Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 22 de septiembre de 2012

TROFEO FESTAS DE SETEMBRO (PONTEAREAS)

Hoxe sabado pola tarde disputóuse en Ponteareas o Trofeo Festas de Setembro con vitória de Irea e terceiros postos de María e Zaida todas elas nas categorías Femininas ainda que non recibiron o merecido Trofeo.
A tarde de competicións abríase como e de costume cos máis cativos (Benxamíns) e o millor clasificado era David Rodríguez que quedaba moi pretiño do Pódio o quedar no 5º posto seguido de Iago Alvarez que perdía algo de tempo nunha das probas da ximcana e remataba 9º. Outro que facía a súa millor carreira da tempada era Andres Lago que nunha proba donde non cometeu ningún erro remataba 11º. Xa logo seguirían Yasir Martínez 15º, Rubén Carnero 16º, Irea Villa 17ª e 1ª de Féminas, David Carnero 24º e Sara Senra 51ª.
En Alevíns María Correa voltaba a loitar polos postos altos e remataba 17ª absoluta e 3ª de Féminas seguida de Mario Fernández que se facía co 19º posto
Os Infantís na súa liña de rematar polos postos médios da táboa, era Xoel Villa o millor clasificado rematando 20º, seguido de Manuel Dorna  27º, Ero Sobrino 30º e Zaida González 32ª absoluta e 3ª de Féminas.
 Pecharían esta tarde de carreiras os Cadetes e como ven sendo habitual Raúl Fernández voltaba a loitar para subir o Pódio pero o final tería que conformarse co 6º posto mentras que Cristóbal Coimbra mediada a carreira quedábase retrasado e remataba no 25º lugar.
Por outro lado durante a mañán deste sábado Elsa e Claudia Portela competían no 4º Trofeo Concello de Mos de MiniBTT e Claudia voltaba a subir o Pódio o clasificarse nun fantástico 2º posto de Infantíl Feminino mentras que Elsa remataba 5ª.
Fotos de Ponteareas

domingo, 16 de septiembre de 2012

IREA VILLA E ZAIDA GONZALEZ VOLTAN O MAIS ALTO DO PODIO ACOMPAÑADAS DE LAURA TENIENTE E MARÍA CORREA

Na tarde de onte sabado acudimos a Porriño para participar no TROFEO FESTAS DO CRISTO e dende alí voltabamos para O Rosal con catro novos Pódios, e tódos eles nas categorías Femininas.
Comenzarían a súa participación os integrantes da categoría Benxamín e Yasir a piques estaba de subir o Pódio e tiña que conformarse co 4º posto; a seguinte era Irea Villa no 7º posto que lle valía para acadar o primeiro posto entre as Féminas; 8º era un esplendido David Carnero seguido de Iago Alvarez 12º, David Rodríguez 17º, Rubén Carnero 18º, Alberto García 24º, Laura Teniente 24ª que servía para que acompañase a Irea no Pódio o facerse co 2º posto de Féminas e Andrés Lago pecharía a clasificación dos nosos no posto 29º.
En Alevins Mario Fernández acadaba o 16º lugar e María Correa o 18º que se traduciría no terceiro posto do "caixón" de Féminas.
En Infantís o millor clasificado era Manuel Dorna no 15º posto, Xoel Villa 22º, Ero Sobrino 24º e Zaida González 29ª que lle valía para facerse coa vitória da categoría Féminas Infantíl.
Mentras todo isto acontecía en Porriño, en Fafe (Portugal) o Cadete Raúl Fernández remataba 12º e o Júnior Manuel González acadaba o 23º posto.
Xá na mañán de hoxe as irmáns Portela Rodríguez disputaban o II MINIBTT CIDADE DE VIGO  e Claudia colleitaba un fantástico 2º posto para subir o Pódio e recoller o Trofeo que a acreditaba como tal mentras que Elsa remataba 5º.
Fotos de Porriño

domingo, 9 de septiembre de 2012

VITORIAS DE DAVID CARNERO, YASIR, LAURA E ZAIDA EN MARÍN


Impresionante o "botín" colleitado hoxe polos nosos ciclistas no TROFEO VIRXE DO PORTO (MARÍN),
pois na categoría dos máis cativos estreábase unha nova modalidade de clasificación a modo de proba e quedaban divididos en tres subcategorías.
En Prebenxamíns os irmáns Carnero Taveira facíanse cos dous primeiros postos e levabanse unha grande alegría pois David facía 1º e Rubén 2º.
En Promesas outro doblete rosaleiro xa qua Yasir voltaba de novo o máis alto do "caixón" e era acompañado polo seu compañeiro David Rodríguez que facía 2º. Na categoría feminina Laura Teniente tamén se facía cunha merecida vitória ainda que non se vise recompensada cun trofeo.
En Principiantes Feminino Irea Villa tamén acadaba o 2º posto.
Xa na categoría Alevín, Mario Fernández remataba 19º e María Correa 20ª absoluta e 3ª Fémina.
En Infantís Xoel Villa remataba 20º, Manuel Dorna 21º, Ero Sobrino 23º, Zaida González 24ª e tamén se facía coa vitória en Féminas, Claudia Portela 26ª i Elsa Portela 27ª.
En Cadetes Cristobal Coimbra remataba 34º e Raúl Fernández quedaba as portas do Pódio e remataba 4º.
Fotos da carreira

martes, 4 de septiembre de 2012

GRAN PREMIO MILAGROSA (LUGO)

No sabado día 1 celebróuse o Gran Prémio Milagrosa en Lugo e os nosos ciclistas entraron nas carreiras con mal pé xa que tanto Adrian Vicente como Raúl Fernández sofrían sendas caidas nas categorías Júnior e Cadete respectivamente e nos deixaban sin representación.
En Infantís Zaida González era a primeira Fémina, Claudia Portela 4ª i Elsa Portela 5ª. En masculino Xoel Villa era 30ª e Manuel Dorna 31º.
O Alevín Mario Fernández facíase co 21º posto.
En Benxamíns Yasir Martínez voltava a quedar as porteas do Pódio o rematar 4º e Irea Villa remataba 15ª na xeral e 1ª en Féminas.
Fotos da carreira

4ª ETAPA VOLTA A PORTUGAL JUNIOR

No domingo rematóu a VOLTA A PORTUGAL JUNIOR na que formabamos equipo co C.C.Ponteareas
e os resultados acadados foron moi satisfactórios.
Ésta derradeira etapa consistia nunha contrarreloxo de 16 Kms na localidade de Torres Vedras e Antonio Portela acadóu un excelente 14º lugar a 1'24" do vencedor. Samuel (C.C.Ponteareas) remataba 21º, Alex Lomba 44º, Kevin (C.C.Ponteareas) 51º e David (C.C.Ponteareas) 70º.
A clasificación xeral quedóu encabezada por Javier García (C.C. Spol) que se proclamou vencedor da Volta; en cuanto os nosos, remataban na xeral como segue: Samuel  (C.C.Ponteareas) 9º a 3:41, Antonio Portela 24º a 5:53, Kevin (C.C.Ponteareas) 40º a 8:37, Alex Lomba 70º a 26:55 e David (C.C.Ponteareas) 74º a 32:00 sobre un total de 117 participantes.
Fotos da 4ª etapa









domingo, 2 de septiembre de 2012

3ª ETAPA VOLTA A PORTUGAL JUNIOR



Onte derradeira etapa en liña desta Volta a Portugal Júnior cun percorrido de 108,300 Kms. polos arredores de Torres Vedras con temperaturas de 35ºC.
Nesta etapa os corredores do noso equipo saían a estrada coa idea de dar guerra e xa nos primeiros kilómetros Manuel e David uníanse a un grupo dunha dúcia de corredores que se ían en cabeza durante varios kilómetros. Co decorrer da carreira Manu víase obrigado a retirarse por problemas físicos. Samuel voltou a atacar para unirse o grupo de escapados que xa contra o final da carreira foron neutralizados polo pelotón.
Outro que tamén pasaba malos momentos era David que acusaba o esforzo da primeira parte da carreira  e quedábase moi retrasado pero logo co apoio do coche do equipo conseguía rematar a etapa. Alex, Toñi e Kevin cruzaban a liña de Meta co pelotón.

2ª ETAPA VOLTA A PORTUGAL JUNIOR



Segunda etapa antesdonte venres da Volta a Portugal Júnior con saída en Constância e chegada a Alcobaça cun percorrido que discurría polas localidades de Tomar, Torres Novas, Porto de Mós e Batalha entre outras para completar os 111,5 Kms. e na que os ciclistas tiveron que soportar temperaturas de até 37ºC.
Xa  nos primeiros kilómetros o paso polo concelho de Tomar sofríamos o primeiro percance, pois Alex e Javi (C.C. Ponteareas) víanse involucrados nunha caída masiva e quedaban descolgados do pelotón cun grupo de máis menos vinte integrantes.
Na Meta Volante situada en Torres Novas, Manuel pasaba entre os primeiros e Toñi Portela uns metros máis atrás xunto co resto do equipo agás Alex e Javi que xa viñan descolgados por mor da caída.
Comenzaba o porto de montaña en Alcaneda e remataba na localidade de Valverde e mediada a escalada Javi González víase obrigado a por “pé a terra” o resentirse da caída polo que Manu, Toñi, Samuel, Kevin e David pasaban no Pelotón e Alex que continuaba con esa grupeta máis descolgado.
No segundo tercio da carreira Samuel xunto con outros tres corredores protagonizaron unha escapada que duraría uns 15 Kms. para logo ser alcanzados de novo.
Na chegada a Meta éstas eran as posición acadadas: Samuel 20º, Manu 27º, Kevin 46º,Antonio Portela 53º, David 55º, Alex 81º e Javi retirado.
A Clasificación Xeral queda da seguinte maneira: Samuel 10º a 2’20”, Antonio Portela 32º a 4’54”, Kevin 42º a 5’33”, David 61º a 12’24”, Manuel González 68º a 18’20” e Alex Lomba 75º a 23’19”. Onte disputóuse a terceira etapa entre as localidades de Vila Franca do Rosario e Vimeiro para completar 108.5 kilómetros.