Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 17 de julio de 2022

22 TROFEO VILA DE LUOU CO CINCO NOVOS PODIOS

 




Comenzamos o relato co acontecido a derradeira fin de semana que por causas técnicas nos foi imposible de publicar.

O sábado día 9 comenzabamos co I MINI BTT CONCELLO DE CUNTIS, até donde se desprazaban Mateo Rodríguez que na categoría Principiante acadaba o 11º posto, e Xoel González e Aitor Gil que na categoría Alevín se facían cos postos 8º e 14º respectivamente.

Pola tarde en Cambados disputabase o tradicional G.P. do Albariño que vai pola súa 52ª edición e que servía como homenaxe a Ernesto Falcón recentemente falecido e que era o “alma máter” desta proba ciclista da comarca do Salnés.

En Promesa feminino Alba Rascado acadaba o 4º posto mentras que en Principiante chegaba o podio de Tiago Cedeira no 2º posto e o 4º de Marco Rodríguez.

En Alevín 8º lugar para Aitor Rodríguez, mentras que en Infantíl chegaba outro podio de man de Unai Fernández que remataba 3º mentras que Roi Alvarez era 8º.

Rematamos coa categoría Cadete donde a fémina Irene Rodríguez acadaba un estupendo 4º posto mentras que en masculino o millor clasificado era Iker Rodríguez no 9º seguido por Manuel Domínguez no 13º, Diego Adrover 14º e Miguel Teniente 24º.

Xa no día de hoxe domingo no 22º Trofeo Vila de Luou éstes eran os resultados:

En Promesa feminino pleno das dúas nosas representantes, pois Lucía González era primeira e Alba Rascado segunda. En masculino 4º de Iván Lázaro e 11º de Roi Fernández.

Novo podio de Iker González en Principiantes co segundo posto, 10º de Marco Rodríguez e 11º de Tiago Cedeira mentras que a fémina Antía Fernández tamén acadaba posto de podio co terceiro lugar.

En Alevín Aitor Rodríguez voltaba a ser 8º e a fémina Saray Coimbra 4ª.

Outro que últimamente está abonado o podio é Unai Fernández na categoría Infantíl que acadaba a terceira praza mentras que Roi Alvarez facía 9º.

A categoría Cadete era a encargada de rematar a nosa participación co 4º posto de Iker Rodríguez, o 27º de Diego Adrover, o 29 de Miguel Teniente e o 38º para Manuel Domínguez mentras que a fémina Irene Rodríguez facía quinta.

FOTOS DE CUNTIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario