Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 25 de abril de 2010

V Gran Premio Deputación Junior

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou no día de onte o V Gran Premio Copa Deputación de Pontevedra con grande éxito na afluencia de público como quedou demostrado na Praza do Calvario e durante todo o percorrido polos concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal.
En canto o deportivo os dous ciclistas "rosaleiros" non tiveron o seu millor día xa que Miguel Rodríguez cando se atopaba na "escapada boa" tivo un accidente no centro de Tomiño cun ciclista que se trabucara de percorrido e que regresaba ao orixinal chocando de fronte, o cal obrigou a Miguel ao abandono xa que a súa "máquina" sofreu danos de consideración; en canto a Brais González quedouse atrás nun grupo que foi perdendo contacto coa cabeza de carreira e foron retirados da carreira. En canto o pódio o Prémio da Montaña foi para Jacobo Ucha (Spol-Caixanova), as Metas Volantes para David Rañó ( C. C. Padronés-Aluminios Cortizo), a Clasificación por Equipos para o C.C. Spol-Caixanova de O Porriño e a Clasificación Xeral Individual foi para David Rañó ( C. C. Padronés-Aluminios Cortizo) seguido de Iván Roade (C.C. Vigues-Chint-Autronic) e o terceiro posto foi para Iago Carro (C.C. Luis Ocaña-Cymasa).

Dinde aquí o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores quere agradecer a todolas persoas i entidades públicas como privadas a súa colaboración para que a realización deste evento fose posible. Fotos.

jueves, 15 de abril de 2010

V Gran Premio Deputación Junior


O vindeiro sábado 24 a partires das 17:00 horas, disputase o V G. P. Deputación categoría Junior organizado polo Club Ciclista O Rosal.
O percorrido podese ver no cartel da parte superior e a saída terá lugar na Praza do Calvario as 17:00 continuando pola Gándara, Goián (17:15), Tomiño (17:29), Alto do Morán(17:45), O Calvario(17:49), Fornelos, Novás, Alto da Portela (18:00), Portecelo, A Guarda (18:12), Camposancos, A Guarda, Praza do Calvario(18:30), Fornelos, Novás, Alto da Portela (18:41), Portecelo, A Guarda (18:54), A Gándara e final na Praza do Calvario (19:10) donde se fará a entrega dos premios.
As Metas Voantes estarán situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario (duas veces) e O Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo duas veces). Indicamos que os horarios de paso polos puntos indicados son orientativos.
CONTAMOS COA TUA ASISTENCIA. É DE BALDE!!!!!!!!!!!!

jueves, 1 de abril de 2010

Os ciclistas do C.C. O Rosal no Camiño de Santiago


Aprobeitando estes días festivos de Semana Santa e que non hay competición os ciclistas do C.C. O Rosal Alex Lomba, Iván Morais, Manuel Lomba, Raúl Fernández e Toni Portela acompañados polos afeccionados Ángel Rodríguez da Silva (tío de Toni) e Marcos Dorado Alvarez propuxeronse como obxetivo a realización do Camiño de Santiago Portugués pola Costa en bicicleta, saíndo hoxe as oito da mañán de Viana do Castelo (Portugal), cruzarán o río Miño no transbordador Caminha-A Pasaxe e continuarán por Portecelo, Baiona e en Redondela uniránse a outro grupo de afeccionados rosaleiros que saíron de Tui. A etapa de hoxe acabará en Pontevedra, pernoctando nun albergue do Camiño e no día de mañán sairán de novo nas "bicis" para rematar na Praza do Obradoiro.