Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 28 de junio de 2012

COLABORACION CON NoSportLimit

 
O Club Ciclista O Rosal, ven de  establecer un convenio coa empresa NoSportLimit.com. da que forma parte o ex-pro Gonzalo Rabuñal Rios, como distribuidor para Galicia de alimentación Deportiva Victory Endurance, para a adquisición de suplementacion deportiva para os corredores da categoría Júnior, a partir desta tempada. Esperamos que os nosos corredores sexan capaces de aproveitar toda a experiencia dunha gran marca ao servizo do deporte.

Mais info: www.nosportlimit.com

domingo, 24 de junio de 2012

TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR


Ésta fin de semana disputábase o TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO JÚNIOR-SUB 23 en Cambados e o noso equipo Júnior acudía con tódolos seus integrantes dispoñibles e tanto na xornada de onte como na de hoxe acadaban postos altos nas clasificación.
Comenzaba a xornada de onte ca 1ª Etapa-1º Sector coa Cronoescalada Meaño-Alto do Busto sobre un percorrido de 3 Kms. e Manuel González remataba 7º cun tempo de10´10" a 28" do gañador, Antonio Portela remataba 9º a 40", Alex Lomba 12º a 1´04", Pablo Cividanes 19º a 2´05", Adrian Dorna 31º a 3´54" e Adrian Vicente 32º a 4´06".
Acto seguido dábase paso o 2º Sector MEAÑO-MEAÑO de 57 Kms e de novo Manuel voltaba a ser o millor "rosaleiro" co 4º posto seguido de Toñi Portela 7º, Alex Lomba 11º, Pablo 20º, Dorna 32º e Adrian Vicente 33º.
O remate desta primeira etapa a clasificación xeral quedaba así:
Manuel González 4º a tan só 31" do líder, Toñi Portela 7º a 51" Alex 11º a 2´11", Pablo 20º, Dorna 31º e A.Vicente 32º.
Destacar que o remate desta xornada Antonio Portela era o líder das Metas Volante con 3 puntos.
Xa no día de hoxe disputábase a segunda etapa CAMBADOS-CAMBADOS sobre unha distancia de 69 kms. i era Antonio Portela o que destacaba o rematar 3º da categoría Junior a 12" do vencedor a unha madia de 42 Kms/h. e 1º Junior de primeiro ano. Alex Lomba remataba 11º, Manuel González 12º,  Pablo 24º, Dorna 25º e A. Vicente 26º.
O remate a clasificación xeral final sería a seguinte: 
Manuel González   4º
Antonio Portela     6º
Alex Lomba        11º
Pablo Cividanes  23º
Adrian Dorna     32º
Adrian Vicente   33º

PODIO DE YASIR MARTINEZ EN PADRÓN


Onte sábado disputábase en Padrón o Trofeo Sponsor organizado polo C.C. Padronés e alí os nosos Benxamíns voltaban a facerse notar principalmente con Yasir que acadaba un excelente 3º posto que lle valía para subir de novo o "caixón" seguido de David Rodríguez no 8º posto, Rubén Carnero que está a demostrar que pouco a pouco vai subindo escalons na clasificación acadaba un óptimo 11º posto, Iago Alvarez no 21º, David Carnero no 22 e Irea Villa no 23º pecharían a participación "rosaleira".
En Alevíns destacar a progresión de Mario Fernández que xa nos primeiros metros da carreira saía como un "foguete" e pasaba a liderar a proba durante a primeira volta para logo ceder terreo os máis veteráns e acabar no 13º posto. Destacamos tamén a progresión de María Correa que se vai adaptando a categoría e finalizaba 29ª.
En Infantís moi boa carreira de Manuel Dorna que aguantou durante oito voltas no grupo de cabeza para logo xa exáusto rematar no 24º posto seguido de Ero Sobrino no 28º, Xoel Villa no 35º, Elsa Portela 37ª e Claudia Portela 39ª.
Remataba a categoría Cadete donde o noso representante Raúl Fernández loitaba en solitário cos riváis de equipos máis numerosos e pagaba os esforzos cun magnífico 6º posto.
A próxima cita será en Téis (Vigo) na rúa Sanjurjo Badía o vindeiro domingo as 10:00 horas para a disputa do 21º G.P. CICLISTA TÉIS-18º MEMORIAL PABLO MEREIRAS para as categorías de Escolas e Cadetes.
Fotos da carreira

domingo, 17 de junio de 2012

FIN DE SEMANA POR TERRAS PORTUGUESAS

Esta fin de semana o equipo Junior do C.C. O Rosal competía en terras portuguesas por partida dobre.
Onte sábado competían no 24º Circuito de Avidos (Vila Nova de Famalicao) cunha boa participación dos nosos ciclistas xa que en todo momento estiveron na cabeza da carreira e o millor clasificado era Alex Lomba co 9º posto seguido de Antonio Portela no12º, Manuel González no 17º e Adrian Dorna que se retiróu e non acabou a carreira.
Xa no día de hoxe competíase no 56º Circuito de Santo Antonio en Amares no distrito de Braga e aquí o millor rosaleiro era Manuel González no posto18º co mesmo tempo do gañador da proba; logo seguiríano Toñi Portela no 25º e Alex Lomba no 26º a 1´02".
A próxima carreira será o vindeiro sabado as 10:00 horas da mañán en Padrón (A Coruña) para as categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes e para os Junior será o Triptico Ruta do Albariño en Cambados o sábado e domingo.
FOTOS DE AVIDOS
FOTOS DE AMARES


domingo, 10 de junio de 2012

CAMPIONATO DE GALICIA CRI EN SOBER (LUGO)

Na tarde de onte partíamos cara a Sober (Lugo) donde se disputaba o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual.
Na categoría Cadete era Raúl Fernández o noso representante que partía como un "raio" marcando un dos millores tempos a metade da carreira pero logo nos derradeiros kilómetros víñase un pouco abaixo e remataba na 11ª posición a 1´36" do vencedor.
Na categoría Junior o primeiro en competir era Adrián Dorna que realizaba unha moi boa actuación rematando 28º a 2´55" do vencedor. segundo en sair era Antonio Portela que marcou o millor tempo intermedio pero o que a última subida que había antes da meta lle pasaba factura e remataba nunha espléndida 8ª posición a tan só 23". Logo sería o turno de Pablo Cividanes que mediada a carreira sofría unha caida que o obrigaba o abandono.Turno para Alex Lomba que nunha carreira moi regular remataba 15º a 1´08". Tocáballe logo a Adrián Vicente que remataba 17º a 2´44". Remataba a participación rosaleira Manuel González que tamén facía unha moi boa carreira para acadar o 10º posto a 38".
Fotos

domingo, 3 de junio de 2012

Podio para TOÑI PORTELA na Praza do Calvario

Tarde que se presentaba perfecta para a practica do ciclismo pero que conforme ían pasando os minutos se iría encapotando o ceo e chegaría a chuvia, o cal non foi impedimento para que este VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA fose un éxito de participantes aínda que a colleita para os nosos representantes foi un tanto pobre xa que se esperaba algo máis dos nosos ciclistas e tan só se conseguiu un podio da man de Antonio Portela que acadou o 3º posto da categoría Júnior.
Comezaron os Benxamíns e a presión facía que os nosos pequenos saísen a pista un tanto nerviosos e salvo Irea Villa que non cometeu ningun erro e finalizou nunha espléndida 5º posición absoluta e primeira en Féminas, o resto de integrantes cometerían algun fallo o que lles impedía subir ao podio e polo tanto Yasir Martínez sería 5º, Iago Alvarez 9º, David Rodríguez 13º, Rubén Carnero 14º, Sergio Vicente 15º, Laura Teniente 19º, David Carnero 21º e Andres Lago 27º.
En Alevíns gran carreira a realizada por Mario Fernandez e María Correa que finalizarían nos postos 14º para Mario e 28º absoluto e 3º en feminas para María.
En Infantiles destacar a grande actuación de Ero Sobrino que finalizaría 10º. Pola súa banda Elsa Portela finalizaba na 31ª posición, a súa irmá Claudia na 32ª, Zaida González na 33ª, Xoel Villa sería 37º e Manuel Dorna 38º.
Xa en Cadetes outra gran carreira a realizada por Raul Fernandez que finalizaba 6º mentres que Cristóbal Coimbra finalizaba 30º.
Finalizaba a xornada coa categoría raíña dos Júnior e Toñi Portela quería agradar ao seu publico e regalábanos ese terceiro posto que se nos antolla un tanto escaso a teor do esforzo realizado. Outro que realizou unha primeira parte de carreira espléndida era Manuel Gonzalez pero co paso das voltas afrouxaba algo e remataría a proba na 12ª posición e o mesmo acontecía con Alex Lomba que se facia coa 13ª. Pola súa banda Adrian Vicente sería 28º, Pablo Cividanes 29º e Adrian Dorna 33º.
Fotos da carreira

Galería de Brais Martínez Villa con 578 fotografías.