre os dez primeiros xa que en feminino Irene Rodríguez era 5ª mentras que os seus compañeiros masculinos rematarían con Pablo Rodríguez no 6º posto, Diego Adrover no 7º e Unai Fernández no 9º.
Pechaba a nosa participación o Infantíl Iker Rodríguez nun gran 10º posto.
Na mesma Tarde pero a 40 kms. de distancia, concretamente en Ribadúmia outra delegación "rosaleira" participaba no II Trofeo de Mini BTT deste concello e alí estaba a nosa Benxamina Lucía González para acercarse cada vez máis o podio o rematar 5ª mentras que na mesma categoría pero en masculino, Alan Alonso remataba 32º.
En Promesa A era Edgar Alonso o que se facía co 24º posto e para rematar Iker González sería 23º e Mateo Rodríguez 34º, ambolodous en Promesa B.
A vindeiras citas serán os Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual para Javi, Iago e Irea nas Pontes de García Rodríguez o venres 17 (Día das Letras Galegas) e o V Mini Btt de Poio o domingo 19
FOTOS DE ROIS
FOTOS DE PADRÓN
FOTOS DE RIBADUMIA
domingo, 5 de mayo de 2019
PABLO ESTREASE CO SEGUNDO POSTO EN BOIRO MENTRAS QUE IRENE FAI TERCEIRA
Na 32 Promoción de Ciclismo de Boiro de onte pola tarde os tres ximcaneiros non tiñan o seu día mentras que en estrada acontecía todo o contrario xa que dos cinco representantes "rosaleiros", todos eNtraban nos oito primeiros.
En Ximcana o primeiro en tomar a saída era Roi Alvarez que sofría unha derrapaxe que o levaba o chan e remataría 10º. O seguinte era Aitor Rodríguez o que a pelota lle ía o poste e así acumulaba un erro que o situaba na 9ª praza. Remataba Lucas Alvarez que botaba un pé o chan e facía que quedase no 12º posto.
Na categoría de Alevíns era Irene Rodríguez que en féminas facía unha gran carreira para adxudicarse o seu segundo podio consecutivo o rematar terceira.
En masculino xa na semana pasada advertíamos do potencial do noso equipo e en Boiro chegaba a confirmación con Pablo Rodríguez que se facía co seu primeiro podio dende que abandoase a ximcana e se facía co 2º posto. Diego Adrover e outro que está a demostrar a súa melloría o rematar 5º seguido doutra promesa como é Unai Fernández que era 6º.
Pechaba Iker Rodríguez en Infantís que debutaba nunha bonita carreira en estrada aberta que organizou o Club Ciclista Barbanza e que con grande coraxe Iker remataba no 8º posto.
Outra delegación "rosaleira" quedábase un pouco máis preto, concretamente nos montes de Bembrive (Vigo) para diputar o VI Trofeo desta Entidade Local Menor e os resultados eran os seguintes:
Lucía González 7ª en Benxamín feminino, Alan Alonso 33º en Benxamín masculino, Iker González 19º e Mateo Rodríguez 22º en Promesa B, rematando Edgar Alonso co 29º posto en Promesa A.
FOTOS DE BOIRO
domingo, 28 de abril de 2019
VITORIA DE AITOR, 2º POSTO DE ZAIDA E 3º DE IRENE
En Monterroso (Lugo) daba comenzo onte a nova tempada 2019 de estrada para escolas e o primeiro en participar era Javi Sanz que pola mañán estreabase na categoría Cadete nun percorrido de 43 kms. na que tamén era a súa primeira carreira en ruta e a falta de experiencia facía que rematase na 33ª posición a 1 minuto e 32 segundos do gañador.
Logo pola tarde continuábase co resto de categorías, donde chegaba primeira vitória da tempada (que repetía como o ano pasado) para Aitor Rodríguez en Principiantes co seu compañeiro Roi Alvarez que sería 14º.
En Alevín grande satisfacción co terceiro posto de Irene Rodríguez en feminino mentras que en masculino era Pablo Rodríguez o que estaba a piques de subir o podio o rematar no 4º posto. Boas prestacións tamén para Diego Adrover que remataba 8º e o debutante Unai Fernández que era 11º.
O derradeiro en participar era outro que estreaba categoría como era Iker Rodríguez que se facía cun prometedor 6º posto en Infantíl.
Tamén onte pola mañán outra delegación do C.C. O Rosal quedábase un chisco máis perto, concretamente en Porriño donde se celebraba o III Trofeo Mini BTT desta localidade donde o primeiro en participar era Alan Alonso que na categoría Benxamín se facía dono do 34º posto mentras que seu irmán Edgar acadaba o 23º en Promesa A.
En Promesa B era Mateo Rodríguez o noso representante acadando o 24º posto.
Pechaba a participación rosaleira Alvaro González que na categoría Alevín A era 34º.
No mesmo Porriño pero xá pola tarde disputabase o BTT XCO coa nosa representante Zaida González que na categoría Sub-23 voltaba a estar no podio co 2º posto.
FOTOS DE MONTERROSO
FOTOS DE PORRIÑO
domingo, 14 de abril de 2019
OUTRO SABADO CON TRES COMPETICIÓNS DISTINTAS
Para comenzar era nosa Sub-23 Zaida González que participaba no III Trofeo Pan de Zarco no concello de A Cañiza e como non podía ser doutra maneira, Zaida facíase coa vitória na súa categoría.
FOTOS
No outro frente de Mondaríz, os protagonistas era os máis peques do Clube comandados polo noso Monitor Oscar Trigo que tiñan a súa primeira experiencia co descenso NO I Mini DHU desta localidade donde Alan Alonso acadaba o 5º posto en Benxamín mentras que en Promesa o seu irmán Edgar era 18º e Mateo Rodríguez 21º na mesma categoría.
En Principiante eran Aitor Rodríguez e Roi Alvarez os que tomaban a saída co 10º posto de Aitor e o 15º para Roi.
Remataba a nosa participación coa categoría Alevín e alí estaba Diego Adrover para traer consigo o trofeo de terceiro clasificado como premio a primeira participación do Club Ciclista O Rosal nesta especialidade.
FOTOS
Deixamos para o final a Iª Cronoescalada Mirador Niño do Corvo que organizou o C.C. O Rosal e que despois de moitos contactos e xestións de todo tipo, foi posible que esta inédita escalada poidese ser unha realidade cos nosos agradecementos o Concello de O Rosal, Protección Civil de O Rosal e as Comunidades de Montes de Santa Mariña, San Miguel de Tabagón, San Xoan de Tabagon, Eiras e Goián.
Polo Club Ciclista O Rosal tomaban a saída Iago Alvarez que se facía co 27º posto en Junior masculino e Irea Villa que en Junior feminino e nunha escalada moi sufrida subía o podio co terceiro posto como recompensa o seu esforzo e loita contra o reloxo.
FOTOS
Os podios quedaban así:
| 1º | 896 | GRACIA BERROA, ISAAC | 10042118592 | 72221033 | CADETE | ZONA CYCLING | 00:13:34.936 |
| 2º | 834 | DIZ VENCES, BREOGAN | 10040295804 | 45140944 | CADETE | ALUMINIOS CORTIZO | 00:13:36.475 |
| 3º | 803 | GARCIA SALGADO, ALEXANDRE | 10041674820 | 54429018 | CADETE | REDONDELA IL PICCOLO | 00:13:48.195 |
| 1º | 704 | DOMINGUEZ ESTEVEZ, SONIA | 10037039230 | 15494738 | CADETE FEM. | MARIN, C.C. | 00:19:03.953 |
| 2º | 706 | MONTOIRO SUAREZ, CARLA | 10041022896 | 49403713 | CADETE FEM. | NEGREIRA, C.C. | 00:19:18.502 |
| 3º | 703 | MEDIAVILLA LENS, AROA | 10043646142 | 99150120 | CADETE FEM. | CAMBRE, C.C. | 00:20:03.735 |
| 1º | 115 | CASALDERREY ESPERON, RAUL | 10090212509 | 77463525 | JUNIOR | ALEATA- CC FARTO | 00:12:50.369 |
| 2º | 109 | RODRIGUEZ ALONSO, MANUEL | 10039244160 | 35675092 | JUNIOR | CLUB CICLISTA PONTEAREAS | 00:13:01.455 |
| 3º | 123 | SANPEDRO GARCIA, MANUEL | 10041544777 | 53488434 | JUNIOR | C.C.CAMBRE-CAEIRO | 00:13:16.10 |
| 1º | 752 | FERNANDEZ TORRES, CARLA | 10041606011 | 53859886 | JUNIOR FEM. | RIO MIERA - MERUELO | 00:16:29.172 |
| 2º | 750 | GARCIA LOUSA, SARA EREA | 10041646124 | 54153153 | JUNIOR FEM. | CAMBRE, C.C. | 00:21:37.611 |
| 3º | 753 | VILLA RODRIGUEZ, IREA | 10037039129 | 15494674 | JUNIOR FEM. | O ROSAL, C.C. | 00:33:44.160 |
| 1º | 236 | ALONSO ALONSO, IAGO | 10039308121 | 36121071 | MASTER 30 | CHANTADINO, C.C. | 00:12:01.243 |
| 2º | 337 | GARCIA CAMESELLE, SAMUEL | 10014885036 | 36141092 | MASTER 30 | NORINVER CYCLING TEAM | 00:12:41.204 |
| 3º | 238 | REGUEIRA RIVELA, JOSE MANUEL | 10042892673 | 76620701 | MASTER 30 | CHANTADINO, C.C. | 00:13:13.961 |
| 1º | 455 | FERNANDEZ OLIVEIRA, RUBEN | 10042944712 | 76908490 | MASTER 40 | NORINVER CYCLING TEAM | 00:11:44.120 |
| 2º | 434 | TAJES FONTAN, EDUARDO | 10052086859 | 77402819 | MASTER 40 | NORINVER CYCLING TEAM | 00:12:30.664 |
| 3º | 425 | LOPEZ DE GUEREÑO LAREU BALO, JUAN L | UIS10039305794 | 36116172 | MASTER 40 | RIA DE VIGO, C.C. | 00:12:47.485 |
| 1º | 605 | FERNANDEZ FERNANDEZ, ALFONSO | 10039145443 | 34972898 | MASTER 50 | ORENSANO, C.C. | 00:13:30.428 |
| 2º | 612 | TAJES FONTAN, JOSE MARIA | 10054867830 | 35312683 | MASTER 50 | QUINTENA, P.C. | 00:13:46.172 |
| 3º | 607 | GARCIA GONZALEZ, ENRIQUE | 10043570461 | 9312907 | MASTER 50 | NORINVER CYCLING TEAM | 00:14:03.404 |
domingo, 7 de abril de 2019
Iª CRONOESCALADA MIRADOR NIÑO DO CORVO
O vindeiro sabado o Club Ciclista O Rosal organiza a Iª CRONOESCALADA MIRADOR NIÑO DO CORVO. Trátase dunha Cronoescalada inédita cunha lonxitude de 4,1 kms e un desnivel pisitivo de 266 metros que arrincará no Alto do Morán e rematará no Mirador doNiño do Corvo no monte Lousado.
Esta proba será posible grazas a colaboración de entre outros o Concello de O Rosal, Policía Local, Protección Civil de O Rosal e cinco Comunidades de Montes ( Santa Mariña do Rosal, San Bartolomé de Eiras, San Xoan de Tabagón San Miguel de Tabagón e Goián).
Os trofeos quedarán distribuídos nas seguintes categorías participantes:
CADETE (masculino/feminino)
JUNIOR (masculino/feminino)
Master feminino
Master 30
Master 40
Master 50/60
Esta proba será posible grazas a colaboración de entre outros o Concello de O Rosal, Policía Local, Protección Civil de O Rosal e cinco Comunidades de Montes ( Santa Mariña do Rosal, San Bartolomé de Eiras, San Xoan de Tabagón San Miguel de Tabagón e Goián).
Os trofeos quedarán distribuídos nas seguintes categorías participantes:
CADETE (masculino/feminino)
JUNIOR (masculino/feminino)
Master feminino
Master 30
Master 40
Master 50/60
BTT DE SANTIAGO, PRESENTACION DO CLUBE E VITORIA DE MARIO NO ENDURO BAIXOMIÑO
Intensa fin de semana que comenzaba na mañá de onte co Mini BTT de Santiago para logo a tarde continuar co X BTT-XCO na mesma cidade de Santiago donde tomaba parte a nosa campiona Sub-23 Zaida González pero que non remataba a proba o abandonar por problemas físicos.
Logo as 20:00 horas tamén de onte o Club Ciclista O Rosal-Montes do Rosal-A Rosaleira presentaba no Auditório Municipal a súa plantilla de cara a tempada 2019 a espera de novas incorporacións.
Xa oxe pola mañá os nosos antigos "pupilos" de InSitu organizaban a Iª BAIXO MIÑO ENDURO EXPERIENCE donde tomaba a saída o noso "endureiro" Mario Fernández que se facía coa vitória da categoría Junior e co segundo posto absoluto.
Fotos de Enduro
Composición para a tempada 2019:
Logo as 20:00 horas tamén de onte o Club Ciclista O Rosal-Montes do Rosal-A Rosaleira presentaba no Auditório Municipal a súa plantilla de cara a tempada 2019 a espera de novas incorporacións.
Xa oxe pola mañá os nosos antigos "pupilos" de InSitu organizaban a Iª BAIXO MIÑO ENDURO EXPERIENCE donde tomaba a saída o noso "endureiro" Mario Fernández que se facía coa vitória da categoría Junior e co segundo posto absoluto.
Fotos de Enduro
Composición para a tempada 2019:
CICLOTURISTA
|
||
Luís
|
Alvarez Martínez
|
|
SUB-23
|
||
Xoel
|
Villa Rodríguez
|
|
Zaida
|
González Martínez
|
|
JUNIOR
|
||
Iago
|
Álvarez Lomba
|
|
Mario
|
Fernández Lorenzo
|
|
Irea
|
Villa Rodríguez
|
|
CADETE
|
||
Javier
|
Sanz Berridy
|
|
INFANTIL
|
||
Iker
|
Rodríguez Lomba
|
|
ALEVIN
|
||
Diego
|
Alvarez Adrover
|
|
Unai
|
Fernández Rivero
|
|
Alvaro
|
González Míguez
|
|
Irene
|
Rodríguez Alvarez
|
|
Pablo
|
Rodríguez Otero
|
|
PRINCIPIANTE
|
||
Lucas
|
Alvarez Lomba
|
|
Aitor
|
Rodríguez González
|
|
Roi
|
Alvarez Rodríguez
|
|
PROMESA
|
||
Alan
|
Alonso Juan
|
|
Edgar
|
Alonso Juan
|
|
Diego
|
Alvarez Coimbra
|
|
Saray
|
Alvarez Coimbra
|
|
Iker
|
González Baz
|
|
Lucía
|
González Baz
|
|
Mateo
|
Rodríguez Souto
|
|
sábado, 6 de abril de 2019
MINI BTT CIDADE DE SANTIAGO
Antes da presentación do noso clube de oxe pola tarde, alguns dos nosos cativos ainda tiveron tempo de disputar o MiniBTT Cidade de Santiago na mañán na Granxa do Sesto, donde tamén pasaron frío xa que a climatoloxía con choivas e vento do norte traía consigo temperaturas moi baixas.
No que é a competición en sí Lucía González era 10ª en Benxamín féminas, Alan Alonso 32º en Bemxamín masculino, Edgar Alonso 19º en Promesa A, Iker González 10º en Promesa B e Roi Alvarez 18º en Principiante A.
Fotos de Gloria Baz
No que é a competición en sí Lucía González era 10ª en Benxamín féminas, Alan Alonso 32º en Bemxamín masculino, Edgar Alonso 19º en Promesa A, Iker González 10º en Promesa B e Roi Alvarez 18º en Principiante A.
Fotos de Gloria Baz
martes, 2 de abril de 2019
MARIO FERNÁNDEZ ACADA O SEGUNDO POSTO EN LA ADRADA (AVILA)
Desta volta foi no II ENDURO LA ADRADA (AVILA) donde Mario voltou o podio, solo que desta vez non foi no primeiro posto como en Bitem, sinón que baixou un posto para facerse coa segunda posición no "caixón".
Con éste resultado Mario tamén abandona o liderato do Open de España da especialidade e baixa a segunda posición.
A vindeira cita será o día 19 de maio na localidade coruñesa de Mugardos co gallo do MONTEFARO ENDURO 2019 organizado por Pulpeiros Mugardos C.C..
Con éste resultado Mario tamén abandona o liderato do Open de España da especialidade e baixa a segunda posición.
A vindeira cita será o día 19 de maio na localidade coruñesa de Mugardos co gallo do MONTEFARO ENDURO 2019 organizado por Pulpeiros Mugardos C.C..
domingo, 17 de marzo de 2019
PONTEAREAS TAPOUCO SE LLE RESISTE A MARIO FERNÁNDEZ
Na mañán de oxe foi no I ENDURO ADC PICARAÑA-BIZIEBIKE PONTEAREAS donde Mario acadaba outra vitória que se engade a da semana pasada.
Non comenzaba ben a carreira para Mario xa que no primeiro tramo sofría unha caída que facía que o seu tempo non fose dos millores, pero que despois sería quen de recuperar nos tramos seguintes para facerse de novo co primeiro posto e desta maneira afianzar o seu liderato na Copa Galicia.
sábado, 16 de marzo de 2019
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL
A Xunta Directiva do Club Ciclista O Rosal publicou no día de onte a Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria.
lunes, 11 de marzo de 2019
VITORIA DE MARIO FERNANDEZ EN CORUXO
Primeira carreira da Copa Galicia de BTT-Enduro e primeira vitória para o "peto" de Mario que era o gañador da categoría Junior.
A VigoBikeContest era a primeira da Copa Galicia da especialidade e Mario xa lles amosou aos seus rivais que nesta nova tempada sae a por todas e coa idea de traer a Copa para O Rosal.
A VigoBikeContest era a primeira da Copa Galicia da especialidade e Mario xa lles amosou aos seus rivais que nesta nova tempada sae a por todas e coa idea de traer a Copa para O Rosal.
domingo, 3 de marzo de 2019
MARIO SOBE O PODIO NO OPEN DE ESPAÑA DE ENDURO
Fai unha semana Mario e Zaida recollían os premios da Federación Galega de Ciclismo en recoñecemento os seus logros acadados na pasada tempada e xa no día de hoxe Mario inauguraba a tempada 2019 co terceiro posto Junior no ENDUBITEM, primeira proba do Open de España de Enduro celebrada en Bítem (Tarragona), donde xa tiña a experiencia do ano pasado donde neste mesmo trazado acadaba o segundo posto.
Sen dúbida un bon comenzo que agardamos que o fin da tempada teña a súa recompensa.
Tamén recoñecemento a seu irmán (ex do C.C. O Rosal) Raúl do C.C. In Situ que na categoría Elite acadaba o 28º posto.
Sen dúbida un bon comenzo que agardamos que o fin da tempada teña a súa recompensa.
Tamén recoñecemento a seu irmán (ex do C.C. O Rosal) Raúl do C.C. In Situ que na categoría Elite acadaba o 28º posto.
domingo, 24 de febrero de 2019
ZAIDA E MARIO PREMIADOS NA GALA DO CICLISMO GALEGO
Onte era o día da grande festa do ciclismo galego e para celebralo o sitio escollido foi a Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada donde foron recoñecidos e distinguídos @s ciclistas galeg@s polos seus títulos nacionais e autonómicos.
Polo Club Ciclista O Rosal foron recoñecidos os éxitos da Sub-23 Zaida González Martínez e do Júnior Mario Fernández Lorenzo.
Zaida era premiada por ser a gañadora da Copa Galicia de Ciclocross en categoría Sub-23 e Mario por partida dobre, unha por ser o gañador do Open de España de BTT-Enduro Júnior e a outra por ter acadado a Medalla de Bronce no Campionato de España de BTT-Enduro Júnior celebrado en Teror (Gran Canaria).
Parabéns a Mario e Zaida polos éxitos acadados que poñen de manifesto o seu esforzo e constancia que sen dúbida servirán como exemplo os máis "cativos" do C.C. O Rosal.
FOTOS
domingo, 20 de enero de 2019
XOEL VILLA PECHA A TEMPADA DE CICLOCROSS DO C.C. O ROSAL
Con motivo da quinta e última proba da Taça de Portugal diputada nos arredores do Centro de Estágios de Melgaço, Xoel Villa poñía o fin a tempada 2018-2019 de Ciclocross do Club Ciclista o Rosal cun 5º posto en Sub-23 e 13º na xeral de Elite.
Nesta tempada rematada na mañán de oxe salientamos o primeiro posto de Zaida González na Copa Galicia,así como o segundo posto no Campionato de Galicia Sub-23, ademáis da participación no Campionato de España da mesma Zaida como do seu compañeiro Iago Alvarez.
Agora xa só queda que en breve comencen os adestramentos de cara a vindeira tempada de ciclismo en estrada e de BTT .
FOTOS
Nesta tempada rematada na mañán de oxe salientamos o primeiro posto de Zaida González na Copa Galicia,así como o segundo posto no Campionato de Galicia Sub-23, ademáis da participación no Campionato de España da mesma Zaida como do seu compañeiro Iago Alvarez.
Agora xa só queda que en breve comencen os adestramentos de cara a vindeira tempada de ciclismo en estrada e de BTT .
FOTOS
lunes, 14 de enero de 2019
IAGO ALVAREZ E ZAIDA GONZÁLEZ NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS
Este ano os Campionatos de España de Ciclocross disputabanse na cidade de Pontevedra, concretamente na Illa das Esculturas en pleno río Lérez e pola nosa parte participaban Iago Alvarez e Zaida González.
Todo comenzaba o venres día 11 coa disputa da carreira de relevos para seleccións e aquí chegaba a primeira alegría para a afección galega xa que a Selección de Galicia composta por Carlos Canal, Andrés Calvete, Irene Trabazo, Saúl López e Iván Feijoo se facía co primeiro ouro destes campionatos.
No día do sábado 12 as 9:30 comenzaban as carreiras nun terreo completamente xeado a Manuel González Ojea acadaba a segunda medalla galega o facerse coa Prata en Máster 60.
En Máster 30B Andrés Calvete lograba facerse co Bronce.
Chegamos o derradeiro día de competición no domingo 13 tamén as 9:30 e de novo co circuito xeado partía a categoría Júnior co noso Iago Alvarez que acadaba o 55º posto. Neta categoría chegaba outra Medalla de Ouro para Galicia da man de Carlos Canal que dominou a carreira de principio a fin.
A segunda carreira da xornada era a de Sub 23 masculina e de novo Medalla de Ouro con Iván Feijoo que gañou por diante do catalán Jofre Cullell.
Na terceira carreira da mañán tomaba a saída a nosa Zaida González que defendía as cores da Selección Galega facendose coa 21ª praza de Sub23-Júnior. Nesta mesma carreira chegaban as derradeiras medallas destes campionatos xa que Isabel Castro facíase co Ouro en Master 40B, Natalia Raña era Prata en Master 40A e Carla Fernández Bronce en Júnior.
FOTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























