Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de agosto de 2017

PABLO FAISE COA VITORIA NUHA LONGA FIN DE SEMANA DE CICLISMO


Onte era a primeira xornada do XLIV GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO na rúa Areal donde a nosa expedición arrincaba unha vitória.

En Promesas Lucas Alvarez era 5º mentras que Roi Alvarez facía terceiro para logo dar paso os Principiantes e de novo Pablo Rodríguez se facía coa vitória sin dar opción os seus rivais, mentras que Unai Fernández era 6º, David Vicente 8º e Alvaro González 12º. En Féminas Irene Rodríguez desta volta quedábase sen Pódio o rematar na 5ª posición.

En Alevíns, loita ata o derradeiro centímetro por parte de Iker Rodríguez que no esprint final acadaba o 4º posto.

En Infantís Sergio Vicente era o millor clasificado o rematar 24º mentras que Adrián Alonso era 27º.

Rermataba o Cadete Iago Alvarez co 22º posto.

Xa na mañán de hoxe disputábase a segunda xornada dividida en duas mangas con Irea Villa como protagonista. A primeira manga constaba da coñecida cronoescalada con saída na Porta do Sol e chegada no Monte Castro acadando a 7ª praza. Na segunda manga que era unha carreira no circuito que bordea o Monte Castro tamén acadaba o 7º posto polo que na xeral final tamén obtiña o mesmo posto.

A Cantabria desplazábase Mario Fernández que cedido o C.C. Padronés participaba na Vuelta al Besaya Cadete.
No venres nuha contrareloxo por equipos de 5 kms. acadaba o 9º posto a 7" dos vencedores. No sabado, etapa en liña na que entraba 40º a 4". Remataba a carreira na xornada de hoxe coa derradeira etapa en liña na que acadaba o posto 100 a 3:32 para facer 74º na clasificación xeral final a 3:36.

Pola súa parte María Correa disputou na mañan de hoxe o Campionato de España Júnior en Valladolid acadando a 38ª posición a 20:12 da vencedora.
FOTOS DA CARREIRA DE IREA

miércoles, 16 de agosto de 2017

VITORIA DE IRENE EN BETANZOS E TERCEIRO DE MARÍA EN PORTUGAL


Vitoria de Irene Rodríguez onte na categoría de Principiantes Féminas no II Trofeo Festas de San Roque de Betanzos, mentras que en masculino Unai Fernández remataba 7º . 
Pola súa banda Roi Alvarez facíase co 9º posto en Promesas.

En Alevín Iker Rodríguez acadaba o 11º posto mentras que a Fémina Cadete Irea Villa era 6ª

Outra parte da plantilla deplazouse a veciña Santa Marta de Portuzelo en Viana do Castelo donde o Promesa Lucas Alvarez era 9º; os cadetes Iago Alvarez e Mario Fernández facían 15º e 22º respectivamente mentras que María Correa subía o terceiro posto do Pódio en Júnior Féminas.

domingo, 13 de agosto de 2017

CATRO OS PODIOS ACADADOS ONTE EN CAMBADOS




Outra boa xornada para o noso plantel co gallo do 59º G.P. do Albariño de Cambados con catro novos Pódios.

O Promesa Lucas Alvarez era o primeiro en subir o "caixón" o facerse co segundo posto da categoría mentras que Roi Alvarez era 4º.

En Principiantes, de novo pablo Rodríguez demostraba que é o máis forte e vencía con claridade, mentras que dende Mougás chegaba o debutante Unai Fernández para alcanzar un grandísimo 4º posto que a piques estaba de levalo o Pódio. En Féminas Irene Rodríguez voltaba a mostrar que sempre é unha candidata os postos máis altos e non nos defraudaba o acadar o 3º posto.

En Infantís a pesar dunha primeira parte de carreira moi boa, Adrián Alonso quedábase coa 27ª posición e David Rodríguez coa 31ª.

En Cadetes o millor clasificado era Mario Fernández no 6º posto e Iago Alvarez chegaba a meta no 17º. Pola súa banda a Fémina Irea Villa remataba na 7º praza.

E para rematar era a Fémina Júnior María Correa a que se facía co derradeiro Pódio da xornada o acadar a vitória nesta categoría.
FOTOS DA CARREIRA

lunes, 7 de agosto de 2017

VITORIA DE IRENE E TERCEIRO POSTO DE ROI EN CAMBRE


O pasado sabado día 5 no polígono do Espíritu Santo competíamos no Trofeo Concello de Cambre.

En Promesas era Roi Alvarez o que subía o Pódio no terceiro posto a pesar de cometer un erro na súa ximcana mentras que Lucas Alvarez era 12º.

En Principiantes Féminas chegaba a vitória de Irene Rodríguez, facendo o mesmo tempo 4ª na xeral absoluta coa categoría masculina.

En Alevín era Iker Rodríguez o que voltaba a loitar polo Pódio, pero éste escapabaselle nos derradeiros metros i entraba no 6º posto.

En Cadete Iago Alvarez facíase o 23º posto e Irea Villa en Féminas co 7º.

Mentras tanto o Cadete Mario Fernández cedido co Club Ciclista Padronés participaba na Volta Ciclista a Portugal Cadete donde nos ofrecía unha boa prestación.
Na primeira etapa do día 4 con inicio e final en Figueira da Foz remataba no 56º posto a 1:56 do vencedor; no día 5 era a segunda etapa entre Ferreiros e Curia (Anadía) donde remataba 23º co mesmo tempo do gañador. Rematábase esta Volta a Portugal o domingo 6 xa máis o norte con saída e chegada en Gondomar donde Mario chegaba no 53º posto a 3:12, quedando na Xeral Final 50º a 5:00 do vencedor.
FOTOS DE CAMBRE