Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de junio de 2023

PRETO DE 300 CICLISTAS PARTICIPARON NO TROFEO MONTES DO ROSAL

 

Na tarde de onte facíase a entrega dos  36 trofeos as distintas categorías do XVII TROFEO MONTE DO ROSAL que como sempre organiza o Club Ciclista O Rosal coa inestimable colaboración do Concello de O Rosal. O mesmo tempo Manuel Dorna (ex-ciclista do noso clube) en representación de CERRAJERÍA VINTANOX, facía entrega doutro trofeo a o millor rosaleiro/a de cada categoría, trofeos doados por esta empresa rosaleira.

Na categoría Promesa  tiñamos o primeiro podio da man de Iván Lázaro co segundo lugar e o mesmo tempo tamén se facía co Trofeo Vintanox. Era seguido por Darío Castro 4º, Roi Fernández 6º, Simón Amaro 8º, Aarón del Río, 13ºLucas González 19º e Hugo Torres 22º. En feminino dende a cuarta a sétima eran para as rosaleiras con Zoe del río 4º (Trofeo Vintanox), Rosalía González 5ª, Alba González 6ª e Gala Castro 7ª.

En Principiantes, Marco Rodríguez 4º (Trofeo Vintanox), e Lucas Amaro 6º. en feminino primeiro posto de Lucía Gonzalez (Trofeo Vintanox) e 2º de Alba Rascado.

As nosas féminas  da categoría Alevín voltaban a estar a grande altura, pois Antía Fernández  (Trofeo Vintanox) tamén subía o podio co 2º posto e Saray Coimbra o 6º. En masculino o primeiro rosaleiro era Xoel González 6º (Trofeo Vintanox), Aitor Gil 11º, Iker González 16º, Mateo Rodríguez 17º, Diego Coimbra 19º e Tiago Cedeira 24º.

Trofeo Vintanox para Roi Alvarez o rematar 7º na categoría Infantil e 21º para Aitor Rodríguez.

Gran carreira tamén a de Unai Fernández  (Trofeo Vintanox) que remataba 6º en Cadetes mentras que Irene Rodríguez  (Trofeo Vintanox) era 8ª en féminas.

Rematamos co derradeiro  Trofeo Vintanox para o Junior Iker Rodríguez que aínda que este ano está nas filas do C.C. Padronés, segue pedaleando co corazón rosaleiro.

Para rematar coa crónica deste Trofeo Montes do Rosal, só nos queda por agradecer a Concello do Rosal, Policia Local, Protección Civil de O Rosal e Tomiño, Comunidade de Montes do Rosal, Cerraxería Vintanox e todalas demáis institución públicas e empresas privadas que grazas a súa colaboración fixeron posible éste gran día de ciclismo no Rosal.

Sen tempo para recuprearse do esforzo da tarde de onte, hoxe ben cedo unha parte da nosa plantilla desprazouse a terras do Condado para tomar a saída no Mini BTT de Ponteareas con estes resultados:

BENXAMÍN: Lucas González 8º e Aitor Castro 10º. Rosalía González 8ª en féminas.

PROMESA: Iván Lázaro 5º, Roi Fernández 15º e Darío Castro 20º. 

ALEVÍN: Xoel González 5º, Aitor Gil 21º e Mateo Rodríguez 26º.

O ROSAL

PONTEAREAS

domingo, 28 de mayo de 2023

PODIOS DE XOEL EN CUNTIS E DE ANTÍA E ROI EN CARBALLO

 

Como comentamos no encabezado, no día de onte sábado acadaronse tres novos podios e os tres supoñían a estrea para Antía Xoel e Roi.
 
Comenzamos polo II Mini BTT Vila de Cuntis donde os nosos disfrutaban dunha mañá de ciclismo para os máis cativos.
En Benxamín o millor clasificado era Aitor Castro no 10º posto e seguido moi de preto por Lucas González no 14º. En féminas a irmá deste último, Rosalía clasificaba no 9º lugar. En Promesa o 8º posto era para Iván Lázaro.
En Alevín chegaba o podio de Xoel González o rematar no 3º posto. Nesta mesma categoría Aitor Gil era 25º, Mateo Rodríguez 34º e Tiago Cedeira 61º.
 
Atravesamos Galicia adende o sur o extremo norte, a Terras de Bergantiños donde se disputaba o Trofeo Concello de Carballo cos outros dous podios de Antía Alvarez Fernández e seu irmán Roi.
 
Era precisamente éste último o que acadaba o segundo posto na categoría Promesa , que lle permitía colleitar o seu primeiro trofeo da tempada. En féminas Alba González facía 5ª mentras que súa irmá Lucía tamén era 5ª pero da categoría Principiante.
En Alevín feminino como comentabamos máis arriba, Antía se fecía co 3º posto e Saray Coimbra co 9º, mentras que en masculino Iker González era 14º e Diego Coimbra 17º.
 O que tamén facía 14º era Aitor Rodríguez na categoría Infantil mentras que en Cadete o 10º era para Unai Fernández.
 
 
 
 

miércoles, 24 de mayo de 2023

RESUMO DA DERRADEIRA SEMANA





Esta pasada semana comenzaba no mércores 17, Día das Letras Galegas co Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual que se disputaba en Cerceda coa participación da nosa equipa de Cadete composta por Unai Fernández e Irene Rodríguez.

Irene acadaría o 9º posto, mentras que Unai era 22º.

Na tarde do sábado 20, tres dos nosos partían cara a terras coruñesas para participar no I MINI BTT VILA DE AS PONTES, clasificando no 7º posto a Xoel González e no 37º a Mateo Rodríguez na categoría Alevín e a Marco Rodríguez 11º en Principiante.

Xa na mañá do domingo 21 era o groso do noso equipo o que madrugaba con destino a capital de Galicia para disputar XXII CARREIRA DA ASCENSIÓN.

Na categoría  Promesa masculino chegaba o único podio da xorna da mán de Iván Lázaro que remataba na 2ª posición seguido de Roi fernández na 5º, mentras que Alba González facía 7ª en feminino.

En Principiante Marco Rodríguez clasificaba 5º mentras que en feminino Lucía González era 7ª e Alba Rascado 8ª.

Brillante 10 posto de Xoel González en Alevín cos non menos interesantes 18º de Mateo rodríguez, 21º de Iker González, 25º de Diego Coimbra e o 31º de Tiago Cedeira. En feminino o 7º posto era para Saray Coimbra e o 8º para Antía Fernández.

O Infantil Aitor Rodríguez acadaba o 18º posto mentras que en Cadete feminino o 5º era asinado por Irene Rodríguez

En Ponteareas o cadete Unai Fernández participaba no IV Enduro das Rosquillas acadando o 11º lugar.

AS PONTES

SANTIAGO


 


domingo, 14 de mayo de 2023

CONTINUAMOS COLLEITANDO ÉXITOS

 




Onte en Rois pola mañá e en Padrón pola tarde. Hoxe en Ribadumia. Esta foi a nosa axenda desta fin de semana.

ROIS: Irene Rodríguez 6º Cadete feminino e Unai Fernández 11º Cadete masculino.

PADRÓN: 

PROMESA Darío Castro 3º e Simón Amaro 6º.

PRINCIPIANTE: Marco Rodríguez 4º e Lucas Amaro 15º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Lucía González 2ª e Alba Rascado 5ª.

ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 3ª.

ALEVÍN MASCULINO: Iker González 15º e Tiago Cedeira 16º.

INFANTIL: Aitor Rodríguez 14º. 

RIBADUMIA: 

BENXAMÍN: Aitor Castro 10º

PROMESA: Iván Lázaro 5º e Hugo Torres 28º.

ALEVÍN: Xoel González 7º, Mateo Rodríguez 30º, Aitor Gil, 31 e Tiago Cedeira 61º.

PADRÓN

RIBADUMIA





sábado, 6 de mayo de 2023

MINI BTT DE BEMBRIVE (VIGO)

Novo fin de semana e de novo volta a competición, desta vez no VIII TROFEO ENTIDAD MENOR  DE BEMBRIVE DE MINI BTT. con estes resultados:

BENXAMIN: Aitor Castro 13º e Lucas González 14º

BENXAMIN FEMININO: Rosalía González 7ª

PROMESA: Iván Lázaro 8º, Darío Castro 15º, Roi Fernández 17º, Simón Amaro 19 e Hugo Torres 22º

PRINCIPIANTE: Lucas Amaro 14º

ALEVÍN: Xoel González 8º, Aitor Gil 25º, Mateo Rodríguez 26º e Tiago Cedeira 46º

INFANTIL: Roi Alvarez 15º

FOTOS
 

domingo, 30 de abril de 2023

PODIOS NA XXXV PROMOCIÓN DE CICLISMO DE BOIRO 2023

 



Na tarde de onte sábado tocou desprazamento a terras do Barbanza donde se disputaba a segunda carreira da tempada de escolas na XXXV PROMOCIÓN DE CICLISMO DE BOIRO 2023 e donde a nosa "xente" acadaba tres podios, un dos cuáis era para Darío Castro quen na súa segunda participación xa sobe o "caixón". Os outros dous chegarían da man das nosas féminas Lucía e Alba.

PROMESA FEMININO:Alba González  6ª

PROMESA MASCULINO: Darío Castro  2º

PRINCIPIANTE FEMININO: Lucía González 1ª e Alba Rascado 2ª

ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 6ª e Antía Fernández 7ª

ALEVÍN MASCULINO: Iker González 13º e Diego Coimbra 17º

INFANTIL: Roi Alvarez 9º e Aitor Rodríguez 42º

CADETE FEMININO: Irene Rodríguez 6ª

CADETE MASCULINO: Unai Fernández 12º

FOTOS

Na Mañá de hoxe, viaxe a Comarca de Ordes, concretamente o II MINI BTT CONCELLO DE OROSO con estes resultados:

BENXAMÍN:  Aitor Castro 8º Lucas González 10º

PROMESAS: Roi Fernández 41º

ALEVÍN: Xoel González 7º e Mateo Rodríguez 24º

FOTOS


lunes, 24 de abril de 2023

VI MINI BTT CONCELLO DO CARBALLIÑO - X DESCENSO CIDADE DE SANTIAGO

Despois da "resaca" da presentación do sábado, a nosa xente estaba con gañas de competir e onte domingo unha parte deles desprazaronse o Mini BTT do Carballiño co estes resultados:

BENXAMIN: Lucas González 7º e Aitor Castro 8º.

PROMESA: Iván Lázaro 10º e Roi Fernández 24º.

PRINCIPIANTE: Marco Rodríguez 21º.

ALEVÍN FEMININO: Antía Fernández 23ª.

ALEVÍN MASCULINO: Xoel González 7º, Mateo Rodríguez 27º e Aitor Gil 40º.

Por outro lado Unai Fernández participaba no X Descenso Cidade de Santiago donde acadaba o 5º posto da categoría Cadete 

FOTOS


PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2023

 


 
 Antesdonte sábado tivemos o pracer de facer a presentación da formación do Club Ciclista O Rosal para o este ano 2.023.
Entre os diversos acontecementos, destacamos o recoñecemento o noso expresidente Gerardo Alvarez Martínez que durante 37 anos foi o "noso presidente" ata o setembro pasado que foi relevado por Alberto Rodríguez Sobrino, pasando Gerardo a ostentar o cargo de Presidente de Honra.
Presentamos a nosa plantilla que contará de momento co 38 integrantes e das cuais trece serán féminas, o que confirma a nosa aposta polo ciclismo feminino.
Tamén agradecemos dende aquí aGRADECER A colaboración das entidades públicas así como privadas e masa social, sen os cuais non sería posible continuar neste proxecto de ciclismo de escolas.