Na primeira manga a primeira en saltar a pista foi Irea que na última volta sofría unha das habituais caídas e só acadaba a 5ª praza.
En canto a Xoel nunha actuación algo mais discreta entraba en meta no posto 13º.
Na segunda manga a cousa trocaba para ben xa que Irea conseguía cruzar a liña de chegada na 3ª posición o cal a lavaba o 3º posto da clasificación final retornando de novo o podio despois de duas carreiras fora del.
Pola sua banda Xoel nesta segunda manga tamén sofría unha caída que lle facía perder catro postos para chegar 12º o que o final despois da suma das duas mangas, se traducía nun meritório 11º posto.
Por outro lado na especialidade de carretera apenas oubo participación dos nosos xa que o reglamento da F.G.C. só lle permite a categoría de escolas a disputa de 20 carreiras como máximo polo que se decidiu comenzar a descartar carreiras.
Desta volta agúns dos nosos ciclistas iban até Lugo para disputar o XLVII Gran Premio da Milagrosa.En Benxamíns acudía David Rodríguez que acadaba o posto 19º, en Alevíns Manuel Dorna finalizaba 11º i en Junior Miguel Rodríguez entraba 23º i Brais González 25º.
Polo que concerne os Cadetes, suliñar que se atopan no Distrito de Aveiro (Portugal) donde dende o venres e durante tres días disputan o III Trofeo Internacional Alves Barbosa do cal informaremos nos vindeiros dias.
Fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario