Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 10 de agosto de 2012

NOVA VITÓRIA DE IREA E PÓDIO PARA YASIR E RAÚL NO TROFEO FESTAS DO MONTE


Grande tarde de ciclismo a de onte xoves no Circuito da Sangriña donde o Club Ciclista O Rosal organizóu o XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE en colaboración co Concello de A Guarda e a Comisión de Festas cunha gran participación e asistencia de público.
Comenzaron os Benxamíns e desta volta Yasir Martínez voltaba o Pódio despóis de duas carreiras nas que quedou fora. Yasir acadaba ese traballadísimo 2º posto que o devolvía o seu posto natural; pola súa parte David Rodríguez quedaba pertiño do Pódio o rematar no 6º posto. A que parece que non quere baixar do máis alto do "caixón" e Irea Villa que está a encadear unha série de vitórias consecutivas e nesta carreira organizada polo seu Clube remataba oitava absoluta e primeira das Féminas. Os seguintes rosaleiros serían por ésta orden Sergio Vicente 13º, Rubén Carnero 19º, Iago Alvarez 21º, David Carnero 22º, Alberto García 28º, Andrés Lago 29º e Laura Teniente 44ª. Sinalar nesta categoría o debut da rosaleira Sara Alvarez que demostraba moi boas maneiras.
Sería de seguido a categoría Alevín a que tomaba a saída e Marcos Fernandes remataba 18º, María Correa noutra carreira moi completa remataba 19ª absoluta e 2ª Fémina e Mario Fernández sería 20º.
Turno para os Infantís i Ero Sobrino era o millor clasificado no 22º lugar, Manuel Dorna 25º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 28ª, Xoel Villa 29º i Elsa Portela 31ª completaban a participación rosaleira.
Chegaría logo a volta para os Cadetes e aquí colleitabamos outro Pódio co 3º posto de Raúl Fernández e remataría Cristóbal Coimbra no 25º.
Rematarían as competicións coa categoría Júnior donde o ciclista Roberto Mediero (Fundación Oscar Pereiro) vencía cun dominio aplastante sobre os demáis participantes e o millor "rosaleiro" sería Antonio Portela no 5º lugar; seguirían Manuel González 11º, Adrian Vicente 16º, Alex Lomba 24º , Pablo Cividanes 27º e Adrian Dorna 29º.
 No día de mañán sabado dispútase o XXXXIV GRAN PREMIO DO ALBARIÑO en Cambados para as categorías de Escolas, Cadetes e Júnior.
Fotos da Carreira

domingo, 5 de agosto de 2012

IREA VILLA VOLTA A VENCER EN MARÍN

O XXVI Trofeo Promoción do Ciclismo disputóuse na mañán de hoxe domingo nos arredores do Porto e da Escola Naval de Marín cunha nova vitória de Irea Villa na categoría Benxamín Feminina.
Comenzaba a competición coa categoría Alevín, na que María Correa realizaba unha das suas millores carreiras da tempada e remataba 22ª na clasificación xeral e 2ª en Féminas. Pola súa banda Mario Fernández con problemas físicos remataba 27º.
Continuaban os Infantís e o millor clasificado sería Ero Sobrino no 31º posto, seguiríalle Zaida González na 32ª posición e terceira Fémina, Claudia Portela 34ª i Elsa Portela 35ª.
Remataba ésta mañán de ciclismo coa categoría Benxamín e Yasir Martínez voltaba a quedar as portas do Pódio o rematar na 5ª posición a dous segundos do terceiro clasificado. Irea clasificábase 7ª absoluta e 1ª Fémina polo que subia o máis alto do Caixón para recoller o Trofeo que a acreditaba como vencedora. Os irmáns Carnero Taveira cometían algún erro nas súas participacións o que lles custaba o rematar 16ª e 32ª para Rubén e David respectivamente.
A vindeira carreira vaise celebrar na Guarda donde o C.C. O Rosal organiza o XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE como xa publicamos na entrada anterior e donde agardamos contar coa presenza de tódolos afeccionados o ciclismo para que disfruten coas categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes e Júnior.
Fotos de Marín

viernes, 3 de agosto de 2012

XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE

Como ven sendo habitual dende fai 25 anos o segundo xoves de agosto e con motivo das Festas do Monte Santa Trega  o vindeiro dia nove o Club Ciclista O Rosal organiza o XXVI Trofeo Festas do Monte no circuito que se deseña polos arredores da Sangriña (A Guarda).
As competicións comenzarán as 17:00 horas coa categoría Benxamín para continuar con Alevíns, Infantís, Cadetes e rematarán os Junior.
Agradecemos dende aquí o patrocinio da Comisión de Festas e a colaboración do Concello de A Guarda, Policía Local, Protección Civil así como a tódalas persoas e firmas comerciais que fan que éste Trofeo acade a súa 26ª edición.


lunes, 30 de julio de 2012

IREA VILLA E RAUL FERNANDEZ TRIUNFAN EN CAMBRE


O pasado sabado foi un gran día para o ciclismo rosaleiro xa que os triunfos de Irea e Raúl tamen hai que engadir o 2º posto de Antonio Portela e o 3º de Claudia Portela en MiniBTT o domingo.
Comenzaban como de costume os Benxamins e os nosos saían a pista como "raios" pero non foi dabondo xa que o Pódio era para o C.C. Compostelano en pleno e Yasir tiña que conformarse co 4º posto seguido por David Rodríguez que remataba 5º e Iago Alvarez que cometía un erro remataba 18º. Para rematar quedaba Irea que era das derraseiras en saltar a pista o que non foi impedimento para que rematase 7ª absoluta e facerse coa vitória entre as féminas.
Os Alevíns e Infantís non participaban xa que se atopaban nunha concentración en Asturias organizada pola Federación Española de Ciclismo.
En Cadetes gran carreira de Raúl que estivo sempre en cabeza controlando que ninguén se lle fose da súa marcaxe para na derradeira volta soltar unha demarraxe que era imposible de seguir para os seus perseguidores e desta maneira entrar cos brazos alzados en sinal de vitória. Pola súa banda Cristóbal aliábase coa mala sorte e na segunda volta pasaba por un bache da calzada e pinchaba, abandonando a carreira nese preciso instante.
Para rematar eran os Júnior os que tomaban a saída e os nosos demostraban que saían con ganas de dar guerra e o primeiro paso por meta era Adrián Dorna o que pasaba en cabeza o saltar do pelotón ainda que mediada a carreira sería baixado da mesma o igual que Pablo. Xa contra o final Adrián Vicente tamén corria a mesma sorte e a partir de ahí a nosa sorte quedaba nas mans de Manuel González e Toñi Portela donde éste último tentaría varias veces en saltar do grupo pero sabedores do seu potencial os seus riváis non lle deixaban que se fose e non sería ata o final que se resolvería a carreira un axustadísimo sprint que se decantaba para o local Daniel López seguido de Toñi Portela; pola súa banda Manuel entraba no 11º posto.
No día de onte e de hoxe Cadetes e Júnior despazábanse a terras portuguesas para participar en carreiras en organizadas no país veciño.
Por outro lado destacar a carreira das irmáns Portela que no día de onte se desprazaban a Ponteareas para disputar o MiniBTT de Guláns na categoría Infantíl e Cludia remataba a primeira manga 4ª  e a segunda manga sería 3ª o que lle valía para subir o Pódio como terceira fémina. Pola súa banda Elsa facía 6ª nas dúas mangas o que lle valía para rematar nesa mesma posición.
Fotos de Cambre
Fotos de Cristobal Coimbra en Lousada (Portugal)

domingo, 22 de julio de 2012

YASIR MARTINEZ VENCE NO G.P. DO MEIXOEIRO

Yasir Martínez voltou a vencer, desta vez foi no GRAN PREMIO CICLISTA DO MEIXOEIRO que se disputou na tarde de onte sabado donde nun circuito moi complicado o inicio so catro participantes saíron indemnes sin cometer ningún erro. O seguinte "rosaleiro sería Sergio Vicente co 7º posto, David Rodríguez 8º, Rubén Carnero 10º, Irea Villa 12ª, David Carnero 13º, Alberto García 19º e Andrés Lago 23º.
Boa actuación dos Alevíns na que Mario Fernández remataba 17º e María Correa 23ª.
En Infantís Xoel Villa remataba 20º, Ero Sobrino 21º, Manuel Dorna 24, Zaida González 25ª, Claudia Portela 27ª i Elsa Portela 28ª.
O mesmo tempo disputábanse en Santiago os Campionatos de Galicia en Estrada e en Cadetes Raúl Fernández sofría un pinchazo que lle facía perder un tempo de ouro e remataría a carreira descolgado da cabeza no posto 23 a 2´48" do vencedor. Cristóbal Coimbra sería baixado da carreira o acumular unha certa desvantaxe.
En Júnior gran carreira de Antonio Portela que se metía nunha escapada que durou a maior parte da carreira e o final remataba 7º. Adrian Dorna e Adrian Vicente tamén serían eliminados da carreira.
Pola sua parte Manuel González remataba na mañán de hoxe domingo a súa participación no Campionato de España de BTT XCO cun fantástico 8º posto  na categoría Júnior, éste oitavo lugar ven a sumarse a Madalla de Bronce que acadóu o venres coa Selección de Galicia en Relevos.
Fotos do Meixoeiro

viernes, 20 de julio de 2012

MANUEL GONZALEZ MEDALLA DE BRONCE EN LORCA

                                          Foto RFEC

Nova fazaña do ciclismo "rosaleiro" da man do Campión Galego de BTT do Club Ciclista O Rosal, Manuel González que se pendura do "pescozo" a Medalla de Bronce no Campionato de España de BTT XCO na modalidade de relevos integrado na Selección Galega na facía equipo coa ciclista de Vilaboa Lucía Vázquez, o salvaterran Mauro González e o macedense Pablo Rodríguez.
Como por motivos laborais éste redactor non pudo estar presente nestes Campionatos, pois aquí lles deixamos a crónica da Real Federación Española de Ciclismo.


Cataluña –con el sub23 Cristofer Bosque, la fémina Anna Villar, el junior Jordi Quintanas y el élite Ismael Ventura- ha revalidado el título en el ‘team relay’ que ha abierto hoy los Campeonatos de España de cross country en Lorca (Murcia), por delante de Andalucía y Galicia.

La selección andaluza, con el élite David Valero, la fémina María Díaz, el junior Diego González y el sub23 José María Sánchez, terminaba a 2-51 de los vencedores, mientras que la gallega derrotaba en un agónico final al equipo murciano, que hizo una arriesgada apuesta que estuvo a punto de salirle bien. El sub23 Pablo Rodríguez, el junior Manuel González, la fémina Lucía Vázquez y el élite Mauro González formaron la escuadra gallega que terminaba a 3-52.

Y es que Murcia se jugó el todo por el todo, alineando a su hombre más fuerte, Sergio Mantecón, de salida situando después al junior Víctor Gómez y al sub23 Fabián Molina para intentar lograr una buena renta que dejara en franquicia las cosas a la fémina Aurea Ruiz.

Mantecón cumpliá el guión y lideraba la carrera al término de la primera vuelta, con 26 segundos sobre Cataluña y 48 sobre Galicia. Andalucía, pese a alinear a su élite, no tenía un buen comienzo, cediendo algo más de un minuto.

Murcia aumentó su ventaja en el segundo giro, con 57 segundos sobre la Comunidad Valenciana, que también había apostado por sus dos hombres más fuertes de inicio, pero sobre todo con 1-16 sobre Galicia y 2-02 sobre Cataluña.

En la tercera vuelta, la situación se volvió incluso más favorable, ya que se terminaba con 2-50 de diferencia entre murcianos y catalanes. Estaba por ver si el élite catalán, Ismael Ventura, podría remontar los 2-50 de desventaja ante la murciana. Por detrás, a casi cinco minutos Galicia veía como se le acercaba peligrosamente Andalucía. Parecía que iba a estar entre ellos el duelo por el bronce.

Pero los duelos no fueron tales. Ventura enjugó la diferencia en menos de media vuelta. Sánchez puso a Andalucía en carrera y volaron hacia la plata. Y Mauro González alcanzaba y superaba en la última bajada a la ciclista murciana, rematando el bronce en el sprint.

Ventura –cuatro veces campeón en esta prueba, aunque no subía al podio desde 2005- comentaba que “la diferencia que nos llevaba Murcia era salvable, pero en esta disciplina influyen casi más los nervios, la cabeza y nunca te puedes confiar. Pero he visto que iba bien y en cuanto la he pasado, ya me lo he tomado con tranquilidad, pensando en que no podía echar al traste el trabajo de todo el equipo”.
Mantecón por su parte se mostraba pese a todo, “muy contento, porque hemos sido valientes, lo hemos apostado todo para ganar y no ha salido bien, pero casi, casi. Hemos intentado hacer valer el factor cancha, como espero que pase el domingo”. Finalmente el andaluz Sánchez nos decía que “hoy por hoy, la plata es lo máximo que podemos aspirar. Hemos mejorado un puesto con respecto al año pasado y las sensaciones han sido muy buenas, pudiendo recortar los casi cinco minutos que nos llevaba Murcia en esa última vuelta. Confío en que el domingo me salga todo igual que hoy y pueda luchar por el título, ya que llevo varios años rozando el palo”.
Gracias Manuel por traer para éstas terras unha nova medalla.


jueves, 19 de julio de 2012

MANUEL GONZALEZ NO CAMPINATO DE ESPAÑA DE BTT

O recentemente proclamado Campión de Galicia de BTT, o corredor do Club Ciclista O Rosal, Manuel González partíu hoxe cara a Lorca (Murcia) para participar no Campionato de España de BTT como integrante da Selección Galega que se vai celebrar desde mañán día 20 ata o domingo 22.
Éste Campionato vaise disputar nun cicuito cunha corda de 6,3 Kms e un desnivel de 170 metros por volta.
Desde éste Clube desexámoslle moita sorte.

domingo, 15 de julio de 2012

Pódio de Yasir Martínez no VIII Trofeo C.C. Cangas

As competicións comenzaban onte sabado coa CRONOESCALADA DE VIVEIRO donde participaban as categorías de Cadetes e Júnior sobre unha distancia de 4 Kms.
O Cadete Raúl Fernández acadaba a 5ª praza cun tempo de15´23". En Júnior o millor clasificado era Antonio Portela tamén no 5º posto cun tempo de 13´11", 8º sería Manuel González con 13´29", 19º Pablo Cividanes con 15´18" e 30º Adrian Vicente que empregaba 17´38".
Xa na mañán de hoxe domingo as 10:00 comenzaba o VIII Trofeo organizado polo Clube da Vila de Cangas donde comenzaban os Alevíns donde Mario Fernández acadaba o 13º posto mentras que María Correa se facía co 23º.
En Infantís Xoel Villa remataba 21º, Ero Sobrino 24º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 29ª, Elsa Portela 31ª e Manuel Dorna 34º.
En Cadetes Raúl Fernández non subía o "caixon" polo espesor dun tubular e tiña que conformarse co 4º posto mentras que Cristóbal Coimbra remataba 29º.
Remataban a competición os Benxamíns e Yasir Martínez acadaba esa terceira posición que lle valía para voltar o Pódio a tan só un segundo do vencedor; Iago Alvarez obtiña unha meritória 6ª praza e unha especial mención merecen os irmáns Carnero Taveira que no seu primeiro ano de competición xa están instalados nos postos altos da clasificación como son o 7º posto de Rubén e o 8º de David. Pola súa banda David Rodríguez erraba nas paralelas e remataba 13º o mesmo que Irea Villa que tamén erraba no mesmo obstáculo e remataba15ª i un erro cometéu tamén Laura Teniente que se facía coa 18ª posición.
As vindeiras carreiras vanse disputar en Santiago as 15:00 horas para Cadetes e Júnior que van loitar polo Canpionato de Galicia de Fondo e no barrio do Meixoeiro (Vigo) para Escolas as 17:30.
Fotos de Viveiro
Fotos de Cangas

domingo, 8 de julio de 2012

TOÑI PORTELA TERCEIRO EN MARÍN

Despois das alegrías de onte no Campionato de Galicia de BTT, na mañán de hoxe disputábase en Marín o 30º Trofeo Virxe do Carmo para as categorías de Cadetes e Júnior.
En Cadetes competían os nosos dous representantes como son Cristóbal e Raúl. A carreira consistía en duas voltas a un circuito polas estradas da comarca de Marín para completar un percorrido de 57 kilómetros. Comenzóu a carreira e tanto Cristóbal como Raúl mantíñanse no grupo de cabeza pero co paso dos kilómetros Cristóbal era obrigado o abandono por parte do xuíces da carreira o acumular unha certa desvantaxe coa cabeza. Pola súa banda Raúl continuaba neses primeiros postos pero de cara o final pagaba o esforzo da Medalla de Bronce de onte en Maceda e acadaba un meritório 8º posto.
En cuanto os Júnior, éstes facían o mesmo percorrido pero cunha volta máis para completar 87 kms. Aquí era Pablo Cividanes o que era baixado mediada a carreira. Pola súa banda Manuel González era outro o que tamén se lle notaba o esforzo da Madalla de Ouro que acadaba onte en Maceda e remataba no 12º posto. En cuanto a António Portela, escapábase mediada a carreira con outros tres corredores para chegar a liña de meta nun apurado Sprint final e acadar ese terceiro posto que se suma a Medalla de Bronce de onte.
Fotos

MANU GONZALEZ CAMPION DE GALICIA DE BTT JUNIOR


Despois destes días tristes polo falecemento do Vicepresidente José Luís Martínez a alegría voltou no día de onte o Club Ciclista O Rosal da man dos seus ciclistas no Campionato de Galicia de BTT en forma dunha medalla de ouro e duas de bronce.
En Cadetes representábanos Raúl Fernández que nunha gran actuación se facia coa Medalla de Bronce nunha especialidade da que non é habitual.
Na categoría Júnior, Antonio Portela tamén se facía coa Medalla de Bronce e para rematar era Manuel González o que subía o mais alto do "caixón" para proclamarse Campión de Galicia de BTT Júnior e así traer para as nosas terras esa Medalla de Ouro.
Sen dúbida outro éxito dos integrantes do Club Ciclista O Rosal que voltan a comandar no ciclismo galego.
FOTOS DO PÓDIO
Galería de fotos de Luz Iglesias (Cambre)

lunes, 2 de julio de 2012

O Club Ciclista o Rosal está de Loito


No día de hoxe faleceu o Vicepresidente do Club Ciclista O Rosal José Luís Martínez Costas.
Perdida irreparable para a familia , amigos e como non para este Clube o que adicou tantos anos coa  unica  contraprestación da satisfacción que lle producía o estar cos nenos e tratar de sacar o millor deles e do ciclismo.
Dende o Club Ciclista O Rosal queremos acompañar a familia nestes momentos tan duros.
¡¡¡¡Hasta sempre JOSÉ e GRACIAS pola tua adicación a éste CLUBE!!!!

domingo, 1 de julio de 2012

XVIII GRAN PREMIO CICLISTA TEIS

Na mañán de hoxe celebrouse o XVIII GRAN PREMIO CICLISTA TEIS nun circuito que se desenrolaba polas ruas Sanjurjo Badía, Doctor Corbal e Pedro Alvarado coa asistencia de varios dos nosos ciclistas.
Comenzaron os Benxamíns e Irea Villa era a millor clasificada co 6º posto seguida de Iago Alvarez no 8º e Laura Teniente no 20º.
En Alevíns moi boa carreira de Mario Fermández que acadaba o 8º posto e María Correa que se facía coa 22ª posición.
 Desta volta os Infantís voltaron a ter unha frouxa actuación e Manuel Dorna clasificabase 24º, Ero Sobrino 25º e Xoel Villa 28º.
Finalizaban os Cadetes e Raúl Fernández acariñaba o "caixón" o acabar na 5ª posición  co mesmo tempo que o terceiro clasificado, pola súa banda Cristóbal Coimbra remataba no 21º posto.
Pola súa parte as irmáns Portela da categoría Infantíl acudían no día de onte a disputar o MINI BTT de ARBO e Claudia acadaba o 4º posto i Elsa o 5º.
Fotos de Teis

No extradeportivo o Club Ciclista O Rosal quere dende aquí desexar unha pronta recuperación do seu Vicepresidente José Luís Martínez Costas que se atopa hospitalizado en estado grave.
ANIMO JOSE LUIS!!!!!!!

jueves, 28 de junio de 2012

COLABORACION CON NoSportLimit

 
O Club Ciclista O Rosal, ven de  establecer un convenio coa empresa NoSportLimit.com. da que forma parte o ex-pro Gonzalo Rabuñal Rios, como distribuidor para Galicia de alimentación Deportiva Victory Endurance, para a adquisición de suplementacion deportiva para os corredores da categoría Júnior, a partir desta tempada. Esperamos que os nosos corredores sexan capaces de aproveitar toda a experiencia dunha gran marca ao servizo do deporte.

Mais info: www.nosportlimit.com

domingo, 24 de junio de 2012

TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR


Ésta fin de semana disputábase o TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos nas clasificación.
Comenzaba a xornada de onte ca 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 Kms. e Manuel González remataba 7º cun tempo de10´10" a 28" do gañador, Antonio Portela remataba 9º a 40", Alex Lomba 12º a 1´04", Pablo Cividanes 19º a 2´05", Adrian Dorna 31º a 3´54" e Adrian Vicente 32º a 4´06".
Acto seguido dábase paso o 2º Sector MEAÑO-MEAÑO de 57 Kms e de novo Manuel voltaba a ser o millor "rosaleiro" co 4º posto seguido de Toñi Portela 7º, Alex Lomba 11º, Pablo 20º, Dorna 32º e Adrian Vicente 33º.
O remate desta primeira etapa a clasificación xeral quedaba así:
Manuel González 4º a tan só 31" do líder, Toñi Portela 7º a 51" Alex 11º a 2´11", Pablo 20º, Dorna 31º e A.Vicente 32º.
Destacar que o remate desta xornada Antonio Portela era o líder das Metas Volante con 3 puntos.
Xa no día de hoxe disputábase a segunda etapa CAMBADOS-CAMBADOS sobre unha distancia de 69 kms. i era Antonio Portela o que destacaba o rematar 3º da categoría Junior a 12" do vencedor a unha madia de 42 Kms/h. e 1º Junior de primeiro ano. Alex Lomba remataba 11º, Manuel González 12º,  Pablo 24º, Dorna 25º e A. Vicente 26º.
O remate a clasificación xeral final sería a seguinte: 
Manuel González   4º
Antonio Portela     6º
Alex Lomba        11º
Pablo Cividanes  23º
Adrian Dorna     32º
Adrian Vicente   33º

PODIO DE YASIR MARTINEZ EN PADRÓN


Onte sábado disputábase en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo o "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto, Rubén Carnero que está a demostrar que pouco a pouco vai subindo escalons na clasificación acadaba un óptimo 11º posto, Iago Alvarez no 21º, David Carnero no 22 e Irea Villa no 23º pecharían a participación "rosaleira".
En Alevíns destacar a progresión de Mario Fernández que xa nos primeiros metros da carreira saía como un "foguete" e pasaba a liderar a proba durante a primeira volta para logo ceder terreo os máis veteráns e acabar no 13º posto. Destacamos tamén a progresión de María Correa que se vai adaptando a categoría e finalizaba 29ª.
En Infantís moi boa carreira de Manuel Dorna que aguantou durante oito voltas no grupo de cabeza para logo xa exáusto rematar no 24º posto seguido de Ero Sobrino no 28º, Xoel Villa no 35º, Elsa Portela 37ª e Claudia Portela 39ª.
Remataba a categoría Cadete donde o noso representante Raúl Fernández loitaba en solitário cos riváis de equipos máis numerosos e pagaba os esforzos cun magnífico 6º posto.
A próxima cita será en Téis (Vigo) na rúa Sanjurjo Badía o vindeiro domingo as 10:00 horas para a disputa do 21º G.P. CICLISTA TÉIS-18º MEMORIAL PABLO MEREIRAS para as categorías de Escolas e Cadetes.
Fotos da carreira

domingo, 17 de junio de 2012

FIN DE SEMANA POR TERRAS PORTUGUESAS

Esta fin de semana o equipo Junior do C.C. O Rosal competía en terras portuguesas por partida dobre.
Onte sábado competían no 24º Circuito de Avidos (Vila Nova de Famalicao) cunha boa participación dos nosos ciclistas xa que en todo momento estiveron na cabeza da carreira e o millor clasificado era Alex Lomba co 9º posto seguido de Antonio Portela no12º, Manuel González no 17º e Adrian Dorna que se retiróu e non acabou a carreira.
Xa no día de hoxe competíase no 56º Circuito de Santo Antonio en Amares no distrito de Braga e aquí o millor rosaleiro era Manuel González no posto18º co mesmo tempo do gañador da proba; logo seguiríano Toñi Portela no 25º e Alex Lomba no 26º a 1´02".
A próxima carreira será o vindeiro sabado as 10:00 horas da mañán en Padrón (A Coruña) para as categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes e para os Junior será o Triptico Ruta do Albariño en Cambados o sábado e domingo.
FOTOS DE AVIDOS
FOTOS DE AMARES


domingo, 10 de junio de 2012

CAMPIONATO DE GALICIA CRI EN SOBER (LUGO)

Na tarde de onte partíamos cara a Sober (Lugo) donde se disputaba o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual.
Na categoría Cadete era Raúl Fernández o noso representante que partía como un "raio" marcando un dos millores tempos a metade da carreira pero logo nos derradeiros kilómetros víñase un pouco abaixo e remataba na 11ª posición a 1´36" do vencedor.
Na categoría Junior o primeiro en competir era Adrián Dorna que realizaba unha moi boa actuación rematando 28º a 2´55" do vencedor. segundo en sair era Antonio Portela que marcou o millor tempo intermedio pero o que a última subida que había antes da meta lle pasaba factura e remataba nunha espléndida 8ª posición a tan só 23". Logo sería o turno de Pablo Cividanes que mediada a carreira sofría unha caida que o obrigaba o abandono.Turno para Alex Lomba que nunha carreira moi regular remataba 15º a 1´08". Tocáballe logo a Adrián Vicente que remataba 17º a 2´44". Remataba a participación rosaleira Manuel González que tamén facía unha moi boa carreira para acadar o 10º posto a 38".
Fotos

domingo, 3 de junio de 2012

Podio para TOÑI PORTELA na Praza do Calvario

Tarde que se presentaba perfecta para a practica do ciclismo pero que conforme ían pasando os minutos se iría encapotando o ceo e chegaría a chuvia, o cal non foi impedimento para que este VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA fose un éxito de participantes aínda que a colleita para os nosos representantes foi un tanto pobre xa que se esperaba algo máis dos nosos ciclistas e tan só se conseguiu un podio da man de Antonio Portela que acadou o 3º posto da categoría Júnior.
Comezaron os Benxamíns e a presión facía que os nosos pequenos saísen a pista un tanto nerviosos e salvo Irea Villa que non cometeu ningun erro e finalizou nunha espléndida 5º posición absoluta e primeira en Féminas, o resto de integrantes cometerían algun fallo o que lles impedía subir ao podio e polo tanto Yasir Martínez sería 5º, Iago Alvarez 9º, David Rodríguez 13º, Rubén Carnero 14º, Sergio Vicente 15º, Laura Teniente 19º, David Carnero 21º e Andres Lago 27º.
En Alevíns gran carreira a realizada por Mario Fernandez e María Correa que finalizarían nos postos 14º para Mario e 28º absoluto e 3º en feminas para María.
En Infantiles destacar a grande actuación de Ero Sobrino que finalizaría 10º. Pola súa banda Elsa Portela finalizaba na 31ª posición, a súa irmá Claudia na 32ª, Zaida González na 33ª, Xoel Villa sería 37º e Manuel Dorna 38º.
Xa en Cadetes outra gran carreira a realizada por Raul Fernandez que finalizaba 6º mentres que Cristóbal Coimbra finalizaba 30º.
Finalizaba a xornada coa categoría raíña dos Júnior e Toñi Portela quería agradar ao seu publico e regalábanos ese terceiro posto que se nos antolla un tanto escaso a teor do esforzo realizado. Outro que realizou unha primeira parte de carreira espléndida era Manuel Gonzalez pero co paso das voltas afrouxaba algo e remataría a proba na 12ª posición e o mesmo acontecía con Alex Lomba que se facia coa 13ª. Pola súa banda Adrian Vicente sería 28º, Pablo Cividanes 29º e Adrian Dorna 33º.
Fotos da carreira

Galería de Brais Martínez Villa con 578 fotografías.

lunes, 28 de mayo de 2012

VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA

      
                          Saída e Meta na Praza do Calvario  GPS: 41º 56´13" N    8º 50´12" W
O Club Ciclista O Rosal recupera unha tradicional carreira que xa levaba alguns anos sin celebrarse como viña sendo o tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña na súa sétima edición e que se vai celebrar o vindeiro sabado 2 de xuño a partir das 17:00 horas.
Comenzarán a competición os Benxamíns cunha ximcana na mesma Praza do Calvario.
O resto das categorías realizarán un percorrido por un circuito de 1,5 kilómetros con saída da Praza do Calvario seguindo pola rúa Simón del Mazo - rúa Campo da Feira - rúa Gandarela - estrada de Sandián - rúa de Xesús Noia e meta na Praza do Calvario.
Voltas por categorías:
ALEVÍN:      3 VOLTAS
INFANTIL:  7 VOLTAS
CADETE:   15 VOLTAS
JUNIOR:    20 VOLTAS
O final das carreiras procederáse a entrega de prémios.
¡¡¡Contamos coa túa presenza xa que é de valde!!!

domingo, 27 de mayo de 2012

Pódios para Irea, Iago e Manuel en Carballo

No Trofeo de San Xoan en Carballo (A Coruña) que se disputóu no día de onte voltaron os Pódios e desta volta foi con Iago Alvarez, Irea Villa e Manuel González.
En Benxamíns os participantes tiveron que empregarse a fondo e poñer toda a sua perícia na competición polo escorregadiza que estaba a pista por mor da choiva caída e foi ahí donde os nosos dous representantes saían moi ben parados xa que Iago facíase co 3º posto e Irea co 6º o cual tamén lle valía para subir o "caixón" como primeira Fémina.
En Alevíns era Mário Fernández o que nos representaba e nunha carreira moi disputada acadaba o 12º posto o final da mesma.
En Infantís eran Xoel Villa e Manuel Dorna os "rosaleiros" participantes e a pesares de poñer todo da sua parte a duas voltas do final eran baixados da carreira por mor da diferenza coa cabeza do pelotón.
En Cadetes a nosa representación recaía sobre Cristóbal Coimbra e Raúl Fernández nunha proba que constaba de duas voltas a un circuito de 18  kilómetros para un total de 36, e un Km. despóis do primeiro paso por meta Cristóbal quedaba descolgado do Pelotón i era baixado da carreira mentres que Raúl loitaba ata o final para acadar o 13º posto.
Para finalizar ésta xornada por terras coruñesas os Junior tiñan que dar duas voltas por carreteras da comarca para completar un percorrido de 76 Km. A mala sorte cebábase en Adrián Dorna que cando marchaba en postos de cabeza sofría un pinchazo e quedaba descolgado da cabeza o que o obrigaba a retirarse. Outro que tamén se retiraba era Adrián Vicente por problemas físicos o mesmo que Pablo Cividanes. Cando finalizaba a carreira Manuel González cruzaba a liña de meta na 7ª posición, Alex Lomba na 17ª mentres que Toñi Portela remataba 20º.
Nesta proba de Júnior Manu González facíase co Prémio da Montaña, trofoeo que recollia Alex, xa que Manuel non podía esperar a entrega de prémios.
Fotos da carreira