Despois de pasar a mañán en Monteferro, pola tarde tocaba desprazarse o Ifevi de Vigo en Cotogrande donde se disputaba o XV Trofeo Ciclista Festas de Vigo organizado polo Club Ciclista Meixoeiro.
Comenzaban a competir os Alevíns e como ven sendo habitual estiveron lonxe dos primeiros postos con Xoel Villa no posto 16º, Manuel Dorna 17º, Ero Sobrino 18º, Zaida González 23ª i Claudia i Elsa Portela 39ª e 40ª respectivamente.
Continuaban os Infantís con Raúl Fernández como ven sendo habitual esta tempada de novo no pódio, desta vez no 3º posto seguido de Andrés Fernández 7º e Cristóbal Coimbra 9º.
Pechaban a tarde os Benxamíns donde Mario Fernández non quixo ser menos que o seu irmán Raúl e tamén subía o "caixon" pero éste andaba algo mais "fino" e finalizaba 2º. Cerraba a participación Marcos Vasconcellos no posto 38º.
Fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario