Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 3 de julio de 2022

@S NOS@S VOLTAN DE TEIS CON NOVE PODIOS




 

Ésta foi unha fin de semana moi longa que comenzaba o xoves 30 de xuño cos Campionatos de España Escolares en Valladolid donde estaban os nosos ciclistas Iker Rodríguez Lomba en Cadete e Unai Fernández Rivero en Infantíl que defendían as cores da Selección Galega de Ciclismo.

Pero antes disto temos que comentar a participación de Iker no 4.º Prémio de Ciclismo HM Motor Campeonato do Minho de Ciclismo de Estrada - Arrecadações da Quintã o pasado domingo 26 en Barcelos (Portugal), donde acadaba a 19ª posición da clasificación.

Voltamos o acontecido en Valladolid e o primeiro en competir era Iker que o facía o xoves  na Contrarreloxo por Equipos (CRE) donde cos seus compañeiros de selección acadaban o 12º posto.

O venres 1 pola mañá voltava Iker a competir, destavolta na proba de Ruta na que se facía co 47º posto co mesmo tempo do gañador. Pola tarde era o debut de Unai na proba en Ruta co 50º posto.

No sábado 2 Unai pechaba a nosa representación na proba de Xincana co 35º posto.

Xa no día de hoxe domingo dous dos “nosos” desprazabanse até Betanzos para participar no Mini Btt Caimanes co 15º posto de Mateo Rodríguez en Principiante e o 9º de Xoel González en Alevín.

En Vigo quedaba o resto da plantilla que participaba no XXX Gran Premio Ciclista Teis donde daban un “golpe enrriba da mesa” para facerse con … podios que quedaban así:

“Arraso total” das nosas ciclistas na categoría Promesa Feminino donde as catro “rosaleiras” copaban os catro primeiros postos co Lucía González 1ª, Itzel del Río 2ª, Alba Rodríguez 3ª e  Zoe del río 4ª. En masculino Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 11º Simón Amaro 14º, Aarón del Río 15º e Aitor Castro 19º.

En Principiante feminino chegaba o ansiado primeiro posto para Antía Fernández mentras que en masculino dous novos podios con Iker González que era 2º, Marco Rodríguez 3º, Tiago Cedeira 6º e Lucas Amaro 13º.

En Alevín feminino 4º posto de Saray Coimbra e 6º de Aitor Rodríguez en masculino.

Sen tempo de descanso, pois viña de Valladolid, Unai Fernández chegaba o podio co segundo posto mentras que Roi Alvarez era 11º en Infantíl.

En cadete feminino, primeiro podio da categoría para Irene Rodríguez que se facía co segundo posto mentras que en masculino o outro chegado de Valladolid, Iker rodríguez tamén subía o podio co 3º lugar mentras que Miguel Teniente era 19º, Manuel Domínguez 22º e Diego Adrover 24º.

FOTOS DE BETANZOS

FOTOS DE TEIS

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario