Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de marzo de 2014

PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2014

O Club Ciclista O Rosal 2014 fixo a súa presentación oficial na tarde de onte sábado no auditorio Municipal de O Rosal diante dos seus afeccionados na que tamén estiveron presentes o alcalde da Vila Jesús Mª Fernández Portela acompañado de compoñentes da Corporación Municipal, o Xerente da F.G.C. Ricardo Terceiro así como do presidente da Comunidade de Monte de Santa Mariña Isaac González acompañado de Isolino Sobrino entre outras personalidades.
O acto comenzaba as catro da tarde co pousado para a foto oficial nos arredores de Adegas Terras Gauda para logo continuar coa presentación no Auditório donde se resaltaron os éxitos da derradeira tempada entre os que destacaban os títulos de Raúl Fernádez como era ese Campionato de España de Ciclocróss do que tan orgullosos nos sentimos tódolos rosaleiros e tamén o éxito de Zaida González gañadora da Copa de Portugal de Ciclocróss Cadete Feminino sin esquecer os numerosos Pódios acadados nas categorías de Escolas.
Neste acto tamén foi agasallado cunha lembranza do C.C. O Rosal António Portela que se incorporou as filas do Grupo Deportivo Froiz. Entre os éxitos de Portela destacan varios Campionatos de Galicia e o Campionato de España de Estrada Cadete 2011.

A plantilla do Club Ciclista O Rosal 2014 queda así:

JUNIOR
Raúl Fernández

CADETE
Ero Sobrino
Manuel Dorna
Xoel Villa
Zaida González

INFANTIL
David Fletcher
Fran Mendez
María Correa
Mario Fernández

ALEVIN
Adrán Alonso
Iago Alvarez
Irea Villa
Luís Mendez
Laura Teniente
Sara Alvarez

PRINCIPIANTE
David Carnero
David Rodríguez
David Vicente
Iker Rodríguez
Pablo Alvarez
Pablo Rodríguez
Rubén Carnero
Sergio Vicente
Yasir Martínez

domingo, 23 de marzo de 2014

PRESENTACION DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2014

O vindeiro sábado día 29 a partir das seis da tarde, terá lugar a presentación da plantilla do Club Ciclista O Rosal 2014 no Auditorio Municipal de O Rosal.
O C. C. O Rosal fai éste público éste evento para que socios, simpatizantes e demáis afeccionados o ciclismo acudan o Auditório para arroupar os integrantes desta plantilla entre os que contamos co brillante Campión de España de Ciclocróss Raúl Fernández Lorenzo.
Acudide todos xa que a entrada é de balde!!!!.

II Xornada da Liga Escolar de Duatlón do Val Miñor

A espera do comenzo das competicións do Calendário Galego, na mañán de onte sábado cinco dos nosos ciclistas desprazáronse ata Baiona para disputar a II Xornada da Liga Escolar de Duatlón do Val Miñor organizada polo Club Ciclista Rias Baixas.
Ésta proba disputábase en duas mangas por cada categoría nun circuito o redor do antigo campo de fútbol de Santa Marta.
Os nosos representantes eran Luís Mendez na categoría Alevín, María Correa en Infantíl e Zaida González, Ero Sobrino e Xoel Villa en Cadete. A espera da confirmación das clasificacións, de momento so podemos adiantar o primeiro posto acadado por Zaida en Cadete Feminino.
Fotos da carreira